7 jul 2008


Ramón Piñeiro a debate
La Región, 7-7-08. Caricatura de Siro López.

Letras 2009. Xa poden ir preparándose. A Real Academia Galega aprobou o sábado dedicar o Día das Letras Galegas 2009 a don Ramón Piñeiro, falecido en 1990. Era unha opción das posibles e había outras moitas tamén merecidas: por exemplo, nomes como os poetas Manuel Luís Acuña e Florencio Delgado Gurriarán ou o ensaísta, novelista, poeta e autor teatral Ricardo Carballo Calero. Entre outros. En canto a nova chegou ós diarios dixitais, algunhas webs e blogs empezaron a botar fume. Como era de agardar. ‘Traidor á patria’, ‘filonazi’, ‘axente da CIA’, foron algunhas das primeiras babecadas asinadas sempre dende o covarde anonimato. En realidade, a Academia foi valente porque non ignoraba a transcendencia da súa decisión e a hostilidade visceral que o nome de Ramón Piñeiro provoca en certos colectivos, sobre todo no reintegracionismo e nacionalismo máis antisistema. No propio goberno bipartito a figura de Piñeiro, que eu saiba (creo que non me equivoco), foi sempre negada por unha banda substancial do mesmo, empoleirada en dubidosas teorías conspirativas arredor da nosa historia recente aínda non revisadas.
Referencia moral. A Academia xustifica o seu acordo arredor da figura de Ramón Piñeiro pola ‘dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura’, por canto ‘debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións’. (...) (...)

78 comentarios:

Anónimo dijo...

Desculpe a miña ignorancia mais non entendo desde cando ten que ser a RAG valente por facer escollas que desagraden a tal ou cal sector galeguista/nacionalista... penso que sería máis ben cousa de sumar que de enfrontar. Como moitos galegos con opinión (que acho cada un ten a súa) seguirei un ano máis a non sentirme representado por esta institución que ignora a parte dos seus activos posibeis, compracéndose no seu desprezo a certas outras sensibilidades "antisistema" (bonito adjectivo) xa que, co paso dos anos tense convertido nunha ferramenta do sistema... dócil aos resortes de certos poderes establecidos e belixerantes con aqueles que defendemos de base e dende o anonimato de todo aquilo que sexa cultura galega... no máis amplo senso da palabra, non no microespazo literario-cultureta-elitista alleo a sensibilidades distintas no que se ten convertido.

Se lle deran a mesma caña aos que deturpan o galego, e lixan o seu bo nome como aos que dicen Galiza ou nazón... máis orgullosos estariamos desta caduca e inútil organización.

-TC-

Anónimo dijo...

non sei que fai ramón piñeiro no día das letras galegas, pero en fin, se consultamos a nómina de homenaxeados veremos de todo, de todiño. aquí, como outras veces, interese literario, ningún. un saúdo.

Anónimo dijo...

Eu creo que o quen dado a visión máis completa do pensamento de Ramón Piñeiro é o filósofo Carlos Fernández, nunha ponderada obra, que agora non teño a man, que foi publicada hai uns anos por Galaxia, e que se esqueceu de citar, Marcos.

Anónimo dijo...

... quen ten dado...

Anónimo dijo...

Este é o libro ao que me refiro:

Carlos Fernández, O vento do espírito. De Vicente Risco a Ramón Piñeiro, Vigo, Galaxia, 2000.

A análise dos supostos filosóficos dalgunhas das principais formulacións galeguistas do século XX.

Neste libro o historiador e filósofo Carlos Fernández ensaia unha interpretación unitaria da tradición galeguista, tomando como idea rectora o concepto de "espírito" e como material o ensaio filosófico galego de Vicente Risco, Ramón Piñeiro e os pensadores da xeración Galaxia. A tensión entre as improntas ilustrada e romántica no pensamento galeguista, o europeísmo e as tendencias filosóficas que conflúen en Galaxia, o concepto de relixión en Piñeiro, o encontro entre nacionalismo e marxismo e a análise das bases intelectuais presentes na máis recente crítica teórica ao nacionalismo son algúns dos asuntos abordados neste libro.

