Hey Jude (Fío Musical 30)
Unha recomendación de Tacho
Unha recomendación de Tacho
O 26 de agosto fixo 40 anos que se editou Hey Jude dos Beatles: la lalalala lalalala , hey Jude. Interminable. Ano 1968. A cancion estaba adicada a Julian Lennon, pero soaba millor Jude que Jules. Unha gozada.
43 comentarios:
Hola a todos/as e benvidos/as.
(Eu tamén botaba de menos comer unhas uviñas sentado na solaina. E máis este ano, que van tan atrasadas...)
Está moi ben, pero que moi ben, comezar cos Beatles e, máis en concreto, co seu Hey Jude.
Seica para algún crítico a repetición obsesiva do retrouso era como unha "tomadura de pelo". Vamos, que se estaban "quedando" co seu público.
Sen embargo non hai máis que mirar (vale, escoitar) a música máis contemporánea para descubrir que, unha vez máis, os rapaces de Liverpol eran uns xenios e como tales, adiantáronse ó seu tempo. Estoume a referir ó papel que a REPETICIÓN xoga na música actual (tanto pop como culta).
Xabi
Extraordinaria e fermosísima canción.
Síntome identificado cos versos:
"And anytime you feel the pain
Hey Jude, refrain
Don´t carry the world upon your shoulders".
Máis ou menos:
"E cando te sintas angustiado,
Ei, Jude, acouga,
Non cangues o mundo sobre os teus ombreiros".
Tomen nota, amigos, de tan sabio consello!
Non é das millores, pero en fin ten o seu punto de euforia que pode acompañar ben uns gintonis por Portobello Road.
A canción non lle teño moito aquel, xa que non era rápida nin lenta e sempre era a que quedaba sin escoitarse.
Outra tradución maís literal que a de APC é:
E se algunha vez vas compra-lo pan
Eh, Jude, acordate do refrán
Non poñas o carro antes dos bois
Efectivamente, Xabimusic, a repetición é clave na música. Esto é así porque é un elemento "creador de tensión". Tensión que debe ser liberada creando , tras a repetición ,outro elemento que, de algún xeito , o complemente ("resoución") e có que forme un todo único ("frase musical").
Nas melodías, compostas ou improvisadas , a fórmula adoita a ser: AAAB . "Repite algo tres veces, e resolve". O curioso é que "A" pode ser prácticamente calquera cousa. O "truquillo" está na afortunada elección do "B", a resolución, a "resposta". Unha mellora habitual da fórmula é :AA´A B. Esto é, a segunda vez varíase un pouquiño o elemento repetido. Esa pequena variación pode ser de moitos tipos: adición,sustración ou alteración das notas, ou da sua duración relativa, desplazamento diatónico , uso de efectos, etc. As melodías máis pegadizas adoitan a estar construidas así.
No caso da letra, tamén a repetición é importante. Mesmo palabras sen sentido parecen "significar algo" se se repiten. Nos espirituáis negros, unha frase é repetida entre o oficiante e os fiéis , pra ser definitivamente resolta mediante alguha frase axeitada do oficiante. No blues,o mesmo (famosa estructura AAB). Tamén nos mitins políticos e na animación de grupos adoita a usarse ese recurso. Lembren o "Cómo estan ustedeeess?? Bieeen!!!" dos paiasos da tele, que era repetida varias veces ao principio do programa. Ganaban á audiencia con ese sinxelo recurso, creando animación tensión y expectativa xa desde un principio. Estou convencido de que a repetición tivo a súa importanza tamén na xénesis da linguaxe humana...
E paro, que xa empezo a enrrollarme...desculpen...
Unha curiosidade máis, verbo da repetición. En moitos paises do mundo, a xente saúdase repetindo VARIAS veces o nome do interlocutor. Algo así como si eu me atopo con Delapierre e a conversa inicial transcurre así:
- Delapierre !
- Xan!
-Delapierre!
-Xan!
-Delapierre!
-Xan!
Moitas veces, repítense tamén determinados movementos do corpo durante o saúdo.
