Novela negra (I),
andoliña martes 28
A Asociación Galega de Saúde Mental celebra cada ano, no Pazo de Trasalba, unhas Xornadas de Psiquiatría, Psicanálise e Literatura, con temas diversos, sempre interesantes. A edición número XVII tivo lugar en maio do 2007 e agora publícanse as actas, que me fai chegar o amigo Santiago Lamas, un dos organizadores. De que se falou alí? Vóullelo contar. Gonzalo Martínez Sande deu unha charla sobre Las prótesis del héroe: un percorrido polos clásicos do xénero, de Hammet e Chandler a Jim Thompson ou Chester Himes, cunha esculca das próteses que definiron os seus principais personaxes. O alcoholismo, a marxinalidade, a devastación que produce o contacto co mal, son algu- nhas das constantes clásicas do xénero. Porque unha boa novela negra, di Martínez Sande, sempre vai máis aló dun argumento criminal: en realidade investiga e conta como é toda unha sociedade.
Se viaxamos ás raíces da NN, encontramos a Edgar Allan Poe, mestre do relato curto, creador da novela policial, precursor da de ciencia ficción. Na súa propia vida, no seu temperamento romántico, nas súas relacións coas mulleres, na ausencia da nai, están as chaves ocultas do mundo deste mestre, e diso escribe Ania Justo Alonso.
3 comentarios:
RRRRRINNNGG!
(Es klinget!).
RRRIINNNGGGGGG!
(Noch wieder!).
Aber...Aber.... Neeeeeeiinnnn...Neeinnnnnnnn!!!!!!!
Was ist dann bloss hier passiert?
XDC rí, encantado:
Meine Freundin Lourixe, cómo me gosta ese "bloss"!!!.
Non é o mesmo "Qué pasóu eiquí?" que "Qué carallo pasóu aiquí?".
(Non sei cómo "the hell" se fai o "B" do "ss").
Publicar un comentario