5 jul 2008


A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas de 2009 a Ramón Piñeiro López
A institución recoñece a "dedicación, total e desinteresada" deste editor e ensaísta pola "defensa de Galicia e a súa cultura" (Galicia Hoxe, 16,41 h.)

Confirmouse o ruxe-ruxe que xa adiantaba hoxe El País. Vai ser un Día das Letras polémico, quizais, nalgúns sectores. Pero máis que merecido pola entidade xigantesca de don Ramón Piñeiro en favor da nosa cultura. A Deputación ourensá propuxera por unanimidade dos tres grupos o nome de Manuel Luís Acuña, que tamén o merecería. Como outros que seguirán en lista de espera como Ricardo Carballo Calero ou Florencio Delgado Gurriarán.

A Real Academia Galega, na sesión ordinaria do seu plenario celebrado hoxe en A Coruña, decidiu dedicará o Día das Letras Galegas de 2009 a homenaxear a Ramón Piñeiro López, galleguista e editor nacido en Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915 e que faleceu en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990. Segundo destacou a institución cultural galega, "a dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións".
A Real Academia Galega eloxia os seus traballos sobre pensamento e filosofía, principalmente dedicados á 'saudade' --nostalxia-- , así como as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger. Estas supuxeron no seu momento "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber".
Tamén se destaca o seu labor no campo do ensaio, que aparece parcialmente nos libros 'Olladas non Futuro', 'Galicia', 'A Linguaxe e ás linguas', 'Lembrando a Castelao', onde están os eixes fundamentais do seu pensamento que apuntan á "necesidade da reafirmación cultural de Galicia como camiño fundamental para a súa realización como pobo".
Ramón Piñeiro López tamén actuou como promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra. Así, son numerosos os artigos e as actividades neste campo, entre elas, a publicación do 'Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González (1958-1961)'.

35 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Cando menos, servirá esa cita para ampliar os nosos non excesivos coñecementos sobre R. Piñeiro e a etapa cultural que el impregnou: tema que, ata agora, ocupou sobre todo a Carlos Casares e a Manuel Forcadela.

Marcos Valcárcel López dijo...

Unha pregunta inocente: aproveitarán esa data, 17-5-2009, certos sectores do nacionalismo radical galego para "matizar" as súas posicións sobre R. Piñeiro, acusado a cotío de todas as conspiracións imaxinables??

Anónimo dijo...

Mire os comentarios que hai en Vieiros e xa nos vamos decatar da tónica do nacionalismo radical.

Marcos Valcárcel López dijo...

Si, os primeiros comentarios en Vieiros son terribles: un deles acusa á RAG de apoiar con esta decisión o Manifesto do Castelán?!?!
Pero creo que veñen todos dende o reintegracionismo máis visceral. Haberá que ver que di o nacionalismo gobernante...

Anónimo dijo...

Alguén sabe si Ferrín acudiu hoxe a esa xuntanza da Academia?

Anónimo dijo...

Ferrín últimamente anda descoñecido, acata todo.

Anónimo dijo...

Piñeiro, traidor ou heroe de circunstancias?
Para min que as dúas cousas, heroe até a cheada da democracia, porque ao seu xeito soubo manter un compromiso coa terra, en tempos dificeis. Traidor poque a súa participación no Psoe foi únha claudicación do galeguimo, hipotecando o seu potencial desenvolvemento.

Anónimo dijo...

Teremos tempo dabondo para profundizar na persoaxe Ramón Piñeiro, pero os que digan que é un traidor non saben ó que dín.
Cando tomou a decisión de disolver o PG, el pensaba honestamente que era o millor para ó país e para él, e daquela a decisión de ir como independentes nas diferentes opcións políticas, demostrou que era a maneira de estar onde polos votos era imposible. Pero xa, xa, falaremos.

Anónimo dijo...

Galicia débelle moito a Piñeiro, moito.

Anónimo dijo...

Inventouse toda unha "lenda negra" sobre Piñeiro a base de mistificacións, falsidades e verdades a medias.

