1 jul 2008


Os galegofalantes somos tratados como inmigrantes”
O escritor Suso de Toro di na presentación do seu novo libro "Outra Galiza", que "o galeguismo debe revisar a súa teoría da lingua, que non vai só asociada ao territorio"

125 comentarios:

Anónimo dijo...

Publicando artigos en español na edición galega de "El Pais", non creo que este señor poida recriminar a ninguén. Ou pode, pero queda como o que queda, un paiasete.

Anónimo dijo...

Hainos que matarían a seu pai por poder publicar artigos en español na edición galega de "El País". Non será vostede un deles, Nicolás?

Anónimo dijo...

Pois non señor Zuzo, non son un deses. Teño deixado cousas de interés de lado, precisamente por eso mesmo.

Anónimo dijo...

Amais, asergúrolle que non é para tanto publicar en "El Pais".

Anónimo dijo...

É un gran patriota, don Nicolás. A súa renuncia ao castelán constará como un fito senlleiro na historia da nosa lingua.

Anónimo dijo...

Nicolás debe ser un intelectual de moito fuste para que lle pidan escribir en castelán nos xornais.

Anónimo dijo...

De basa, fuste e capitel.

Anónimo dijo...

Non renunciei ao castelán e tampouco ao francés.

Anónimo dijo...

Imaxino que coñece este poema que me fixo memorizar a Nélida, miña mestra de francés cando neno. Pero eu dedícollo igual:


O mon pays, mon cher pays !
Je tiens à toi par l’espérance.
Plus encore par les souvenirs.
Témoin des jeux de mon enfance,
Je t’ai dû mes premiers plaisirs.
Tu me rappelles mon bon père.
Mes premiers, mes meilleurs amis.
Les soins, les baisers de ma mère,
O mon pays, mon cher pays !

A. VINET

Anónimo dijo...

O monolingüismo castelán duplícase en 10 anos

Europa Press . A Mesa pola Normalización alerta na Cámara que menos no 35% dos mozos fala galego habitualmente mentres aumentan os monolingües en español. Nas novas tecnoloxías e os videoxogos o galego é 'residual'.
Reloxo 01.07.2008 | 16:37
TAGS: Mesa pola Normalización , galego , lingua , videoxogos , Fran Rei ,

Cargando Fran Rei, á dereita, responsábel da Mesa na Coruña Fran Rei, á dereita, responsábel da Mesa na Coruña O responsable nacional da sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística, Fran Rei, alertou hoxe de que o galego "non chega ao 35 por cento" en número de mozos falantes habituais, e de que o número de mozos que só usan o castelán aumentou en dez anos case nun 10%, o que converte o galego "nunha lingua residual" nesta franxa de idade.

Segundo explicou Fran Rei en declaracións a Europa Press tras intervir na Comisión Parlamentaria de estudio da situación da xuventude en Galicia, os datos sobre evolución do galego na sociedade mostran que o monolingüismo en castelán aumentou nunha década dende o 10 ata preto do 19%, e que nalgúns núcleos urbanos a porcentaxe de falantes habituais en galego non chega ao 15%.

Neste sentido, Fran Rei sinalou que a xeración actual de mozos "é a primeira que xa non ten a lingua galega como lingua habitual nin como primeira lingua" e asegurou que os datos dos diferentes estudios que manexa a Mesa "evidencian unha ruptura cada vez máis acelerada da transmisión interxeracional" do galego.

Nesta liña, Fran Rei sinalou que a lingua galega vive na actualidade "un proceso de substitución total polo castelán, sobre todo en ámbitos urbanos" aínda que "cada vez máis tamén en grandes pobos, sobre todo da costa"

Ademais, o voceiro da sección xuvenil da mesa sinalou que "en contra do que se di", os últimos estudos evidencian "un mantemento de actitudes negativas e prexuízos moi grandes" cara ao galego "por parte da xente máis nova".

Neste sentido, Fran Rei criticou que na sociedade "persistan tópicos" que asocien aos mozos que falan galego "a que veñen de aldea ou a que teñen filiación nacionalista", o que cualificou de "moi preocupante".

Fran Rei aproveitou a súa intervención na Comisión Parlamentaria para reclamar "o cumprimento íntegro da lexislación vixente" sobre normalización lingüística, sobre todo no ámbito do ensino.

Con todo, o voceiro da sección xuvenil da Mesa advertiu de que as políticas lingüísticas dirixidas á xuventude "non poden quedar solo no ámbito do ensino" se non que deben incluír "sectores que actúen como referente positivo para os mozos", como é o caso das novas tecnoloxías ou os videoxogos, "ámbitos que os mozos ven como positivos e nos que hoxe en día o galego é unha lingua residual".

Anónimo dijo...

Máis de 25 anos con profesores de galego e con equipos de normalización lingüística en todos os centros, e o resultado é un sonoro fracaso: a xuventude pasa duramente do galego. Cabe máis incompetencia? E a Mesa tampouco se libra, facendo todos os anos esa pantomima do Correlingua: os rapaces falando castelán con pancartas a prol do galego.

