13 sept 2008


Viaxe no tempo
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 13-9-08
(a foto do Parque de San Lázaro procede da web fotografiasdegalicia.com, e vai dedicada, se mo permite, a Chesi)

Uns científicos israelís construíron un modelo teórico polo cal seica sería posible viaxar no tempo, pero con limitacións. Ou sexa que só se podería ir ao futuro ou para atrás desde o futuro ata o momento de construción da máquina. Moi complicado parece todo, pero quen nos ía dicir hai trinta anos que queceriamos o leite dentro da cunca nun aparello con aparencia de televisor no que non habería lume, que o televisor parecería un cadro no salón ou que mocosos de 10 anos andarían con teléfono encima. Vai ti ver o que, con sorte, veremos.Pois como é difícil viaxar no tempo máis alá dese desprazamento lento e inercial que vai arrincando as follas do calendario sempre no mesmo sentido e que nos vai adornando pouco a pouco con cicatrices de vida, pois como é moi difícil, á xente dálle por viaxar no espazo, ir dun lugar a outro a coñecer paisaxes, xentes e cidades.Claro que se non nos movemos dun sitio, poñamos o Parque de San Lázaro, ese desprazamento lento vai facendo que cambiemos tamén de cidade e podemos viaxar no tempo de memoria coa propia ou coa pres tada. Podíamos, pero non é cousa, achegarnos ao século XII no que había unha leprosería cunha capela no comezo de Bedoya e un grande espazo por onde vagaban os lazarados. Ou achegarse a fins do XIX en que ao abrir Bedoya e chimpar a vella capela, o concello constrúe unha nova na esquina oposta. Podiamos pensar en 1911 en que a apertura da travesía cara á proxectada nova ponte esgaza o campo da feira en dúas metadas (ao leste as vacas, ao oeste, con perdón das súas caras, os marraus). Ou voltar ao 1923 en que marcha gando e feira para os Remedios. Ou a 1929 en que, sometida a un proceso de redución como as cabezas dos xíbaros, baixa a Igrexa de San Francisco á súa localización actual. Podiamos pensar en 1948 cando se fai o Goberno Civil, ou 1951 cando Asorey nos deixa o seu Monumento aos Caídos a ver se non lle dá a ninguén por dinamitar o anxo-, ou no tránsito do 50 ao 60 cando marchan as pedras da capela municipal a Peliquín pouco anos antes de erguer a Torre, entre o 1963 e 65, creo.Pero non é preciso tanto. Chega para esta viaxe ter máis de cincuenta anos anos e ter saudades do Bar Azul. Ou para xente aínda máis nova, lembrar o Alaska cos seus entrañables camareros e centro da nosa mocidade que daquela tiña oculto tras das chapas de madeira o valiosísimo mural de Quesada, restaurado eficazmente non hai tanto. Chega para ese percorrido moverse polas lembranzas iniciáticas da discoteca 3A, ou pensar no ‘Paxaro’ sentado na entrada do Dímax xogando ás cartas e charlando consigo mesmo a dúas voces. Ou pensar no Bar da Sindical... Ou na penultima grande puñalada, a desaparición da Confitería Ramos... E se collemos polo Paseo... acabo por maldicir a nosa historia. ¿Por que nos fan isto? ¿Cando lle demos nós as costas? ¿Cando deixou o público de encher o Miño, o Cortijo, o Alaska, a Ramos, o Hotel Parque? Se cadra ten que ser así a cousa. Pero dáme a impresión de que se non somos capaces de establecer tránsitos no de cada un de nós, debemos reinventar a cidade a cada xeración. E en en vez de sumar, subsituímos. O Latino, o Real, o Miudiño,o Moucho... demostran que o sabemos facer. Pero Ibense, por favor, ti resiste. Ti es o que nos queda de antes. Parte da nosa alma

38 comentarios:

Anónimo dijo...

Como? Que seica vai pechar ese local (La Ibense) onde acredito que poñen os mellores batidos de turrón do mundo enteiro (e non esaxero nada)? Vano permitir os ourensáns?

