ANDOLIÑA martes 2 setembro
Rescaldos de agosto
Rescaldos de agosto
Os días de lecer garanten unha certa ilusión de arredamento: para os que escribimos nos xornais, a capacidade de ver o mundo dende fóra. Como se a vida parase. Pero non para, non. O mundo segue a moverse e os xornais de agosto tiveron tintas ben escuras de traxedia. O horroroso accidente de Baraxas encheunos a todos de preguntas: as respostas que a investigación está a dar non son moi compracentes coas autoridades desa compañía aérea. Ese avión nunca debeu despegar.
E no mundo, os aires da traxedia leváronnos ata Xeorxia. A lei da forza é a que invocou a Rusia de Putin para invadir terras xeorxianas amosando toda a grotesca chulería do Exército ruso. Dubido que Putin entenda os nacionalismos, nin sequera os de Osetia do Sur e Abxazia. Velaí a súa política criminosa de sempre en Chechenia. Rusia actúa só en función dos seus propios intereses estratéxicos, económicos e militares. Ó servizo de grupos mafiosos e criminais que controlan esas áreas e os negocios do tráfico ilegal de armas, persoas e narcóticos.
A cara positiva do mes foi a fascinante posta en escena dos Xogos Olímpicos. Ó réxime chinés saíulle ben a xogada. Agardemos que reviva agora a causa dos Dereitos Humanos no coloso asiático.
15 comentarios:
Saudo a todos os contertulios, nesta nova xeira da Solaina desde este novo formato para os comentarios.
"Que o verán enterno xamais se agoste"
Resómae esto na cabeza, a ver se o dou situado, mentres deixolles soando esta peza, dun disco que rescatei onte, que fun ao trasteiro.
street life
Ou esta outra versión mais sedimentada
street
O primeiro enlace non vai,
a ver se agora esta versión "horterilla"
Street life
A coitada Xeorxia non ten potencial para se enfrontar ao superheroe Putin. Cfr. os PutinFacts. Xa lle gustaría a Chuck Norris que lle adicasen tantos!
Cómpre lembrar que Xeorgia comezou as hostilidades cun ataque sobre Osetia coa finalidade de avanzar coa súa integración na OTAN, seguindo as directrices do matón USA, que precisaba dun acontecemento coma ese en política exterior para que a administración republicana puidese contrarrestar o efecto Obama. Non vou a defender o réxime de Putin - non ten defensa posíbel- pero tampouco se debe esquecer que a política exterior da administración rusa non pode ser outra dende que USA pretende atraer a Xeorxia, Ucrania,... e todas esa repúblicas periféricas ao seu ámbito de influencia mediante contrapartidas miserables, coa promesa da integración dunha organización militarista como a Otan, presente, cando non causante principal, en todos os conflictos existentes do mundo; unha OTAN na que todos eses países ven un paso previo a unha futura integración na Unión Europea. Con este asedio diplomático e territorial por un lado, e as continuas xestións para aislar a Rusia tamén da China evitando unha alianza que amenace hexemonía do poder imperial por outro, non resulta difícil de entender o comportamento de Rusia. Insisto, sen que sinta simpatía ningunha por ese réxime ruso.
O triste é que con toda esta loita de intereses económicos, políticos, enerxéticos,... as consecuencias sempre as pagan os mesmos. Dicía Galeano que na guerra entre o ben e o mal, o pobo pon os mortos.
Parabens a todos! Confío disfrutasen das suas merecidas vacacions.
O Director da Casa:Espero pague un Viño axiña co brazo xa ben.
Saudos Trebi
Tamén é moi triste que este home (Gustavo Bueno) acabase formando parte da caverna (e non precisamente da platónica):
Gustavo Bueno, en declaraciones a Europa Press, señaló que el magistrado tiene un "complejo de Jesucristo para juzgar a los vivos y a los muertos". "Para Garzón y para el Gobierno lo principal es mantener viva la Ley de la memoria Histórica", apuntó.
Según el filósofo, el PSOE comenzó a hablar de la Memoria Histórica tras la segunda victoria de los 'populares' en el año 2000 "y les ha venido bien para ganar votos", añadió. Por ello, Bueno destacó que en estos momentos de crisis económica y con el aumento del paro, al Gobierno le interesa volver a "reavivar lo que era ya pasto". "El PSOE utiliza películas, revistas, reportajes, un chorro de dinero en propaganda para identificar al PP con el franquismo", apuntó.
El profesor de Filosofía de la Universidad de Oviedo opinó que "muy mal le debe de ir al Gobierno en las encuestas para sacar otra vez este asunto". Respecto al magistrado, el profesor Gustavo Bueno, acusó a Baltasar Garzón de creerse un "juez universal" que aspira a ser el Presidente del Tribunal Internacional de Justicia, "una especie de Espíritu Santo que juzga a todos los hombres y a los Gobiernos", añadió.
En este sentido, Bueno invitó a Garzón a que investigue también los crímenes que sucedieron durante la Revolución de 1934 y convidó al Gobierno a que "amplíe el horizonte histórico" y se preocupe también por las Guerras Carlistas y otros hechos históricos.
Porque vostede, amigo Apicultor, non leu o prefacio (publicado o outro día en La Nueva España) que lle vai endilgar a unha Historias de Covadonga. Hai que respirar acompasadamente para non botar os fígados: Covadonga, la cueva y la batalla. Deste ano 2008.
Si, si que o lin no último número da revista electrónica "Catoblepas", que promove o susodito e que me chega puntualmente (é gratis).
Lamentable, verdadeiramente lamentable.
Vaia, agora decátome de que precisamente pon vostede o enlace á revista. Non llo vira.
Lean, lean, señores, non lles ten desperdicio.
Interésame moito saber cómo os nacionalistas toman partido por un ou outro nacionalismo/independencia. Unha Georgia independente pode oprimir a unha Osetia dependente? Por qué? Está mal que un pais ou nación (Rusia) axude á independencia doutra (Osetia)? Por qué? Uns (os georgianos) teñen dereito a ser independentes e outros (os osetios) non? Por qué?
Para o amigo Trebi:
o do viño en canto nos vexamos... ONte xa estiven co Benito no Bicherías. O do "brazo bo" terá que agardar aínda: isto é lentísimo, e iso que me dan todos os días unha boa malleira na Rehabilitación.
En canto ao de Gustavo Bueno, e á marxe do delirio covadonguil (exemplo máximo de que a Memoria Histórica é un asunto moi delicado), o do outro delirio, o de grandeza, o propio de Garzón, penso que non está moi lonxe da realidade e que é bastante evidente.
Aznar nega ser o pai do fillo de Rachida Dati.
Estou con herba.
A mín fédeme máis que os "Uesei" metan o fuciño no conflicto de Xeorxia-Rusia tan descaradamente ocupando a primeira plana da información.É moi claro.
Ademais quedo espantado de que a Unión Europea non sexa quen de interpretar outro papel no canto dos "Uesei".
Que débiles somos!.
Publicar un comentario