25 jul 2008


Os costumes.
Pan por pan 25 xullo
Imaxe: Van Dongen.

Moito cambiaron os costumes e xeitos de vida, digamos nos últimos 90 anos. Por exemplo, Castelao vai a París en 1921, a estudar a arte europea e volve escandalizado ó ver como as “couples” se bicaban con descaro na rúa á luz do día. Lembra isto Xavier Castro na súa historia da vida cotiá en Galicia. Nesa época había por estes lares as profesión de “dama de compañía” e dela quedaron algúns restos literarios. Era o que vimos chamando unha “carabina” que acompañaba á moza noiva e casadeira para que o mozo non tivese ningunha ocasión de sobrepasarse. Nos anos da ditadura de Primo de Rivera unha muller anunciábase para esa función nun xornal e daquela cobraba dúas pesetas diarias polo desempeño. Adoitaba ser unha solteirona de familia ben vida a menos. Pasarían aínda anos, cunha guerra polo medio, para que a muller conquistase o seu dereito a saír soia á rúa.
P.S.: supoño que é obvio que me encantan os expresionistas alemáns. E mañá, no PAN, seguindo este fío, falaremos de sexo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Sexo? Onde? Como? Cando? Con quen? Con que?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Recibo, como a meirande parte do mundo, un feixe de correos de spam entre os que destacan os de vendas de viagras, cialis e demáis productos auxiliadores. Pero a que recibín estes días, merece lugar de honra. Nun español insólito leo:

Lo mejor de Vi es una confianza que puedes "volar en piloto automatico", llegar relajado y sin problemas hasta la esencia, que el miembro sigue mantenerse levantado incluso cuando se interrumpa (ninos golpean a la puerta del dormitorio, ladra el perro, se desliza su condon). Toma de Vi puede hacerse tambien unl regalo grande a su pareja, en el caso de tomar Vi conscientemente. Solamente un consejo: no tiene que decir a ella que estas tomando Vi: autoapreciacion femenina es tan vulnerable como la nuestra propia.

Sen comentarios.

Anónimo dijo...

Mañá compro o libro de Xabier Castro porque eu teño apreciacións diferentes de como deberon ser as cousas no mundo rural.
Penso que as xeneracións "castradas" foron as de post-guerra, a dos meus pais e a miña. Non sei se rematou nos oitenta.
Os de ante guerra, os meus avós, bis-avós, pasáronno caralludo. Foderon licenciosamente e como bestas, que era o que eran. Non vexo eu carabinas por ningures. Eso parece vilego, villano ou de cidade.

No rural aínda co nacional-catolicismo imperante e tronante había espazos de libertade . A mín non me dá. Ou a miña aldea éralles moi particular. Un profesor de latín do Otero Pedraio que pasara alí a infancia como irmau do cura tenme dito que era a edade media pura e dura.

Enfin, teño como deber o de ler o libro, desta vai.

Disimulenme.

Anónimo dijo...

(Poño esto aiquí por aquelo de "como cambiaron as cousas")

A tarde-noite de onte sábado fun tocar, cunha orquesta ,a Correchouso, na montaña do concello ourensán de Laza, que celebraba as suas festas do Santiago, conxuntamente coa aldea próxima de Navallo.

Navallo saltóu ós medios de comunicación fai unhos anos, por estar a piques de arder nun incendio forestal. Lembrarán que ,cando xa estaba evacuada a poboación e daban a aldea por perdida, os bombeiros ,que tentaban fuxir tamén có camión cisterna,quedaron atrapados entre as rúas . Pra salvar a propia vida, administraron de xeito admirable a pouca auga que xa tiñan, mollando as casas pra non arder con elas ,e salvándose así eles mesmos e ó "pueblo".

Paseando entre as casas, tratéi de imaxinar aqueles momentos dramáticos, os tensos berros de discusión. Coa vida en perigo ,cómo se redistribuiría a autoridade e o liderazgo entre eles?. Deseguro que dun xeito totalmente á marxe da función "oficial" de cada un deles, como vimos en tantas películas que trataron situaciós límites semellantes. Se foramos americanos xa tiñamos feito o celuloide correspondente, ou polo menos un fermoso artigo no "Reader´s Digest".

Xa me chamóu a atención, según cheguéi, que as duas aldeas celebrasen as festas conxuntamente, nunha delas. O habitual neses casos é a rivalidade, como en tantos casos que deseguro coñecen. Correchouso-Navallo está sendo a excepción que confirma a regla.

Pasóuseme pola cabeza contactar telefónicamente có Medela por dúas razós. A primeira , por ver si me podía explicar a etimoloxía de "Correchouso". A outra, porque no campo da festa, a carón da igrexa e do cemiterio, había un deses carteles que a él lle gusta fotografar, e que rezaba: "Reservado para autocares.Sólo en horas de funeral". Pero apenas había cobertura.