Anónimo dijo...

Gracias, Afonso. Acepto dedicatoria e pasado. Hai que asumir o que un foi malia que lle pese ou foda, segundo o tipo de literatura que ún faga. Leín esta mañá o artigo no xornal e a verdade é que leo os teus, os do Marcos e poucos máis (certo: as esquelas). Apicultor di que resiste A Ibense pero ata cando. ¡Xelados e batidos para esquecer o mundo ou mergullarse nel a cachón, cona! Pasa o tempo tan hamilton que xa Anyan é o local máis antigo tendo en conta que Gaimola non é Gaimola. Eu creo que todo empezou a morrer cando sustituiron a terra do parque polo cemento. Eso e cando O Espinita deixou de vender no seu carrito os "estrallantes" e demáis mercadoría terrorista-alimentaria e a Rosiña desapareceu con seu outro negocio de "nubes" e produtos que non nos envenenaron pero que se hoxe caen en máns de Sanidade seguro que lles custa máis os coitados do que lle vai custar a Toni Vicente. Hai que intoxicar pero con clase, cobrando como deus manda. Se ún envenena por 1 euro, cae, fixo; se envenena por cen/comensal, seguro que tén relacións dabondo para sair indemne. Síntoo: deixeime levar polo escroto en vez de polo cerebro. De novo, garcias.

Anónimo dijo...

Graciñas Chesi. Graciñas por ler as notas volandeiras que mando ao xornal para descansar un pouco do traballo de non atreverme escribir... En fin, graciñas e fago miña tamén, claro,por suposto feliz e encantado, a dedicatoria do artigo feita polo amo da casa, ou sexa polo noso común Marcos Valcárcel López.

Anónimo dijo...

E a teleportación.... "sabemos desde finais do noso século, o XX que é posible. A transmisión instantánea de información entre dous lugares, sen necesidade dun transporte físico. Demostrouse xa experimentalmente por parte de dous equipos científicos.
No ano 1997 xa se publicara un artigo en Nature ó respecto. Unes científicos demostraron que era posible transmitir información entre dous fotóns de maneira instantánea e sen inportar a distancia.Aghora,outros dous grupos de científicos acaban de conseguir a teleportación de partículas máis complexas: átomos de calcio e berilio.........O que non se sabe e se será posible nun futuro a teleportación de organismos complexos...de momento as partículas teletransportadas son idénticas ás orixinais nun 75 por cento, o resto da información pérdese por o camiño"....

Tomado dun libro de divulgación de Xurxo Mariño Afonso.

Dr. Etxe, cando esté a teleportación perfeccionada e viaxemos "instantáneamente" a unha illa do pacífico, en caso de fallo, imaxínese vostede que só cheghamos o setenta e cinco por cento de nós mesmos..

À serio. Parece que xa hai unha dúcia longa de artigos en revistas sérias sobre a teleportación.

Anónimo dijo...

De todos xeitos a mín o que máis me interesa é a C.A., comunicación absoluta das formighas. Alén de comunicarse por ferormonas, algo parecido ó cheiro, tamén o fan pondo as súas anteniñas en contacto e descargan a información como se fose dun pen-drive ó ordenador. Eu quería que me metesen os libros así, os películas, directamente no coco.

Lembrades o ghobernador de california, o tal swarzenegher (ou algo parecido) nun filme "implantábanlle recordos", viaxes que nunca fixera tiñaos memorizados. Ou sí os fixera. Porque, que se considera viaxar?.

Anónimo dijo...

"Afinal, a melhor maneira de viajar é sentir.
Sentir tudo de todas as maneiras,
Sentir tudo excessivamente,
Porque todas as coisas são, em verdade excessivas
E toda a realidade é um excesso, uma violêmcia,
Uma alucinação extraordinariamente nítida
Que vivemos todos em comum com a fúria das almas,
O centro para onde tendem as estranhas forças centrífugas
Que são as psiques humanas no seu acordo de sentidos.


