Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
E tedes á Santa Comparsa, sen comentario ningún. Có bonito que é o "spot". Din que "Spot" é o nome de can máis USUAL nos USA. Os yankis, en vez de decirlle ao can "dame a patiña!" dinlle "píde!", no senso de "mendiga!" (beg!). Na aldea, nunca vin que ninguén lle fixera facer "monadas" aos cas. Pero o meu abó non lle chamaba "Santa Compaña", senón "A Procesión". Estaba convencido de que existíu hasta que chegóu a luz eléctrica. Cando imos a San Andrés de Teixido a papar unhos persebes no restaurán que hai a carón do santuario?. Pago eu, que alí son baratos. Algun morto disfrázase de "vivo" e vai alá no Carnaval. Logo ,dí, "fun de vivo". Outros din "Fun de Vigo".
Vin como amenazaban a un veciño con meterlle a cruz (principios dos oitenta, Villariño da Veigha), e caghouse de medo moito tempo, non saía nunca de noite.
Un tipo que tivera a cruz tiña de andar dediante da "procesión" levando a cruz toda a puta noite, ou o que durase o proceso. Non dormía e no día seguinte andaba baldado ó ir ó traballo. Así se explicaban que algunha persoa andase escarallada sen motivo aparente. Nesa cosmovisión, que aínda vivín, algunha depresión e desmelloramento eran así explicados.
O que andaba coa cruz tiña que buscar outro penitente para endosarlla e librarse él. A víctima podía librarse se sabía trazar as fórmulas profilácticas e defenderse. Acontecía de noite se un se cruzaba coa estadea.
En troques de amezar co gulag de siberia ben poidéramos ameazar: "Beria, mira que che vou meter a cruz".
"Beria, Beriiiña, se sigues así, mira que che meto a cruz!".
Don Lobo: Élle todo ben máis prosaico. No código cabaleiresco celta (os celtas trouxeron cabalos canda eles) os enterros dos señores implicaban o asasinato e enterramento colectivo do seu séquito. Imaxine as escenas de pánico e fugas colectivas. Por iso, todo o que era pillado no enterro do cacique local era asasinado e enterrado no mesmo túmulo (megalítico re-aproveitado) ou evoluído cara as chamadas cistas. Vaia, don Lobo, a Betanzos, aos túmulos dos Freire de Andrade, parentes políticos meus, eses que están por cima dun porco bravo, e estude meticulosamente a iconografía dos sepulcros. Un sutti hindú (celtas indoeuropeos coma nós), e comprenderá o medo á Santa Compaña. Saúdos, amigo, hermano e mestre Lobo.
Porque a iconografía galega do século XII era plenamente "celta" (o chamado inmovilismo atlántico). Os celtas da Alemaña deixaron de seren "celtas" cando deron en trocar peixe seco cos amerindios lapóns, e criaron a lingua franca xermánica para se entenderen con eles. (500 a. de. Cristo). Aquí en Galiza nunca houbo que comprar nin vender nada, todo estaba á beira da casa. Así nos foi.
Como fixeron os euskalduns /inventando o castellano/ para se entenderen cos árabes, que falaban latín castrapeado con fonemas estraños 'j' 's xorda', etc. Pregunte ao Cid, pregunte, que falaba coa súa avoa. E que falaba cando estaba de asesor loxístico dos musulmáns de Zaragoza. E pregunte á muller do Cid, Jimena, pola orixe euskara do seu nome (bisneta dun rei astur)
E Jiménez Losantos falando Euskara-bereber (que teñen a mesma orixe) e chamando terroristas aos nacionalistas periféricos.
Por que xogan os nenos do norte da India (celtas indoeuropeos) á porca, á chica, ao truco, á billarda?? Por casualidade? Por que sol na súa lingua é 'Sunya E irmán 'Brathar (lembre 'brother) E tantas similitudes??? Porque ata 1925 as viúvas hindúes botábanse á pira funeraria, elas e máis as escravas?? Por que para os hindúes as vacas son tótems, como para nós? Por que vaca é 'kuhn en alemán, e 'cow, en inglés, e na palabra composta galega va-ca, o segundo elemento coincide cos anteriores? Por que celta significa pastor de vacas, vaqueiro? Por que kallaikoi, o nome do que derivou a denominación da nosa patria significa nación dos pastores de vacas? Tonterías?? Talvez. Por que apareceu preto de Porto unha inscrición co nome da deusa Kailleach? Por que hai tanta presenza do celtismo onda nós?? Porque eses pastores de vacas encontraron aquí herba verde nove meses por ano. Alén diso, non puideron, por razóns xeográficas continuar viaxe, e aquí ficaron.
