15 sept 2008

Lo que de verdad se juega
ANTÓN BAAMONDE, El País 15/09/2008


Lo que de verdad se juega en las próximas elecciones gallegas es, pues, el papel estratégico del BNG. De hecho, Anxo Quintana está procediendo de una manera parsimoniosa a la reconversión de los nacionalistas y si la culmina con éxito -si el electorado no les es esquivo y aumenta su número de diputados- parece probable que se instalen en el poder durante mucho tiempo.
La razón es clara: los nacionalistas se están reorientando al centro porque piensan que no pueden estar enfeudados a los socialistas. El BNG tiene vocación de ser un partido bisagra y, si eso es así, parece derivarse que algún día tendrá que pasar su Rubicón: pactar, en Santiago o en Madrid, con el PP. El BNG quiere colocarse en la posición que le permita decidir en cada momento quién gobierna en Galicia y, si fuera posible, en Madrid.


O artigo completo

23 comentarios:

Anónimo dijo...

Perdoenme , pero síntome dalgún xeito obrigado a dicir que non vou ler este artigo por estar escrito na sección que o periódico "el pais" lle adica a Galicia, e ser amais da autoría dun antigo nacionalista, cuio bilingüismo non non obedece a unha intencionalidade inxel.
Amais neste contexto de agresion ao idioma que estamos sufrindo.

Anónimo dijo...

Pois ti o perdes...

Anónimo dijo...

Eu creo que non se perde nada.

Anónimo dijo...

Eu tampouco o penso ler

Anónimo dijo...

Pois cópiolles un cacho que me lembra, case palabra a palabra, os temores que me participóu un destacado membro do BNG ourensán o outro día, tomando un café, comentando "as beiras" do BNG ao PP e aos poderes económicos:

"Ahora bien, Anxo Quintana ha de proceder con mucho tiento. Si se pasa de rosca, si la reorientación que propone fracasa en las urnas, si sus electores se ven decepcionados o traicionados, las consecuencias serán devastadoras tanto para sí mismo como para los nacionalistas".

Anónimo dijo...

A "nova" estratexia do BNG: "nada que vaia a ningunha parte" Na súa puta vida volverán colleitar os resultados de Beiras, aquel "perigoso radical", nin aínda que lle poñan o cu ao PP.

Anónimo dijo...

Os "resultados" non eran propiedade do Beiras, aínda que algúns pensen iso. Áqueles resultados foron consecuencia dunha conxuntura concreta que é difícil que se volva repetir. Unha conxuntura na que confluían a crise do PSdeG-PSOE galego e a simplificación do mapa partidario en Galicia.

Deste xeito, o BNG concentrou temporalmente os votos de antigos electores socialistas e dos votantes de EU, PSG-EG, etc., por ser a oposición electoralmente máis viable a Fraga (voto útil anti-Fraga).

Mais superada polo PSdeG-PSOE a crise e posteriormente aupado Zapatero ao goberno central, moitos daqueles votos cambiaron de destinatario. E o BNG baixou inevitablemente. E iso xa comezou a verse nas eleccións de 2001, cando, con Beiras como cabeza electoral, o Bloque perdeu un deputado e baixo dous puntos porcentuais, namentres o PSdeG-PSOE subiu e comezaba a súa recuperación.

En suma, os votos non son propiedade de ningún líder proteico.

lourixe dijo...

Non son beirista nin nada que se lle pareza, pero unha cousa está clara: a xente que daquela votaba no BNG -ou nos diferentes partidos que despois constituiron a fronte- tiña claro o sentido do seu voto: por unha política de esquerdas, progresista e nacionalista, que potenciase o desenvolvemento dos sectores estratéxicos do país, defendese a nosa cultura, reivindicase a autonomía/independencia... algo que no actual BNG en xeral, e nalgunha consellería en particular, está moi lonxe da realidade visíbel, a poucos meses das eleccións.

Anónimo dijo...

Eu non creo que toda a xente que votou por Beiras participaba desas categorías políticas. Tamén pode ser que a xente que eu coñezo disimulara moito. En todo caso, conservadores votantes do PP, que non apreciaron coxunturalmente que o piche do asfalto non chegara á súa casa, retiraron a súa confianza polo pai Manolo para darllo ao pai Xosé Manuel. Quizáis daquela o miraran máis rufo.