(Copiado da información da Editorial Galaxia)

Marcos Valcárcel López dijo...

GRaciñas pola corrección, Apicultor. Creo que non teño ese libro, pero oín falar moi ben del: terei que facerme con el canto antes.

Anónimo dijo...

Ademais ten a virtude de ser un libro breve (171 páxinas) e de ir ao gran, sen perderse en academicismos estériles, polo que se le moi ben.

Anónimo dijo...

Ui, o que di aiquí,do Ferrín:PREMER.

Anónimo dijo...

Aiquí máis comentarios, prá lembranza:PREMER.

Anónimo dijo...

FOTOS:
PREMER.

PREMER.

Esta, dun post anterior deste blog:PREMER.

Anónimo dijo...

Don Ramón Piñeiro López

XAIME DA PENA

Avogado e galeguista.

Martes, 08 de julio de 2008

A primeira vez que tiven coñecemento de D. Ramón Piñeiro foi na primavera de 1.977, cando se presentou na “Candidatura Democrática Galega” o Senado pola provincia de Lugo, con escaso éxito a pesares de que xente como o grande galeguista Pedro González, daquela Decano do Colexio de Avogados de Lugo, tentou criar arredor de Piñeiro unha expectativa de proxecto político e ós máis novos pediunos persoalmente que axudáramos a levar a Ramón Piñeiro a Madrid.

Lembro a Domingo García Sabell e a Agustín Sixto Seco axudando espiritual e materialmente a Ramón Piñeiro para que fora a voce galeguista no Senado que ía a preparar o camiño do que pouco despois se chamou a transición, pero o resultado electoral foi unha grande desilusión e a primeira vez que sentín que os desexos en política distan moito da realidade.

Logo viñeron os tempos de Realidade Galega e da entrada como independente na candidatura do PSOE, para o Parlamento de Galicia, onde nin que dicir ten que foi poñente de varias leises aprobadas por unanimidade, sen dúbida pola condescendencia amosada polo Goberno de Fernández Albor e pola súa disposición o consenso con todas as forzas parlamentarias, laboura que xa xustifica suficientemente a súa incorporación nunha lista partidaria a marxe do Partido Galeguista.

Concluída a súa misión voltou a política de a pé que nunca deixou, e sempre estaba disposto a unha charla, un consello ou unha colabouracións, coma as que lle pedín para o noso ATLÁNTICO EXPRESS.

Ramón Piñeiro por tanto é sinónimo de Galicia, de cultura e de país, e celebro por tanto que a Real Academia Galega, lle adique o día das Letras Galegas que ten dabondo merecido.

Anónimo dijo...

Señor XDC, un día "alcontrábame" ocioso por Compostela e decidín ir visitar o Centro Ramón Piñeiro. Fun para aló, entrei pola porta, solicitei información para visitar o Centro e comprobar en que consistía o traballo sobre humanidades e a persoa encargada da información díxome que o primeiro que tiña que facer era declarar sobre os estatutos do Centro, o mais importante dos cuales era este: "Ferrín é un tipo antipático e perigoso e unha fera revolucionaria como non hai outra. Se se atreveu a dispararlle ao noso querido Don Ramón Piñeiro de ficción (Ulm Roan), que non será capaz de facer o malvado". Eu, que tanto estimo e aprezo o labor desenvolvido polo noso ilustre galeguista, puxen a man sobre os estatutos e declarei contra Ferrín e o seu criminal libro. Visitar tan extraordinario Centro ben merece unha declaración de principios contra esa fera comunista e independentista.

Anónimo dijo...

Veñan e pasen á misa-camilla oficiada polo párroco galeguista Don Ramón.

Anónimo dijo...

Veu un tonto e dixo unha tontería.

Anónimo dijo...

Contención Apiculteur.

Anónimo dijo...

De verdá que ao idiota este que anda sempre dicindo contención vouno mandar a un gulag a -40ºC pra reeducalo. Ou como é?

Anónimo dijo...

Para Xaime da Pena: hai moitos erros lingüísticos na súa intervención. Imaxino que non é a súa intención usar o touriñés e imaxino que vostede sabe escribir mellor no noso idioma. Un saúdo.

Anónimo dijo...

