Incerteza.
Pan por Pan mércores 9 xullo (Imaxe: V.Hugo)
Suponse que o home contemporáneo, respecto do home do mundo antigo, conquistou certas cousas: a tecnoloxía co seu poder, maior capacidade para viaxar, maior seguridade. Para isto último a modernidade incorporou a Seguridade Social e o Estado de benestar, os fondos de pensións ou os seguros privados. Pero ninguén sabe ben qué vai pasar mañá: nin sequera en campos que rotulamos con maiúsculas como Ciencia. Por exemplo, a Economía. Santiago Lago, economista e colaborador desta casa, dicía esoutro día na radio que os do seu gremio non podían mirar moito máis aló que os meteorólogos. Estes poden predicir o tempo a tres, catro, cinco, seis días: logo non teñen xa ningunha seguridade. Os economistas bocexan predicións a catro, cinco, seis meses. E logo? “A incerteza ten o seu propio engado; engado que o home mata co seu afán de estar seguro”, seica dixo Víctor Hugo.
55 comentarios:
Claro que a incerteza ten o seu propio engado: o engado de sentirse vivo. Ter unha vida programada é un xeito de estar morto.
Na economía adoitan a darse as profecías autocumplidas: cando todo o mundo pensa que vai pasar algo, pasa. Na meteoroloxía, non sei. Chove cando todo mundo pensa que vai chover?. Imaxinen que todo o mundo pensa que vai chover, e compórtanse en consecuencia. As conductas masificadas inflúen no clima, e fai que chova, ou que non chova. Non é moi científico, pero podería ser literario.
Non s�i qu� me pode pasar ma�. P�deme tocar a loteria, ou p�deme matar un cami�n.
Ou pode pasarme algo peor: que me toque a loter�a e que me mate un cami�n.
Est�u pensando en montar unha casa de apostas baseada no tempo atmosf�rico. Vai ter m�is �xito que a quiniela h�pica. V�ume facer de ouro. E, logo, m�tame cami�n.
A nosa mente non está feita prá seguridade. A intelixencia desenrolóuse precisamente pra facer frente a entornos cambiantes. Os animáis que viven en entornos fixos nacen xa con todas as respostas programadas no seu instinto. Nós, necesitamos novedades e desafíos. Por eso, se non temos problemas, inventámolos. Son a esencia da nosa vida.
A inseguridade está asociada á libertade. Busquen vostedes a recíproca.
Entón sodes todos funcionarios agás XDC?
Qué lle fai supoñer a vostede que eu non son funcionario,xedrez?.
As últimas noticias que teño, son que vostede non sabe quen son eu (nin falta que lle fai).
XDC acaba de agasallalos cunha idea preciosa para un conto, no primeiro comentario. E como é xeneroso na propiedade intelectual, non pide comisión. Que tomen nota... Chesi, Bieito, Camilo, etc...
Cómo non vou ser xeneroso?. A idea tena calquera. O 99% do traballo e do mérito está en desenrolala. Sábeno ben eles, que son escritores.
Desde o "Siglo das Luces" está moi mitificada a "idea", que creían propia dos xenios, e desprestixiado o "traballo" de desenrolala, que creían propio de "obreiros". En realidade, todo é "traballo humano".
Chess si, eu son o _summum_ da incerteza: son autónoma, autoempregada, auto-móbil, auto-suficiente (máis ou menos), autócrata, autodidacta, e para colmo automedícome! :-P
Coma mín, Lourixe. Sobos de todo no de autodidacta. E tamén me automedico, porque, como decía Hipócrates "que a tua mediciña sexa o que entra pola túa boca".
Para incertezas, o resultado de secar 50.000 libros danados no incendio da Facultade de Letras de Xenebra, dos que 30.000 están a secar no Palexpo. As fotos rompen a alma.
ECOOO! (ecoo, ecoo...)
Non hai ninguén. Deben estar todos mandando CV a todo meter.
Lourixe: E logo, non traballas neste mes? Estás de férias?
CUAC CUAAAAC
Xa saben que din que o graznido do pato non ten eco. Non é certo, claro que o ten. O que pasa é que ao ser un son "simétrico" , superponse o eco có propio graznido, e parece todo o mesmo "CAAC".
Lourixe non é unha pata.
Os ovos de pato son mellores que os de galiña. Pero os de galiña teñen máis aceptación, porque "cacarea".
Pobriñas, ábrenvos tarde e non comedes, dixo o zorro ás galiñas.