O Cid coa avoa? Euskara. E coa muller. Cos musulmáns, unha especie de latín castrapeado parecido co castellano. Vivar era zona euskaldún, daquela. E España, como agora, unha entelequia.
E os galegos, daquela, os pobres, algo parecido ao que falan hoxe os velliños e os intelectuais na illa de Man, ou Sark. Os pijos, latín diptongado á celtica: Oi, ei, ou, ai, etc.
Vou recuperar unha das nomeadas qeu lle daban ó meu avó:"o Manuel das vacas".
Voulle mercar un cadro a Miguel Carballo (fomos anarquistas xuntos a finais dos setenta), unhes castros rodeados de vacas.
No tocantes a ficarmos eiquí eu non o teño tan claro. Os estudos xenéticos recentes veñen a reforzar a tese de que deste canto do norte penínsular emigramos hacia irlanda e as costas de gales, en barquiñas de pelexo.
Talvez, e teño serias dúbidas, en Granada falasen algo así como bereber, de resto moi similar ao euskara, que provén do Sahara, tamén. E o bereber estaba castrapeado co xermánico vándalo, que por alí acamparon, ou sexa, que malo sería que non se entendesen ben entre todos.
Si, demostrouno un catedrático de inglés, amigo meu, no seu proxecto Breogán I, II, III, IV, barquiñas de pel de vaca e urdime de madeira, que facían a viaxe en tres días.
Fernando Alonso Romero, o noso Thor Heyerdalh. Bendito sexa ese home, polo que aprendín del e polo humilde e boa persoa que é, explicándome cousas para as eu comprender no meu mínimo nivel.
Kyra, teño qeu me despedire que me rifan. Xa lle demos bastante vidiña a nosa almiña en pena que andaba sen clientes coitada.
Vou lembrar con moita forza as súas mensaxes, para mín conteñen moitas imáxens moi suxerentes.
Eu penso nun par de anos facerme con unha xogada de vacas, por moito que me berre o meu pai. Cada quen ten os seus vicios. E espero que vostede as vexa.
O Tibet era o "indoeuropeísmo" en estado quimicamente puro. Schaefer era un antropólogo especialista en simboloxía ao que lle encomendara Himmler a procura das raíces do que eles perversamente transformaron en "ario", sinónimo de iraniano, de indoeuropeo, para conformar o neopaganismo nazi. Convido, cando queiran, á miña casa para vermos o filme. É curioso ver a expedición con salacot co emblema SS, amigos dos ingleses, desde onde entraron no Tíbet, e cabelo cumprido e barbas. Esas expedicións eran as mesmas que enviaron a estudosos a Lobeira, ao Pirineo, Córcega, Siria... Unha busca desesperada de símbolos. E infelizmente ridiculizadas por Spielberg en "A procura da arca perdida". Himmler estivo pola mesma razón en Montserrat. Na verdade, eses estudos utilizáronse para demostrar e/ou xustificar a supremacía (falsa) da raza xermánica e aniquilar e escravizar as nacións ocupadas.
Don Marcos, nada ten de agradecer. En primeiro lugar, porque parecemos alumnos da ESO en exame de galego, e eu, grazas a Nuestro Señor, xa hai máis de vinte anos que me gaño a vida, noutros mesteres, honrada e suficientemente.
En segundo lugar, son ganas de tocar o c. e de demostrar un gran descoñecemento das estruturas idiomáticas do galego, que non utiliza case nunca o futuro, de non ser perifrásticamente, como xenialmente apunta o sr. Da Coba.
'Lerasnos' non é galego. É castellano calcado. 'Nos leerás'.
En galego sería: Vasnos ler. Hasnos ler. Hasnos de ler. Has lernos. Has de nos ler. Así, ad infinitum.
E non creo que o sr. Rivas, que é un xenial anaco de pan, unha rara excepción neste país de aspirantes a inquisidores, poña este blog como exemplo por causa da pureza ortográfica.
Un saúdo agarimosísimo e un abrazo apertadísimo para don Marcos e don XDC.-
P.D.: Son un simple afeccionado, non relapso reo da inquisición lingüística, aparte de herexe lusista e aldeán.
