24 jul. 2008

Do noivado.
Pan por Pan xoves 24 xullo

No libro de Xavier Castro que citei onte hai unha descrición detallada dos xeitos e ritos do noivado na aldea e na cidade. Na aldea o “locus” profano eran a fonte, como nas cantigas medievais; o monte onde a moza ía de pastoreo ou os bailes e romarías. E os fiadeiros, por suposto: dende o século XVIII a Igrexa persegue, ata a excomuñón, ás mozas licenciosas que acudían ós fiadeiros. Se a moza acode, que vaia coa súa nai, din os cregos. Remataban moitas veces xogando todos ás apalpadelas, cando non con pelexas violentas entre os mozos por ciumes. Nas cidades había un control absoluto. Castro recolle un caso en Bilbao, a finais dos anos 30, en que un mozo é detido por darlle un bico á súa noiva nun xardín. Ou podían ser multados. Un poemiña de Edgar Neville fala así dun castigo de dous duros de multa: “Tus labios valían/ el Banco de España,/ y los dos duritos / poco me importaban”.

1 comentario:

XDC dijo...

Cantos "paseos" na época da guerra civil serían debidos realmente a asuntos de faldas, a ciumes. O meu abó díxome que unhos cantos.