Toca volver ó día a día e aquí estamos.
Para empezar, recupero algúns artigos de interese das últimas semanas.
O novo Mediterráneo, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 30-8-08)
(...) Pero non aprendemos. E na crise dos Balcáns -nacida da axitación nacionalista primaria coa que vellos beneficiarios do sistema iugoeslavo buscaban oco na historia- durante o exterminio de Sbrenika, os soldados holandeses e franceses dirixiron os ollos á bóla da petanca coa que xogaban e houbo de ser a aviación USA quen parase os pés aos nacionalistas serbios.Hoxe novo capítulo. Unha Europa sen política exterior común promociona, irresponsable, a independencia de Kosovo, e Putín, volatilizados os acordos de inviolabilidade de fronteiras e integridade territorial de Helsinki 1975, esmaga feliz e inmisericorde a ousadía de Xeorxia de recuperar de facto Osetia do Sur. Incluso se permite ameazar a Europea a Polonia -a nosa Polonia da UE, designada como obxectivo militar- e calamos coma petos. ¿Onde vai o progresismo do ‘non á guerra’? ¿Ou é que era só vello antiamericanismo e antisemitismo? Pois eu creolles que gañe Obama -improbable- ou McCain, convén retomar a historia e estreitar lazos dentro do novo Mediterráneo atlántico. Fóra chove. Ou o que é peor, trona.
- Contar a traxedia, de Miguel Anxo Murado (LVG 25-8-2008)
Falo da reporteira que dicía que se ían pedir mostras do «DNI» dous familiares para comprobar as identidades dúas corpos. Falo dá insistencia en referirse a ese corpos como «cadáveres», a expresión menos humana de todas cantas hai para falar dunha vítima, un falecido, un defunto.
Falo do acoso dous micrófonos a familiares para preguntarlles como se sentían, unha pregunta tan banal como cruel. «Están traendovos cadáveres aquí porque hai unha inmensa neveira na que caben todos e así non se descompoñen», dicía un locutor; «vin un ferido tan queimado que pensei que era un negro, pero era un branco», dicía outra; «as caixas negras do avión, que todos coñecemos polas películas de Hollywood», comentaban desde ou estudo, sorrindo. Non trátase de adoptar un xesto compunxido nin de ocultar información, senón de pensar un pouco non que se dei. (...) É certo que é difícil enfrontarse á dor, mesmo á dous demais. Por iso a sociedade inventou lugares comúns («acompáñote non sentimento») para permitir mostrar solidariedade sen meter a patas. Ou xornalismo ten que aprender dese vello tacto popular e comprender que a dor é unha substancia que hai que manexar con coidado, porque queima coma ou lume e é fráxil coma ou cristal.
- Las tonterías de Steiner, de J.M. Ponte (Faro Vigo 26-8-08)
34 comentarios:
Creo que a inclusión dun extraordinario comentario de Arturo Casas ao respecto do chamado "Caso Steiner" convertido en "Caso nós" no blog de O levantador de minas e levado ao blog de Brétemas resulta esencial para o debate sobre o asunto.
Graciñas pola información, Arume, aínda non vira esa entrada en Brétemas e, nun primeiro vistazo, parece moi interesante o artigo de Arturo Casas.
Moi interesante o texto de Arturo Casas: pon o dedo na chaga de moitas cousas.
Mais, con lin nalgún outro blog, desde o plano institucional algúns entenden a proxección internacional da cultura galega con ir a Cuba. O cal non estaría mal de todo se antes estivesen ben feitos os deberes alí onde cómpre facelos. Suspenso.
Interesante si pero longo de mais...a síntese non é algo acaído co profesariado, seica...
Unha cousa é a síntese e outra a lonxitude. Pode un ser extenso e sintético e breve e analítico. Arturo Casas, unha das persoas máis intelixentes que coñezo, pode darlle a todo sen problema algún. Seguro (seino) que visita este blog e, se ten tempo, fai unha síntese brevérrima para poñer de lapidario para o SLG.
"Brevérrima", Arume. Nótase que liches a última de Caneiro, non precisamente "brevérrima", e que che gustou.
Ben por Arturo, e como dí o APC poderíamolo pór de leitura obrigatoria.
Pois que saiba o famoso Steiner que a nosa cultura é tan ortodoxa que imos ter Academia Pontificia propia, como anunciou alguén (o benquerido Almiral Mouchez?) na arroutada.
Négome a crer que teña mediado o Embaixador do Estado Español na Santa Sé...
Eu entrei hai pouco no blog de Caneiro, dinlle un par de olladas o de Jaureguizar, fuchiquei no de días estranhos e tiven a curiosidade de petiscar no de levantador de minas. A cousa está que arde. Pero non lin a de Caneiro.