Anónimo dijo...

A Mesa carece de total imaxinación: é un axente inútil de galeguización. Pensa que o problema se vai solucionar co "cumprimento íntegro da lexislación vixente, sobre todo no ámbito do ensino"? Ou coa grandiosa e orixinal idea de poñer en galego os videoxogos?

Anónimo dijo...

Non lle é a cousa tan simples señor Procurando.
Tamén os profesores loitan contra o machismo, o racismo, o papanatismo, e mais a sociedade vai por onde vai.

Anónimo dijo...

Ninguén dixo que fose simple a cousa. Pero diluír responsabilidades e non recoñecer o fracaso é un xeito de continuar a fracasar. Iso si, laiándose todo o tempo ou denunciando sempre a cara de can. Inútiles, uns inútiles.
E vostede, co seu derrotismo ("mais a sociedade vai por onde vai") non fai máis que certificar a defunción da nosa lingua.
Hai que comezar a falar claro, e aquí unha boa parte da culpa correspóndelle a aqueles en teoría máis interesados no galego. Paradoxalmente triste.

Anónimo dijo...

E xa non falemos dos servizos de normalización dos concellos, incluídos os gobernados por nacionalistas. Como dixo Sarille, son unha farsa.

Anónimo dijo...

No da mesa estou con vostede, señor Procurando. Son un fato de ególatras exclusivistas, que se reparten un botín de influencias para probeito particular. Aproveitanse da boa fe da xente que acude as manifestacións que eles convocan e eles logo utilizan esa forza simbólica para fins personais. O pais precisa de organizmos mais activos, horizontais e mais proximos a xente, sen esas paranoias que os encerra en si mesmos, por temor a que queden con menos se entra mais xente. Ao fin opera o neocaci quismo inserido nas conductas dos que se creen dirixentes do noso pais. O pais precisa de cambios na súa estructura social e política, cambios orientados cara unha cidadanía galega, cara unha madurez do nacionalismo, abandoando doctrinarismos, mimetismos, perxuizos e abrirse ao mundo dende Galicia, aguantarlle a mirada o mundo e atrevérse a ser galegos . Hai que abandoar as tobeiras do acomplexamento, a comodidade do discurso defensivo, mirarse as incoerencias e apostar ou retirarse .Nestes tempos de pouco sirben os refráns da retranca, as duas velas, ou pairar na escaleira, temos que asumi a acción se non queremos convertirnos nunha curiosidade museística nun museo etnográfico.

Anónimo dijo...

O fracaso é da sociedade galega frente a española. O nacionalismo non soubo reacciónar, demasiado acomplexado non actualizou o seu discurso. Por unha parte pensase que actualizar o discurso é renunciar ao ideario nacionalista, pero na practica veñen renegando dese ideario. O resultado é un corpo doctrinal desfasdísimo e unha praxe entreguista, tal grao de desconexión dificulta a articulación dun discurso político coerente entregándose a politica nacionalista ao amaño, ao apaño, a encriptar o seu discurso pubrico de xeito que nin eles mesmos o entenden.
Compren cambios, pero que compran non é causa para que se den. Eu agardo que coa nova tanda de asesores que están a reclutar as cousas vaian para mellor, e se lles entenda polo que din e polo que fagan a partires de agora.

Anónimo dijo...

E non está de acordo co dos profesores de galego, o dos equipos de normalización dos centros e o dos concellos?

Anónimo dijo...

Podería informar máis, anónimo, desa "nova tanda de asesores que están a reclutar"? Eu non sei nada.

Anónimo dijo...

Co dos profesores non estou dacordo, pero agora voume a pasear a noite. Sobre os novos asesores, poña vostede atención as novas da Consellería de C ultura. Hai ceses e altas.

Anónimo dijo...

Por moito recambio de asesores que teña a Consellería de Cultura, esta non ten competencias a serio sobre normalización lingüística, señor.

Anónimo dijo...

O gallego empezou a ter problemas serios cando desapareceu a diglosia -cun reparto de funcións estable, entre o século XVI e XX- e veu a oficialización, os profes,a autonomía, a selección galega, etc. A vinculación lingua-politica foi desastrosa. A contraposición de identidades galego-español, foi desastrosa. Se cadra van facer unha "Galiza" pr'eles, pr'ós bos e xenerosos e os demais a asubiar á vía. E a maoría, os galego-españois sen complexos, van dicir, pois logo se a lingua é patrimonio dos políticos nacionalistas, pois eu falao en castelao e ao carallo.

Anónimo dijo...

Unha cousa é criticar a Mesa e outra moi diferente é lanzar graves acusacións como fai o participante anónimo do mar jul 01, 10:11:00 PM.
Impútalle aos responsables da Mesa nada menos que o reparto dun "botín de influencias para probeito (sic) particular" e "para fins personais".
Isto xa é cair na pura difamación e na inxuria máis irresponsable. Se ten datos, que teña o valor de expoñelos e de denuncialos publicamente (mesmo de acudir aos xulgados). Do contrario, o que está a facer este señor é facerlle o xogo (un xogo suxo da peor especie) aos sectores máis reaccionarios e antigalegos. Ou ao mellor o que está buscando é que "Galicia bilingüe" o nomee socio de honor.

