1 jul 2008


en poleiro alleo
Amiga vaca, de Afonso Vázquez-Monxardín (LR. 1-7-08). Imaxe: Chagall.

A excepción do ornitorrinco, que ten unha vida discreta, afastada e neutra, o resto dos animais teñen para nós connotacións culturais. O oso panda e koala, peluches vivintes, despertan instintos de amabilidade e calma; a cobra, dá grima, noxo e representa o mal; o burro, a pesar de Platero e o partido demócrata estadounidense, representa o que di o seu nome, a burremia ou burrería; o cabalo é a elegancia e o poderío. Así, claro, cando falamos das persoas apómolles denominacións animais de seguido: Un, pode ser burro, mulo, víbora, avutre, lince, aguia, foca, bubela, porco, cabra, cabrón, galiña, ou incluso un bo peixe que ande de can pola vida.E a pomba é indiscutiblemente o símbolo da paz. Creada por Picasso ao abeiro do movemento comunista francés en época do estalinismo -a través do chamado Consello Mundial da Paz en 1949-, non sei se será unha recreación insconsciente do mesmísimo Espíritu Santo. O caso é que a pomba foi, pouco e pouco, asumida polos pacifistas e hippies de todo o mundo e obtivo a lectura actual: simplemente a paz.
(O artigo completo)

38 comentarios:

Anónimo dijo...

Claro que as vaquiñas domésticas adoitan a seren moi mansas, salvo raras excepciós.

Pero si algún día suben ao alto de San Mamede, pra ver o Pico Sacro, ou calquera dos puntos especificados na "rosa dos ventos" gravada en cemento que hai no chao, teñan coidado coas vacas soltas que ás veces andan por alá. Non está moi afeitas á xente. Se están tumbadas no medio da pista, non baixen do coche pra espantalas,desenfadadamente como si foran domésticas. TOmen precauciós. É un aviso con fundamento.

Anónimo dijo...

Moito coidado coa que se pon a escarbar coa pata dianteira no chao. A ver si dunha tostada van dar ao Pico Sacro.

Anónimo dijo...

Don Xoán: Élle certo, que si se ve o Pico Sacro... E Penagache, E Anamán, e Fontefría do Xurés, e a Raíña Loba, e o Caurel, e os Ancares, e o Suído, e Faro de Avión, e... Non se ve Kyra Prosokova a estender a roupa na terraza polo fume dos incendios.

Anónimo dijo...

Ejem.-
Apostamos un xantar pantagruélico en Chandrexa sobre si se ve ou non o Pico Sacro.
Acepta???

Anónimo dijo...

É fácil comprobar que se ve, Medela. Basta trazar no mapa, cun lápiz, unha recta entre os dous puntos e saber interpretar as curvas de nivel.
A parte deso, heille ensinar unhas fotos de fai bastantes anos, nas que estou nese alto, cun telescopio terrestre e un trípode.

Tamén teño unha foto nese alto na que aparece alguén que foi concelleiro, ensinándolle o cú á camara. O que pasa é que , polo cú, non se lle coñece. JAJAJAJA.

Anónimo dijo...

O xantar, en Chandrexa? . No complexo do Ovidio?. Non sei se segue rexentado polo Aníbal. Se segue él, mellor ceia , que terá o acordeón por alí e podemos facer festa.

Por certo,aclárenos Medela, eso de cea, xantar, almorzo, e as diferencias entre o galego e o portugués nos sensos desas verbas, que eu vólvome tolo ás veces...

Anónimo dijo...

Sabe, Medela, que ao parecer na sepultura do santo é o único sitio da Serra de San Mamede onde hai ortigas?. Ou polo menos é o que decían, fai anos.
Moitas historias me contóu o meu abó desa Serra, de cando iban facer o carbón alá.
Está pendente unha visita a un sitio que sei eu, desde onde pode contemplar esa Serra en todo o seu esplendor, aparte de toda a Limia, o Val do Arnoia...

Anónimo dijo...

Existe un programa, para os que non sabemos interpretar mapas, moi interesante. Marcas un punto, e para saber o que se pode ver dese punto, abres un cadrado na zona desexada. Marca en verde as zonas que teóricamente se poden ver desde o punto orixinario.
Alucinante.

Ben, mellor cea no Ovidio.