Xentes como Ferrín e Beiras tiveron moito que ver na invención desa lenda. Paradoxalmente, Ferrín nunca sería Ferrín, e Beiras nunca sería Beiras, sen o apoio desinteresado de Piñeiro.

Unha vez creada esa lenda negra, foron e son moitos os que a repiten mimeticamente sen ter a máis mínima idea do personaxe e da súa obra (escrita e non escrita).

Galicia débelle moito a Piñeiro, tanto que é unha débeda impagable.

Anónimo dijo...

Ferrín ten parte de razón, Piñeiro ten parte de razón. O dificil é calibrar, mesurar, e non será tan dificil, agora o galeguismo é auga pasada.

Anónimo dijo...

Este ano vou poñer unha fabrica de mesas-camillas, na parte superior da faldra, unha imaxe da face de Piñeiro, na boca un botonciño que ao premelo active a gravadora cos seus discursos. Haberaas, dende dúas até doce prazas. Poden comezar a facer os seus pedidos.
Zepo produccións culturais s.l.
Rua da Paz 11 entrechan.
Ourense, ex-Atenas da Galiza.

Anónimo dijo...

Sospeito que o que se esta abrindo é outro debate sobre esa cousa que se veu chamando "piñeirismo"; supoño que é inevitábel que se mesturen.
Porén non estaría mal facermos o esforzo de separar analiticamente a figura, e as achegas de Piñeiro, do "piñeirismo".

Anónimo dijo...

Quen dubida de que Quintana é piñeirista, é dicir, galeguista e non nacionalista( a pesar de que se diga nacionalista)?
Por aí vai esta impronta galáctica.

Anónimo dijo...

Eu dubídoo, total e absolutamente. A non ser que entendamos "nacionalismo" como algo petrificado dunha vez e para sempre, refractario á innovación de tácticas e estratexias.

Anónimo dijo...

Don Zepo, terá que desculpar...
Mesa camilla? Não.
Mesa de braseiro.
Como a que tiña a miña avoa en Lobeira, cando facía gancho e eu estudaba análise sintáctica.
Saúdos, señor.
P.D.: Na televisión pasaban "La casa de la pradera" e falaban de "El pleno de las Cortes".

Sempre estaba a chover.-

Anónimo dijo...

¿É soberbia ou é ignorancia que aquela xente que non viviu os anos máis duros do franquismo cuestione o labor dos poucos resitentes que resistían con dignidade?

Anónimo dijo...

Cuestionar pode cuestionarse todo, como non, outra cousa son as conclusións que se tiren, que se terán que xustificar, e que se poderán valorar. Situarse no incuestionamento é un dogmatismo que nada ten que ver co coñecimento e si coa doctrina.

Anónimo dijo...

Cuestionar pode cuestionarse todo, como non, outra cousa é non analizar nada e non tirar conclusións rigorosas, situándose no dogmatismo que nada ten que ver co coñecimento e si coa doctrina.

Anónimo dijo...

Señor Zipo, é vostede un re-copión. Mire que ben Beria e o manda a Re-Siberia.
(gostei da gracia)

Anónimo dijo...

Levaba moitísimo tempo na procura dun traballo de Xoaquín Lorenzo traducido para alemán por Hans-Karl Schneider, o bolseiro do goberno alemán que en 1933 parou na casa de Xocas, en Facós, (Lobeira). O dito traballo levaba o carimbo de Paulino Pedret Casado, sacerdote católico cunha biblioteca marabillosa.
Dou grazas ao padre Pedret, amigo de don Ramón Piñeiro, contertulio da súa mesa de braseiro, por conservar esa alfaia bibliográfica.
Grazas, don Paulino.
Grazas, don Ramón.

Anónimo dijo...

Don Ramón era do PSOE??

Pois eu son do PNG-PG e do BNG e teño amizade cunha excelente rapaza do PP e un extraordinario señor do PCTV.