Sabe de galego ben máis ca min, amigo Apicultor. Pódome defender? a) Escribín ás présas, sen corrixir. b) O computador coloca automaticamente acento ortográfico nos terminados en -MENTE (como en castellano). c) Vouno amolar un bocadiño, e fágoo porque Vde. aprecia o meu pupilo e eu quero a quen quere a Júlio: TIL, EN GALEGO, É ESE VERMIÑO, QUE SE COLOCA POR RIBA DO N PARA QUE ESTE SEXA PRONUNCIADO 'Ñ'. É ISO, EXCLUSIVA, SIMPLE E SINXELAMENTE. ESE PAUCIÑO '´' QUE SE COLOCA NALGÚNS CASOS POR RIBA DAS VOGAIS TÓNICAS, CHÁMASE EXCLUSIVA, SIMPLE E SINXELAMENTE 'ACENTO ORTOGRÁFICO'; SI, APICULTOR, ÉLLE ASÍ. SÍNTOO. LAMENTO INMENSO. CONSULTE, XA SEI QUE NON ACREDITA EN MIN. Beixos da súa amiga ruso-karakalpak, Kyra Prosokova
Ouviu, Apicultor, sabe que o encontraba de menos?? Que psicodélico. Júlio estaba estraño (cando non o está?) e desde que Vde. voltou a se debruzar no blog o meu galeguiño volve estar contento.
Púxome (e traduciume) "El Relicario", na radio do Lada de Myrna e rimos ata chorar. Tamén con esa de Rocío Dúrcal, "Fue tan poco tu cariño", que cantamos todos coma tolos...
Despois meteu o cd dos Pink Floyd, "Saucerful of secrets", e ficou serio, serio, serio.
Son Vdes., os da Solaina, un persoal tridimensional, nunca e sempre están satisfeitos coa realidade. Debe ser exceso de paga, déficit de traballo e eterna fuga do enfastío...
Beixos, Api, rifeille a brincar. Ben sabe que o quero sinceramente.-
Non fai falta que consulte a ninguén: a súa palabra é lei para min.
Verbo do de Allariz, non vai ser posible, pois o mércores ben cedo marcho para Andalucía, máis en concreto para Huelva como primeira base de operacións. E ben que me prestaría ese xantar, dona Kyra. Obrigado. Terá que ser noutra ocasión.
E non é por presumir, pero acertou vostede no da miña biblioteca, que é certamente espléndida (outra cousa é ter lido e, máis aínda, asimilado todo o que hai).
Mais hei de recoñer, con pesar e contrición, que de materiais lingüísticos e literarios galegos, sen carecer dos clásicos e algo do novo, anda un tanto orfa de novidades. Teño que mercar urxentemente tres ou catro dicionarios actualizados para porme ao día. De narrativa e poesía xa non lle conto para que non se bote a chorar.
Estanlle todos na Internet, don Api; excusa comprar nada, agás, talvez, a marabillosa gramática de Freixeiro Mato. Vou ver de lle enviar os vínculos, e porfa, nin se lle ocurra pedir desculpas. Agora púxoseme mal corpo, tendo en conta que Vde. puido facelo innúmeras veces, pola súa superioridade cultural e xamais o fixo. E, alén diso, cada un fala e escribe como quere. É un axioma dos que defendemos o galego como único idioma oficial.
Cando me encontre no Sur, tomarei a súa saúde uns pescaítos fritos, dona Kyra de Medela. E unha copa de manzanilla con olivas como aperitivo todos os días.
Eu sonlle dos da vella: necesito papel, sequera estea comesto polo becho. O ecrán é, para min, para pouco tempo.
E agora teño que retirarme para facer un pequeno refrixerio, dona Kyra. Que lle parece un pouco de queixo do Cebreiro con marmelo artesanal e unhas tostas de Patè di pomodori secchi in olio di oliva?
Grande Mandela, estiven a repasar unhes dibuxos: Caza medieval, debuxos de Galicia e Portugal de Alfredo Erias, Briga Edicións. Está, por suposto o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade de Betanzos.
Aghora díghame vostede en que teño que reparar, e que ven sendo un sutti hindú.
Pídolle a parte racional(hemisferio esquerdo do "celebro"), a parte emocional (hemisferio dereitiño do "celebro") xa foi profusamente procesada. A pintura non hai que explicala, ten que gustar. "Despoixa", o mellor pódese falar nela.