As palabras de Arturo Casas, axeitadas e precisas. Chapeau.
A reacción do Pen Club creo que sobre todo non é útil pró país.
Por certo, fun un par de veces a Pontevedra desde Ourense nos últimos días e quedei pampo porque xusto onda Pedre hai un puticlub ten un grande letreiro vermello, cuns morros e on nome do local: PEN-CLUB. Certo que botei unha risa cando o vin.
Se algúen pasa por alí, sería simpático.
De verdá que non se preocupen. Mando levar a un gulag de Siberia a -40ºC ó tal Steiner, e asunto concluído.
vostede Beria fala moito pero non fai nada; non quedamos que nos ía librar do Touriño despois do verán.Se houbo algún atranco e podemósllo solventar, só ten que comunicalo.
Amigo Delapierre, seica pasou vostede as vacacións pertísimo, case ao lado, porta con porta do presidente. Como non o deu convencido?
Hai con determinada xente que me teñen prohibido ter relación.
E aínda que quixera non saía do cubil máis que para un paseiño periodistico por Balea, visita co seu -de vostede- amigo Cacabelos os furanchos da zona, e cea en Sanxenxo ca jet.
O Naútico de Pedras Negras veu varias veces cear privadamente ca familia, e agora en serio nin se nota que está o que é de agradecer.
Eu tamén me teño rido có local de alterne que di o Etxe.
Fun durante anos lector de Steiner. Admirábame del a súa inmensa cultura, a súa enorme sensibilidade lectora e o seu desprexuizado punto de vista, sempre alleo, cando non hostil, á faramalla dos críticos que nada engaden, senón xiria, á comprensión do texto. O seu libro "Presencias reais" paréceme que figura entre os mellores ensaios xamáis escritos, e anque non comparto o seu aristocraticismo un chisco snob e sabichón, comparto con matices a súa defensa dun núcleo textual de sentido resistente a calquer intento de reducción ou deconstrucción. Pero, despois dalgún tempo, a súa lectura comezou a producirme unha certa incomodidade. Semella como se por tras das súas continuas denuncias da iniquidade en abstracto (nunca unha denuncia dun mal en concreto) se escondese alguén que necesita que o Mal exista para erixirse no seu grande develador. Tampouco nunca compartín esa tallante separación entre “alta cultura” e “cultura de masas” da que é o gran adalide, entre outras razón porque considero que a cultura -alta ou baixa, aristocrática ou plebeia- deixa as cousas (o mundo, a opresión, a desigualdade, a miseria) como están, é dicir, mal. Por iso non me sorprenderon as súas declaracións a J. Cruz. Pois para o refinadísimo Zeus tonante da crítica non existe maís cultura que a letrada (é insensible ao concepto socioantropolóxico de cultura), distinguindo dentro desta unha gradación que se extende dende a europea até a americana do Norte, entre as cales a Galicia lle toca unha posición –segundo os seus parámetros- exótica e marxinal. E esto é así porque, como refinado recitador do mantra universalista, unha cultura merece ser chamada tal cando posúe un caudal de autores traducidos ás linguas empiricamente “superiores”, esas linguas que vehicularon aos persoaxes de Ofelia e de Hamlet, de Hans Castorp e de Emma Bovary, de Zuckerman e de Sartoris, as mesmas linguas que –como sinala atinadamente A. Casas- tiveron a ben traducilo a el. De nada vale que Piñeiro e Fernández de la Vega traducisen a Heidegger abrindo un camiño que abranguería a Homero e a Shakespeare, a Badiou e a Plauto, a Flaubert e a Paul Auster. E non porque se deban facer moitas máis traduccións. Non. A cultura galega entrará por fin no campo das produccións colectivas respetables cando se traduza a G. Steiner. Lendo estas declaracións do grande aduaneiro do canon, un sinte ganas de darlle a razón aos partidarios do autodeterminación estética nacional, ou ao que é o mesmo, do Sistema Literario Galego.
Sr. XDC
Pois eu mandeille a foto do puticlub a Marcos, a ver se a sube.
Non é boa pero ía no coche e disparei co móbil a cento e pico baixando. Menos mal que non me espetei
Afortunado comentario señor Morrinson. Para min que este suceso Cruz-Steiner hai que usalo de espello roto para mellorar a nosa imaxe no mundo, para introxectala na nosa identidade.
Sí, porque está precisamente á man esquerda , no medio dunha curva á dereita e ao final dunha costa abaixo, vindo pra Ourense.
Non sei se o poden multar os de tráfico por sacar fotos peligrosas en marcha. Anque nese sitio nunca os vin, imaxino que pra non dañar a reputación do "Cuerpo". Están moito en Vichocuntín i en Cerdedo.