O "ramista" ,ou "maiordomo", das festas ,é un leonés , que casóu aí . O matrimonio vive habitualmente en Barcelona, e ven pasar á aldea as vacaciós, como case todos os seus veciños do vran,emigrantes en Cataluña ou Alemania. Él, disfruta gastándoas dese xeito. Conseguíu que o concello fixera unha bonita caseta pra "bar da comisión", coa correspondente "terraza" na "esplanada". Aténdeo el e outros colaboradores, todo o mes de Xullo. É a principal fonte de ingresos , aparte das aportaciós dos veciños, necesarios pra afrontar os gastos das festas. Puxeron tamén unha pantalla ,feita cunha lona blanca, desas de tapar a carga dos camiós, amarrada a unhos paus, pra pasar película e videos musicáis cun proiector conectado a un portátil. Tamén, durante toda a verbena, proiectaron nese formato xigante, fotografías dos veciños. As fotografías foran feitas polos máis novos, cós seus teléfonos móviles ou cámaras dixitáis, en diferentes situaciós festivas familiares, e volcadas á memoria do ordenador. Moito ría a xente, durante a verbena, ao ver ós seus veciños, fotografados en situaciós comprometidas, proiectados naquela pantalla que, movida polo aire, deformaba índa porriba rostros e as expresiós. Hasta a mín, que observaba desde o palco e que tiña que estar concentrado no que tocaba, dábame a risa con algunhas. Tamén proiectaron belísimas fotos dos moitos rincós bonitos da contorna. A xente comentábaas, e discutían ás veces: "Eso é tal sitio, eso é tal outro". As fotos facíanlles ser conscentes da enorme beleza do seu lugar de orixe.
Foi na pausa pra cear cando me contóu moitas destas cousas.Os restantes músicos marcharon cear, invitados a unha das casas. Pero eu quedéi nó "bar da comisión" a soas có dinámico organizador, cun bocadillo e unhas cervezas ás que me invitóu. Tamén roscón e licor. Preguntéille por que tiña un tabuleiro de xedrez, e díxome que era afeccioado, e que xogaba habitualmente có único veciño que tamén xogaba. Pregunteille si quería xogar unha partida i el preguntóume si sabía xogar. Díxenlle que non moi ben, pero que así pasábamos o tempo en canto non viña a xente da cea, e sobre todo o colaborador có que se turnaba , pra poder cenaren os dous. Tocáronme blancas, por sorte, e defendéuse bastante ben coa "siciliana". Cando pronunciéi en voz alta a palabra "fianchetto" tras un dos seus movementos de alfil, torceú o fuciño, e díxome "sí que juegas bien". Cometéu un erro e ganéille. Naquelo, chegóulle o relevo á frente do bar.

Non descanso da verbena, sentéime na terraza entre unha xente nova. Escoitábase alemán de Hannover,español das Vascongadas e de Cataluña (aprendín a leción, Arume d.p.?) , mesmo galego con acento inglés. Era o marido, de seguro británico, dunha alemana, filla de españoles, que falaba galego cun forte acento do alemán "des nordeens". Qué mixtura, meu Deus!!. Chegóuse unha rapaza a outra, preguntando "Wo ist deine freundin?" (ónde está a túa amiga?) , e a outra respondéu, "en casa!".

Moitos rapaces chegábanse á verbena en "quads". E , tome nota Medela, ningún deles levaba "un sacho atravesado".

Cando saliamos pra Ourense, ás cinco da mañá case,o conductor perdéuse por aquelas carreteras e tuvo que acender o GPS. Éste, entre aquelas montañas, tardóu unhos minutos en captar a señal do satélite. Menuda versión da "Lei de Murphy". Xusto en lugares recónditos ou remotos, que é onde máis falta che poden facer eses trebellos, ou o móbil, é onde hai pior cobertura. Que tome nota o Monxardín, pra os seus artigos verbo deses "devices".

Cando chegaba a Ourense, clareaba o día polo Montalegre. Penséi que ,si os veciños en festas de Correchouso o pasaran a mitade de ben do que o pasei eu traballando, xa o pasaran ben de carallo.

Dormín hasta cerca da unha, e fun espabilar cun café na Praza Maior. Cando saludéi, de lonxe, a Marcos Válcarcel, decidín contar esto no blog, anque caera pesado.

Anónimo dijo...

Pesado? Joer. Acaba de facer vostede un dos relatos máis apaixoantes dos últimos vinte meses e pensa que foi pesado. Xa quixeran algúns escritores, de méritos autoatribuidos, ter a súa mestría. Noraboa, Dacova. Un pracer e un luxo.

[nota: onde é que están os editores deste país que aínda non falaron nin con Dacova nin con Medela para contar a historia literaria/verdadeira de Galicia? ]

Pior para eles, e millor para os lectores deste blog completamente alucinados coa grandísima literatura que aquí se escribe.

Marcos Valcárcel López dijo...

Magnífica crónica, XDC. Graciñas por compartir todo iso con todos/as. E xenial o do cartel dos autobuses...