Quanto mais eu sinta, quanto mais eu sinta como várias pessoas,
Quanto mais personalidade eu tiver,
Quanto mais intensamente, estridentemente as tiver,
Quanto mais simultaneamente sentir com todas elas,
Quanto mais unificadamente diverso, dispersamente atento,
EStiver, sentir, viver, for,
Mais possuirei a existência total do universo,
Mais completo serei pelo espaço inteiro fora,
Mais análogo serei a Deus, seja ele quen for,
Porque, seja ele quen for, com certeza que é Tudo,
E fora d'Ele há só Ele, e Tudo para Ele é pouco".

................................
................................
................................
"Sursum Corda!.Erguei as almas! Toda Matéria é Espírito...."

Das "poesias" de Álvaro Campos

Anónimo dijo...

Sursum Corda!.
E descansade ben.

Anónimo dijo...

Sinto aínda a puñalada Ramos. Ten razón Chesi, lembro o día que chegei dunha longa estadía fora e me encontrei o Parque vaiado, non volveu a ser o mesmo, convertírono nunha ridícula salita de clase media, cubriron a terra e retiraron aqueles bancos solleiros, mal acimentados no que fúmabamos como Bieito os pitos mentolados e mirabamos e mirabamos, e logo falabamos, fumabamos os primeiros canutos e a acracia convivia con marxista-lenisitas escorados. No parque a cidade hibridizábase, baixabamos dos bairros, subían do fondo da cidade vella, paseaban os bartulos de sky os nenos de papá. Houbo noites completas, con todo o que se pode pedir, co comezo no parque e final no Sil, a primeiras horas da mañá entre periodistas, músicos e apuradores da espoleta
Esas mañáns tan luminosas por Santo Domingo de camiño a Magdalena, sentado nos degraos de Santa María Nai, entre sol e pedra concebindo o tempo fora dun.
Agora o Parque semella un xeriátrico cun xardín infantil incrustado nun dos seus lados, e algúns adolescentes nunha esquina. A corrente da vida da cidade ficou extrangulada baixo o sepultural terrazo.

Anónimo dijo...

Normal que chimparan o Ramos. Os centros as cidades teñen que rematar por ser todos iguáis, "normalizados". Coas mesmas tendas franquiciadas, e na mesma disposición relativa. Qué é eso de que cada unha teña unha persoalidade propia. Normalizasao e organisasao.

Anónimo dijo...

E sei que varios de aqueles bárbaros que iban de noite a foder as obras de remodelación do Parque no...81? andan por aiquí. Inda me lembro, cando o inauguraron, cheo de propaganda da UCD. Manda carallo.

Anónimo dijo...

E hai que adaptarse Da cova, hai que ser modernos. O que me resulta dicicil de aturar e non indignarme é cando dou paseos polo bosque e non vexo insectos, nin tritóns, nin salmándigas, nin zapateiros nos regatos, "hai! saltóns da miña infancia, devolvédeme a felicidade novamente"

Anónimo dijo...

Facendo o pastiche cos versos de Horderlín sería:
"Devolvédeme a tranquilidade novamente"
e coido que é mais preciso.

Deixolle o poema no orixinal, xa que vostede se desenvolve moi ben no alemán:

Froh kert der Schiffer heim an den stillen Strom
Von fernen Inseln, wo er geerntet hat;
Whol möcht auch ich zur Heimat wieder;
Aber was hab ich, wie Leid, geernte


Ihr holden, die ihr mich aufergot,
Stillt ihr der Liebe Leiden? ach! gebt ihr mir,
Ihr Wälder meiner Kindeheit, wan ich
Komme, die Ruhe noch Einmal wieder?

Anónimo dijo...

Schön. Fermoso.

Eu tamén evoco moitas veces as fragas da miña infanza.