Para Etxe (E para todos/As).
Digamos que tiven que autocensurar a foto. Por varias razóns. (1) Porque neste país hai pouco sentido do humor, creo. (2) Para evitar males maiores...
Boeno
Pois non me digan que este cartel non se parece bastante ao rótulo do devandito local:PREMER.
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
CADERNO ABERTO Unha política literaria internacionalista
GALICIA HOXE, 3-9-2008
Estándomos nos estudos da TV cubana en La Habana, Wole Soyinka -unha persoa tímida e reservada, todo hai que dicilo- preguntoume, en perfecto francés, sobre Galicia -a "terra verde" que el coñecera tempo atrás-, e durante uns minutos intercambiamos algunhas frases sobre a importancia da presenza da literatura galega en América, referíndome eu a Blanco-Amor, a Dieste e a Luís Seoane, de xeito principal. Acontecía isto na segunda semana do mes de febreiro de 2007 e eu acabei por lle dicir ao poeta e dramaturgo nixeriano que, moi posibelmente -¿para que está a intuición?-, ao ano seguinte, no 2008, Galicia sería o País convidado na Feira Internacional do Libro de La Habana. E acertei. O premio Nobel Wole Soyinka estivera no noso país no ano 2001 convidado polo PEN Clube de Galicia, que fora quen de organizar en Santiago de Compostela, con patrocinio da Unesco, a II Edición do World Poetry Day. Nesta Edición do WPD -a primeira celebrárase en Delfos (Grecia)- tamén estivera na nosa cidade máis universal outro Nobel, Derek Walkott, xunto a 150 poetas chegados de todo o mundo, entre eles figuras tan recoñecidas como Eugenio de Andrade, Charles Thomlinson e Homero Aridjis, entre outros. Mais o PEN Clube de Galicia, dirixido por Luís González Tosar, xa organizara no ano 1993, tamén en Compostela, o 60º Congreso Internacional do PEN, con presenzas tan importantes naquela altura como as de Jorge Amado, Margaret Atwood, José Saramago e Salman Rushdie. E poderiamos seguir. Porque o PEN Clube de Galicia, que instituíu no ano 1996 os Premios Rosalía de Castro, premiou e trouxo á nosa fisterra a Antonio Lobo Antunes, Sophia de Mello, Pere Gimferrer, Ernesto Sábato, Rubem Fonseca, Isabel Allende e Álvaro Mutis, por darmos agora só sete nomes de indiscutíbel altura internacional. Velaquí, en síntese, como unha entidade privada pode levar a cabo unha interesante política literaria internacionalista. Para que nos coñezan. Para que nos teñan presentes. Mais seguiremos co tema, porque é moito máis amplo.
"Para que nos coñezan. Para que nos teñan presentes".
Se daquela invitaran a Steiner...
aí lle doe, ApC, aí lle doe.
Se Luis G. Tosar declara que aínda non se reuniu a xunta directiva do PEN, quen, logo, escribiu o comunicado do PEN de Galicia que transcribo a continuación?
Que o ignorante atrevimento do vedraio intelectual, nado en París en 1929, nas súa afirmación sobre "la obrigatoriedad de hablar en gallego en una universidad de España" e o seu desprezo pola literatura galega, comparándoa pexorativamente coa catalá, puido ser remediado, perfectamente, polo entrevistador.
Juan Cruz, máis que entrevistador coautor de Yo intento fracasar mejor mejor, non é un octoxenario desinformado. Este escritor canario coñece a existencia e a traxectoria da literatura galega, trata directamente a varios autores actuais, non se lle escapan nomes como o de Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Eduardo Blanco-Amor, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares, Alfredo Conde... e ten participado en numerosas actividades literarias en Galicia, a última nas Xornadas de Mariñán, organizadas pola Fundación "Carlos Casares", do 4 ao 7 de xuño pasado.
Non cabe dúbida ningunha de de Juan Cruz aproveitou as declaracións de George Steiner para botar leña ao lume na actual situación lingüística e literaria no Estado das Autonomías, co "Manifiesto por la lengua común" como telón de fondo. Pouco lle debemos agradecer a partir de agora, ao simpático e poderoso novelista, que acostuma a festexar os "chistes de gallegos", os que loitamos, día a día, en Galicia e nos foros internacionais, pola pervivencia da literatura de noso.
A miña pregunta ven deste comentario extraido do Galiza hoxe
O PEN non se reunirá até a semana próxima
O presidente do PEN Clube de Galicia, Luís González Tosar, adiou até a semana próxima a reunión da xunta directiva do colectivo que, en principio, anunciara para "hoxe ou para mañá". Segundo Tosar, era "demsiado precipitado" convocar a reunión cando "a maioría da xente está chegando de vacacións".