Anónimo dijo...

Carlos o que quere é chimpar balóns fora. Pretende marcas a regras para poder criticar, pero marcaraas no seu mundo, aqui xa lle vai algún balón dentro.

Anónimo dijo...

En serio, anónimo anterior, eu tamén penso que debería amosar datos ou indicios sobre as súas imputacións. Se non quedará como un cantamañanas ou como algo pior, un colaboracionista. Non se pode descualificar gratuitamente, debería sabelo. Tirar a pedra e agochar a man non é ético.

Anónimo dijo...

Si que é ético, señor anònimo, e non se trata de imputacións, non confunda os ámetos. As condicóns que pon vostede participará vostede delas, se quere, eu dende logo que non, ese intento de condicionar a libre expresión amosa un autoritarismo extemporaneo. E se por opinar sen o grao de xustificación esixido por un anónimo, se é colaboracionista, meus deus!, deixe de facer o tonto.

Anónimo dijo...

Carallo, ¿non é imputación afirmar que os da Mesa actúan "para fins personais" e que reparten un "botín de influencias para probeito particular"? Entón, ¿que hostias é iso? Son palabras súas LITERAIS, ¿ou é que non sabe o que escribe?
Pois non, non é nada ético botar merda por riba dos demais. Non é unha simple opinión a súa, é un noxento xogo suxo, como dicía Carlos.
Coa que está caendo e que veña un imbécil resentido que nin sabe escribir con estas mamarrachadas. ¡Hai que foderse!

Anónimo dijo...

Fixéchela boa amigo "procurando axentes galeguizadores inútiles", tocáchelo tema tabú. A tí pasaríache coma a mín, que de cando eramos rapaces, e sen a inestimable axuda dos próceres do galeguismo, falábamolo até como se fora unha forma tribal e defensiva contra os señoritos que falaban o castelán. Aqueles señoritos que te miraban por riba do ombreiro, son agora os adalides da lingoa que nunca falaron, entón os que a falabamos á cotío empezamos a non-a entervar en parte pola cantidade de expresións, palabros e outras invencións déstes ilustrados que nos fan descoñecela nosa propia lingoa, e o que é máis ofensivo para un galego-falante, que sexan os anteditos os que lle digan o que está ben e o que está mal, e ainda por riba, que estean cobrando por tal necedade.
Xa ves como se poñen os corifeos!

Anónimo dijo...

Non quero entrar en polémicas alleas, pero coido que algúns antes de escribir deberían medir ben o alcance das súas palabras. Sobre todo cando se fai referencia a organizacións concretas que teñen a súa fronte a persoas concretas con nomes e apelidos, e que teñen a súa dignidade persoal.

Non son moi devoto da Mesa, as cousas como son, mais non creo que os seus dirixentes se movan por "fins persoais" e para obter "proveito particular".

Poderáno facer mellor ou peor, pero de aí a afirmar que buscan a súa comenencia individual (o que roza a difamación) hai un treito que non sería sensato ultrapasar. Digo eu.

Anónimo dijo...

Eu non entendo por qué alguén que publica en español no "País" ten que ser desautorizado pra opinar sobre o galego. Como si publica en inglés no "Herald Tribune", ou en alemán no "Frankfurter Zeitung".

Eu, estou certo de que Arume dos piñeiros publica baixo pseudónimo no "Corriere della Sera".

Anónimo dijo...

Persoalmente, comparto en boa medida as críticas expresadas por "procurando axentes galeguizadores inútiles", tanto á Mesa como aos profesores, aos equipos de normalización e aos concellos.

Pero iso non me leva a tirar a conclusión de que detrás de todo iso só haxa intereses persoais espúreos. Convén non confundir os termos nin salirse de madre.

Anónimo dijo...

En todo caso, o anonimato na rede préstase a que saian os aspectos máis nefastos do ser humano: as súas frustracións, as súas obsesións, os seus resentimentos, que non poucas veces se focalizan en persoas concretas.

Pero quen fai iso baixo o máis total anomimato, sen nin sequera usar un nick estable e recoñecible, carece da máis mínima credibilidade. Iso sabémolo todos.

Anónimo dijo...

non como apicultor: quen garante que o apicultor de enriba é o mesmo apuicultor de sempre?

todo son preguntas...

Anónimo dijo...

Contención!
Que ninguén golpee a mesa, retiren os seus obxectos personais e limpen, non deixen as migallas logo da comida, ou as babas aqueles que pensaban comer e non o conseguiron. Esa mesa é de todo o pobo, para que arredor dela se poida reunir e falar a súa fala e falando e falando traer a palabra o senso de vivir en galego.

Anónimo dijo...

Home, que son eu é ben evidente. Teño o meu estilo. Bastante mellor que o de algúns, certamente, aínda que tamén susceptible de mellora.

Isto vai para o das 01:59:00 PM.

