15 sept 2008


Arume: Crónicas de Italia

O amigo Arume comezou en Vieiros unha serie de crónicas imprescindibles sobre a actual realidade político-social italiana.
Velaí a primeira, unha análise crítica sobre
A esquerda larval en Italia
(Actualizado: subo a imaxe que nos achega Arume como valioso documento fotográfico. Quen está máis desganado dos dous, o presidente ou Miss Italia? Paga a pena consultar todas as fotos que enlaza Arume)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Interesante achega a de Arume, promete unha serie de artigos de moito interés.

Extraño comportamento electoral, extráñísimo porque había un perfecto coñecimento do que di e fai Il cavalieri, o seu xogo estaba ao descoberto e non enganaba a ningúén. A mentira política non opera xa en italia, semella ser innecesaria. lembro un cartaz eleitoral cando estiven en Roma, lembro a face do Cavalieri, cunha expresión de cálido F de P, insinuando un" non te minto, son o que son, pode que non che guste, pero son o mellor par ti".

A esquerda mais que en estado larvario, que sería esperanzador, semella estar no averno.

Anónimo dijo...

Tanti Auguri pra Arume dos Piñeiros.
A ver se así se anima o Iulius Medelii a comentarista da actualidade lusitana.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Estampa típica italiana.

Anónimo dijo...

Arume, antes de ver o pé quixen pensar que era vde. o Nanni ese da foto. Canto ao artigo, subscribo sen dúbida algo que leo: a exclusividade do cotián limita moitísimo o valor da reflexión política; e algo que, consecuentemente, infiro: calquera se fía do electorado.

Un saúdo veloz.

Anónimo dijo...

Falando de (des)ganas, e máis aló de rexouvar das crisis alleas (Italia), centrémonos nas centrípetas: España.

Frase "histórica" de ZP:

"El presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, pidió hoy al líder de la oposición que diga "algo bueno" de la economía, en este caso de la industria, y de las empresas españolas para ayudar a "dar confianza" y a recuperar la fortaleza del país." (EL Correo Gallego)

Antes aínda tiña as miñas dúbidas. Agora téñoo clarísimo: este tío é parvo.

Anónimo dijo...

Pois eu coido que, neste caso, de parvo Zapatero non ten nada.

A confianza -ese algo supostamente tan etéreo e subxectivo- é fundamental para a saúde económica dun Estado ou país. Hai multitude de economistas e sociólogos que, naturalmente, o poderían explicar mil veces mellor ca min (por exemplo, entre nós, Xoán Carlos Arias). De aí que, ante unha crise, os responsables públicos non deban envíar á sociedade e aos mercados mensaxes de derrotismo e de pesimismo total, senón unha mestura de realismo orientado dun modo optimista. Ter e dar confianza convértese, así, nun elemento central para aunar esforzos e superar as malas conxunturas.

Neste sentido, coñecer a opinión da sociedade tamén forma parte do deseño de estratexias positivas para remontar as crise. Daquela, un dos indicadores utilizados para medir o estado dunha economía, ademais dos datos obxectivos macroeconómicos (paro, inflación, crecemento, …), sexa o da "confianza/desconfianza" nesa economía, mediante as enquisas de opinión dos axentes económicos (nomeadamente dos empresarios e consumidores) e as enquisas de panel de expertos, que se confeccionan periodicamente.

Polo tanto, non ten nada de parvo Zapatero. Ten toda a razón cando lle pide “al líder de la oposición que diga "algo bueno" de la economía, en este caso de la industria, y de las empresas españolas para ayudar a "dar confianza" y a recuperar la fortaleza del país".

Noutros países avanzados, os líderes da oposición participan, por regra xeral e cando non hai eleccións de primeira orde á vista, nesas estratexias positivas de xerar confianza.

Aquí, xa se sabe, somos diferentes: con tal de botar fóra a auga da tina, non nos importa que vaia dentro o neno que se estaba bañando. E así nos vai.

Anónimo dijo...

Nestes momentos a moita xente a "confianza" que pide Zapatero non lle está a devolver o posto de traballo perdido nin os aforros que investiron para comprar un piso, ou xa non poden pagar un aluguer. Obras, e non fe, é o que pedimos a estes palabras bonitas. Xa poden botarnos por riba todas as flores que queiran, mesmo sacar ao "ruedo" a Garzón, que as palabras de ZP sónannos a mofa.

Anónimo dijo...

Cando eu dixen que había que lanzar unha mensaxe de realismo orientado dun modo optimista, non quere dicir que, por si mesma, sexa suficiente. Se esta non vai acompañada de medidas reais, queda en auga de borrallas, naturalmente.

En todo caso, a mensaxe non só vai dirixida aos cidadáns, senón sobre todo aos invertidores e aos empresarios, pois nunha economía de mercado se estes non toman decisións nun sentido axeitado pouco de pode facer.

E verbo de que hai persoas que, hoxe por hoxe, non poden afrontar un crédito hipotecario, por suposto que ten moito que ver coa crise actual, pero tamén, en determinados casos, con non actuar racionalmente cando decidiron o seu investimento. Pode parecer duro, pero coido que é así.