O Touriñés!. JAJAJAJ.
O Quintanés!. JAJAJAJ
O Xoandacovés!.JAJAJA.

Anónimo dijo...

O Xaimedapenés!.AJJAJAJ.

Anónimo dijo...

Amigo Marchulenis: Sei que teño erros lingüiticos escribindo en galego, por que nunca o estudei, e tamén por que cando escribo non me paro moito a correxir por que si non, xa non mando o artigo por que teño vergoña.
Saiba comprenderme e mímeme un pouco, hom! que estamos no verán.
En serio, moitas grazas.

lourixe dijo...

Monsieur Jacques, sinceramente creo que a súa desculpa a estas alturas non ten creto, porque existen varios correctores de galego e sempre pode un recurrir a alguén que si saiba escribir ben para corrixir un texto antes de o mandar á imprensa. Unha cousa son os comentarios espontáneos que se fan neste blog, outra cousa un artigo pretendidamente reflexionado que vai ser editado en milleiros de exemplares. Se mandase o texto escrito en castelán non se atrevería a deixalo con tantas grallas, nonsí? Podería mesmo considerarse unha falta de respeto cara a nosa lingua o feito de que nin sequera se plantexe a posibilidade de mellorar o seu coñecemento dela. Como fai Touriño.

Anónimo dijo...

Así que o Jaques-Xaime é o que dana a vista coas grallas de ortograría. Pois para Siberia.
Por certo señor/a Beria como siga con tanta ameaza ineficaz, vou eu mandalo/a ao Sahara a 50º.

Anónimo dijo...

Pois que quere que lle diga, querida Lourixe, eu doulle a mesma importancia a un comentario que a un artigo de prensa por que non é o meu.
Sabe de alguén a quén lle poida mandar os artigos antes de publicalos para que mos corrixa ?.
En tanto que non me pagan por mandalos tampouco me debería cobrar por correxirmos.
Pero si se molesta un pouco poña o meu artigo nun corrector de galego e mire se corrixe.
En todo caso agradézolle o consello.

Anónimo dijo...

Congratuleixons, frère Jacques. O feito de que as únicas críticas ó seu artigo foran de índole ortográfica ou sintáctica, quere decir que no contido todo o mundo está de acordo con vostede.

Anónimo dijo...

Meu querido Xoan, vostede ten o ceo ganado.

Anónimo dijo...

Ganado,sí. Pero dígame vostede si o dereito a ir ó ceo é do tipo inalienable. Porque eu quero ir pró inferno, onde quixo ir o abó pra xogar ó tute cós amigos. Xa lle dixen que o que importa é con quen se está, non onde se está.

Anónimo dijo...

Da Pena e Da Coba, o seu é no que na vella retórica se chamaba " falar por falar".

Anónimo dijo...

Eu concordo con Jacques Delapierre. Primeiro é escribir e despois , pouco a pouco virá a ortodoxia. Se nos guiamos por andar a buscar no diccionario e nas gramáticas, moitas cousas quedarían por decir.

No blog necesítanse máis perfis, xente con outras formacións, ou mesmo sen ela, pero que aporten frescor e diferentes pontos de vista.

É verdade que o blog ten un perfil demasiado literario, algo político e con un sesgo tremendo por o debate galego non/si. Vale.

A mín non me disghustaría que xentilmente me correxiran algunhas cousas. Así no espacio de un ano íamos mellorar moito. Ten que ser inmediato e cecais podamos elaborar un protocolo entre todos para como facelo. Podería ser un estilo "beria en siberia" colectivo e dedicarse a por a gralla e a corrección ó lado sen máis (proposta), sen xuízos.

Eu llo fixen a XDC : veleta-cataventos.

lourixe dijo...

