28 jul. 2008

Luís González Tosar: “É o momento de levar a cabo unha alianza, un gran Pacto polo Idioma”
Profesor e escritor, cre que o sistema literario galego necesita unha reorganización
POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE, en Galicia Hoxe 28-7-08

13 comentarios:

Pablo dijo...

"Para iso fará falla unha campaña de depuración previa"...

Este xornalista (Manuel Vidal?) mete medo coas súas preguntas, case tanto como o Che respostando...

Anónimo dijo...

O xenio de Tosar á procura do protagonismo perdido cando fora comisario político de Pérez Varela... Ata cando haberá que aturar na cultura galega a personaxes coma este?

jacques delapierre dijo...

Estamos no de sempre, un anónimo que pon a parir a algúen.
Sen dúbida o Tosar é moi criticable en moitas das súas actuacións pasadas e presentes, pero unha acusación anónima, sen dar a cara, dalle máis valor o acusado.
Que levante a man que non foi algunha vez comisario político.

Pablo dijo...

Coño, eu perdín un traballo por non querer selo. Delapierre, fale por vostede. E con isto non levanto a man, ergo o corpo enteiro. Ata quedar coma o porco de pé, que é no que se convirten algúns declarando todo o que quixeran ser pero cuxos feitos desmíntennos cada día.

Roi Xordo dijo...

"Que levante a man que[n] non foi algunha vez comisario político": Bo lapsus, señor delapierre. Vése que para vostede só hai un destino: ser orgánico, militante e sectario. Aí doulle a razón: o Tosar, a fin de contas, deu un salto lóxico, de monaguillo de Líster a mamporreiro de Fraga. E agora, claro, ten que voltar á casa grande dos galeguistas, a ver se alguén se lembra del, que iso de ter que volver dar clase e xa non figurar é moi duro... Supoño que os seus poemas son moi bos e é o Apollinaire incomprendido. Pero se, a fin de contas, o mellor que hai nesta vida é ser comisario político, pois vése que ten moitos admiradores.

Anónimo dijo...

O que Tosar di nesta entrevista ten moito sentido. O Sistema Literario Galego, precisa da introducción de análise crítica. As editoriais ao non estar inseridas nun sistema de mercado, senón determínado por políticas culturais baseadas nas subvencións, crean distincións entre os autores que nada teñen que ver coa valía literaria nin con criterios de mercado, senón co capricho as xerarquías e estratexias personais(Obviamente salvo algunha excepción, aqueles autores que lograron escapar a estas artes). Por outra parte a crítica sempre mediada en exceso polas editoriais, a universidade e outros factores, mantense nun grao de inmadurez perigoso para a nosa literatura. As cousas deberían ir cambiando, e con algo de sorte o farán, e con un pouco de vontade o están a facer xa.
Que se recupere Marcos e teña unhas boas vacacións.

XDC dijo...

Non sei por qué ten que firmar como anónimo algo con bastante senso común, Anónimo.

Saiba tamén que, a algús, nomearlle "Mercado" é como nomearlle ó Demo. Pensan que queñes formamos só "Mercado", e non "Parafernalia cutural" somos iñorantes e badocos, e non paga a pena publicar pra nós, anque estemos dispostos a gastar cartos en libros.

XDC dijo...

Hai algún libro sobre "fala rueira", Slang galego?.
Esto é algún libro que explique áos foráneos expresiós coma "solta a pita!" (suelta la gallina), etc.

Estou recopilando expresiós do "slang" inglés, e moitas delas parécenme inspiradoras de recursos literarios. Cólgoas aiquí pra compartir cós escritores do blog, por si lles interesan: PREMER.

Anónimo dijo...

Hai que tocarse las pelotillas de los narices coa pregunta de De la Pierre Glacé... Así que, para medrar neste (nese) país hai que ser comisario político!
Efectivamente, algúns non nos quixemos enfouzar na merda, e así nos vai, polo mundo adiante, manta e carretera.

jacques delapierre, ex comisario político dijo...

Xoan, a frase do verán é " E eu ca filla sin colocar".
Xa sei que non é argot nin slang, pero ten moitos sensos e utilidades como vostede saberá.

XDC dijo...

O outro día vinme negro pra explicarlle a un andaluz o senso de "outra vaca no millo", e mire por onde, explícano AIQUÍ.

Pois nada,nada. Haberá que falar cós do "Rei Zentolo" pra que incorporen ó catálogo de camisetas unha con esa frase "I eu coa filla sin colocar". A ilustración correspondente...cal podería ser?.

Kyra Medela de Nukus-Lobeira dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajajaja

Delapierre & Dacoba son GOD!!!!!!!!

Xa me alegraron a sobremesa.

A frase ten copyright!!!!

jajajajajajajajajajajajajajajajaja

Kyra se va a andar con Myrna dijo...

Cada día hai menos persoas que me fan rir... Por iso quero tanto aos meus amigos (alén de compañeiros no servizo secreto).