E fíxese que fala da "tranquilidade" ("Ruhe"), non da "felicidade", como moi ben apuntaba vostede. Esa mitificación da "felicidade" debe de ser cousa moderna. Fíxese que aquel Carlos que foi rei de España e de Alemania,fixo neste último país o seu palacio "prá sua tranquilidade", a cidade de Karlsruhe ("Tranquilidade de Carlos"). Non se lle ocurríu pensar na "felicidade".

Por certo.Sabe vostede que a presenza de "zapateiros" (non lembro o nome que lle daban na aldea, que era outro) é síntoma da calidade da auga?. Imaxino que por eso non os hai agora.

lourixe dijo...

Jimmy, de que bosque fala?
Eu aínda percorrín hai unha semana a famosa Ruta do Azúmara (do Castro de Viladonga a Castro de Rei), un dos ríos aínda troiteiros da Chaira, e vin de todo, mesmo ranciñas que deixaran de ser cabezolos poucas horas antes, descubrindo a vida terrestre. Até nos paramos a parolar coa Catalana, unha pastora de cabras cuxo rebaño participa activamente no mantemento do camiño.

Anónimo dijo...

Boa pregunta Lourixe, de que bosque falo?. Refírome ao que queda de zonas espesas e boscosas, antes paraiso de paxaros, na chaira da Amahía.

Anónimo dijo...

Amigo Da Cova, teño un libro repetido, "La literatura alemana desde Thomas Mann" de Hans Mayer, se ten interés nel, regálollo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

VIAXE NO FEVE, NO NEW YORK TIMES.

Anónimo dijo...

A creación da liña de ferrocarril Feve-Xixón foi un deses xoguetiños inútiles cos que o Estado quixo recompensar, tarde e mal, a nosa carencia de infraestruturas ferroviarias. Coma o tranvía da Coruña, só serve para nos montar nel, abrir a boca e deixar que entre a paisaxe. Agora, transportar o que se di transportar...

Anónimo dijo...

Acepto o agasallo, Jimiy de Rairo.
Déixemo onde vostede queira, que eu o recollo.

Anónimo dijo...

Cando esté por Ourense avisareino.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Leo esto por casualidade. Despois comentarei o do FEVE, para min o Vasco de toda a vida, transporte esencial e vertebrador das cuencas mineiras.

Feve, Ence e o Principado de Asturias veñen de chegar a un acordo para o transporte da pasta de celulosa e madeira entre a factoría de Navia (Asturias) e o porto de El Musel (Xixón), unha operación que foi cualificada de "revulsivo económico para o occidente asturiano" polo presidente do Principado, Vicente Álvarez Areces. Esta operación prevé que a papeleira empregue este porto xixonés para as súas operacións, un acordo que deixa en mal lugar as expectativas do porto de Ribadeo. Resólvese a polémica pola posible construción dunha terminal de carga e descarga na ría ribadense, o que supoñía a alternativa galega para transportar a materia prima e mailo produto elaborado pola factoría.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez acusa a Portos de Galicia, dependente de Política Territorial, de non estar "espabilada" para ofrecer unha alternativa para o traslado da produción da papeleira. Considera que esta foi unha oportunidade perdida tanto para a vila ribadense, como para Galiza.

Anónimo dijo...

Para XDC:
"Cágados" era o outro nome que se lle daba ós zapateiros, e as augas do Barbaña xa baixaban turbias e acompañadas de aromáticas sustancias, eran cágados mutados e resistentes. Casualmente foron desaparecendo coa chegada de patos e outros familiares de costumes licenciosas, porque a invasión de escopetas de balíns agoantárona áta as ratas, por certo, daquela de considerabeis dimensións, as rás e incluso algúns individos (humanos por suposto) pouco considerados entre a poboación civil.

Anónimo dijo...

Pero na miña aldea chamábanlle "cágados" aos "renacuajos". Sígolle dando voltas ao nome dos "zapateiros".

Anónimo dijo...