Anónimo dijo...

Non é o mesmo actuar como partido de oposición que como partido de goberno, amiga Lourixe. Ademais, non se tomou Zamora nunha hora (que vén sendo unha lexislatura).

Os constrinximentos que impoñen as regras institucionais e a realidade social (e máis se se está nunha posición segundona no goberno) son moi grandes e establecen uns límites á actuación. Isto hai que telo moi presente.

En todo caso, eu penso que o BNG si que está a facer, en maior ou menor medida ou con maiores ou menores resultados, boa parte do que vostede indica.

Potenciar o desenvolvemento dos sectores estratéxicos do país é un dos eixos fundamentais do BNG, e creo que esa vén sendo a orientación das consellerías de medio rural e industria, aínda que algúns trazos concretos de actuación poidan ser discutibles.

O que vostede denomina "reivindicación da autonomía/independencia" está moi claro porque un dos obxectivos do BNG é conseguir un novo Estatuto que implique maior autogoberno, con máis competencias e mellor financiación.

Onde penso que se encontran as maiores eivas e deficiencias da acción de goberno nacionalista é, xustamente, na área de cultura. Aquí está, sen dúbida, moi por debaixo do aprobado.

Isto visto en termos xerais.

Marcos Valcárcel López dijo...

SUbscribo na súa maior parte as argumentacións de Apicultor neste fío. E non son sospeitoso de ser antibeirista, supoño (aínda que non me teña que definir tampouco como beirista).

Anónimo dijo...

concordo coas apreciacions de apicultor, está moi atinado. En Galizaesta bem que se fale e se berre muito, mas fam falta posibilistas no nazonalismo. o papel que está a jogar Quintana alguem o tem que fazer. O bloque ou um partido semlhante tem que estar no poder, e há que adaptarse o mundo que é, não o virtual, para chegar onde se quere chegar. Os sectores estratéxicos, o idioma etc. ademais um partido chega um momento em que tem como se di tocar poder, não por dar de comer os seus, não, senom que nacesita estar na realidade é xestionar, é quando o cidadão verão realmente como é.
Dame igoal que sexa o bloque, agora mesmo é o único que pode estar, mas e necesario um partido con esa ideoloxia com avales para gobernar, que na administraciom haxa non só gente dum cor, como até agora, e isso sim que foi malo para galiza. podese pensar no que se queira, mas termos uma perna no chão é bom.
xa vai o grifon no vento, o amor ao pais tem muitas formas .

Anónimo dijo...

Léoos todos os días e, desde tal posición, seguirei con ben interese este fío prometedor. Déixolles a miña pobre conclusión a teor das mensaxes: en efecto (e con matices departamentais), o bloque está a saír razoablemente do seu primeiro brete na gran gobernación; pero a ver quen convence ao seu electorado (ou ex-?).

Dito doutro modo: confirman o da lexislatura 99-03, cando lle taparan a boca ao Francisco Vázquez que despectivamente valorara a capacidade nacionalista para xestionar concellos urbanos; pero xa volve o Ferrín, un fío máis arriba, reincidindo no monotema: dádenos algo sen demostrar nada.

Váialles ben.

Anónimo dijo...

A min gustaríame ver un BNG

- "centrado" nas "posibilidades" de Galicia, e non nese "posibilismo" do que fala o contertulio "reis". Xa saben: o posibilismo de "hoxe déitome con uns e mañá con outros"

- que fose atrevido na busca de solucións para os problemas, e non dependese tanto do que dirán os votantes ou do facerse querer por uns e doutros (prensa incluída).

- que dependense menos dos "constrinximentos que impoñen as regras institucionais e a realidade social" (apicultor) e que transformase activamente esa realidade e ese marco político.

A lista de cousas que prometeron facer e non están a cumprir é longuísima. Están a conservar o peor do modelo Fraga. Non saben atender prioridades nun país que tería que gastar os escasos recursos públicos con máis tino. Isto nótase especialmente nos concellos.