(Por certo, excelente idea a de sinalar coa hora de intervención a quen ou a que se está referindo un)

Anónimo dijo...

Pero quen fai caso do que se diga na rede!, catro piraos!

Anónimo dijo...

Para min que non è o mesmo, ou é outro ou cambiou moito.

Anónimo dijo...

un anónimo é un don ninguién, non existe, non se ten en conta, é un pirao, un descerebrao, un malandro, un trosma, un inútil, unha rémora que chuspe ó vento e dase na cara........ iso é un anónimo

Anónimo dijo...

e a pesar de todo iso, existe!.

Anónimo dijo...

O Bragado é un grande editor, fixense en como apoia aos seus escritores.

Anónimo dijo...

Todos os investigadores galegos nun catálogo

Redacción . A Consellería de Innovación creou o catálogo de grupos de investigación do sistema público de I+D+i de Galicia. Mediante unha inscrición gratuíta, poden entrar nesta publicación os grupos pertencentes ás universidades, os organismos e centros de investigación radicados no país.
Reloxo 02.07.2008 | 09:16
TAGS: i+d+i , Industria , Incite , TIC ,

Cargando Unha investigadora nun laboratorio Unha investigadora nun laboratorio. Paco Vilabarros

O obxectivo é facilitar a identificación dos grupos e as súas liñas de investigación e haberá nove áreas de clasificación: agroindustrial e alimentación; ciencias da vida; ciencias e tecnoloxías da saúde; recursos naturais, enerxía e medio; ciencias sociais, económicas e xurídicas; humanidades e creación artística; física, química e matemáticas; tecnoloxías da produción e da construción; e tecnoloxías da información e comunicación.

Ademais, o catálogo enmárcase no fin de Plan Galego de I+D+i de estruturar e consolidar as unidades de investigación do sistema público e incluiranse de oficio os grupos que teñan concedidas subvencións e os que as ob

Anónimo dijo...

Nese catálogo con toda probalidade non vai estar o anónimo inxuriante. Total, nin escribir sabe.

Anónimo dijo...

Pois a ver si a algún deses investigadores lle dan o Nobel e da o discurso de aceptación en galego...

Anónimo dijo...

Moitos mais dun

Anónimo dijo...

Alégrome de que lle quedaran moi clariñas as cousas ao individuo que botou a lingua a pacer e que só consegiu enlamarse el mesmo (mar jul 01, 10:11:00 PM; mié jul 02, 09:37:00 AM; mié jul 02, 11:07:00 AM). Agradezo as palabras dos que lle afearon a conduta e puxeron as cousas no seu lugar.
Non agardo a que se desculpe, pero esperemos que para a próxima vez pense dúas veces as súas palabras e que non volva a caer covardemente na inxuria e na difamación. As críticas son necesarias, a infamia está de máis na nosa nación.

Anónimo dijo...

Sigan co seu conto, reafírmome no dito sobre os dirixentes da mesa. E advirto que non é unha opinión aillada. Hai moito ego, demasiado nesa mesa.
E non é nin unha inxuria nin unha difamación, é unha simple opinión que non van calar.

Anónimo dijo...

Canto botarate hai solto!

Anónimo dijo...

Moito, especialmente o anónimo anterior, que así se autonomea.

Anónimo dijo...

A mín si que me parece anónimo que se está pasando tres pueblos.
A marxe da consideración que cada un teña sobor da Mesa de marras, é moi forte falar que os seus dirixentes se sirven dela para os seus intereses particulares, sobor de todo se o fai dende o anonimato e sen probalo. Eso no me pueblo chamámoslle cobardía, e saiba que non somos os valentes.
Mire, se os que queremos pór en valor a nosa lingua e noso país nos enleamos, os que se rín son os do Manifesto, pero si quere siga, siga.

Anónimo dijo...

O que non se pode negar é que a Mesa no canto de ser unha organización plural é unha reunión de amigos ao redor dunha mesa. Nunca solicitan que te integres, ouque te afilies. Só piden cartos para as campañas, que a maioría das veces adoitan ser unha mera copia do que se fai en Catalunya, como exemplo a campaña do móbil ou a do voluntariado lingüístico. Iso fai que sexan oscurantistas, e non parece que teñan un funcionamento moi democrático. Reina Carlos Callón, logo está o seu segundo Rei e despois os demais vasalos.

Anónimo dijo...

Está moi claro que o tipo acusador ten un problema persoal con alguén da Mesa e que utiliza este medio para vengarse. Lamentable e penoso que haxa quen faga así.

Anónimo dijo...

Opino o mesmo que Jacques Delapierre e que o anónimo das 09:49:00 PM. Este non é o lugar para vendettas e resentimentos persoais.

Unha cousa é criticar a Mesa, que seguro que motivos hai de abondo, e outra radicalmente distinta é caer na pura aldraxe persoal. Pois non outra intención pode ter dicir que os seus dirixentes se moven por "fins persoais" e para obter "proveito particular".

Creo que, en efecto, o Anónimo inxuriador e difamador se pasou tres pueblos. E o peor é que, no canto de rectificar como os sabios, segue erre que erre na súa ignominia. En fin...