O presidente do PEN negou tamén que esa reunión se convocase exclusivamente para tratar a polémica que estes días se desatou entre a asociación e o escritor Juan Cruz. Tras a publicación dun comunicado do PEN onde se criticaban as palabras despectivas de George Steiner sobre o galego nunha entrevista de Juan Cruz, o escritor canario esixiu desculpas públicas da asociación porque consideraba que, en certo modo, se lle responsabilizaba das palabras do crítico e teórico literario británico.
Para Arume dos Piñeiros:
Se vostede lera TODO (e ben), non só por partes, daríase conta de que a reunión da que se fala non foi para redactar o cumunicado, senón para tratar o asunto da polémica creada polo comunicado. Ou insinúa vostede que o comunicado foi feito sen consulta previa? Por certo, moi interesante o artigo de Anxo Tarrío en GH 3.09.08.
E, falando de desinformados e falabaratos, que me din do "acordo/desacordo" de Alfredo Conde?? Nun primeiro artigo, pon a parir a todo deus e, ao día seguinte, apelando á súa desinformación total e absoluta, á non lectura (que non o cre nin el) da entrevista de El País, bótalle unha de xabrón polas costas a Juan Cruz impresionante. Vaia, vaia... co poder de PRISA!!!
Claro. Eso digo eu: non houbo reunión para redactar o comunicado. Eso quero dicir. Ou sexa: que alguén redactou o comunicado sen reunión (dise que moitos deles estaban de vacacións). Ou sexa que a xunta directiva non redactou o comunicado. Non sei se é práctica habitual, pero non foi a xunta directiva quen redactou o comunicado. Vostede mesmo tamén o di.
Non sei se podo ser máis claro. Pero ler leo todo. E o que é peor: tendo a entendelo. Teño ese mal costume.
Non oh, non.... vostede non leu, e menos entendeu. Onde pon que a xunta directiva non se reuniu para redactar? É vostede tan perspicaz que, porque na nota se di que se agardará a que todo o mundo veña de vacacións, pensa que a declaración non se fixo co beneplácito da xunta directiva???
Sabía vostede que para estes casos o teléfono (e outros medios) é tamén válido, e que para facer un comunicado non é necesario convocar reunión dunha xunta directiva?? Dígollo eu, que son membro de varias asociacións. Non lle saque máis punta a tonterías... e non sexa tan bo leitor que lé cousas que non están escritas. E, por favor, non poña palabras que eu non dixen na miña boca, e non interprete a vontade, que non escribo en arameo. Polémicas as que queira, do resto o menos posible.
xa che vale, Arume, ta calao
Amigo x.l.m., antes anónimo: por min queda aclarado todo con esta precisión e ise detalle con que explica o proceso de reunión de xunta directiva e elaboración de comunicado e espero que para os membros do PEN tamén, que son os verdadeiramente interesados en que esta cuestión quede clara portas adentro. Non quero pensar que alguén se desmarque porque non se seguiu o procedemento habitual de consulta para a elaboración do comunicado. Se todos conformes, como comprenderá a min tanto me ten.
Vostede, ao revés ca min, que non leo nin entendo ben, le e entende moi ben o que eu escribín, porque tanta explicación non era pedida.
Tanta susceptibilidade por parte do amigo X.I.M. dá que pensar, e non precisamente ben.
Chégame unha mensaxe que di:
"Hoxe confirmei que os da xunta directiva do PEN clube están molestísimos con LGT por escribir pola súa conta o comunicado".
Vindes todos fortes e luminosos, rairo.
Para dacoba. Fai dez anos descubrin o que era un motel porque se me avariou o carro frente ó "Venecia". Fun pedir auxilio pensando que no soto había unha cafetería. Non tal. Chamaron a un taxi a ourense, eu quería que fose un de Taboadela por aforrar. O taxi foi baratísimo, mil pelas, seis euros, porque pertenecía a unha rede que facía aquel traxecto con "moita frecuencia". Contoume anécdotas xugosísimas, alén de desvelarme que necesidades satisfacía ese neghocio.
Unha das anécdotas é que a garda cerril de tráfico asentábase naquel lugar para esculcar quenes entraban e saían. Denunciounos o dono e gañou. A garda cerril non pode estar cerca das entradas deses negocios, molestan e perturban.
Alén diso e sabido que o lugar onde se asentan os radares está publicado no BOE, non facelo sería "traizón", non sei como se dí eso en linguaxe de avogados. Poden asesorarnos os homes de leises que por eiquí andan.
Publicar un comentario