Hai que reinventarse. Que atraian inversións que non esquilmen os recursos e lixen o medio ambiente. O turismo de masas ou as empresas extractivas e contaminantes non son a solución. Que copien os modelos que funcionaron noutros países (Irlanda). Racionalizar os concellos (uníndoos) e rematar coas deputacións. Investir en educación (=algo non rentable en votos pero positivo para o país a longo prazo) e menos en autoestradas que conecten polígonos industriais valeiros (=rentable en votos a curto prazo). Acabar coas subvencións no mundo da cultura/prensa que non redunden en beneficio para os galegos. Profundizar na democracia do día a día e non na trangallada electoral que montan cada catro anos.

Para todo isto requírse coraxe, unha visión medianamente de esquerdas (sen radicalismos nin venderse barato aos outros partidos) e pensar no futuro.

Anónimo dijo...

Abeirando agora os seus xuízos de valor, parte dos cales, na miña falible opinión, carecen de apoiatura empírica, ao anterior anónimo esquecéuselle dar cumprida resposta a algo fundamental: como se pode facer todo iso e con que medios? Coido que algúns aínda non se decataron de que a forza electoral, parlamentaria e de goberno do BNG é a que é: non ten maioría absoluta! E aínda téndoa...

Anónimo dijo...

Por poñer un exemplo. Desexa o amigo anónimo que o BNG “dependense menos dos "constrinximentos que impoñen as regras institucionais e a realidade social" (apicultor) e que transformase activamente esa realidade e ese marco político”.

Vexamos algúns casos prácticos.

O BNG postula un Novo Estatuto de Nación para Galicia, que desde logo suporía en boa medida esa “transformación activa” que reclama o anónimo. Agora ben, para iso fai falta unha negociación e un acordo das tres forzas parlamentarias. Como se pode conseguir se unha das partes de nega? Ten o BNG medios para obrigala? Non.

O BNG quere crear unha rede de servizos sociais amplos e de calidade por toda Galicia, algo que redundaría moi positivamente no benestar dos galegos. Pero implementalos depende, sobre todo, de ter unha acaída financiación, e esta é a que é. Que pode facer o BNG? Ir xunto Solbes e soltarlle unhas labazadas? Pois vai ver que non.

Isto é, guste ou non, está limitado polos "constrinximentos que impoñen as regras institucionais e a realidade social". Algo que, polo demais, lle pasa a todos os partidos que están no goberno en calquera democracia madura. A plena discrecionalidade para facer o que lles dea a gaña só a teñen os ditadores. E non é ese o noso caso.

lourixe dijo...

Non meto todas as consellerías no mesmo saco, porque hai algunha que, con poucos medios e moita oposición, foi quen de vencer paseniñamente as inercias e resistencias iniciais e comeza a verse algún resultado (véxase p.e. Medio Rural). Pero hai outras que non teñen perdón de Deus: enchufismo, caciquismo e feudalismo peor que nunca! E non é por falta de cartos, porque seguen a guindalos á mans cheas na Cidade da (in)Cultura. No bacharelato estudei que un signo dos países do terceiro mundo eran os edificios oficiais ostentosos mentres seguen sen se cubriren as necesidades básicas da poboación.

Anónimo dijo...

Por favor, alguén pode explicar o archifamoso caso de Irlanda, espello onde deberiamos mirarnos, segundo todo o mundo? Está tan extendida a especie de que se trata dun país modélico (e fácilmente imitable) que non son capaz de litigar. E teño as miñas moitas dúbidas.

Anónimo dijo...

Ao Apicultor, que se refire a min como "o amigo anónimo": non teño ningunha intención de selo (amigo seu).

Para Arume dos Piñeiros: o caso irlandés é moi simple. Priorizaron o investimento en educación sobre o gasto en infraestruturas e obras faraónicas. Promocionaron a inversión estranxeira en industrias non necesariamente extractivas (informática, industria química). Os impostos sobre as empresas son os máis baixos de Europa. Reciben moita inmigración: xa non son obra de man barata en Inglaterra ou nos EE.UU. Non se educa aos universitarios para facer unha oposición mediante carreiras inútiles, repetidas en dezasete campus, senón para buscarse a vida doutro xeito. Non escarallaron a paisaxe, de tal maneira que o turismo alí ten futuro. Inveestiron axeitadamente as axudas europeas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pero cre que todas esas condicións poden ser explicables sen termos en conta a presencia dos EE.UU como principal país portador de capital a Irlanda, cun nivel de impostos baixísimos, case unha zona franca, para a informática ou para as industrias farmacéuticas, e co idioma inglés como principal aliado?
E teño entendido que a construcción tamén foi en Irlanda un motor de crecemento, aínda que agora mesmo tamén está en franco retroceso. E sobre o da universidade, nada que obxectar.
Unha boa explicación sobre o medre de Irlanda pode atoparse en
Ireland.