Anónimo dijo...

os seus dirixentes se moven por "fins persoais" e para obter "proveito particular".

Práctica nada estraña no mundo en que vivimos.

Non teño nada persoal contra ninguén da Mesa. Teño si contra a Mesa como organización ineficaz e elitista. Desexo a súa transformación nunha organización máis horizontal, activa, participativa e eficaz. E se non cambia, desexo a súa desaparición para que xurda outra mellor.
Páreceme que este é o lugar de deixar opinion e creo que dicir:

os seus dirixentes se moven por "fins persoais" e para obter "proveito particular".

Non é ningunha inxuria, senón a constatación dunha observación que informa unha opinión.
Tentar calar esa opinión aducindo a inconveniencia da crítica porque favorece aos seus inimigos, é un fraco favor que se lle fai ao país. Hai que ser crítico, para cambiar o que non vale, para rectificar, o contrario supón esconderse nas tobeiras da incompetencia.

Anónimo dijo...

Cómpre que a Mesa sexa máis ampla, e que conte co profesorado como un colectivo que dinamice a sociedade e a faga receptiva ao discurso defensor da identidade galega e a prol da lingua galega como pedra na que chantara nosa identidade.

Anónimo dijo...

Aclaramos! É todo un asunto estritamente persoal. Urraca e Anónimo (que sempre van xuntos) quixeron que na Mesa lles desen cancha. E como pasaron deles agora se vingan. Xente lista os da Mesa, que non admiten a friquis pasados de rosca.

Anónimo dijo...

Señora Conclusión, conclusione, se lle parece ben na súa casa e deixe que os demais conclusionemos ao noso xeito. Non se me pase de rosca.
Adeus.

Anónimo dijo...

Fuxamos como da peste dese par de friquis pasados rosca.

Anónimo dijo...

Lidas con atención todas as mensaxes, non queda outra saída: lisquemos desta xentuza oportunista e resentida que, pretendendo facerse pasar por preocupados por Galiza, o único que demostran é unha ambición persoal por estar no candeleiro. A este tipo de "personaxes" con ansias de protagonismo que non reparan en medios, nin auga.

Anónimo dijo...

Auga si...de bombeiros que hai por aquí, para apagar as críticas.Viva o que Hai1, nada mais que o que hai!, odio aos cambios!, odio ao talante crítico!, obediencia aos autoimpostos popes da culturella galega!

Anónimo dijo...

Non lle fagan caso ao reaccionairo "Lidas con atención todas as mensaxes" porque le como a inquisición. Un represor frustrado.

Marcos Valcárcel López dijo...

Por motivos de traballo, non lin ata agora as mensaxes deste fío. Só quero dicir que o debate me parece interesante, pero o anonimato pode contaminalo de intereses espúreos. Encantaríame que seguise o debate,pero con nomes e apelidos: sexan valentes, os que critican ós dirixentes da Mesa e os que os defenden, e asinen cos seus nomes. Tería moito máis valor todo o que poidan soster e afirmar. Ánimo!

Anónimo dijo...

SdeT escribe no limiar deste libro que os artigos publicados en español en EL PAíS foron traducidos (por outra persoa) para que recobraran a súa orixe máis natural. Resultoume curioso.

Anónimo dijo...

Señor Marcos, o que vostede propón implica outro formato do blog, que me parece ben, pero tería que haber un ponto de inflexión, un antes e un agora, un cambio incluso de presentación.
Amais di vostede "Con nomes e apelidos", aquí os unicos que usan nomes e apelidos é vostede e XMG.
Non é anonimato un Nick?
Os nomes e apelidos tamen poden contaminar de intereses espúreos.
É ridiculo pedir: "dar a cara" nun blog, cando quen cho pide faino dende un Nick. Amais quen da a cara, faino por propria vontade, se é obligatorio acláreo, e entón procederase en consecuencia, pero deixen de espurear con es petición ridicula.

Anónimo dijo...

S de T, para min que non sabe como disculparse para seguir a facer o mesmo.

Anónimo dijo...

Eu, sobre o particular, sigo opinando o mesmo que dixen nas miñas intervencións. E non teño nada máis que engadir.

Anónimo dijo...

Opino o mesmo que Jacques Delapierre e que o anónimo das 09:49:00 PM. Este non é o lugar para vendettas e resentimentos persoais.

Unha cousa é criticar a Mesa, que seguro que motivos hai de abondo, e outra radicalmente distinta é caer na pura aldraxe persoal. Pois non outra intención pode ter dicir que os seus dirixentes se moven por "fins persoais" e para obter "proveito particular".

Creo que, en efecto, o Anónimo inxuriador e difamador se pasou tres pueblos. E o peor é que, no canto de rectificar como os sabios, segue erre que erre na súa ignominia. En fin...non todos poden ser coma min.

Anónimo dijo...

Home, se acaso houbese a quen lle interesase a miña opinión, xa sabe ir para atrás e ler, polo que non fai falta que a traia vostede de novo aquí. De todos modos, grazas polo seu interese.