Quen é o "patito feo" do blog?. Votación. Si se convirte en cisne, será o Swann ("Cisne").
Por onde anda o Swann?.
Andará por Barna, "missing Galiza".
Ten tan mitificado o país, como todos os que están fora, como o meu tío...
O meu tío ten un libro de todalas celebraciós familiares, desde moitos anos atrás. Cumpleanos, comuniós...fainos firmar ós presentes i escribir calquera carallada.
Os invitados a unha boda italiana á que fun, firmaron todos cun rotulador nun parachuvas. Eu tamén firméi, e fixen un dibuxo.
Logo, bailaron baixo ese parachuvas,mentras lle tiraban confetti e serpentinas, coma se fose chuva.
Gústame cando chove, porque o sol está como ausente.
Aus! siñifica "fora" en alemán, pero non sei se terá que ver con "presente".
Non sei se "-sente" ten que ver con "-sciente". Pre-consciente estou eu cando me esperto polas mañás.
A mañá.
(O que fai unha cerveza, sin ter comido...).
Pero a cousa non vai de cervexa, senón de "certeza".
Certeza non ten fin
Incertidume si...
Ou é ó reves?. Divisón de opiniós!
Suma disgustos
resta alegrías
multiplica gastos
e divide opiniós.
Qué é?
Nadia lo sabe. (Comaneci).
Coma, ademáis do que saben vostedes todos, é esto:PREMER.
Non confundir Holder co Hölderlin, o mahara aquel que non se lle entende nada do que escribe. (Aquí sae o Swann a discrepar).
Qué é a "Bomba de confusión"?.
Para la bailar la Bomba
Para bailar la Boma se necesita
una poca de gracia...
Non, non era así...
Atópase ben amigho ????
Nunca me atopéi tan ben desde que entramos triunfantes,en Granada, chimpando con todo o que tivera unha media lúa (menguante ou crecente?) pintada. Foi no 92, nas olimpiadas.
De esas nubes negras choven paxariños...
XDC parece que está noutro planeta, se tivese ancho de banda para ferrenchar no youtube habíalle procurar "Lucy in the sky with diamonds".
Friend, estou estes días de ferias forzosas: debería estar a preparar unha viaxe profisional, pero o empresario que ma contratou non da sinais de vida, e aínda me debe case 3000 ouros do ano pasado. Aproveito para actualizar temas administrativos e recuperar algo de vida social, que nos últimos 3 meses estiven desaparecida.
Bicos, rula.
Ten razón, Lourixe!
Desas nubes negras choven paxariños cun diamante no bico.
-Canto vale o diamante?
-Tropecentos e bico.
- O bico case é tan grande coma o paxaro.
Quédanme 5 minutos de bono de internet inalámbrico!!!
Planeta Solaina. Non está mal.
Os astrónomos descubriron cun potente telescopio unha lonxana "estrela errante" cunha estrana forma.Pensan que pode ser un planeta con moitos satéltes, pero é en realidade un enorme racimo de uvas que se lle escapóu a Deus, ao Deus Baco. De vez en cando sóltaselle un vago e vaga solto polo sistema solar. Algún entra na atmósfera terrestre e brila cunha luz naranxa. Cae perto de Nukus.
Lourixeeee! eeee! eee! ee!
Ui, téñolle que baixar un pouco ó "delay" a este eco...
Heteromedíqueme algo!. Que son autosexual.
Son o Fran Sinatra cantando no deserto.
Vou en camelo. O camelo canta "I´ve got you under my skin", porque sabe que leva auga debaixo da súa chepa.
Nobody me escoita!.
The skeleton does not go to the party ,because he has nobody to go with.
O esqueleto non vai á festa porque non ten con quen ir (non ten corpo có que ir).
É o skeleto do Sinatra, que se lle acabóu a auga no deserto, despois de fumar o último Camel.
Que, señor Da Cova, en pelotas y a lo loco. Agora si que teño claro que o seu lugar está no inferno. Que ben o imos pasar alá abaixo, co Mandela, co Lobo, cos desaparecidos XMG, Api, Arume, Marcel, Chesi e outros que deixo no tinteiro. Festa rachada todos os días e que lle dean aos do ceo.
Pero os do Ceo hai un buratiño segredo por onde baixa de noite cara o inferno unha procesión de caladiños, á busqueda do "burato por onde se escorrenta a civilización", como decía Risco no "Porco de pé".
