29 jul. 2008


Ava.
Pan por Pan martes 29 xullo

O meu tempo de cine combina as estreas de películas recentes e a revisión dos grandes clásicos, que xa vin hai máis de 30 anos. Dedícolle máis tempo a estes. Por unha sinxela razón: nunca me defraudan. Un exemplo, “A noite da iguana” . Que se pode agardar da encrucillada de John Huston e Tennessee Williams? Só a xenialidade. Un intenso drama espiritual e poético (non só relixioso, aínda que o protagonista sexa un pastor protestante). E un recital de bo facer actoral: Richard Burton, Deborah Kerr, a Sue Lyon de “Lolita”. Pouco importa a orixe teatral do texto, tan evidente. Ou o catálogo de mulleres: dende a nínfula perversa (alguén falaría de misoxinia) ata o anxo redentor. E sobre todo, Ela: Ava Gardner, a encarnación da Deusa Nai en formas de extrema sensualidade. Alguén dixo desta actriz que era o animal máis bonito do mundo: velaí, non esaxeraba.

6 comentarios:

bouzafria dijo...

E pensar que Mickey Rooney foi o seu primeiro marido, e que pasaba dela preferindo irse con outras mulleres...
Estaba espléndida en "The killers" con Burt Lancaster: non vin nunca actriz máis guapa.
Aproveito o día de Santa Marta para desexarlle unha pronta melloría da súa doenza (por se lle vale de posible confirmación do seu diagnóstico, coméntolle que eu tiven que deixar de tomar outro medicamento contra o colesterol porque me causaba tantas maniotas nas pernas que non podía camiñar).

arume dos piñeiros dijo...

Eu prefíroa como María Vargas na Condesa descalza, co rei do melo, Mankiewicz.

[Entre nós: eu prefiro a Deborah Kerr]

paideleo dijo...

Eu estiven no cemiterio onde está enterrada Ava Gardner que ten unha tumba sinxela.

Lula Fortune dijo...

Coidese, don Marcos, non o vexo últimamente para moitas Avas :))))
Esta é unha muller fermosisíma, non o dubido, pero a min e que me dá un pouco de medo esa natureza salvaxe nun corpo human. Dende logo é para adorar, coma unha deusa inalcanzabel.
Bicos sanadores.

arume dos piñeiros dijo...

As Avas na solaina.

lobo neghro dijo...

Contoume o meu tio xosé de Poedo, finado ós 99 anos no 2007, ían ós fiadeiros e decíanlle as mozas:

-"fasme a aba ?.
-Fagho, home, fagho.

e deitabamos a cabeza nela. Estábamos a conversa boa parte da noite, deitados coa cabeza así na aba das mozas ".

A aba da Ava nun fiadeiro da Pinta.