Eses seus escritos foron auténticos fogonazos dunha rara luz nas tebras do meu pasado. Aghora toca racionalizar.
Se non o fai por escrito xa o pillarei na Ziralla.
... sepulcro que por certo quedou sen estrear, xa que despois de investir nel un Potosí, pouco antes de morrer o nobre cabaleiro don Fernán decidiu que os seus restos fosen soterrados sen campa ningunha ao pe do altar. Caprichos dos ricos!
Información práctica: para iluminar o sepulcro de Andrade hai que introducir nunha máquina unha moeda de 50 céntimos de euro. Prezo módico se se compara coa catedral de Lugo (1,00€ cada metade do altar vello, e moitas veces as máquinas atascan e tragan os cartos sen acender) ou a de Mondoñedo (unha moeda de 2,00€ para iluminar a nave central, e outros 2,00€ para a xirola).
Séquito do Andrade: Prontos para o rito sacrificial. Ou sobreviven nobres ou os cabalos. O complexo ritual da cabalería. Lamento inmenso non saber máis. E non penso, por falta de coñecementos, falar máis do tema. Mais o enigma da nosa patria está nese friso, en Betanzos. Capricho, linda Lourixe??? Mensaxe tan evidente que parece esotérica. Lembra, amiga, os maios. Estruturas de madeira onde eran queimados vivos os inimigos capturados en razzias por temas tan prosaicos e posibilistas como a agua, a froita, o rapto dunha moza, talvez un monte con lameiros para as becerriñas.
Todo está nese friso. Repara na expresión da cara dos cabaleiros prontos para o seu sacrificial destino.
Lembra tamén o que me comentou un miliciano catalán participante na batalla do Ebro. Líster pediu catro voluntarios para se deixaran afusilar e amedrentaren hipotéticos desertores.
Presentáronse catrocentos.
Ben o sei. Está a falar un parvo e un ignorante. Un pailán da raia.
Thomas Mann é marabilloso.
Betanzos tamén.
Agardamos por ti en Allariz, no xantar ritual, próximo xoves. Falamos, rimos, bebemos, estudámonos, talvez nos odiemos... E facemos país.
Hoxe 15 de xullo sae en "La Región", xornal local, a esquela do señor do que vos falei, ese que se caghou de medo despois de telo ameazado con meterlle a cruz. Tiña 73 anos, polo tanto naceu no 35, preguerra. Esa cultura-cosmovisión estaba totalmente viva na post-guerra e durou ata ben entrados os anos 80. Cecais morra coa súa xeneración.
Cambio e acción
-
A vida é un tren en marcha e, en cada estación, agóchase un intre
irrepetible. Algúns pasaxeiros soben á primeira oportunidade, con présa,
sen reparar nos ...
A DÚBIDA O SANGUE DISPAROS
-
historias de guerra
a poboación de veteranos creceu
entre familiares no traballo
en hospitais nas rúas
nunha lista de suicidas en cemiterios
*—grazas p...
Cartografía da casa deshabitada
-
Por se alguén lle presta lelo, este é o poema que me premiaron no XVIII
Certame Literario “Terras de Chamoso”, no Corgo (Lugo).
*Cartografía da casa d...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
FELISA FERRAZ. I FESTIVAL PIRINEO LITERARIO
-
*Felisa Ferraz: “*Mi Pirineo es belleza y compromiso”
La profesora e investigadora es la directora del Festival Pirineo Literario
que se celebrará en ...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)
-
https://www.youtube.com/watch?v=cMpxQwIHdbA
Milladoiro. Maneo da Ulla. Foliada.Jiga Pandeirada
*GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)*
Composic...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
43 comentarios:
E tedes á Santa Comparsa, sen comentario ningún. Có bonito que é o "spot".
Din que "Spot" é o nome de can máis USUAL nos USA.
Os yankis, en vez de decirlle ao can "dame a patiña!" dinlle "píde!", no senso de "mendiga!" (beg!).
Na aldea, nunca vin que ninguén lle fixera facer "monadas" aos cas.
Pero o meu abó non lle chamaba "Santa Compaña", senón "A Procesión". Estaba convencido de que existíu hasta que chegóu a luz eléctrica.
Cando imos a San Andrés de Teixido a papar unhos persebes no restaurán que hai a carón do santuario?. Pago eu, que alí son baratos. Algun morto disfrázase de "vivo" e vai alá no Carnaval. Logo ,dí, "fun de vivo". Outros din "Fun de Vigo".