Se cadra estoume a poñer transcendental de máis. Dóeme moito a actitude de quen usa o galego como un adorno sen valor, para quedar ben. O compromiso coa lingua require necesariamente que, sabedores das nosas carencias, procuremos poñerlle remedio. Mellorar o noso coñecemento do galego ten que ser tan importante ou máis que mellorar o noso inglés, por poñer un exemplo.
Non teño nada que obxetar ao contido do artículo -lembranzas persoais de Xaime da Pena- e só respondo ao seu comentario contra Marchulenis no que pretende quitarlle importancia ás grallas. Repito: tería a mesma actitude se o artigo fose ser publicado en castelán? Non ten sequera "propósito de enmenda"? Calquer dicionario, calquer amigo con formación (estou segura que ten tantos ou máis ca min), podería terlle confirmado que "a pesares", "leises", "colabouracións" non existen, "laboura" é un termo agrícola, etc. E repito tamén, a atención do Lobo Neghro, que non me estou a referir aquí aos comentarios que se fan no blog senón a un artigo destinado a ser publicado en prensa para milleiros de lectores, e que por respeto a eles e para meirande creto do seu autor, debería procurar un mínimo de corrección ortográfica e gramatical.

Anónimo dijo...

Lourixe, ten razón

Anónimo dijo...

Si, certo, toda a rázón.

Anónimo dijo...

Lourixe ten razón, pero se nos pomos rigorosos e lle aplicamos a sua propia receita non ten toda a razón, e se logo ven outro/a detrás de min e pasa pola peneira o meu post pois tamén resultará que a miña razón é limitada.

Lourixe "escribe/escrebe/escreve":

"poñer" e non "pór"
"dóeme" e non "doime"
"require" e non "requere"
"obxetar" e non "obxectar"
etc.

Anónimo dijo...

Exacto, rabo de nube. "Falar de bar, é falar por falar".

Anónimo dijo...

"Porque eu quero ir pró inferno, onde quixo ir o abó prá xogar ó tute cós amigos" (XDC)

Aquí o único que ten razón é XDC querendo ir ao inferno, porque sabe que o ceo está cheo de xente como Don Ramón Piñeiro e non quere morrer de "saudade" paseando do brazo do ilustre galeguista podendo "xogar ó tute cós amigos". Disimúlao moi ben, pero a XDC o que lle vai de verdade é o barullo tabernario e non a música de violíns divinos por moito que a compañía sexa a de Don Ramón. XDC querer quérelle moito a Don Ramón, pero mais lle quere a un bon viño en cunca e a unha partida de cartas. E esas cousas só se dan no inferno e non no ceo da "saudade" de Don Ramón, que é o morrer. As cousas como son.

lourixe dijo...

O anónimo das 4:28h está no seu dereito de me corrixir... mais non sei se será capaz de defender as súas propostas fronte ás miñas, agás no caso de "obxectar" que foi unha gralla que detectei ao reler o meu comentario unha vez enviado. Para o resto remítome ao meu recente agasallo de aniversario, o "Gran Dicionario Século 21 da Lingua Galega" de Cumio/Galaxia.
En ningún caso esixín correción absoluta nos comentarios do blog, SEMPRE ME ESTIVEN A REFERIR AO TEXTO DUN ARTIGO DESTINADO A MILLEIROS DE LECTORES (en teoría, certamente descoñezo se xornal.com ten máis visitantes que as Uvas...)

lourixe dijo...

(Vanme permitir unha maldade? :D )
Nunca se é demasiado vello para ter a ilusión de ir mellorando cada día, como persoas, como galego-falantes e como "galego-escribintes", malia termos que loitar decote contra a preguiza e o desánimo.

Anónimo dijo...

Boa tarde, contertuli@s.

En primeiro lugar, coido que Lourixe ten razón. Aquí podemos aprender tod@s de tod@s, pero sempre que haxa un afán de superación. Ben sei que fomos escolarizados en español e que nos meteron na cabeza que o IDIOMA é o español. A min dóenme os oídos cada vez que algún(ha) locutor(a) da CRTVG -e hai exemplos a esgalla, se se me permite este coloquialismo- afea o seu galego porque non se esforzou en aprendelo ben, senón que é a ferramenta coa que traballa e á que só lle da esa importancia. E non son denuncias miñas, como galego e como galegófono, senón de moitas outras persoas, por exemplo, e me estou a lembrar agora porque me veu á mente, do libro 'Informes sobre a lingua' de Suso Alonso Montero, publicado en Cumio, se non me engana a memoria.