O número de repeticiós é proporcional ao tempo que fai que non se ven os contertulios.
Algo así nos pasa a nós tamén. Pero no canto de repetir a mesma frase , pronunciamos diferentes expresiós, prácticamente redundantes ou sinónimas (Cómo estás? Todo ben? Por onde andas? Vou tirando, Vámola virando, Por aiquí andamos...). O número desas "repeticiós encubertas" é proporcinal ao tempo que non vemos ao amigo atopado.
Viñeron uns amigos de Turquía e comentaron impresionados o dos xiróvagos, eses que dan voltas sobre si mesmos ao tempo que conforman repetidos círculos sen parar. O máis curioso é que, segundo contaron, estes derviches cando están deprimidos ou algo murchos por causas do amor ou do diñeiro (eses dous elementos esenciais do blues) saen de casa ás tantas e dan voltas eles sós para coller o puntiño místico (éxtase ou colocón) que precisan para vivir. Esta historia íntima dun sufí melancónico que centrifuga o celebro pola súa conta para superar o mono posúe un patetismo demasiado tenro.
Hola a todos. Sempre me gustou a idea (seguro que insensata) de que existise unha relación etimolóxica entre "vita" (vida) e "vitium" (vicio), pois, ademais de seren palabras semellantes, tanto a unha como a outra chantan na repetición. A primeira porque ten unha compoñente básica de costume; a segunda porque constitúe un determinado tipo de vida tamén baseado na iteración (é o que se chama "cuelgue"). Se esto fose así, o placer que proporciona a música tería unha base vital en sentido amplo, pois non hai vida -individual, social, biolóxica- sen repetición. E explicaría tamén o enorme poder de enganche que a música posúe para algúns. Dubido, sen embargo, que entre as palabras "vida" e "vicio" exista mais relación que a de compartiren un mesmo sonido. Eu sei que é só unha mera coincidencia, but I like it.
Debería selo Medela ó que nos asesorara se en Lobeira e Allariz existe relación etimolóxica ou como diaño se diga entre das dúas palabras. Se existe por alí, amigo Morrison, xa o ten.
Entre Nós, a min dame que non.
Ola Jim, non estaría mal esa vinculación, xa que non etimolóxia si biolóxica entre vida e vicio, é dicir exceso, que é o que mais pracer da. Mais polo que teño visto ao meu arredor, o exceso tende a precarizar e aminorar a vida, polo que a relación sería inversamente proporcial, aínda que na vida, a verdade, fallan moito as relacións, os cálculos, os pronósticos,os vaticinios e acabamos conformándonos co destino.
A música na súa recursión de sentido non referencial precisa da repetición, e da frustración da expectativa de repetición para que conflua o biolóxico e o mental tonificando o corpo e ordeando a mente, permitíndonos o que en ambitos musicais denominan a experiencia oceánica.
Non sei das consecuencias do exceso na danza dos derviches, pero supoño que cando se abusa do vértigo, e se desintegra o eu, en vez dun anovamento da percepción e do sentido o que se procurá é unha desorientación. Mais as veces debe pagar pagar perderse na experiencia mística da desaparición dun xeito tan incocuo comparado co alcohol ou outras drogas.
Un pelín puritano este señor de Rairo, non é?
Pois si carallo, nin que fose un dos fillos de Leví, un levita.
Moi a conto o dos derviches xiróvagos pois efectivamente na danza faise visible, faise plástico (espacial) o fenómeno da repetición que na música é só de índole temporal e xa que logo auditiva.
Xabi
Gustóume a expresión "frustración da expectativa da repetición".Esa "frustración" tras a repetición do "motivo", é a que fai que o "contramotivo" teña "información" (en termos de Shannon). Cando a repetición comenza a ser "psicolóxicamente probable", e polo tanto sen "información", creanse as condiciós que permiten (ao subconscente)valorar a "resolución".
manda carallo
Delapierre. Qué lle fixo ó Medela, que non aparece. Algo lle fixo.
Medela, come back!