Carallo, cómo ando. No título do post, lin: "Ler asnos de morto, se non os les de vivo".
A mín ghustábame moito a ameaza de meter a cruz.
Vin como amenazaban a un veciño con meterlle a cruz (principios dos oitenta, Villariño da Veigha), e caghouse de medo moito tempo, non saía nunca de noite.
Un tipo que tivera a cruz tiña de andar dediante da "procesión" levando a cruz toda a puta noite, ou o que durase o proceso. Non dormía e no día seguinte andaba baldado ó ir ó traballo. Así se explicaban que algunha persoa andase escarallada sen motivo aparente. Nesa cosmovisión, que aínda vivín, algunha depresión e desmelloramento eran así explicados.
O que andaba coa cruz tiña que buscar outro penitente para endosarlla e librarse él. A víctima podía librarse se sabía trazar as fórmulas profilácticas e defenderse. Acontecía de noite se un se cruzaba coa estadea.
En troques de amezar co gulag de siberia ben poidéramos ameazar: "Beria, mira que che vou meter a cruz".
"Beria, Beriiiña, se sigues así, mira que che meto a cruz!".
Don Lobo: Élle todo ben máis prosaico.
No código cabaleiresco celta (os celtas trouxeron cabalos canda eles) os enterros dos señores implicaban o asasinato e enterramento colectivo do seu séquito. Imaxine as escenas de pánico e fugas colectivas. Por iso, todo o que era pillado no enterro do cacique local era asasinado e enterrado no mesmo túmulo (megalítico re-aproveitado) ou evoluído cara as chamadas cistas.
Vaia, don Lobo, a Betanzos, aos túmulos dos Freire de Andrade, parentes políticos meus, eses que están por cima dun porco bravo, e estude meticulosamente a iconografía dos sepulcros.
Un sutti hindú (celtas indoeuropeos coma nós), e comprenderá o medo á Santa Compaña.
Saúdos, amigo, hermano e mestre Lobo.
Porque a iconografía galega do século XII era plenamente "celta" (o chamado inmovilismo atlántico). Os celtas da Alemaña deixaron de seren "celtas" cando deron en trocar peixe seco cos amerindios lapóns, e criaron a lingua franca xermánica para se entenderen con eles. (500 a. de. Cristo). Aquí en Galiza nunca houbo que comprar nin vender nada, todo estaba á beira da casa.
Así nos foi.
Como fixeron os euskalduns /inventando o castellano/ para se entenderen cos árabes, que falaban latín castrapeado con fonemas estraños 'j' 's xorda', etc.
Pregunte ao Cid, pregunte, que falaba coa súa avoa.
E que falaba cando estaba de asesor loxístico dos musulmáns de Zaragoza.
E pregunte á muller do Cid, Jimena, pola orixe euskara do seu nome (bisneta dun rei astur)
E Jiménez Losantos falando Euskara-bereber (que teñen a mesma orixe) e chamando terroristas aos nacionalistas periféricos.
Grazas grande Mandela, o do sutti hindú é do máis forte que lín en bastante de tempo.
Tamén me chama suficientemente a atención a segunda mensaxe.
Alén de seren divulgadoras de coñecemente, se se considera a arte como provocadora de emocións, xúrolle que estes derradeiros post son arte.
Por que xogan os nenos do norte da India (celtas indoeuropeos) á porca, á chica, ao truco, á billarda?? Por casualidade?
Por que sol na súa lingua é 'Sunya
E irmán 'Brathar (lembre 'brother)
E tantas similitudes???
Porque ata 1925 as viúvas hindúes botábanse á pira funeraria, elas e máis as escravas??
Por que para os hindúes as vacas son tótems, como para nós?
Por que vaca é 'kuhn en alemán, e 'cow, en inglés, e na palabra composta galega va-ca, o segundo elemento coincide cos anteriores?
Por que celta significa pastor de vacas, vaqueiro?
Por que kallaikoi, o nome do que derivou a denominación da nosa patria significa nación dos pastores de vacas?
Tonterías?? Talvez.
Por que apareceu preto de Porto unha inscrición co nome da deusa Kailleach?
Por que hai tanta presenza do celtismo onda nós??
Porque eses pastores de vacas encontraron aquí herba verde nove meses por ano. Alén diso, non puideron, por razóns xeográficas continuar viaxe, e aquí ficaron.
Osperas para o chintófano. Cando puxen o meu anterior post referíame Ó grande Mandela e a Kyra luparia, Myrna peinadora aínda non aparecera.
