6 jul. 2008


DEFENSA DA LINGUA DE NOSO. Ben-Cho-Shey contra a diglosia
Galicia Hoxe. 06.07.2008. Imaxe: BCHS cos Brais Pinto, Otero Pedrayo e Alonso Montero, en Madrid, 1958.

A constante que mellor define toda a andaina vital de Xosé Ramón e Fernández-Oxea, coñecido popularmente como Ben-Cho-Shey é o seu compromiso constante, durante moitas décadas da súa vida, en defensa da lingua galega. Utilizando como plataforma a prensa escrita, BCHS asinou centos de artigos, unha boa parte dos cales tiñan como centro a exaltación do noso idioma e a crítica a aqueles que o perseguían ou desprezaban. Nesa campaña permanente BCHS apelou a todo tipo de argumentos e recolleu toda a liña de defensa que dende o século XIX foron establecendo tantos escritores e xornalistas arredor da causa da lingua. Así, os seus artigos refugaban a condición dialectal do galego e o reivindicaban como idioma de seu; recorrían o seu glorioso pasado histórico e literario e, ademais, criticaban, moitas veces desde o humor e a ironía, as actitudes do señoritismo que refugaba da propia lingua e os comportamentos diglósicos dos cidadáns e tamén das autoridades. (...)
Artigo completo

7 comentarios:

Anónimo dijo...

El mundo.
Roberto Verino denuncia ser víctima de un boicot en Galicia por su apoyo al manifiesto en favor del castellano.

Anónimo dijo...

En Arroutadas, pégase unha mensaxe privada de LUz Casal, desenténdose do manifesto...

Anónimo dijo...

Verino astuto pensa agora que en España van a reaccionar mercando os seus productos. Pásase de listo.
E minte a luz do día e da lua na noite

XDC dijo...

Anque non creo que sexa tanto como di él, sí que é posible que as ventas de Roberto Verino baixen. Pero baixarían tamén se as declaraciós fosen no senso contrario. O mercado non perdoa a "dispersión" da imaxe da marca hacia ámbitos axenos ó producto ben posicionado.

XDC dijo...

Qué pasaría si ese día non fose festivo?. Sí, xa séi que moitos dirán que o tema é o suficiente serio como pra que o sexa. Pero eu poderíalles nomear unhos cantos temas ,polo menos tan serios como o das Letras Galegas, que merecerían un festivo. E serían tantos que non habería que traballar en todo o ano.

Hai infinidade de efemérides que se celebran en días,mesmo semanas, laborables. E adoitan a seren ricas en actividades conmemorativas, moito máis eficaces cara a consecución do fin que se propoñen que se foran festivos.

XDC dijo...

Equivoquéime de post. Xa o copiéi no outro.

jacques delapierre dijo...

A min dende que dixen que era do Atlético de Madrid, baixáronme moito as vendas.
Concretamente, denantes tiña vendas ata a cara, agora pola gorxa, un pouco no hombreiro dereito e recomendáronme moita crema hidratante e moitos mimos.