Uf................

Castellano: Desayuno.
Galego: Almorzo.
Português: Pequeno almoço.

Castellano: Comida, almuerzo.
Galego: Xantar.
Português: Almoço.

Castellano: Merienda.
Galego: Merenda.
Português: *Lanche.

Castellano: Cena.
Galego: Cea.
Português: *Jantar.

* Existe 'merenda, arcaísmo referido á refección que se tomaba no descanso de media tarde nos labores agrícolas.

** Existe 'ceia, refirido, por exemplo, á Santa Ceia, ceia de Natal, a última Ceia, etc. Mais, sempre 'Um jantar em honor de...

Cal é o problema?? En Portugal, os obreiros agrícolas, os 'ceifos' (de aí ese alcume despectivo) comezaban tan cedo, que a derradeira comida do día coincidía co xantar galego. Podían tomar pequeno almoço ás catro da mañá, almoço ás once e jantar ás dúas da tarde. Por iso existe esa confusión, á que se engade a influencia do léxico castellano no galego standart. E para acabar de confundirnos, o jantar era a principal comida do día, que nunca se consumía no campo, senón na casa; por iso é facilmente confundible co noso almorzo. Repare, Da Coba, que a figura do obreiro agrícola era moito máis común en Portugal do que en Galiza, por iso creo que a carga semántica da palabra especializouse, alargándose, maís alí que onda nós.

Máis unha cousa, que ten e non ten que ver co que estamos a falar.
Castellano: Escena.
Português: Cena.
Galego: Escena. Non 'escea'. Si 'escenificar'.

Máis outra, en Brasil, o pequeno almoço chámase 'cafezinho da manhá'. No rural profundo português, popularmente, 'matabicho'.

Anónimo dijo...

Mamede é a forma galega do nome turco? Mehmet (Mahoma, Muhammad).

Outro Mamede famoso foi Cassius Clay.

Refire Vde. don Xoán, á chamada mesa ou 'silla' do enxeñeiro, da que me ten falado o meu mánager Monxardín (tío)??

Ouviu: Hai, alén do corno prospector de auga e do lobishome, unha historia non resolvida aínda, a das luces de Castro de Escuadro, visibles desde Os Milagres e estudadas xa na década de 1930 por Conde Balvís.

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Conserva o telescopio, Dacoba?
O meu mánager ten tamén un.

Anónimo dijo...

Non conservo o telescopio. Creo que llo dera ao meu irmán, pero non estou certo arastora.

Hai unha peneda coa forma perfecta dunha "silla". Os rapaces chamábamoslle "a silla do rei", pero no sei se é a mesma. E dúas mámoas. Xa lle ensinaréi o sitio...

Anónimo dijo...

Á miña dona escápaselle ás veces "luchera" por "merenda".

Anónimo dijo...

Luchera
Lonchera
Lunchera
Lochera

Todas elas derivadas de lunche-box, castellano 'fiambrera, português 'lancheira, e en galego, palabra fermosísima e infelizmente perdida: 'Motela (da mesma raíz euskara que 'Mochila, e que vén no dicionario de Franco Grande).

Cando imos a San Mamede???

Vexo que esa montaña exerce o mesmo fascínio para os altolimiaos como para min o triángulo Penagache-Anamán-Fontefría.-

Anónimo dijo...

Hai en chandrexa outro sitio onde comer. Fan un cocido extraordinario por 15 euros, similar ó de Valilongo na estrada que vai a Castro Caldelas. O de Valilongo de be andar en 26 euros por barba. Nas fins de semana hai que reservar a veces con dous meses de antelación. Pola semana xa é máis doado entrar.

Cando non hai cocido pódese comer un excelente cabrito ou año. Creo que tamén o hai que encargar, non o teñen sempre. Outras especialidades son a caza , xabarí e corzo.

Casa gerardo; 988 33 40 19.

O xerardo é autóctono e popular, o Ovidio paréceme máis artificial e implantado. Publicidade, institucional, político....

Eu cando baixo da serra abrévome alí, cambio de pelica. Non lle faledes en lobos que os matan, en secreto e sen sabelo a xunta.

Anónimo dijo...

Dr. petetiño , e Cosmede que ven sendo?. Existe San Cosmede, sabe?. Eu alí teño un par de posesións que dan moi bó viño. Na riboira sacra.