Sintoo.
Eu, moito teño que estudar.
Que falaba o cid coa súa avóa?.
Pregunte aos alemáns que en 1935 andaron a cheiran entre a India e Tíbet... Teño o filme.
O Cid coa avoa? Euskara. E coa muller. Cos musulmáns, unha especie de latín castrapeado parecido co castellano. Vivar era zona euskaldún, daquela. E España, como agora, unha entelequia.
E os galegos, daquela, os pobres, algo parecido ao que falan hoxe os velliños e os intelectuais na illa de Man, ou Sark. Os pijos, latín diptongado á celtica: Oi, ei, ou, ai, etc.
Por exemplo 'Ad pereiram de villam lupariam atque nosos fillos', e castrapadas así.
Vou recuperar unha das nomeadas qeu lle daban ó meu avó:"o Manuel das vacas".
Voulle mercar un cadro a Miguel Carballo (fomos anarquistas xuntos a finais dos setenta), unhes castros rodeados de vacas.
No tocantes a ficarmos eiquí eu non o teño tan claro. Os estudos xenéticos recentes veñen a reforzar a tese de que deste canto do norte penínsular emigramos hacia irlanda e as costas de gales, en barquiñas de pelexo.
Talvez, e teño serias dúbidas, en Granada falasen algo así como bereber, de resto moi similar ao euskara, que provén do Sahara, tamén.
E o bereber estaba castrapeado co xermánico vándalo, que por alí acamparon, ou sexa, que malo sería que non se entendesen ben entre todos.
Si, demostrouno un catedrático de inglés, amigo meu, no seu proxecto Breogán I, II, III, IV, barquiñas de pel de vaca e urdime de madeira, que facían a viaxe en tres días.
Ostias en vinagre, que sinfonía!.
Que bunito, que bunito!.
Fernando Alonso Romero, o noso Thor Heyerdalh.
Bendito sexa ese home, polo que aprendín del e polo humilde e boa persoa que é, explicándome cousas para as eu comprender no meu mínimo nivel.
Aghora quero a bibliografía.
Un lobo élle demasiado libertario e quere adeprender ó seu ritmo.
Faríame ese favore, eh?. E o filme dos alemáns o pescudare no Tibete. Que buscaban?. O santo Grial?. Eran nazistas xa daquela?.
Kyra, teño qeu me despedire que me rifan. Xa lle demos bastante vidiña a nosa almiña en pena que andaba sen clientes coitada.
Vou lembrar con moita forza as súas mensaxes, para mín conteñen moitas imáxens moi suxerentes.
Eu penso nun par de anos facerme con unha xogada de vacas, por moito que me berre o meu pai. Cada quen ten os seus vicios. E espero que vostede as vexa.
Descansen ben
O Tibet era o "indoeuropeísmo" en estado quimicamente puro.
Schaefer era un antropólogo especialista en simboloxía ao que lle encomendara Himmler a procura das raíces do que eles perversamente transformaron en "ario", sinónimo de iraniano, de indoeuropeo, para conformar o neopaganismo nazi.
Convido, cando queiran, á miña casa para vermos o filme.
É curioso ver a expedición con salacot co emblema SS, amigos dos ingleses, desde onde entraron no Tíbet, e cabelo cumprido e barbas.
Esas expedicións eran as mesmas que enviaron a estudosos a Lobeira, ao Pirineo, Córcega, Siria... Unha busca desesperada de símbolos. E infelizmente ridiculizadas por Spielberg en "A procura da arca perdida".
Himmler estivo pola mesma razón en Montserrat.
Na verdade, eses estudos utilizáronse para demostrar e/ou xustificar a supremacía (falsa) da raza xermánica e aniquilar e escravizar as nacións ocupadas.
Isto non é un chat.
Sobra o acento no e de Lerasnos. Para que Rivas siga poñendo de exemplo este blog.
Graciñas pola corrección.
Vostede nunca se equivoca quizais?
Ou "has nos ler de morto..."?
Don Marcos, nada ten de agradecer.
En primeiro lugar, porque parecemos alumnos da ESO en exame de galego, e eu, grazas a Nuestro Señor, xa hai máis de vinte anos que me gaño a vida, noutros mesteres, honrada e suficientemente.
En segundo lugar, son ganas de tocar o c. e de demostrar un gran descoñecemento das estruturas idiomáticas do galego, que non utiliza case nunca o futuro, de non ser perifrásticamente, como xenialmente apunta o sr. Da Coba.