Leva razón, era algo relacionado coa forma de tixeira, véuseme pronto ó caletre e errei, efectivamente os cágados eran as crías de ráa, ora ben, sigo a por en dúbida o das augas limpas: de augas limpas eran sinal as nutrias, as tortugas, as salamántigas e nós mesmos, lavados en tina e con xabón "lagarto" e unha vez á semana, seguindo os sabios consellos do Dr. Gallego, que en gloria esté.

Anónimo dijo...

Eran sinal de auga limpísima os tritóns, que cheghan a vivir 40 anos. As salmántigas?, ka, non viven na auga, anque precisen de humidade. Non estará vostede a confundilas con os tritóns?.

Por certo eu confundo os zapateiros, e coñezo duas castes. Unhes andan su da auga e outros por encima, e só hai unha clas deles. "No meu pueblo, no meu pueblo", no que acontece caxe todo chámanlle indiferentemente ós dous. E forzosamente se trabucan nun deles.

Anónimo dijo...

Tortuga ou galápago en p.castelhano pasa a ser "Sapocuncho" no noso.

"Ían non hai moito os sapoconchos a pacer nos lameiros de Baliñas desde a Barbaña".
Palabra de aldeán. Palabra de deus.

Anónimo dijo...

'Cágado', do latín 'Aquaticus'.

Equivalente ao castellano 'renacuajo' aínda que non é sinónimo absoluto en portugués. A etimoloxía da segunda parte da palabra castellana 'renacuajo', é dicir, {'cuajo}, coincide coa etimoloxía galega, ou sexa, 'aquaticus"; 'rena', calcouse por contaxio coa palabra castellana 'rana' (ra, en galego).

Falando noutra cousa, detectada inmensa tartaruga preto de Allariz, no Arnoia. Fascinante (e inexplicable) aparición, a tomar sol por cima dun penedo.

Cumprimentos para o señores XDC e AMALFITANO.-

Anónimo dijo...

Os "zapateiros" que digo eu son os que andan porriba da auga e que ,máis que a auga limpa desde o punto de vista organoléptico, asócianse á auga limpa de productos químicos artificiáis. Ao parecer, só poden andar sobre a auga se ésta manten a sua tensión superficial perfecta. Os productos químicos como os xabósn ,alteran ese valor da tensión superficial.
Igual se refire vostede, Lobo, aos "dysticus", que andan por baixo da auga e teñen aspectos moi diferentes ao longo da sua metamorfosis.

Anónimo dijo...

Si hei de creer ao meu pai, que se crióu de neno a orillas do primeiro tramo do Arnoia, non era raro ver taratarugas tomando o sol en penedos perto do río.

Anónimo dijo...

Perdón, limpafontes en vez de tritón.

Medela, lamentablemente o sapocuncho que vostede víu probablemente sexa un "galápago de virxinia". Eses bonitiños con cores vermelhas na cachola. os nenos ceibanos despois de fartarse deles como un xoguete e acaban como "alóctonos" jodendo a fauna autóctona. O mesmo aconteceu co visón americano, co cangrexo americano e co soldado americano ( este último anda a machacar Iraquís, e non vexa a diferencia de tamaño).

Desde a ponte de Ervedelo eu vexo a veces un "galápago desos domésticos" repoludo, moi ghrandísmo. Se puder metíalle un tiro de fusil. Houbo un ecoloxista que me falaba de recollelo e internalo en non sei que centro de fauna. Error. Infantiloïde. En Andasulía, o padriño do meu fillo (perdonade pero cristianeino, eso sí, veu andando e tiña caseque uso de razón e non se opuxo), o padriño do meu fillo quen é xefe de flora e fauna dí que literalmente chaman a garda cerril, esa dos montes e lle menten un tiro.
A fauna alóctona hai que liquidala sen máis tardar. Fan moito dano, inclusive son vectores a veces de virases descoñecidas e perigrosas. Alén de que comen máis.

Anónimo dijo...

En xunqueira de Ambía o ladiño da ponte do Arnoia houbo moitos sapocunchos aínda na década dos setenta. Facíase con eles, quen souber, unha excelente sopa.

