Cando os xirasoles se murchaban
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 16-9-08
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 16-9-08
(a foto de Martiño Rivas vai dedicada ás posibles lectoras mozas, que algunha haberá...)
O outro día fun ver, claro, ‘Los girasoles ciegos’. Eu, coma todos, buscaba nos extras e figurantes a coñecidos. E coma todos, non vin a ningún. Entre Salvador -Raul Arévalo-, Maribel Verdú e Cámara enchen a pantalla. Só por xenerosidade e simpatía dese ourensán que é Cuerda xa -pode ir escollendo entre Corda ou Sedeño- grazas a el, a cidade aparece como fermoso telón de fondo, incluso co inhabitual detalle de sinalar explicitamente a localización nun texto ao comezo.E logo do cine, cunha cervexa na terraza sobre o río, xulguei a presenza do Cara al Sol no filme excesiva, e pensei nas veces que eu o cantara. Bastantes, por certo. Creo que os nacidos en 1960 e incluso algúns dos anos inmediatamente seguintes que estudamos no Curros Enríquez fomos os últimos en entoalo de forma regular. (...)
O artigo completo

11 comentarios:
Non lle é o mesmo "corda" que "sedeño", cabaleiro Monxardín. As "cordas", de pequena lonxitude, usábanse na aldea habitualmente pra atar o gando. Tiñan nudos específicos pra cada animal e pra cada situación. O "sedeño" era a corda ,longa e moi resistente,có uso específico de "atar o carro"( atar a carga ao carro). Tiña unha forma concreta de ser recollido, anque se decía "ENCOLLER o sedeño". A expresión "non sabe nin encoller un sedeño" era o equivalente aldeano a "non sabe facer a o cun canuto".
Eu tamén estudéi nese colexio, Monxardín, pero nuha daquelas aulas separadas do edifico principal. Pero non cantei nunca o cara ó sol nin nada parecido. Terá que ver có feito de que o meu mestre naquela época era o sogro do actual subdelegado do goberno en Ourense.
Marcos, nos tempos que corren, a foto mellor dedicala ás mozas que entren no blog e tamén ós mozos que entran no blog, que de todo hai, alabado sexa Deus por esa libérrima natureza, amén.
E supoño que tamén aos/ás non tan mozos/as.
Di Marcos: a foto de Martiño Rivas vai dedicada ás posibles lectoras mozas, que algunha haberá...
Chamádelle parafilia... ;-) A min faime máis "tilín" o seu papá!
Xa sei, sr. xdc que non é mesmo "corda" que "sedeño", pero era unha bromiña por tanto gabar ourense.
Se estudou naquelas aulas separadas non naceu vostede en 1960Naquel recuncho había un muriño baixo de granito que pechaba un lugar onde se botaba o cisco. O edificio separado debe ser máis novo. Cando eu marchei de alí, en 1970, creo, aínda non o había.
Mon Jardin. O tipo de neghro que recolle a carta que entrega a Verdú para o director sonno eu. O p. lobo, só teño de branco o dos ollos e o alzacuellos.
Tamén a calva é esbrancuxada.
Moito lles pedín que ma maquillaran porque os focos fan que blanquexe e destaque en demasía.
Tiña eu xa a experiencia na "depuración" de republicanos na língua das bolboretas. Só me blanquexa a calva su dunha farola.
A miña dona aparece de "ganchete" con un militar na praza do trigo cando os rapaces deciden "ir ó cine". Tamén se distingue o meu fillo na terceira fila de nenos que cantan a internacional, e xogando á pelota, ( menos evidente ).
"Moza" depende, "lectora", seguro. Ainda que eu, como Lourixe, prefiro o seu papá. Un saúdo.
pOIS NON TE COÑECIN...
o LOBO NON ARREGAÑOU OS DENTES...
Admitida a matización de Chesi. E graciñas polo seu agasallo no Liceo: Non tiña esa revista, pero si oira falar dela.
MARCOS: SE che interesa a revista podo facilitarte o número 1 tamén. Así terás a colección completa, perdón, incompleta, eses dous números. Eu acumulo papeis demáis e logo nin sei onde os puxen, como aquela outra revista da que che falei e que sigo sen atopar. Por certo, hoxe no Liceo (rapado por parte do perrueiro) vin a exposición (un tanto caótica) de Oliveira Guerra do que eu non sabía nada. ¿Podes facer unha entrada somera no blog e darnos algú dato máis dese escritor portugués tan vencellado a Galicia? Gracias.
Publicar un comentario