'Lerasnos' non é galego. É castellano calcado. 'Nos leerás'.
En galego sería:
Vasnos ler.
Hasnos ler.
Hasnos de ler.
Has lernos.
Has de nos ler.
Así, ad infinitum.
E non creo que o sr. Rivas, que é un xenial anaco de pan, unha rara excepción neste país de aspirantes a inquisidores, poña este blog como exemplo por causa da pureza ortográfica.
Un saúdo agarimosísimo e un abrazo apertadísimo para don Marcos e don XDC.-
P.D.: Son un simple afeccionado, non relapso reo da inquisición lingüística, aparte de herexe lusista e aldeán.
Eu, de lingua, ben pouco sei, como é notorio. Mais, se non erro, coido que "perifrásticamente" en galego non lle leva til, dona Kyra.
Sabe de galego ben máis ca min, amigo Apicultor.
Pódome defender?
a) Escribín ás présas, sen corrixir.
b) O computador coloca automaticamente acento ortográfico nos terminados en -MENTE (como en castellano).
c) Vouno amolar un bocadiño, e fágoo porque Vde. aprecia o meu pupilo e eu quero a quen quere a Júlio:
TIL, EN GALEGO, É ESE VERMIÑO, QUE SE COLOCA POR RIBA DO N PARA QUE ESTE SEXA PRONUNCIADO 'Ñ'. É ISO, EXCLUSIVA, SIMPLE E SINXELAMENTE.
ESE PAUCIÑO '´' QUE SE COLOCA NALGÚNS CASOS POR RIBA DAS VOGAIS TÓNICAS, CHÁMASE EXCLUSIVA, SIMPLE E SINXELAMENTE 'ACENTO ORTOGRÁFICO'; SI, APICULTOR, ÉLLE ASÍ. SÍNTOO. LAMENTO INMENSO. CONSULTE, XA SEI QUE NON ACREDITA EN MIN.
Beixos da súa amiga ruso-karakalpak,
Kyra Prosokova
E tanto me ten que se tivese encebolado coa repoluda esa da Antonelli. Non o quero ver de diante ata que me pida perdón.
Tocado e fundido :-): as miñas desculpas.
Busque na súa espléndida biblioteca, chame a Franco Grande, Estravís, Elixio Rivas Quintas, Freixeiro Mato, chame, Apicultor, chame.
Boeno, non se me enfade. Podemos marcar un encontro en Allariz, talvez xoves desta semana que vén, para xantarmos, falarmos e reconciliármonos.
Algúns contertulios do núcleo duro xa están anotados.
Está ben, paseime. Perdoe.
Un abrazo grande e conciliador dunha viúva de guerra para un brillante profesor.
Ouviu, Apicultor, sabe que o encontraba de menos??
Que psicodélico.
Júlio estaba estraño (cando non o está?) e desde que Vde. voltou a se debruzar no blog o meu galeguiño volve estar contento.
Púxome (e traduciume) "El Relicario", na radio do Lada de Myrna e rimos ata chorar. Tamén con esa de Rocío Dúrcal, "Fue tan poco tu cariño", que cantamos todos coma tolos...
Despois meteu o cd dos Pink Floyd, "Saucerful of secrets", e ficou serio, serio, serio.
Son Vdes., os da Solaina, un persoal tridimensional, nunca e sempre están satisfeitos coa realidade. Debe ser exceso de paga, déficit de traballo e eterna fuga do enfastío...
Beixos, Api, rifeille a brincar. Ben sabe que o quero sinceramente.-
Non fai falta que consulte a ninguén: a súa palabra é lei para min.
Verbo do de Allariz, non vai ser posible, pois o mércores ben cedo marcho para Andalucía, máis en concreto para Huelva como primeira base de operacións. E ben que me prestaría ese xantar, dona Kyra. Obrigado. Terá que ser noutra ocasión.
Os meus cumprimentos.
E non é por presumir, pero acertou vostede no da miña biblioteca, que é certamente espléndida (outra cousa é ter lido e, máis aínda, asimilado todo o que hai).
Mais hei de recoñer, con pesar e contrición, que de materiais lingüísticos e literarios galegos, sen carecer dos clásicos e algo do novo, anda un tanto orfa de novidades. Teño que mercar urxentemente tres ou catro dicionarios actualizados para porme ao día. De narrativa e poesía xa non lle conto para que non se bote a chorar.
