24 sept. 2008


Fobia á Memoria
Andoliña 24-9-08

A película de Cuerda, Os xirasoles cegos, resucitou un debate cultural que vén de vello. Refírome ás posicións que non xulgan a calidade da película, discutible como todo, senón a escolla dun tema relacionado coa guerra civil. Así, insisten algunhas voces no repetitivo da trama argumental, posición un tanto sorprendente. Primeiro, porque crítica e público recibiron ben historias sobre a guerra española como “Ay, Carmela”, de Saura; “As bicicletas non son para o verán”, de Chávarri; ou “A lingua das bolboretas”, de Cuerda e Rivas.
En segundo lugar, non é esa trama argumental a que define a oportunidade dunha película calquera. Cantas veces nos contaron a historia dos Estados Unidos no cine clásico a través do western? Cantas adaptacións literarias de Jane Austen e doutros autores nos levaron unha e outra vez ata o século XVIII en Inglaterra ou en Francia, en boas películas polo xeral? Ninguén protestou por iso. Así pois, a xenreira contra o subxénero da guerra civil só se entende se se pensa que a nosa historia máis achegada é secundaria e non merece ser levada ó cine. Ou, outra posible razón, se se padece unha curiosa fobia á Memoria.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

No meu caso non é fobia á memoria. É simplemente que paso olimpicamente do cine español pagado cos meus impostos, e que o tema da guerra civil (contado case sempre desde puntos de vista maniqueos) xa me cansa. Como se non houbera outros temas que tratar. A mesma xente está a facer a mesma película/novela desde hai 30 anos. Élle o meu punto de vista.

Anónimo dijo...

Un punto de vista un pouco chosco, non?

Anónimo dijo...

Un punto de vista subxectivo, coma o seu. Teña en conta, ademais, que canto máis se fale de Garzón (o que a el lle gusta moito), menos atención lle prestaremos a outros temas "de actualidade" (mira ti). E se non me cre, olle con que noticia abre hoxe a edición dixital de "EL País" e darase conta do que lle digo.

XDC dijo...

Imaxino que a visión maniquea da guerra civil "políticamente correcta" desde fai trinta anos, é o mecanismo sociolóxico de compensación da visión maniquea anterior que duróu coarenta. Débennos quedar outros dez anos pra acadar o equilibrio.

Anónimo dijo...

Querido Marcos:

Estou parcialmente dacordo contigo no tema do subxénero cinematográfico. O que se vota en falta respecto ó tratamento da Guerra Civil española no noso cinema é precisamente ese dobre punto de vista que sí existe no cine USA. Por exemplo, falando do Western, existen interpretacións opostas do mesmo tema como "Centauros do deserto" e "Bailando con lobos"...; na miña opinión ambalasduas obras mestras. Seguindo co cinema español actual, ¿alguén atreveríase a facer unha película sobre os luctuosos feitos que ocurriron en Paracuellos del Jarama? Todalas guerras provocan sufirmento, e sempre sofren os máis débiles...