Anónimo dijo...

Algúns ecoloxistas, saben que se matan lobos furtivamente todo-los anos, con lazos e outros medios.

Eu estou infiltrado no movemento e infórmoos.

Anónimo dijo...

Eu tamén quero ir!. Eu tamén son de dios.

Anónimo dijo...

Non lembro adastora qué día se fai , no vrao, unha festa alá arriba, en honor ó santo. Con misas na capela, pulpo, churrasco, etc... Hai unha carreira pedestre,que sae de Arnuide. Quince quilómetros costa arriba. Eu, a correr non vou, pero ó pulpo igual sí.
Había unha "asociación de amigos de San Mamede", ou similar, non sei se siguen organizando cousas.
Tamén en Montederramo había algunha asociación pra promover a serra. Deportes de montaña, turismo, etc. Se non lembro mal, promovida por quen foi no seu día concelleiro de Cultura, Paco Stgo. Pero fai anos que non manteño contacto con esa xente.

No meu caso concreto, pode estar certo de que exerce fascinación. Se algún ven a miña aldea, entenderá por qué.

Anónimo dijo...

Tamén coñezo casa Gerardo, jeje. E o de Valilongo. E o "Troita", de Vilariño Frío, e...

Anónimo dijo...

Desde a miña aldea a serra tamén é espectacular. Pero como tamén teño a referencia do Canigó fica San Mamede un pouco eclipsada.

Se vos portades ben enséñovos parte dun lombo da vía XVIII, que ma enseñou o meu pai, quen o soupo do seu pai etc...Iletrados todos, e eu lla ensinei ós arqueólogos (Tomás Vega) que ata daquela ían de divos e non falaban coa xente. Cambiar de método, e adoptar un da antropoloxía. Publicouse co trazado todo da Limia no consabido anexo do boletín Auriense.

A finaís dos anos noventa destruiron un lombo ben visible e longo. Por outra parte andan a falar de declarala patrimonio da humanidade e mama subvención de eiquí e mama de acolá. Políticos de merda. ¡Moralla popular!.

Anónimo dijo...

Dacova, lambón, ves como es un ARTISTA bon vivant, hedonista, gourmet. En troques o meu amigho fransés é un artista "alternativo". Fillo de hippis-Judeo-cataláns. Radical. ARTISTA.

A miña, J, equivale a x. Tómoa do portugués. "Porque sí. Porque quero e me peta e me sale dalá dentro, dunha tristura fonda....."

¡RUssia!

Anónimo dijo...

A mín polo que me dixeron, ó Xoan da Coba é millor comprarlle un traxe cada semán que invitalo a comer.

Anónimo dijo...

O avogado Paco Santiago é, para min, un cabaleiro.
O chamado Macizo Central Ourensán é, para min, a antesala do infinito, porque non termina na enésima dimensión, como as serras que circundan Lobeira: Alén delas, Portugal, o unbekannte, unha estraña e pintoresca república, a avoa Concha, de moza, coas mulas cargadas de café, o rosario na man e as matrículas do meu papá por pagar.
Quero auto-exorcizarme nese mundo tan einsteniano dos cumios alto-limiaos. Eses cumios onde a velocidade da luz torna as pedras antimateria.
Para comprender todo isto axuda un xantar en Prado, ou en calquera dos oasis que mencionaron os cabaleiros Da Coba e Lobo Black.
Ese aire frío da serra... E máis alá, non está Portugal... Que estraño e marabilloso periplo. Non hai bacallau detrás daquel penedo. Hai, simple e sinxelamente, unha señora bonita a servir troitas. Esa señora estivo interna nas Carmelitas. Casou cun médico. Non a querían, por ser rica e filla de labregos-tabernerios. O fillo do médico inxéctase tranxilium 50. E, cousa rara, Portugal amniótico e galego en estado puro non espera por nós detrás dos penedos. Está Laza, Cualedro, a encosta cara ao Sil. A caverna platónica. E a filla da dona do bar, a ex-carmelita, rebenta de beleza, bondade, retranca e matriarcado.
Paco Santiago é un cabaleiro.
Limia: Limes (fronteira)
Limia: Limo (lama)
Limia: As terras moles que se afundiron. E San Mohamed a procurar auga cun corno.
E a avoa Concha olla, desde o marco 31, para o afastado San Mamede. As matrículas do meu papá están pagas. Os libros, tamén. Tía Camila espera en Lobeira. Tío Julio, tamén. O tempo vén, no canto de se ir. E San Mamede dá voltas sobre si. Non ten saída; non hai un Portugal que nos exorcice.
Ben, si, a señora bonita poñendo troitas.
La niña, una cocacola, no?
Teño que matricularme na dificílima carreira de Sanmamedoloxía.