Pra os aficionados ós placeres da música do blog: fíxense neste aparatiño. É un vibrador que se conecta á guitarra eléctrica (imaxino que a calquera sinal de audio) e vibra có ritmo da música. Búsquenlle vostedes aplicaciós.
PREMER
Medelaaaaaaaaaaaaaaaaa!
Sobre as good vibrations, amigo XDC: cal música elixiría para vibrar ou ser vibrado.
Joer, o que inventan!
Non sei se será idea de Eric Clapton agora que vai algo vello...
É inútil que berren polo Medela. De momento, está ben guardado nas lóbregas masmorras que aínda se conservan nos baixos fondos do castelo ou ex-castelo alaricano. Se todo vai ben e o seu comportamento atende a razón terano vostedes aquí para mediados deste mes mais ou menos, que é cando remata a condena que lle caiu na chepa por querer saber mais da conta. E até aquí chega a información que lles podo dar. Compórtense como é debido se non queren pasar pola cela do hotel que o seu estimado colega ocupa nestes momentos. Calquer intromisión ou curiosidade excesiva pola sua parte será castigada modélicamente, quero dicir medélicamente.
Pois dígalle ao señor Medela que ten ir preparando o vindeiro contubernio na súa terra. Que vaia saindo, que unha paixón de verán non dá para tanto.
Imaxino que có trebello poderán valorarse "tactilmente" o valor das repeticiós que suxeríu Xabimusic.
A derradeira vez que se soubo algo do Medela, conducía un tren modelo "chuchú" polo zoo de Lisboa, atende polo nome de capitâo Castanheira e pérdeselle a pista na sección de reptís. Seguirei informando, pero vostedes entenderán o difícil désta misión en país hostil e de tan dispar lingoaxe.
Se anda por Lisboa que o busquen no Pavilhao Chinés, a este lado da barra, ese home que ten un cóbado apoiado na marmore e o outro aferrado a un vaso de vinho non sei se verde ou de outra cor. Ese é o noso amigo, seguro.
Amigo Da Cova, eu non lle son moi amigo dos artiluxios na música, e menos dos eléctricos( Será que lle teño moito respecto á electricidade...).
A verdade é que prefiro o natural. Por exemplo, as voces "a capela".
Xabi
Ou o son da súa guitarra acústica...
Neste sentido tamén son máis ben clásico... ¡Que lle imos facer!
Xabi
Benvido XABIMUSIC. Encontrámonos aquí antes que no Instituto...
Permítame recomendarlle este solto de BRÉTEMAS, por se non viu, pois sei que lle inetresará:
Por que ler, se non me gusta?
Mariela Ferrada recomenda nesta anotación catro textos claves para animar a ler e entender o fenómeno da lectura:
"Estrategias del deseo o trucos para leer" de Emili Teixidor.
"33 razones para leer" de Victoria Fernández.
"Os dereitos imprescindibles do lector" de Daniel Pennac.
"Como no ganar el Premio Nobel" de Doris Lessing.
A esta elección eu engadiría, canto menos, outros dos moitos textos galegos de referencia sobre a lectura:
"Ler e animar a ler: retos á paixón" de Xosé Antón Neira Cruz
Nos vindeiros días, completaremos esta anotación, importante para o arquivo.
Marcadores: Lectura
Vanme permitir que lles faga un pequeno agasallo.
Traducín pra vostedes, do inglés ao meu galego particular,un precioso relato do pakistaní M.Athar Tahir. Séi que lle vai gustar a Xabimusic,e aos restantes mestres que andan por aiquí, e que están recomenzando o seu traballo.
Colguéino no meu "blog operativo": PREMER.
A ver se algún dos músicos que hai por aquí me podedes botar unha man. Estou tratando de obter en Google a letra con acordes de Johnny Guitar, de Victor Young e Peggy Lee e non a topo. Debe estar blindada para cobrar dereitos de autor. Eu non son capaz de sacarlle os acordes, pois anque debe ser moi fácil, eu son moi burro e ademais novato. Alguén os coñece?
Moitas grazas polo agasallo, amigo Da Cova.