Anónimo dijo...

Ah, non caira da burra. Vai vostede de gracioso ao engadir da súa colleita palabras que eu non dixen: "non todos poden ser coma min".

Agora que, ben pensado, é certo que non todos poden ser coma min, por sorte ou por desgraza: dependende de como se mire.

Un saúdo para o señor simpático.

Anónimo dijo...

O anónimo das 06:58:00 PM chora coma un neno pequeno ao que meteron no cuarto escuro.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un día destes saio do nick.

Anónimo dijo...

Non faga eso, Arume, se ten o nick máis suxestivo da blogosfera.

Anónimo dijo...

Comprendo a Arume. Hai antigos nicks que, actuando dun xeito oportunista, xogan con vantaxe ao trasmutarse en anónimos e cometer así as maiores fechorías.

Anónimo dijo...

[E agora sairá un deses "anónimos" non tan anónimos a dicirme: - Y tú, más. Xa verán. Son moi previsibles]

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xa que saiu SdT, que lles pareceu hoxe a de Caneiro?
Falaba eu o outro día de que estamos máis interesados polas liortas ca pola calidade dos seus libros. Pero a verdade é que ás veces os lectores/espectadores non temos a culpa.

GRAZAS, GALICIA, ASOMBRO
O peor que pode sufrir unha institución é a perda de autoridade e, polo tanto, de prestixio. A Real Academia afirma que Galicia é a forma que debe ser utilizada, e non Galiza. Igual que dixo que debemos empregar grazas e non gracias. Un pode discrepar coa Academia, pero non poder restarlle autoridade en materia lingüística. Se o facemos corremos o risco de escoitar, con toda a razón, que empregar La Coruña é tan «legal» como empregar A Coruña. Estamos disparando contra o idioma. Uns por intereses ideolóxicos, outros por intereses económicos. Estes son os máis desprezables. Que os intelectuais estean no carro do poder resulta vomitivo. Que os intelectuais sexan do Pesoe en Madrid e do Bloque en Galicia define a eses personaxes. Hai anos recibiron a condecoración de «salvadores» da patria e creron tal denominación. Pero as patrias non precisan salvadores. Nin outra bandeira que non sexa a da razón e da fundamentación intelectual. Galiza é un anacronismo que a Academia, argumentadamente, corrixe e sanciona co termo apropiado: Galicia. Non podemos vivir con dous nomes de país: resulta ridículo. E os que desaman o noso idioma ven nesa ridiculez o mellor, e maior, motivo de burla e mofa. Cumprir as regras ortográficas e gramaticais é un modo de ser bos e xenerosos, galegos de ben. Facer o contrario é exercer a perfidia intelectual. Uns, reitero, vulneran o nome do país por diferencialismo: están a tempo de rectificar. Outros («todo por la pasta») levan tempo enganchados ao Z todopoderoso. Son tan politicamente correctos que só producen... asombro

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

E xa que falo de Literatura: lean vostedes o último de Marcos S. Calveiro: Festina lente. Estouno lendo e está macanudo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Interesante Video presentación de Marcos S. Calveiro.

Anónimo dijo...

Xa anda o Caneiro buscando gresca: un xeito de autopublicidade (da súa nova novela).
Xa se esqueceu cando ía de intelectual do BNG de Ourense dando mítins e loas as seus dirixentes? Eu, nas penúltimas municipais, escoiteino nun deles botar flores tan servilmente a Suárez Canal que era de vergoña allea. E agora vai de puro e casto... Que coñazo!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Máis madeira!.

lourixe dijo...

Coidei que o Patetismo estaba a confundir a Calveiro con Caneiro, pero agora vexo que se debe referir a este post do blog deste último.

Anónimo dijo...

Non son un gran entendido en arte, pero coido que o novelista Calveiro comete un erro de principiante no seu vídeo cando fala da Fachada da Acibechería.

Di que é unha fachada barroca, e iso non é moi exacto. Foi proxectada polo arquitecto barroco Ferro Caveiro, pero foi o seu discípulo Domingo Lois Monteagudo quen a rematou en 1769, xa en estilo neoclásico, se ben conservando determinados elementos barrocos.

Se hai alguén que entenda que me corrixa se me trabuco. A señorita Lourixe penso que sabe moito disto.

Anónimo dijo...

Xa chegou o xénero Dan Brown á literatura galega. Noraboa?

Boa idea a do título suxerente: non deixa indiferente, festina lente.

Espero que o autor escriba mellor do que como se expresa diante da cámara. O castelaniño sempre por aí detrás, e non precisamente das murallas. "Nos atopamos aquí en Santiago". Quen inventou o verbo "atopar" con este significado?

E que fai o Consello (sic) da Cultura Galega promocionando unha novela, e non outras?

Anónimo dijo...

MS tira con bala!

Anónimo dijo...