Saúdos aos cabaleiros Black Lobo e Dacoba.

Anónimo dijo...

Vaia, o Medela tamén coñece ó meu amigo,o advocatus Paco Santiago...

Rebordechao, Prado, Riobó, Parada, Porto, Maus, Arnuide...

Non coñecerá tamén ó Carlos Quintas, de Prado?.

Anónimo dijo...

Dame igual que me chames "artista", Loup Noir.

Non cambeo de tarxetas de visita hasta rematar as que poñen "Xoan da Cova-HUMANISTA", que foron estampadas en base a calificación que de mín fixo Arume dos Piñeiros, hai tempo.

lourixe dijo...

Kyra, e o equivalente en portugués e castelán da "parva"?

Anónimo dijo...

Ola Lourixe!!!!!!!!!
Boa pregunta.

Português: Parva. Copa de augardente con codia de pan a media mañá. En traballos comunais extraordinariamente duros, como a malla, podía ir acompañada de tiras secas de bacallau, cebola rechea de sal, etc.

Galego: Parva. Copa de augardente e codia de pan que se daba no descanso do traballo da mañá. por veces, acompañada de chourizo ou xamón. O dicionario Ir Indo sinala, para min erroneamente, como sinónimo, 'albaroque', que en realidade é a copa que se toma cando se pecha un trato, de preferencia unha compra-venda.

Castellano: Parva, coloquialmente sinónimo de pequeno almorzo entre a xente traballadora.

Anónimo dijo...

Da Coba, eu tiña un amigo, oriúndo de Lobeira, con tarxetas de visita deste xeito:

PABLO TEJADA SALGADO
Donante universal de semen
Doctor en verbenas
Hombre fácil


(Imprimíraas nunha desas máquinas frikis do aeroporto de Labacolla)

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

TEJADA OU TEJADEA?

Anónimo dijo...

Pois logo o seu amigo ese, podia facer a tarxeta de visita en profilácticos. As tarxetas de visita non teñen porque ser tarxetas, obligatoriamente:PREMER.

Anónimo dijo...

Ou directamente na gaita.

Anónimo dijo...

Sr. Lobo Neghro Episcopoide
Sr. Da Coba Cabaleiro Indómito

Hoxe houbo safari fotográfico na montaña de Penamá.

Talvez lle sexan familiares as vistas...

SAN MAMEDE

O ALÉN. MONTAÑAS DESCOÑECIDAS POR DETRÁS DE SAN MAMEDE

SAUDADES DA MIÑA PATRIA

Anónimo dijo...

Medela, ilustre: na primeira foto vese San Mamede, e dediante ve vostede unha ferida no monte?. Esa é a canteira da Farria, paralizada recentemente por o tribunal supremo. O alcalde, dos de sempre, metido en ....s a , accionista en dous petroleiros, vinte millós de pesetas de salario ó ano,(e o que non sabemos), non só deixou obrar, tamén lle fixo unha pista privada coas máquinas do Sí-Sí.
Don José Luís que son dos nosos, ou eles somos nós, que todo se reparte Don José Luís. Don José Luís é Castrexo, cona. Levan a estructura dos clans castrexos metida nos miolos. Cona medela!, porque non estamos con eles? Parecen dos nosos, en que fallan?.Son Castrexos, andan por as lareiras arrabañando a vontade.

Desde ehí , o monte da Farria, amigho Medela abesúllanse máis de sete concellos, os precisos para evitar que un varón se torne en lobishome se for nado derradeiro de sete irmaus. Eu pensaba que era vinculeiro, e sono, pero ó mellor o meu pai tivo seis fillos máis, do achego, fillos zorros, e nós sen o sabere, non me bautizaron adecuadamente e mire vostede para mín.... cheiño de pelo, hirsuto, e ouleo, cando non me ven e a veces dediante de todo o mundo, e non son de Lobeira, pero é coma se fose. Olle que o nome da súa vila non ven sendo casualidade.