Realmente fermoso e persoalmente, evocador.
Na década dos setenta fun mestre rural e, salvado as distancias, puiden vivir situacións en parte similares ás que se narran. No meu caso a escola estaba nunha palleira e máis dunha vez tamén fixemos as aulas debaixo das árbores.
De tódolos xeitos o que máis me gustou do relato foi a idea de que "a escola está onde estea o mestre, vai con el"
Polo de agora, abonda, pero o tema da para outro fio ¿ou non amigo Marcos?
Xabi
Teño unha partitura de esa canción,Jim Morrison, pero a letra é a da versión en español:
Como el bor(mim)dón que tiembla en(RE) tu guitarra
hoy vibra así mi cora(lam)zón
(RE) por (mim) tí.
El bor(lam7)dón lo pul(la#dim)saron tus de(mim)dos
y mi (mim) alma tus (SI7) frases de a(mim)mor.
(RE) Vuelve a to(DO)car Johnny Gui(SI7)tar
Resona(mim)rán dentro de (RE) mí tus (mim) notas
y volverán con mi can(lam)ción (RE) a (mim) tí.
El bor(lam7)dón tiembla i(la#dim)gual en tus (mim) manos
que mi a(mim)mor vibra (SI7) con tu pa(mim)sión.
Acordes compás a compás:
/mim /RE /mim /mim /mim /lam-RE /mim /lam7/
/la#dim /mim /mim /mim /SI7 /mim /RE /DO /
/SI7 / SI7 /
Repetir duas veces. Sí que son raros, 18 compases, pero é o que pon a partitura.
Non sei se a tonalidade coincidirá coa da película. É cuestión de comprobalo.
Fáiseme raro que non a atopara na rede. Logo buscoa eu, a ver se a atopo.
Volvo de cear fóra e encóntrome cos acordes da canción. Vou coller a guitarra, que estaba ansioso. Moitas gracias, amigo Da Cova.
Seguindo polo sendeiro aberto por X. Da Cova, tamén eu quero agasallar a tódolos foreiros/as do fío musical con esta perla tirada da sorpredente novela "La elegancia del erizo". Nun capítulo (?) Paloma, un dos erizos da novela, relata a súa vivencia do concerto de fin de curso do coro do colexio:
"Cada vez que ocurre, es como un milagro. Toda la gente, todas las preocupaciones, todos los odios y todos los deseos, todas las angustias, todo el año de colegio con sus vulgaridades, sus acontecimientos menores y mayores, sus profes, sus alumnos abigarrados, toda esa vida en la que nos arrastramos, hecha de gritos y de lágrimas, de risas, de luchas, de rupturas, de esperanzas frustradas y de suertes inesperadas: todo desaparece de pronto cuando el coro empieza a cantar. El curso de la vida se ahoga en el canto, de golpe hay una impresión de fraternidad, de solidaridad profunda, de amor incluso, que diluye la fealdad cotidiana en una unión perfecta. Hasta los rostros de los cantantes se transfiguran (...)
A fin de cuentas me pregunto si el verdadero movimiento del mundo no es el canto"
Xabi.
E a música é movemento, por esto está tan perto da vida Xavimusic. O mesmo inicio dunha composición acostúma a iniciarse cun xesto, un apunte de movemento.
A cifra que sinala está ban Jim, eu so xogaba cuns acordes do tema, e XDC agasállanos coa canción enteira. O título da canción a min de entrada lembroume a este artista:
johnny guitar W
¿Qué es el viento? ¡El aire en movimiento!
Non lin esa novela pero o texto citado é unha cursilería típica dun adolescente.
Aiquí hai un video de Johnny Guitar, pero este está en lam. Suban "unha cuarta" os acordes anteriores, ou coloquen unha cejilla mecánica no quinto traste pra tocar sobre a música.PREMER.
Pra tocar a melodía cós primeiros acordes que puxen (mim), pensen nunha escala de mim natural(mi,fa#,sol, la si do re) ou armónica (con re# no canto de re) nos compases có acorde SI7. As primeiras notas son: mi, fa#, sol, si...
