en poleiro alleo: dous artigos e un novo blog
Afonso Monxardín e o que podemos aprender da lingua irmá:
(...) Non é ben lóxico falar das "guías sonoras" para referirse a esas rugosidades nas liñas laterais que o levan a un ao carreiro central? As actuais "bandas sonoras" non se sabe onde van tocar. ¿Que problema habería para sinalar que cando un anda case topenexando na estrada debe parar canto antes nunha "área de repouso"? Certamente un vai só "respousar" un pouco pois para descansar, procuraría, sen dúbida, un lugar máis ao xeito que as chamadas aquí "áreas de descanso". Outra. Cando un vai por unha autoestrada debe pagar. ¿E que é o que paga? En España "peajes" -e aquí "peaxes" como se pasaramos a pé. E isto é por pura influencia da "peage" francesa e da "peatge" catalá. Os portugeses tampouco usan xa a vella palabra ibérica nosa "portádego" -"portadgo" en vello castelán-, senón botan man doutra máis moderna e tamén tradicional relacionada co dereito de pasar por unha porta, a da autoestrada, por exemplo, e falan así de "portaxe", "portagem" na súa grafía. Cobízame a opción. (...)
O artigo completo
O PSOE equilibra a carga (ECG 8.7.08): Xosé M. Sarille opina, en ton crítico, sobre o congreso socialista:
(...) Pero quen mellor sabe que con estas maneiras a dereita non ten futuro é Rodríguez Zapatero. Por iso se manga eses discursos, lixeiros, amábeis e ornamentais e desvía no posíbel a atención da crise económica. Esta táctica xa lle funcionou ben na anterior lexislatura: discurso simpático engadido a medidas progresistas gratuítas, coas que simpatizaba a maioría. Mentres se aprobaba o matrimonio homosexual e a materia de educación para a cidadanía, a banca gañaba máis que nunca, e as constructoras lucrábanse sen mesura. A enormidade dos beneficios non significou aportar máis ás arcas públicas. (...)
E permítanme, ademais, convidalos a visitar un novo blog dun amigo:
www.hakancasares.com
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
8 comentarios:
Existe unha aldea, en Lobios, onde a memoria popular fala dunha antiga "aduana".
Esa aldea chámase Portaxe. Penso que debiamos reflectir sobre ese étimo, como auténtico denominador do bárbaro calco "peaxe".-
concordo co artigo do senhor monxardim, e eu tenho ouvido a palavra portagem na minha aldea, e e unha palavra bem bonita.
Eu acho que há que mirar tudo o que se poida para os galegos do sul que mantiveram o galego por circunstancias históricas mais auténtico que por aquí, sem que se enfade ninguem. Eu lendo a Bieito Iglesias acho que utiliza muitas palavras do português que não tenho visto em outros escritores galegos. ( bicha, comboio, acho...)
De verdá que non concordo co artigo e vou mandar o autor a Siberia a -40ºC a un campo de reeducación.
Pois eu con-cordo bastante coa idea central do artigo. Así como nas leis hai unha "letra" e un "espíritu", moitas palabras do galego oficial parecen ter "letra galega pero espíritu castelán". A correspondente palabra portuguesa parece ter sin embargo "espíritu galego".
Pero o do "espíritu" creo que só pode ser entendido por queñes temos o galego de verdadeira lingua materna, a que falamos cando neniños sin saber ortografía ("letra").
Xa sei que no Dereito, ao final quen manda é a "letra".
o do "espíritu" e o que sintetiza o que eu queria dizer, e acho que é asim, e vese ainda mais certo nos topónimnos, iso non se pode sacar de ahí, os topónimos falam-nos dum mesmo "espíritu". na minha aldea há um lugar que a xente conhece como balbón, eu nunca o vim por nengunha parte noutro lugar de Galiza, agás un bairo de Lisboa.
É xa un tópico triste, pero o Sr. Bieito Iglesias, de Vilarchao, fala e escribe un galego moi bonito. Pero ten un segredo: é galegofalante. Se cadra un dos poucos escritores galegofalantes de nación.
O resto son caralladas.
"Se cadra un dos poucos escritores galegofalantes de nación.
O resto son caralladas"
Home, lanzar esta insidia sen probas só demostra ou moi mala fe ou unha ignorancia supina. Mala cousa calquera das dúas.
Bieito será bó escritor por outras razón, amais disa. Falan (e escreben) en galego xentes como Chus Pato, Camilo Franco, Manuel Outeiriño, Ramón Caride, Xerardo Méndez, Fernández Naval, etcétera. Limitar o talento de B.I. a que fala en galego e reduccionista. Haberá xente que escribe en galego (e fala en galego) e non deixa de ser unha merda: Jaureguizar é un exemplo.
Publicar un comentario