Cos meus cumprimentos, dona Kyra de Medela.
Estanlle todos na Internet, don Api; excusa comprar nada, agás, talvez, a marabillosa gramática de Freixeiro Mato.
Vou ver de lle enviar os vínculos, e porfa, nin se lle ocurra pedir desculpas. Agora púxoseme mal corpo, tendo en conta que Vde. puido facelo innúmeras veces, pola súa superioridade cultural e xamais o fixo.
E, alén diso, cada un fala e escribe como quere. É un axioma dos que defendemos o galego como único idioma oficial.
Cando me encontre no Sur, tomarei a súa saúde uns pescaítos fritos, dona Kyra de Medela. E unha copa de manzanilla con olivas como aperitivo todos os días.
Eu sonlle dos da vella: necesito papel, sequera estea comesto polo becho. O ecrán é, para min, para pouco tempo.
E agora teño que retirarme para facer un pequeno refrixerio, dona Kyra. Que lle parece un pouco de queixo do Cebreiro con marmelo artesanal e unhas tostas de Patè di pomodori secchi in olio di oliva?
Cebreiro.........
Do latin Zebrus: Cabalo salvaxe.
Como o meu galeguiño.
Grande Mandela, estiven a repasar unhes dibuxos: Caza medieval, debuxos de Galicia e Portugal de Alfredo Erias, Briga Edicións. Está, por suposto o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade de Betanzos.
Aghora díghame vostede en que teño que reparar, e que ven sendo un sutti hindú.
Pídolle a parte racional(hemisferio esquerdo do "celebro"), a parte emocional (hemisferio dereitiño do "celebro") xa foi profusamente procesada.
A pintura non hai que explicala, ten que gustar. "Despoixa", o mellor pódese falar nela.
Eses seus escritos foron auténticos fogonazos dunha rara luz nas tebras do meu pasado. Aghora toca racionalizar.
Se non o fai por escrito xa o pillarei na Ziralla.
... sepulcro que por certo quedou sen estrear, xa que despois de investir nel un Potosí, pouco antes de morrer o nobre cabaleiro don Fernán decidiu que os seus restos fosen soterrados sen campa ningunha ao pe do altar. Caprichos dos ricos!
Información práctica: para iluminar o sepulcro de Andrade hai que introducir nunha máquina unha moeda de 50 céntimos de euro. Prezo módico se se compara coa catedral de Lugo (1,00€ cada metade do altar vello, e moitas veces as máquinas atascan e tragan os cartos sen acender) ou a de Mondoñedo (unha moeda de 2,00€ para iluminar a nave central, e outros 2,00€ para a xirola).
Séquito do Andrade: Prontos para o rito sacrificial. Ou sobreviven nobres ou os cabalos. O complexo ritual da cabalería.
Lamento inmenso non saber máis. E non penso, por falta de coñecementos, falar máis do tema.
Mais o enigma da nosa patria está nese friso, en Betanzos.
Capricho, linda Lourixe???
Mensaxe tan evidente que parece esotérica.
Lembra, amiga, os maios. Estruturas de madeira onde eran queimados vivos os inimigos capturados en razzias por temas tan prosaicos e posibilistas como a agua, a froita, o rapto dunha moza, talvez un monte con lameiros para as becerriñas.
Todo está nese friso. Repara na expresión da cara dos cabaleiros prontos para o seu sacrificial destino.
Lembra tamén o que me comentou un miliciano catalán participante na batalla do Ebro. Líster pediu catro voluntarios para se deixaran afusilar e amedrentaren hipotéticos desertores.
Presentáronse catrocentos.
Ben o sei. Está a falar un parvo e un ignorante. Un pailán da raia.
Thomas Mann é marabilloso.
Betanzos tamén.
Agardamos por ti en Allariz, no xantar ritual, próximo xoves. Falamos, rimos, bebemos, estudámonos, talvez nos odiemos... E facemos país.
Beixiños.-
Hoxe 15 de xullo sae en "La Región", xornal local, a esquela do señor do que vos falei, ese que se caghou de medo despois de telo ameazado con meterlle a cruz. Tiña 73 anos, polo tanto naceu no 35, preguerra. Esa cultura-cosmovisión estaba totalmente viva na post-guerra e durou ata ben entrados os anos 80. Cecais morra coa súa xeneración.
Ou connosco.
Publicar un comentario