A respecto de Ferrín, prefiro non dicir nada, como dicía Manoel Antonio no manifesto, que asinou con Álvaro Cebreiro, 'cómpre non falar deles', neste caso, del.

En resposta á primeira intervención: e que a REAL non é DA LINGUA e non ten preparación nen coñecementos como para ditaminar sobre temas propiamente lingüísticos, a diferenza do ILG que, ademais, foi quen realmente redactou as NOMIG. Tampouco son as 'novas normas' as de 2003, como din e escriben por aí ad nauseam. Son as mesmas NOMIG de 1982 e de 1995, só que revisadas e melloradas (ó meu entender, insuficientemente). É que se entramos no tema económico, se dicimos quen recibe axudas e para que as recibe podemos botar aquí séculos. A santo de que vén pontificar, como fai a REAL, que GALICIA é o único nome legal do noso país, no idioma do noso país? Que di o ILG? Que din outras persoas formadas no tema como, por exemplo, Pilar García Negro ou Manolo Ferreiro, que non son do ILG pero si que son persoas de recoñecida solvencia neste terreo? Non será, máis ben, un síntoma de desleixo que metan no 'índice' a forma 'GALIZA' como, vía Nomenclátor, meten tantas outras (Ogrobe, Mesón do Bento, Vilar de Avós, Castro do Rei, etc.?). Por que non fixeron que o ex alcalde de A Coruña (prefiro 'Coruña', pero a forma oficial é a que é) se pasase polo arco do triúnfo o nome LEGAL desa cidade durante todos os anos que estivo (des)gobernando a mencionada entidade administrativa?

Certamente, o goberno de AP deulle, ore rotundo, a legalidade á REAL para dicir o que é bo e mau para o galego, con receitas de pecados e penitencias inclusive, pero o actual bipartito segue sen sacarllas, e o decreto Filgueira (tampouco vou falar de don José, con J) segue vixente, vía Lei de Normalización Lingüística (sic)

Entrementres, seguirei aprendendo a expresarme cada día mellor no meu idioma, que non é outro que o galego.

Anónimo dijo...

Dona Lourixe: O primeiro traidor sonlle eu, porque son lusista, e escribo en galego-español, no canto de galego-portugués.
De todo o modo, solicito ser afusilado, non enforcado, sen venda nos ollos e cara ao pelotón.
Beixos, señora.

P.D. Ten Vde. toda a razón, mais o señor Delapierre é un cabaleiro galego. Supoño que tamén quererá acompañarme no paredón.

Ah, paredão, en galego-portugués significa paseo marítimo. Refírome ao paredón Estoril-Cascais, para tomar eu e máis o lugués unha cervexiña a ollarmos para as membras da alta burguesía lusa...
jeje

Anónimo dijo...

MARCHULENIS É GOD

lourixe dijo...

Medela, esa é a peor das traicións: a inconsecuencia coas ideas dun! Claro que nun rexistro formal e académico como este blog, un ten tendencia a empregar a norma sancionada pola autoridade (in)competente para evitar desviar a atención do contido cara ao continente.
Iso ten cura, pregunte por aí...
:D :D :D

Anónimo dijo...

Lourixe: Síntome como o conde de Montecristo, preso na mazmorra da normativa... Só preciso que alguén me empreste un cadáver para fuxir de aquí.
Non había querela, Lourixe, e no entanto, quéroa.-

Marcos Valcárcel López dijo...

O tema das correccións é delicado. Como profesor é unha parte do meu traballo cos alumnos/as e teño que facela e fágoa, claro. A nivel privado, córtome moito máis. A miña muller pídeme que lle corrixa cando diga cousas mal ditas en galego e case nunca o fago. Quizais tamén por cansanzo do tema. Pero é certo que todos/as debemos buscar unha mellora nos nosos rexistros lingüísticos, por respecto ó idioma.

Anónimo dijo...

Ollo, Medela, que o español tamén ten 'normativa'

Anónimo dijo...

O anterior comentario é meu, desculpen, fóiseme o dedo.

Anónimo dijo...

Marchulenis, "ME ESTOU a lembrar" será o oficial, non digo que non, pero a mín chirríame nos oídos.

Anónimo dijo...

Antes vai a conxunción copulativa 'e', querid@ amig@.