Ata coñezo persoal do Partido Nacional de Bretaña.

E, con perdón, admiro a Artur Mas.

Anónimo dijo...

De Excmo. non ten nada, Zepo. Aprenda ortografía e non nos agreda os ollos.

Anónimo dijo...

E son do partido de Kennedy, Adenauer, Durán i Lleida, Eamon de Valera, Anibal Cavaco, Evita Perón, Salgueiro Maia, Alexandre Bóveda... E nada que ver con Leire Pajín nin con Corina Porro.
E todo que ver con don Ramón Otero Pedrayo.
Tamén admiro a Michael Collins e Bobby Sands (para min un home santo).
Ah, o nacionalismo galego chámase galeguismo.
O nacionalismo español, nacional-sindicalismo.
O norteamericano, a Sociedade do Rifle.
O irlandés, Sinn Feinn.
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Eu, máis ben, preguntaríame se o 17 -5-2009 servirá para facer, entre outros, un estudo detallado e profundo de cais foran as causas que levaron a Piñeiro ( se é que foi así) a propoñer a disolución do goberno galego no exilio (a diferencia do que fixeron vascos e cataláns) que foi un dos maiores erros das forzas de oposición á dictadura e que , posiblemente aínda esteamos pagando, ou se do que se trata é de publicar obras e máis obras de carácter haxiográfico.

Anónimo dijo...

Señór anónimo o de excelentísimo non me ben pola ortografía.
Coido que si anónimo segundo, van abondar as haxiografias e os laudes baleiros, como se acostuma nestas celebracións das letras. A min cada ano aburrenme mais e apenas lles presto atención. Dende hai anos veño enviando cartas a RAG para que non se queden na literatura e introduzan o cine e mesmo a música, que haxa tamén anos adicados aos músicos, eu voto xa polo meu colega Paxaro, director de orquestas populares nas festas da bisbarrá Ourensá

Anónimo dijo...

Canto colgado anda pola rede dando a matraca.

Anónimo dijo...

E canto sádico matraca.

Anónimo dijo...

Este blog estase volvendo intransitabel, hai algún obseso por aquí, alguén que tería que comezar a decatarse de que ten un problema, cousa como se sabe dificil, sen axuda profesionalizada, eu simplemente advirtoo sen mala intención e deseguido retírome, con sorte até mellores tempos, nos que con sorte, aquel a quen me refiro teña a súa saude recuperada.
( Nota:non vou contestar as posibeis respostas a este post)

Anónimo dijo...

Houbo día libre en Conxo.

Anónimo dijo...

si, por eso hai que aturar o Zeporro

Anónimo dijo...

O Día das Letras Galegas institucionalizóuse como non laborable, con todas as consecuencias que eso ten pra o conxunto da sociedade galega,non sendo as menos importantes as de tipo económico. Un día festivo, que pode caer arbitrariamente en calquer día da semana, afecta á vida de moitísima xente, e altera infinidade de rutinas sociáis, empresariáis, administrativas, etc...

Pode deixarse a "xestión" de ese "día santo" nas mans do pequeno grupo de persoas que deciden, prácticamente sin ningún tipo de control externo, o nome do "santo"?.

Anónimo dijo...

Qué pasaría si ese día non fose festivo?. Sí, xa séi que moitos dirán que o tema é o suficiente serio como pra que o sexa. Pero eu poderíalles nomear unhos cantos temas ,polo menos tan serios como o das Letras Galegas, que merecerían un festivo. E serían tantos que non habería que traballar en todo o ano.

Hai infinidade de efemérides que se celebran en días,mesmo semanas, laborables. E adoitan a seren ricas en actividades conmemorativas, moito máis eficaces cara a consecución do fin que se propoñen que se foran festivos.

Anónimo dijo...

quiere saber si rúa da paz once coincide con la sede de la librería Torga.

Anónimo dijo...

De verdá que van ir de cabesa a un gulag a -40ºC para reeducarse: Zepo, Zipo e Kyra. De cabesiña ao buraco.