O burato vai dar a unha estrada,entrada ao inferno, tamén segreda, onde estaréi eu cobrando o fielato.
De noite, o ceo queda case valeiro. Coma o recreo de Cisneros, cando escapabamos polo burato da alambrada que había pola parte de arriba.
Mandelaaaaaaa!
Maandeeee!
O eco do Xurés é ben raro. Repite as primeiras sílabas, no canto das últimas.
Merdelaaaa!!
Meerdeee!
Eiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!
Tou aquí!!!!!!!!!!!!!!!!
Diga, hermano!!!!!!!!!!!!!!!!!
Gustoulle a foto dos Cornos de Fontefría... Ben se lle coñece ao indómito Da Coba... jeje
E o meu mánager emprestoume un telescopio... Casi ná!
Mandela, deixáralle recado noutro cantinho e non sei se o recibíu.
Viña a decirlle, ilustre, que aquil monte que sobresalía por detrás do alto do rodicio, enfiando Xunqueira ( nesa segunda foto tomada desde Pena Má) ven sendo o Courel. Sabe?. E a mín faime moita ilusión que se vexa o Courel desde un monte de Allariz.
É ben posible que algo que blanquexa nese monte non sexa neve senon unha canteira que ven sendo denunciada por ecoloxistas recentemente.
Lourixe, que ten vostede que ver con Xinebra.
Eu tamén vivín en Xinebra cos meus pais, emigraron alí a principios dos 70.
Amo esa cidade.
Teño unha cadela castrexa, lupoide, mansuetina, muito boa a que lle chamo Xinebra.
E outra Morgana.
Non, o nome non foi por a cidade.
?. si faltoulle á primeira frase.
Desemulenme.
O Caurel brila amigo Medela, brila e resplandece. As canteiras que son sitios de labor non se ven dende tan lonxe.
Aquí en Pedras Negras está caendo unha de abrigo.....
O Caurel brila amigo Medela, brila e resplandece. As canteiras que son sitios de labor non se ven dende tan lonxe.
Aquí en Pedras Negras está caendo unha de abrigo.....
O Caurel brila amigo Medela, brila e resplandece. As canteiras que son sitios de labor non se ven dende tan lonxe.
Aquí en Pedras Negras está caendo unha de abrigo.....
o que fai unha cerveza...... Marcos no dos incondicionais
ten que restarme dous.
Remato de ler o do Da Coba de pola tarde, boísimo. Xenial.
Agora está durmindo -que non durmido- a moña.
Levántate e anda, vadulaque
Don Indio Errante: Efectivamente, é o Courel/Caurel. En día claro, dexérgase o Pía Paxaro. E en día invernío, con neve, aire do norte e sol, resplandecen os cumios nevados, arredondados, antiquísimos, do Cebreiro. Talvez, os Ancares, Meira... Un perito en interpretación de mapas falou, un día glorioso, do Teleño.
Desculpará o meu despiste. Entre amigos enfermos, fase depresiva, verán pegañoso e turistas en bermudas... Aquí no hay quien viva.
Saúdos, don Indio.
Cabaleiro Delapierre: Señor, agradezo, non sabe ata que punto, que quixer acompañarme no cadalso. No paredón de afusilamento, como corresponde aos que enarbolamos a sagrada bandeira do Partido Galeguista (no meu caso, Nacionalista Galego).
De todo o modo, antes de nos acribillar, teriamos que falar, nun destes dous Walhallas onde aínda se pode vivir no país: Allariz ou Lugo. Marque, se quixer, encontro para a semana que vén, que estou de ferias.
Saúdos, e grazas novamente, cabaleiro. Parécelle ben unhas garrafitas de mencía e presunto de porco celta??
Se admite compañía femenina.
Delapierre, se colle vostede o google earth e se dirixe cara o Courel verá algo que blanquexa desde moi lonxe, desde a primeira vista, e comprobará que é a canteira. Non hai neve.
Tamén se ven outras como a xa abandonada desde fai vinte anos de Pena Outa (Penouta) en Viana do Bolo.
As fotos do Mandela están colgadas onde hai unha vaquiña de Chagall, aínda en Xullo pero xa hai que buscala nas mensaxes arquivadas.
Hai tres fotos. É a seghunda, merece a pena. Eu flipo porque son de ehí, sabe?, da Limia e dese concello que ve ( unha viliña a primeira vista, Xunqueira), e nunca tal pensei:
"Que os tesos cumes que se ollan de lonxe", noble Uxío , se ollen desde ehí.
