7 jul 2008


Morbo.
pan por pan martes 8 xullo

Din os sociólogos que os grandes centros comerciais das aforas das cidades son as catedrais de hoxe: lugar de peregrinación central da fin de semana. Non menos alento relixioso teñen as masivas concentracións nos grandes concertos da música pop e rock, como o Rock in Río en Madrid. Seguín por TVE algunhas actuacións: Sting e Police, brillantes sempre; a furia latina de Shakira; os escoceses de Franz Ferdinand. Dende o sofá gáñase en comodidade o que se perde en adrenalina. Tamén vin uns minutos do espectáculo de Amy Winehouse e o que eu contemplei non se corresponde con algunhas crónicas do festival. A súa imaxe, de escasa mobilidade e algo absorta, ofrecía máis patetismo que outra cousa. Seica os seus fans, atentos ós seus escándalos, aprecian o toque morboso das súas postas en escena. Como en tempos as xentes se extasiaban ante as chagas dun Cristo gótico.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha voz portentosa a de Amy Winehouse, un talento natural incomparable, un "neo-soul" de primeira división, unhas cancións suxestivas e con ritmo. Mágoa da auto-destrución na que está metida e da que semella non dar saído.

Anónimo dijo...

Para chegar a ser unha lenda, ese é o camiño (Janis Joplin, Kurt Kobain, Jim Morrison...). Amy Winehouse xa está nese límite... e vaino conseguir, veredes. Para min é unha das descobertas. Facía moitos anos que ninguén me conmovía de tal maneira. Ten o seu aquel esa maneira displicente de cantar.

Anónimo dijo...

Lendas entre queñes sinten, precisamente, morbo, polo xeito en que morreron. O morbo sentido pola morte de outros, pequena patoloxía mental que nos fai sentir supervivintes (Canetti,"Masa e poder"), amplificador de emociós artísticas. Morbo ó percebir a dexeneración persoal do artista , tan ben analizado, entre outros, por Sierra i Fabra en "Cadáveres bien parecidos".

Se conseguimos filtrar ese morbo, os nomeados por Apolonio teñen unha calidade artística bastante inferior a moitos que siguen vivos e beben. Pero non é doado resistirse ó "valor engadido" que da a morte, tamén fácil de explotar comercialmente.

Anónimo dijo...

Pouco me importa se os anteriormente nomeados por min (Winehouse engadida) son de maior un inferior calidade que algús vivos... non sei a que ven iso, cando eu só falei de lendas ou mitos na música, non de se son bos ou non (hainos para todos os gustos)...
Gústame Amy Winehouse e, con permiso de Canetti, de Sierra i Fabra e de XDC, mal que lle pese a moitos, convertirase nunha lenda... E de morbo, pouco, máis ben NADA.

Anónimo dijo...

MS facendo das súas.

Anónimo dijo...

Xa parece coña que se apelide Amy tal que "A casa do viño".

Anónimo dijo...

Pois eu creo que me estou facendo vello, e a pesares de querer ollarlle a Amy, algo que me emocionara, certamente no llo atopei e cansei tirado riba do sofá ata Jamiroquai e durmin.
A súa música, é ese soul inglés, ben feito, limpo e bailable que tan ben entra nas radio fórmulas con estribillos repetitivos e pegadizos, pero vela a ela no escenario non me aportou nada que non sinta cando lle escoito os discos.
Por certo, por veces pensei que se iba remanga-lo refaixo amarelo, pero tivo contención e quedou non loable e insinuante intento.

Anónimo dijo...

Á Janis Joplin recoñézolle alma de artista, pero o "Morritos" Morrison non era máis que un neno de papá ,jetas, vividor e violador. Pero esto último tamén levanta o seu morbo entre certa audiencia.
No caso da Amy, váleme o dito por o meu frère Jacques Delapierre.
Frère Jacques: noméoo meu apoderado en asuntos de opinión musical pra os casos en que eu non ande por aiquí.

Anónimo dijo...

Un amigo meu vaise casar coa muller da que se divorciara, porque dí que o divorcio "non é máis que un papel".
Non ven a conto, pero estame facendo rir moito.

Anónimo dijo...

Amy é unha música formidabel, eu veñoa seguindo dende hai tempo, dende antes do morbo. É un ser auténtico, por tanto extremadamente fraxil, e extremadamente xenial. Esperta moitas envexas neste mundo de vellos podres e de xoves prematuramente apodrecidos. Pero os que teñen a alma auténtica comprenden o seu arder, a súa rebeldia, ao seu xeito, a marxes de hipcrisias de madurez.

O son non está sincronizado, pero é o mesmo.

Amy formidabel

Anónimo dijo...

Máis voces femeninas:PREMER.

Anónimo dijo...

Da Coba: En galego QUEN non ten forma de plural. Empregar QUEÑES
(como fai vostede ) é un erro. Unha persoa tan capacitada coma vostede penso que ha ser quen de correxilo.Grazas

Anónimo dijo...

O.K. Bastarame unha soa vez,"lei do efecto", rabo de nube.

Grazas polo de capacitado, pero eu penso coma o Darío Villanueva.Dixo o outro día nunha entrevista de prensa que "o cerebro é a cousa máis democrática que existe".

Anónimo dijo...

O.K. Bastarame unha soa vez que mo diga ("lei do efecto"), rabo de nube.

Grazas polo de capacitado, pero eu penso coma o Darío Villanueva.Dixo o outro día nunha entrevista de prensa que "o cerebro é a cousa máis democrática que existe".

Anónimo dijo...

(Vaia, dinlle duas veces)...

Anónimo dijo...

Totalmente prescindible o concerto Rock In Rio, invento para facer cartos a sombra do que foron noutras datas Woodstock etc. Non se entende a Shakira, Alejandro Sanz ou Estopa dentro do concepto rock de non ser pola maior rendibilidade económica do pop que fai que a palabra rock sexa para algúns xa un saco sen fondo no que todo cabe. En canto a Winehouse ¿tanto lles entusiasma a vostedes?. Recoñezo que non lle acabo de coller o punto e miren que me esforzo.

Anónimo dijo...

Prescindible? Aquelo metía medo.

Anónimo dijo...

Para esforzarse.
O Festival de Ortigueira si que responde ás expectativas. Pero eu afortunadamente estou en Vigo.