Xa quixera a literatura galega ter un Dan Brown! Que teima! Non todo ten que ser Ezra Pound ou James Joyce! Ou é que faltamos á clase o día que explicaron os xéneros literarios?
[Nin lin a Dan Brown nin sei se Calveiro ten que ver con el, pero se tivera moito éxito alegraríame por el: ten talento narrativo de sobra]
[Eu revisaría tanto o concepto de Barroco coma o de Neoclasicismo, pero como non son de Historia da Arte pois que inventen eles: pero a min como que esa división non me resulta moi operativa. Mañán sigo: hoxe voume palos madriles a ver a Amy Winehouse, xa lles contarei]

Anónimo dijo...

A literatura galega non ten que querer un Dan Brown, deixémonos de mimetismos, a literatura galega ten a súa particular historia, e estamos nunha situación que non permite comportamentos estándar. Non existe a recepción necesaria para ise fenómeno. Os autores non escriben para o baleiro así que temos que vivir a nosa anormalidade, pero podemos facelo con xenio.

Anónimo dijo...

Que masoquismo teñen algúns cando se poñen a falar de literatura galega!

Anónimo dijo...

?

Anónimo dijo...

Puro masoquismo:

"temos que vivir a nosa anormalidade"
"estamos nunha situación que non permite..."
"Non existe a recepción necesaria..."
"deixémonos de mimetismos"

Anónimo dijo...

Vostede pensa que non é así, como é logo?
Recepción equiparabel a española, alemá, francesa...
Ou é que propón...que ainda que non sexa normal, deberíamos facer como se o fose, para min isto sería un delirio.
O que vostede denimina como masoquismo eu consideroo unha descripción axustada a realidade, se é tan amabel gostaríame que me rebatese con argumentos.

Anónimo dijo...

E a vostede que máis lle dá se total non é escritor?

Anónimo dijo...

Pero son lector.

Anónimo dijo...

Debe ler moi pouco.

Anónimo dijo...

Conste que non son o anterior.

Comprenda que unha exposición tan aseverativa coma a súa, na que non se argumenta nada e na que tan só se afirma, ademais de sinalar a quen opine o contrario de delirante, non é a mellor forma de comezar unha discusión. Debería expoñer as argumentacións previas que o levan a esa conclusión. Porque unicamente puxo a conclusión, pero nada máis. Anímese se quere ter realmente un diálogo froitífero.

Anónimo dijo...

Non te mates, que non che vai contestar.

Anónimo dijo...

Eu espero que conteste coa suficiente seriedade.

Anónimo dijo...

Póñenno tan dificil, señores, que o que podería ser un intercambio de ideas convirtese nunha regueifa.
Non lle chega cunha afirmación, que vostedes poderían revatir, senón que esa afirmación debe ir acompañada dunha xustificación no grao elexido por vostedes, que sospeito sempre lles resultaría insuficiente. Poñen vostedes todas as condicións e sinalan deficiencias, cando vostedes non aportan nada, salvo a negación.
Abur.

Anónimo dijo...

Non é suficientemente serio, a fogueria!

Anónimo dijo...

Pero vostede quen se cree que é!

Anónimo dijo...

Home, que son eu é ben evidente. Teño o meu estilo. Bastante mellor que o de algúns, certamente, aínda que tamén susceptible de mellora.

Anónimo dijo...

Vaia, vaia.

Anónimo dijo...

Non te mates, que non che vai contestar.

Anónimo dijo...

Xa quixera a literatura galega ter un Dan Brown! Que teima! Non todo ten que ser Ezra Pound ou James Joyce! Ou é que faltamos á clase o día que explicaron a calidade literaria.[Nin lin a Dan Brown nin sei se Calveiro ten que ver con el, pero se tivera moito éxito alegraríame por el: ten talento narrativo de sobra] e quizais poida ser o ansiado por min Dan Brown, que non lin.
[Eu revisaría tanto o concepto de Barroco coma o de Neoclasicismo,(non sei para que) pero como non son de Historia nin sei de Arte pois que inventen eles(Viva España!): pero a min como que esa división non me resulta moi ordenativa. Mañán sigo: hoxe voume palos madriles a ver a Amy Winehouse, xa lles contarei]

Anónimo dijo...

Xa volveu o simpático do outro día a copiar un texto meu, neste caso descontextualizándoo e situándoo nun lugar diferente. Refírome ao que escribe vie jul 04, 11:00:00 PM.

Estoulle ocupado noutras cousas, así que a min non me líen, que non teño tempo para perder. Noutra ocasión podería ser, agora non.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Por certo, está moi feo iso de copiar e colar textos dos demais, como fixeron comigo e agora rematan de facer con Arume.

Unha vez, pode ser unha coña. Máis dunha xa merece outro calificativo máis forte.

Que vostedes o pasen ben.

Anónimo dijo...

Por certo, está moi ben iso de copiar e colar textos dos demais, como fixeron comigo e agora rematan de facer con Arume.

Unha vez, pode ser unha coña. Máis dunha xa merece outro calificativo máis forte: fenomenal!

Anónimo dijo...

Que significan "a fogueria" e "revatir"? Pode consultar alguén o Estravís?

Anónimo dijo...