Manda Carallo Mandela.
"Avec ma guele de méteque,
de indio errante , de pâtre grec.."
Georges Moustaki.
Era así, non?.
Gallaecia fulget et fulget....(Cadaval).
Lobo neghro, non teño ningunha relación con Xinebra, senón cos libros. Son unha lectora insaciable, e a visión en L-V dunha foto de milleiros deles, abertos ao aire, chamoume poderosamente a atención até o punto de investigar a orixe da imaxe.
Medela, a serra de Meira mirando desde o Sur quedaría oculta tras do Miradoiro. Os Ancares pode que si señan perceptíbeis.
Estaba durmindo ,soñando con praderías cheias de búfalos blancos,nas que eu era unha volvoreta,i escoito unha voz "lontana dei occi ma non lontana del cuore" que me di "Alevántate e anda", e resulta que entraran nos meus soños a traveso da Interrede. I eso que cambiei a clave dos soños o outro día. Non quero que entren nos meus soños pola interrede, salvo aqueles que teñen a clave, como Jack From The Stone, alias Delapierre.
E aiquí estou, volvoreta sonámbula, soñando que escribo no blog. Nunca viron unha volvoreta sonámbula?.
Lourixe, vostede ghústame.
Cariño, ten coidado ca lámpara de pé, dille a muller o marido ó escoitalo entrar na casa a horas intenpestivas e vai ti saber en que estado.
E só se escoita, ¡e que carallo fai a lámpara de pé a estas horas!
As volvoretas sonámbulas chámanse avelaiñas.
PARA ENDORONIO: Eu creo que a canción de Moustaki falaba de "juif errante", non de indio pero que máis ten Sitting Bull que Woody Allen. Xudeos e indios erran sempre. Case todos erramos sempre no sentido máis estratosférico que lle quera dare vostede. Que me da aspecto de soñador a mi que no sueño nunca. Algo así dicía a canción de George Harrison Moustaki Dann. (Ah, e non teño nada que ver con o que fixo unha entrada co alcume de Ches-si. Casualidades que hai de cando en vez)
Errare indium est.
Errare, ououou, errare, ouuuuouu, nel blu (dubido que sexa esta a palabra) di pinto di blu ou algo así...
"A modernidade incorporou a Seguridade Social e o Estado de benestar..."
Ó ler este fragmento pensei na ampliación da xornada laboral a 65 horas, propugnada polos conservadores e socialistas europeos. Eu engadiría:
"A postmodernidade quixo minar a Seguridade Social e o Estado de benestar".
Amigo Chess i , efectivamente un xa sabía que se trataba de juif errant, pero foi un xogo, unha brincadeira como se dí.
Eu sonlle Stadacona, o indio errante.
O chefe de Stadaconé, Québec. Este ano cúmplense 400 anos do seu descubrimento. Eu tiven a ousadía e a desgracia de acompañar a Jacques Cartier no seu retorno a Francia.
Levoume a ver a Francisco 1º e cometín o enorme erro de convencelo para que mandase máis subditos para alá. Vastos vidueirais e bosques de pradairos encarnados no inverno. Abundantísimas masas prístinas de auga, praderías de horizontes imperceptibles.
Hai quen dí que morrín dunha pulmonía, como Pocahontas, sen ter retornado e me enterraron nunha rúa de París. Pero non é certo. Estou condanado como Cartáfilo , o judeo errante, a vivir eternamente. El por rirse de cristo na cruz, eu por ter contribuido a destrucción das nacións Ameríndias.
A veces agóchome baixo outro nome de indio que me daba a miña nai de pequeno.
Como o tempo é infinito para nós, os condanados, agochámonos baixo infinitas personalidades que vivimos miméticamente.
Ocupeille moitos obispados, ou un mesmo obispado baixo nomes diferentes. Entre un indio e un bispo da diócese de ourense, eu véxolle pouca diferencia. Qué lle quere?. Perdón lle pido ós indíxenas amerindios. E creo que os meus bispos son amables e vivila virgem
Vivir cando é eternamente élle unha putísima tortura.
Stadacona, o chefe de Stadaconé, Québec.
Dacova, ti tamén tes alma de indio.
Que vole diure errare indium est?.
Que errar es cosa de indios. Púxenme solenme, paseime ó castelán.Foi sen querer pero é indicativo.
Pra poñerse solemne de verdade, hai que abandoar a prosa prosaica a pasarse ao verso .
Publicar un comentario