Anónimo dijo...

Non me tome en serio, Marchulenis. De todos os que andan por aiquí, son o que menos idea teño de galego, con moita diferenza. Mire si é pouco , que case todo o que sei de galego, máis alá do que aprendín na aldea, aprendino como consecuencia de ter entrado neste blog.

Anónimo dijo...

Pero ás veces dame a impresión de que falar tanto do galego, é como falar moito de sexo. Un olvídase de practicalo, anque non sexa do xeito "perfecto" suxerido por revistas e películas.

Anónimo dijo...

con cojunción copulativa antes também "chirria", o português so permite o pronome antes se a frase leva preposicão o expresão prepositiva, que é o natural também no galego, no que eu falei na minha vida e nunca estudei. Logo porque não mimramos mais o português en cinguimo-nos mais a normatividade da sua gramática, pois quando lhe damos voltas o que fazemos e fuxir da influencia do castelhano, porque nos fai chirriar moitas por vezes e temos muitas mais semelhanzas co português. A hora de normativizar proque não se vai normativizando para o port. que por outra banda é lingua normativizada e que nos permitiría estar dentro duma comunidade lingüística a lusofonía, mantendo as nosas características.

lourixe dijo...

Xan da Coba, eu ao contrario acho que de máis falar do galego cheguei a practicalo moito mellor, do mesmo xeito que... ;-)

Anónimo dijo...

Se me fusilan que se sexa de par do Medela e de testemuña o XDC, recitando:


Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

Anónimo dijo...

Rosalía sabería moito galego, pero na miña aldea, ós "castañares" chámanlle "soutos". Do resto, "nihil obstat", pola miña parte.

Anónimo dijo...

Eu non lle podería facer de testigo, frère Jacques, que xa me tiñan afusilado primeiro.

Anónimo dijo...

E que me enterren na serra (de San Mamede)
ó pe dos meus "castañares"
e que me cubra esta Terra
que é cuna de homes cabales.

Anónimo dijo...

E que digan que estou durmindo (non durmido).

Anónimo dijo...

DOn Marcos: Tamén vostede... todos/as, alumnos/as... Se pensa que ten que redactar dese xeito, sería mellor que fixera como algúns americanos: masculinos e femeninos ó 50% espallados polo texto e nota ó pe de aviso. Será mais doado de ler...

Anónimo dijo...

E xa estou canso de que lle chamen sexo, cando queren decir sexo/sexa.

Por certo (sexo lése "sekso" ou "sesho").

Na aldea nunca oín falar do "sexo", pero si do "sesto".

Anónimo dijo...

Don Marcos tamén debería corrixir algunhas grallas que comete a cotío. Por exemplo, non escribir "noraboa" e si os máis correctos "parabéns" ou mesmo "felicidades".

Anónimo dijo...

As liortas entre Pablo Padín e Xoán Gato esgazan Terra Galega

O alcalde de Narón presentará unha denuncia nos tribunais ao entender que hai graves irregularidades na convocatoria do congreso.

Redacción - 14:50 09/07/2008

Tres anos despois da súa fundación, o autodenominado 'centro galeguista' vive unha guerra civil interna que ameaza con facer desaparecer as siglas de Terra Galega, a cuarta forza nas eleccións locais do ano pasado. O coordenador xeral da formación, Xoán Gato, protagonizou este mércores unha conferencia de prensa en Santiago na que acusou ao presidente, Pablo Padín, de preparar para este vindeiro sábado un congreso “á medida”.

O alcalde de Narón asegura que Padín oculta os datos de afiliación, o estado das finanzas e que infla o censo de militantes. Logo de denunciar que Padín ten “secuestrada” a formación, e que el conta coa gran maioría dos concelleiros de Terra Galega, subliñou que acudirá aos tribunais para impugnar o vindeiro congreso e os cambios na dirección que do mesmo poidan saír.

Gato, que estivo acompañado na conferencia de prensa da rexedora de Valdoviño, Isabel Álvarez, dixo que Padín leva dende maio sen convocar á Dirección Nacional. Os fortes enfrontamentos internos tiraron por terra un congreso que en principio estaba previsto para mediados de xuño e que agora se adiou para esta fin de semana.

