Varia: recomendacións
(Vïa B.L.) Uma bela biblioteca digital, desenvolvida em software livre , mas que estáprestes a ser desactivada por falta de acessos.Imaginem um lugar onde nós podemos gratuitamente:· Ver as grandes pinturas de Leonardo Da Vinci ;· Escutar músicas em MP3 de alta qualidade;· Ler obras de Machado de Assis Ou a Divina Comédia;· Ter acesso às melhores histórias infantis e vídeos da TV ESCOLA e muitomais.Esse lugar existe!O Ministério da Educação Brasileiro disponibiliza tudo isso, basta aceder ao site:www.dominiopublico.gov.br
Só de literatura portuguesa são 732 obras! Estamos em vias de perder tudo isso, pois vão desactivar o projecto pordesuso, já que o número de acesso é muito pequeno.Vamos tentar reverter esta situação, divulgando e incentivando amigos,parentes e conhecidos, a utilizarem essa fantástica ferramenta dedisseminação da cultura e do gosto pela leitura.
(Vía Xulio Ríos) A presenza internacional do sindicalismo nacionalista galego (Xosé Ramón González Boán) e das relacións exteriores do sindicalismo labrego de Galicia (Lidia Senra) son algúns dos temas que ofrece o n.16 da revista TEMPO EXTERIOR (todos os contidos en comentarios).
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 1 semana
2 comentarios:
Ambiente, cultura, cooperación, sindicalismo: outras formas de estar no mundo
“Tempo exterior”, a revista de análise e estudos internacionais que edita <<...>> o IGADI (www.igadi.org) e dirixe Xulio Ríos, aborda na súa décimosexta edición, correspondente ao período xaneiro-xuño de 2008, unha serie de reflexións sobre a evolución e o alcance de diversos ámbitos particulares da acción exterior galega.
Así, esta temática permítenos realizar unha aproximación ao pensamento e a presenza internacional do sindicalismo nacionalista galego (Xosé Ramón González Boán) e das relacións exteriores do sindicalismo labrego de Galicia (Lidia Senra). Esta sección compleméntase coa perspectiva dos temas ambientais e o cumprimento dos acordos internacionais (Adela Figueroa Panisse), o alcance do proceso de internacionalización da empresa galega (Fernando Bruna), a situación da cooperación ao desenvolvemento en Galicia (José Luís Quintela Julián) e unha reflexión sobre a riqueza e diversidade do patrimonio inmaterial galego-portugués (Santiago Veloso Troncoso), alentando o seu recoñemento pola UNESCO.
Os recentes acontecementos no Tíbet obrigan a considerar a situación das nacionalidades minoritarias e a súa influencia na política chinesa (María Luísa Arizaga), así como das liberdades relixiosas e a promoción das culturais locais dentro do contexto chinés (Roger Casas), facendo énfase no caso particular de Sipsong Panna. Dada a configuración de Asia-Pacífico como novo epicentro económico mundial (Luciano Damián Bolinaga) importa prestar atención a asuntos xeopolíticos, tales como a remilitarización de Xapón (Masashi Oki) e as vicisitudes e dificultades na consolidación da democracia en Paquistán (Roberto Mansilla Blanco), tralo asasinato, en decembro, pasado da líder opositora Benazir Bhutto.
A recente declaración de independencia de Cosova centra a atención do papel das minorías na actual Constitución nacional serbia (Jairo Dorado Cadilla), tema con que se abre o terceiro bloque deste número. As claves do proceso indixenista e o cambio político en Bolivia (Jesús González Pazos) e unha aproximación aos antecedentes históricos e as reivindicacións do movemento indíxena mapuche en Chile (Víctor Naguil), completan os temas abordados en “Tempo exterior” Nº 16.
Vaia. Temos gratis a cultura de verdade, e á SGAE hai que pagarlle a "caca".
Publicar un comentario