En lam, tonalidade do video, as primeiras notas serían: la si do mi...o resto poden sacalas fácilmente, son notas naturáis (conten có sol# pró correspondente acorde Mi7).
(Vaia comentario máis inútil. Os non músicos van decir que non entenden nada, e aos que o son,non lles fai ningunha falta. XDDD).
Da Cova: esta tarde estiven tratando de transportar a canción a Lam (en Mim quédame moi grave) e deume Lam Sol Lam, Rem7, e fíxenme unha lea co La7 sostido, que non sei a qué corresponde. Aprender a tocar a guitarra á miña idade é un entretido e maravilloso follón. Voume tomar unha caña e descansar un pouco a cabesa.
XDDDD.
Imaxino que se refire ó transporte do "la#dim".
Habitualmente é máis axeitado chamarlle "si bemol" ao "la sostido". Son sinónimos ("enarmónicos") pero ,como todos os sinónimos, non significan o mesmo. Hai sutil información adicional no feito de chamarlle dun xeito ou do outro, sobor de todo en relación á tonalidade en que se está tocando, ou sobre o comportamento "interválico" da nota no seo dunha escala ou acorde. Nun contexto "non temperado" as diferencias entre os dous termos son aínda maiores. Pero aí metémonos en fonduras matemáticas nas que se perdéu Pitágoras.XDDD.
Si sube unha cuarta "la# dim" dalle "re#dim"( aka "mi bemol dim").Pero aiquí atopámonos con outra carallada. Os acordes "disminuidos" teñen unha diabólica propiedade de simetría que fai que, pra eles, a repetición da estructura recomence ao subir tres semitonos ("terceira menor"), no canto dunha octava como é o habitual. Cada tres semitonos...queda no mesmo acorde!. Pra subir un cuarta...pode retroceder un semitono a postura do acorde!. Manda carallo na Habana!.Ou sexa mibdim "=" ladim.
Pra os acordes disminuidos, a terceira menor... compórtase dalgún xeito como octava!. Outros xeitos de decilo son: nun disminuido, as catro notas son "raíces"; a estructura do acorde é a mesma desde calquera delas;dividen á octava en catro partes iguáis e non hai centro tonal claro, por eso se usan nas esceas de medo, ou pra resolver pasos entre acordes doutro xeito case imposibles. Un acorde disminuido é un "cruce de camiños", onde un pode coller pra calquera sitio. Posiblemente o "cruce de camiños" onde os primeiros bluesmen atopaban ao Demo pra venderlles a ialma. A relación de ese acorde có Demo, ven de lonxe.
E corto a perorata. Non está moi ben explicado, amigo Jim, pero é que estou certo de que vostede xa sabe todo esto.XDDDD.
Chego da praia, onde estivemos tocando (eu, cantando) no chiringuito dun amigo guitarrista e encóntrome coa súa interesantísima explicación dos disminuídos, Da Cova. Vouno imprimir para lelo con máis calma, se tal coua fose posible, porque os cruces de camiños da música póñenme nunha situación de curiosa e feliz excitación. Ben entendo que ande o demo por eles e non Deus, que é moito máis bo e aburrido.
Si analiza as catro notas dun disminuido, pode comprobar que son as catro notas superiores dun acorde de séptima cunha novena menor engadida (b9). Eso faino "equivalente" a ese acorde dominante, sobre todo naqueles casos en que este último sexa un " secundario" (e sempre que a melodía o tolere). Pero como ese acorde disminuido é, en realidade, catro acordes nun,según cal das suas notas considere "raiz", pode sustiruir entón a...catro acordes dominantes diferentes, con funciós tamén moi diferentes según o contexto!!. Pense nas posibilidades de sustitución, por exemplo, dos acordes dominantes usados no blues ou no jazz. SOCORROOOOO!!!. XDDDD.
A cousa pódese explicar tamén por os "tritonos" internos a eses tipos de acordes, como moi ben sabe...qué lle vou decir a vostede.
Desculpen.
Publicar un comentario