Novas agrupacións en Pontevedra “dun día para o outro”
Gato subliñou que é moi sospeitoso que aparecesen 16 novas agrupacións na provincia de Pontevedra, de onde é Pablo Padín. Tamén denunciou que nas últimas semanas agrupacións como a de Vigo pasaron de 3 a 134 militantes.

O alcalde de Narón considera que Padín quere dar un golpe de man interno porque non ten apoio social: “No seu momento nin se atreveu a presentarse á alcaldía de Vigo”. Por se isto fose pouco, dixo que tiña sospeitas de que o sector de Padín pretendía "vender" a formación logo da cita congresual.

Padín: “Está desquiciado porque o partido non é Narón”
O presidente de Terra Galega, Pablo Padín, sinaloulle a Vieiros que descoñecía a convocatoria dunha conferencia de prensa pero advertiu que o congreso vai seguir adiante.

Padín considera que o alcalde de Narón está “desquiciado porque o partido non é Narón”. Ademais denunciou que moitos dos concelleiros do sector que apoia a Gato non están afiliados á organización.

Suspensión de conversas do PG
A grave crise interna de Terra Galega pon en serio perigo a converxencia electoral que negocia dende hai meses co Partido Galeguista. Representantes das dúas formacións aseguráronlle a Vieiros o pasado mes de maio que as conversas estaban moi avanzadas e daban por feito a unión de siglas de cara os comicios galegos. Fontes do PG consultadas por Vieiros recoñeceron este mércores que é moi probábel que a división interna de Terra Galega obrigue a suspender as conversas.

Anónimo dijo...

Cabaleiro lugués Delapierre: O seu comentario fai saìr lagrimas dos meus ollos.
Espero que algùn día os nosos fillos compredan o autentico sentido da palabra galeguismo.
Que pena non poder falaromos o día en que os romanos estaban a lanchear sob a muralla.
Seu amigo da raia... Medela

Anónimo dijo...

Medela, cando vostede se refire a contemplar as membras da alta burguesía de Estoril-Cascais supoño que se referirá as pernas, non-si?.
Porque ningunha outra membra é visíble a menos que anden espidas.

Anónimo dijo...

Non, don Lobo. Non. Vde. ben sabe que a cousa non vai por aí. Un sevidor pasea por
Estoril, e unha `pija´ saúda a outra, e respóndelle: "Estou a apanhar un bocado de sol para as miñas costas". E o de Lobeira pensa que as 'pijas' falas coma a sùa avoa de Loberia, e non compartillan nacionalidade con el.
E o de Lobeira está en Allariz, e un madrileño pregúntalle "Oye, tú, donde se puede comer aquí bien y barato", e asombrosamente, o madrileño compartilla nacionalidade co de Lobeira, e as 'pijas' do Estoril son de nacionalidade, estatalidade, pasaporte e corpus xurídico totalmente diferente.
Dígame algunha cousa, don Lobo, porque eu xa non entendo nada...

Anónimo dijo...

A vostede non lle ten pasado, Kyra, que tamén a "comunicación non verbal" coas rapazas de Estoril é similar a empregada pola aboa Concha, e que non se parece á dos madrileños?.
Non sei se hai estudos sobre xestos ou posturas do corpo asociados á fala en cada lingua. O Arume d.p. pódelles contar cómo no italiano hai unha chea de xestos asociados a determinadas frases.

Vaia, atopéi este video. Pero hai máis:PREMER.

Anónimo dijo...

Aiquí hai máis:PREMER.

Anónimo dijo...

Algús deses xestos, deben vir do latín, porque tamén son galegos.

Hai algunha recopilación de xestos galegos?. Anque sexan obscenos. Forman parte da nosa identidade como pobo!.

Anónimo dijo...

En vez de xestos, debería decir "acenos".
O do "matapiollos" posto na parte interna dos dentes superiores acompañábase da frase "nin esta". Queria decir que non ibas pagar nada.

Anónimo dijo...

Se atopan varios deses "xestos galegos", fáganllos saber ós guionistas de cine galego, pra que os metan nas películas.

Anónimo dijo...

Máis de italianos. É unha mina:premer.