Todo o Arnoia tivo saposcunchos.

un amigho meu, que é garda forestal e levaba o tramo do arnoia, un que está implicado na movida de Allariz do vrau do 89, cando escomenzaron as movilizacións para tomar o pazo do concello ( metáphora do pazo de inverno) ,porque o río estaba "presuntamente" suxo e morrian as troitas. Amigho que recolleu as troitas espalladas polas beiras para concentralas nunha fotografía; a comunicación é a comunicación e ten as súas regras. Ese, meu amigo, un gran atleta e conservacionista descubriu un lameiro onde nacían os sapocunchos (galápagos en p. castelhano) a eito. Foi en xunqueira de Ambía, terra de lobos e terra de adopción do cura Júlio Medela Gándara "y otros curas fornicadores". Debia ser unha zona de desove. Téñoo rexistrado. Aghora está en maus da universidade de vigho. Todo controlado, pero non sei cal é a poboación actual. Sei que descendera dramáticamente na década dos oitenta, e amigos da S.G.H.N. decían que só podía explicarse por algún tipo de axente infeccioso ou contamiñante. Creo que aínda non se puxera na moda esas putas tartaruguinhas de Virxinia (usei, sempre os usei).

Medela, avise ó Seprona. E os ecoloxistas xa traballaremos para convencer a administración nosa de meterlle un tiro a esa bichuallada.

Anónimo dijo...

Medela, eu pensaba que cágado viña de cagalleta, pola forma parecida a unha cagalleta de ouvella. Cághado. No meu pueblo hai gheada. A isoglosa pasa a escasos metros e tronza a aldea do dacova, el queda do lado de alá e eu quedo do lado de acá, do lado da gheada. Non sei por onde vai a outra isoglosa, pero non colle Allariz, de modo que a franxa debe ser moi estreita neste lugar. Eso sí, eu sei por onde vai a isoglosa, podo mostrarllela, fosforece de noite.

No pueblo dunha moza miña en Avión, chamábanlle cabezallos. Facíame graza. Tamén lle poderíamos chamar ós espermatozoides "cabezolos", parecen todo cabeza.

ji,ji,ji,ji,ji....

Anónimo dijo...

Dacova, aclarado, os zapateiros son os que andan encima da auga. Son todo zapatos, con esas grandes patolas que os sustentas. Sí.

Anónimo dijo...

Lobo:
jajajajajajajajaja

Júlio Medela Gándara é tío bisavó meu!!!!!!!!!!!!!!!!

jajajajajajajajajajajajajajajaja

Ouviu, estabamos a falar de xigantescas tartarugas a apañar sol nos penedos do Arnoia...


jajajajajajajajajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

A superficie da auga faise lixeiramente cóncava baixo as patas do "zapateiro". A luz refractase dun xeito diverxente e proiecta sobre o fondo unha sombra aparente que parece o "zapato" do bicho:
PREMER.

Anónimo dijo...

Magnífico Dacova,ilústreme vostede para aprender a facer esas cousas.

Mañá chámoo. Así enriquecémonos todos.

Anónimo dijo...

Este fio é repetido, o que sen dúbida degrada o blog.

Anónimo dijo...

Lobo autóctono de pelo roxo: Durma tranquilo meu amigo que pola miña parte queda vostede perdoado por ter bautizado o fillo. Ademais home de Deus, con perdón, se foi polo seu pé e tiña uso de razón a cousa é moito máis leve. Imaxina o que sería presentarse padriños e pais con raparigo recién nacido ,dispostos a permitir que botaran por tan tenra cabeciña auga sabe Deus, máis perdóns, de que procedencia , mesmo poido ser recollida en manancial carente de zapatóns.Iso sería maltrato físico e non digamos psicolóxico!.Cantos traumados andarán por aí por causa destas andrómenas !!
Si home si, rematemos con estas costumes bárbaras e á fauna alóctona , crenzas e sentimentos alleos e relixión perdigón.