camiño do vao
¿Pacto polaco ou acordo de Colombia?
de AFONSO VÁZQUEZ MONXARDÍN (Galicia Hoxe 28-10-08)
Todos temos tendencia a pensar que "nos nosos tempos" as cousas eran distintas e nós eramos máis espabilados. E curiosamente non creo, para nada, que sexa certo. Soamente que agora como somos máis vellos a distancia acaba por esvaecer os perfís das lembranzas e esa suavidade fai que teñan menos arestas e acaben por ser máis amables. Aínda así, creo que a miña xeración fixo algunha das folgas do ensino medio máis épicas e útiles da cidade de Ourense. Era contra cousas moi concretas e simples. "Non á celulosa" foi o berro que pechou institutos de forma automática e gozou das simpatías das xentes do común.
A verdade era que daquela, cousas da adolescencia e do momento histórico-histérico da transisción saltariamos por calquera cousa. Pero a ameaza certa de ver unha fábrica cheirenta como a de Marín metida no foxo de Ourense, arrepiaba a estudantes, monxas, electricistas, avogados, docentes e xubilados. E claro, empezou saltando o ensino medio -nin universidade tiñamos daquela- porque estes son estopa e chega o demo e sopra. Creo que aqueles días foron o momento de saída da transición, o intre exacto de inflexión entre o vello réxime franquista e as novas formas de pensar que se abrían paso. (...)
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
No hay comentarios:
Publicar un comentario