Na segunda foto vese perfeutamente Iuncaria de Ambía, esa torriña da igrexa románica que tanta familiaridade ten con Sta. Mariña de Augasantas. O que non lle sei é se o que se vé ó final non lle virá sendo o "Caurel de tesos cumes que se ollan de lonxe" (uxío). Ou é o alto do rodicio?.

Na terceira , son os picos de Fontefría, non sí?. Detrás está Pitões das Júnias. Hai poucos anos aínda vin descer da serra un mar de cornos( eran cabras medroñas, duas mil), "a canalla" chea de merda a brincar na rúa. Levei un primo meu francés despois de 25 anos de ausencia e lembroulle a aldea perdida.

Medela, a nosa aldea ideal , penso que fora Vilariño das Furnas, se non a tivermos perdido asulagada. Era xenial o comunitarismo que rexía ehí a vida, toda a etnografía singular en pleno parque nacional. Eu indíxena me declaro. Quero vivir aparte no parque e non traballar. Qeu me manteña a administración como se fose unha fiera.
Eu quería ser Masai e rirme dos turistas. ou Apache, ou Galego que tanto ten.

Lobo dándolle ó rabo de contente.

Anónimo dijo...

Hai unhas tribus en África tropical qeu están convencidas de que os monos poden falar pero non o fan a mantenta.

Motivo?. Se falaran faríanos traballar.

Cecais tamén os escolarizaban para que non andasen soltos, que é o motivo principal da escolarización dos nosos "putos", nesta sociedade.

Anónimo dijo...

Teño un tío político oirundo dun lugar dese "monte da Farria", concretamente, de Poedo. Vive desde neno no País Vasco. Fai anos, nunhas vacaciós, levóu a cabo unha particular campaña contra esas canteiras . Preguntóume:
-"Sobriño. Si eu digo que eses penedos levan aí varios millós de anos, digo algunha tontería?".
Eu respondinlle que non, i el engadíu:
-Pois logo voulles decir a eses carallos que os deixen estar onde están.
O ano pasado marchóu moi contento porque mercóu en Torga ese mapa de Galiza que hai ,ampliado con parte de Asturias e o Bierzo. Mostrábame eses territorios, e decíame: "Mira, mira o que nos roubaron".
Xa vos contéi que leva aire galego nunhas bolsas de plástico, pra ilo respirando cando está alá.

Vouno chamar e decirlle que entre no blog pra ver as fotos do Medela. Igual lle da un patatús ó ver a canteira....

Anónimo dijo...

Celebro, señores Lobo e Da Coba, que gustasen das fotografías dese mundo que cada vez me fascina máis, esas terras do Santo Mohamed.
É unha pequena homenaxe a vostedes, polo moito que aprendo cos seus comentarios, que me fan rir, que me fan pensar e reflectir... É como adentrarse nunha galaxia descoñecida, alén do sistema solar.
Grazas, cabaleiros.-

Anónimo dijo...

Medela, coido que o monte que destaca detrás de Iuncaria (Xunqueira de Ambía) e ben o Courel. Calculeino e penso que non marrei.

Manda carallo, verse O Caurel do Novo Neira desde o monte Penamá.

Anónimo dijo...

Dacova, estou convencido que neses penedos ciclópeos debe haber ben restos de petroglifos, sen investigar porque habería que lavar todo-los líquens que se depositaron nun par de milleiros de anos. Penso que alén da paisaxe pudemos perder moita historia.

A miña avóa foi pastora neses montes e mointo me falaba en mouros e historias referidas a eles.

Hoxe sabemos que cando se fala en mouros están a falar de "Prehistoria", e a referencia oral de algún achádego.

Na miña aldea, da limia, situada nas abas dese monte tamén se refiren a "mouros" para restos romanos. Así a miña tía avóa, 92 anos ben levados, chámalle a vía XVIII do itinerario de Antonino a "ruta da mourindad". Outros chámanlle a vía nova.
Esta miña tía Isolina citada é tía carnal do seu tío político aludido, Dacova.