Anónimo dijo...

Era unha simple fórmula de cortesía, señor Anónimo (podo chamalo señor?). Teño amigos de abondo, así que non me preocupa ter un máis.

Pero indo ao máis importante: vexo que está a fuxir do debate. E iso é indicativo de moitas cousas.

Que teña boa noite.

Anónimo dijo...

Un artigo sobre dous xornalistas moi atentos ás "regras institucionais e a realidade social"


José Luís Sucasas
A propósito de Steiner
14:00 16/09/2008
(VIeiros)

La Voz de la Esquina Noroeste de España –abreviadamente, La Voz– é un xornal, mais non só. Ben o aclara o seu propietario na declaración de principios da institución FSRFL que el preside, aínda de vivo: "O periodismo non se resume nunha actividade literaria mais ou menos brillante. O verdadeiro periodismo constrúe comunidades fortes e integradas." E neso é no que están, o mesmo os da Voz de Caneiro, ca os do Faro de Ferrín, os do Correo de Mella e os do Progreso de Jaureguízar. Pero falo da Voz por ser o líder dese pelotón.

Anda La Voz a construír unha Esquina Noroeste forte e integrada, moderna, multicultural, recollendo as cousas boas do noso acervo, basicamente comidas e vistas, e proxectándoas cara o infinito e máis alá. Unha Esquina Noroeste ben entendida e como debe ser, que diría miña nai. E para tamaña empresa conta con dúas espadas cualificadas: don Luis Windy e don Luis White, a The Luis’ Band. Ninguén coma eles para guiar os galegos –mais propiamente coñecidos coma “os esquinados” – cara un futuro chupiguai.

No seu fondo o paradigma luisino descansa nun único principio: progreso antes que identidade. E dan por sentado que ámbalas dúas cousas constitúen un xogo de suma cero: o que lle quitas a unha, á outra engádesllo. Por eso, canta menos identidade mais progreso. Cada euro que invistes no fortalecemento da identidade, é un euro que lle estás restando ó progreso, e viceversa. O noso único auténtico sinal de identidade, a lingua “vernácula”, pertence ó pasado, ó atraso, á pobreza, ó mundo rural. En castelán fala o presente democrático, as autoestradas, o AVE, o mundo urbano. O inglés representa o futuro, o american way of life, a fartura infinita, o mundo sideral.

En canto á forma, o paradigma é todo un compendio de talante e boas maneiras. Por suposto nada que ver coas ardentías de Federico J. Losantos et.al. Se estes son coma unha perrasca de augardente co estómago baleiro, The Luis’ Band é mais ben coma unha clara ou un tinto de verán, alcol rebaixado que entra sen esforzo en calquera tipo de corpo. A diferenza dos primeiros, que buscan fieis e para eles falan e escriben, os segundos falan 'urbi et orbe' para todo aquel que teña orellas. E non insultan, senón que reprenden; nin din “hai que”, senón “sería bo que”; nin buscan o corpo a corpo, mais ben mátanas calando ou coma no chiste de Gila, deteñen o asasino con indirectas. Os luisinos nunca van ir contra o galego de fronte. Eso faino Losantos, pero eles non, nunca. Saben que non dar aprezo é o maior desprezo, así que ignórano por completo –non utilizándoo- ou meten palabras soltas no seu discurso castelán. Neste último caso cunha perversión engadida, xa que usan palabras inglesas para termos científico-tecnolóxicos, latíns para presumir de formación humanista e palabras galegas para facer o chiste.

Por certo, ía falar de Steinner, pero entre que non sei quen é e que teño a casa sen varrer, pois...eso.

Anónimo dijo...

caro anónimo das 7,42,
vostede sim que é um posibilista, estou com vostede no que di, quizais vostede acha que isso pode-se fazer assim sem mais, haberá que vêr como se fai, non só berrando, fazendo uma política posivel.