Anónimo dijo...

Qué video máis interesante veño de atopar. Sobre todo pra os que den conferencias ou charlas. Fala da importancia dos movementos do corpo na comunicación eficaz ante unha audiencia:PREMER.

(

Anónimo dijo...

Doume por satisfeito ao no ver nomeado ao señor Manuel Luís Acuña. De habelo tido vostedes como mestre saberían do que estou a falar. Pido prudencia para aquelas persoas que apoian esta candidatura. Non penso quedar impasible ante o disparatado que sería ver o día las Letras Galegas adicado a este personaxe e do que tantos e tantos alumnos tan pouco aprendimos.

Anónimo dijo...

Conte, conte amigho lector, desabafe, hom, que é bom socializar os coñecementos.

En Trives algúns estamos ata os collóns das xornadas que se fan de estudo do personaxe. Ata o ano pasado eran anuais. Manda carallo. Para que saíran movilizaban os alumnos do instituto e alumnos de non sei que curso do campus de Ourense.
Xustificacións de que?. Xustificar gastos, actividade, publicación de actas, créditos.....mamoneo....

Non digo que non se estude o persoeiro. O fodido é andar a falar del en torno a un congreso todo-los anos. E encima un ano de letras galegas.

Haille críticos co malgasto dos cartos europeos que despóis van ó congreso a expor unha ponencia "da calidade" nas aulas en torno a figura de Manuel Luís Acuña. Os alumnos xa trousan.

De modo que desabafe, hom, desabafe, que algho queda.

Anónimo dijo...

Coñezo ben o tema das xornadas. Sóbrame a min saber de quen están alí a debater. Que me van a min contar como antigo alumno que fun de figura tan insigne. Un home que para nada mostrou nunca, na súa docencia connosco, todas esas dotes e coñecementos que alí se debaten. Pero non tema, tempo haberá de que eu me explique ben e moi claro cando a ocasión se preste máis axeitada. Insisto, prudencia máxima as persoas que promovan esta candidatura.

Anónimo dijo...

Lector amigo, acaso o persoeiro lle tocou a pirindola como facían moitos curas "sobóns"?.

O xefe de Stadaconé

Anónimo dijo...

Vostede está na fase da construción do mito. Pouco lle importa entón o que lector lle está a dicir moi explicitamente. E máis, pola preguntiña tendenciosa que lle fai vese que mesmo lle molesta que alguén diga a verdade do que viviu, o sexa, a ineptitude clara do personaxe e o disparatado que está a ser o que con él se pretende facer.

Anónimo dijo...

Poderíase facer un estudo dos pretendidos "maestros" dos que ningún discípulo nin persoa aprendéu nada, pero que souperon trepar entre a burocracia das instituciós culturáis hasta ser aclamados como tales. Impresentables cun ego de cabalo obsesionados con sair nas enciclopedias, pero despectivos e irrespetuosos cós alumnos, coa xente en xeral, e có verdadeiro saber se non iba acompañado de diplomas . Hai bastantes dos que teño noticia, pero no caso concreto que se fala aiquí, non teño nin idea.

Anónimo dijo...

Cando lín fírgoas de Manuel Luís Acuña, despois de que comenzaran a reivindicalo e se publicara un libro coral homenaxe en xerais, considerei que era moi bó para o seu tempo.

Non vou repasar, esta mecánica non dá para facer eso. Interésame máis tirar para diante. Quédame lonxe a lectura, pero daquela pareceume un achádego.

Como sempre hai que separar a persoa da obra.E como estamos no medio que estamos e somos unhes curiosos e laretos, a mín todo o que podan contarme paréceme interesante.

Marcos Valcárcel López dijo...

FÍRGOAS é un libro excepcional. Na súa homenaxe titulei a miña última sección en prensa "FÍRGOAS DE HISTORIA E XORNALISMO".
Sobre o que afirma un posible (Suposto) antigo alumno, é só unha opinión. Outros alumnos dirán outras cousas, supoño.
Eu non coñecín a MLA, pero falaban del doutro xeito xentes que si o trataron, como Carlos Casares.

Anónimo dijo...

"A miña muller pídeme que A corrixa", e nom LLE.