Que significa "quedei fodido"? Pode consultar alguén o Estravís?

Anónimo dijo...

Levaba días sen poder vir a ver que estaban facendo e xa se desmandou algún contrarrevolucionario copión. De verdá que vou meter nun gulag de Siberia a -40ºC aos anónimos copións. Tamén a todos os que buscan protagonismo a conta do que sexa, e a todos os que fan o parvo, que son moitos. Alí si que van estar ben fodidos e nada contentos.

Anónimo dijo...

Esquecíame que tamén van ir a -40ºC o Suso de Toro e o Bragado que están na afoto. De verdá.

Anónimo dijo...

O tovarich Caneiro desta queda perdoado, pero de verdá que irá ao gulag a -40ºC se segue dicindo tonterías.

Anónimo dijo...

A mín, máis que "quedóu fodido", góstame máis esta expresión que lle oía ás vellas: "Marchóu coa espiga mallada".

Anónimo dijo...

¿Será certo o dito de que non hai xente máis tonta porque non ensaia?

Anónimo dijo...

O Pepe dende logo, non para de ensaiar.

Anónimo dijo...

Pero Beria, eu xa estiven en Siberia, se quere cóntolle a miña experiencia.

Anónimo dijo...

¿Por que se dá por aludido?

Anónimo dijo...

¿Que problema grave de autoestima ten vostede para darse por aludido?

Anónimo dijo...

Este Pepe sempre ensaia que te ensaia, ímoslle dar o premio.

Anónimo dijo...

Este Pepe crese listo pero é un pesado que non diola. El considera que as súas preguntas son necesarias e interesantes e non sabe o ridículo que fai.

Anónimo dijo...

Polas súas preguntas coñecerédelos.

Anónimo dijo...

É certo o Apicultor debería afinar mais nas súas preguntas.

Anónimo dijo...

A min non me líe, anónimo das 02:36:00 PM. Alégrome de que poida estar ocioso: quen me dera!

Pero xa llo dixen: non teño agora tempo para porme de carallada. Terá que ser noutro momento.

Que teña(n) unha boa tarde.

Anónimo dijo...

pois está ollo avizor.

Anónimo dijo...

Si, home. Mentres fago un pequeno receso bótolle unha ollada ao blog. Iso que non falte. Non é por desprezalo, pero é que non podo perder o tempo en enlearme con vostede. Intente comprendelo.

Volvo ao choio, como diría o Saavedra. Que vostedes o disfruten. A próxima ollda será contra as 19:00 horas. Até logo.

Anónimo dijo...

Que lle vaia ben.

Anónimo dijo...

Acabo de chegar dos meus queridos madriles, coa festa do orgullo gay que prometía a piques de comezar. Fun ao Rock in Rio en Arganda del Rey nun descampado no medio daquelas terras medio manchegas. Un desorde considerable para achegármonos alá e un caos completo para saír dalí ás dúas da mañán. Tardamos en chegar a Madrid dúas horas máis: eso si aproveitamos para ver a cidade en plena voráxine nocturna máis animada ademáis có propio día (xa digo: coa expectativa da festa do orgullo moito máis). A primeira actuación do grupo Stereophonics só podo dicir que foi potentísima (con eles se xustifica o invento da amplificación), cun son espectacular (merece a pena ver a montaxe de todo aquel circo: para un pailán coma min abraiante todo). A segunda foi Amy Winehouse nun estado de ebriedade (e algo de pequena enaxenación) lamentable: unha mágoa; dá lástima pensar en tal talento musical perdido e en ela mesma que segue a beber no esceario sen apenas seguir a música. A banda espectacular, cun par de acompañantes que bailan e cantan de medo. , pero ela dá moita pena. Jamiroquai foi o terceiro: eu xa o vira en Vigo e podo dicir que é un artista fantástico, cun espectáculo grandioso, cheo de ritmo, marabilloso para o baile colectivo case catártico (non entro polo miudo: vostedes comprenderán). A última foi Shakira: como di miña nai, unha artistaza. Dos pes (núos) á cabeza (belísima e talentosa) pasando polos hips que non minten. Esplendorosa, cunha voz enorme, cunha banda perfecta, logrou meterse ao público desde o principio coa chiscadela de "ahí te dejo Madrid" e coas felicitacións pola selección española (non podo deixar de comentar os alardes patrióticos de algúns siareiros, seguidos con entusiasmo polo público). Despois fixo un recorrido polas súas cancións máis coñecidas, coreadas por toda a xente (eu creo que decenas de miles: non sei contar), cun espectáculo en xeral brillante que rematou dun xeit o apoteósico. Eu non esaxero se digo (á marxe do que un poda pensar sobre a súa música: a min non me chista) que se trata dun espectáculo perfectamente concebido, sen altibaixos, e cunha calidade musical superior. Unha tarde noite fantástica se non fose pola nula organización do evento que eu esquezo porque recorrer Madrid ás altas horas da madrugada sempre merece a pena.

Anónimo dijo...

Gracias pola crónica Arume, pero se non a fixo eu gostaría mais da de Dylan en Vigo.