21 oct 2008


E máis unha academia, de Afonso Monxardín (gh. 21-10-08)
Ilustración de Antón Pulido (Caixanova)

Nunca me gustou o nome de Museo do Chocolate para o lugar que había en Compostela, ao lado do Candilejas por fronte da vella Filoloxía. Porque hai palabras que teñen, ou debían, un uso blindado e pactado. Por exemplo, militar. Así non é lóxico que eu poida constituír unha Agrupación Militar Galega só con pasar pola subdelegación do Goberno e copiar uns estatutos calquera. Museo, Universidade e Academia debían estar neste nivel. Por iso resúltame estraño que unha de amadores da lingua portuguesa (que de tanto amor sóñana por súa) teña esta cualificación. Moitas veces volvín e moitas máis heino facer, pola conveniencia e pola utilidade de introducir no ensino as diferenzas fonolóxicas, ortográficas e sintácticas entre galego e portugués. Para abir portas sen pechar ningunha. Neste tema eu pártolles de varias premisas, se cadra enganadas, aínda que non mo parece.
1.- A conciencia de identidade élles a clave. Non se poden confundir desexos e realidades. Os galego parlantes teñen moi claro que falan galego e saben ben cando alguén lles fala portugués ou castelán.
2.- A maioría temos conciencia de que a nosa lingua galega e a portuguesa son irmás. Polo tanto excluímos que sexan a mesma. Un, por moito que o queira, non pode ser seu irmán.
3.- Os lusistas fixéronlle un fraquísimo favor á lingua galega ao espallar un debate suicida, unha pexa engadida no proceso normalizador. ("Uns queren escribir dunha maneira, outros doutros, mellor en castelan e xa está"). Galicia Bilingüe ha de estar encantada.
4.- As concesións -que disciplinadamente asumo- que se fixeron na normativa oficial para facilitar o achegamento ao sur -tipo aquí, para, ao, grazas-, non aproximaron a xente á súa lingua nin eliminaron o problema lusista.
5.- Nós falamos galego, ou sexa latín de Galicia. Non, desde logo, portugués de Galicia, aínda que, por sorte, a lingua irmá do sur sexa fácil de comprender.
6.- Os funcionarios públicos e os políticos teñen o seu dereito de opinión pero no exercicio do seu traballo deben cumprir, escrupulosamente, leis, normas e normativas oficiais. Igual sexa do tráfico que do gas ou da lingua.
7.- O galego en defintiva, non hai que marealo tanto. Hai que falar menos del e falalo máis. E punto.

34 comentarios:

Anónimo dijo...

Galego-portugués

F. RODRÍGUEZ
Secretario de Formación da Executiva do BNG.

(Xornal.com, Martes, 21 de octubre de 2008)

Cando se nega oficialmente a verdade, adoitan producirse fenómenos, máis ou menos extramuros, que a reclaman. Defenderon filólogos e estudosos, durante séculos, que galego e portugués eran o mesmo idioma. Este criterio fundamentábase en sólidos razoamentos e comprobacións históricas, lingüísticas e xenéticas. Non se deixaron perturbar polo feito de ser Portugal un estado independente e a Galiza unha nación negada, convertida en provincia da España imperial. Tampouco por ser o portugués un idioma oficial, con uso normal, perfectamente estandarizado, mentres o galego era caracterizado despectivamente como dialecto, restrinxido a un uso coloquial e popular.

Curiosamente, coa chegada da democracia e a instauración da autonomía, foi desde a oficialidade científico-institucional, que se comezou a emitir o discurso de que galego e portugués eran linguas diferentes. A normativa do galego, lingua cooficial da Galiza, elaborouse con criterios totalmente alleos aos da normativa do portugués, enfatizando as diferencias. Optouse por afastar artificialmente, non por aproximar naturalmente. A orientación anti-portuguesa, parella moitas veces a unha posición ideolóxica españolista, argumentou en base á defensa do considerado xenuíno e peculiar da nosa fala, por moi mancada e contaminada que estivese polo español. Certamente non foi unha opción responsábel nin comprometida co idioma galego como ferramenta da uso normal para todo na nosa sociedade, con perspectiva de futuro e dentro da nosa tradición literaria. Esta política oficial lembra a mesma teima por afastar o valenciano do catalán. Obxectivamente ambas responden a un isolacionismo axitado pola españolía.

A aparición dunha Academia Galega da Lingua Portuguesa na Galiza provocou algunha reaccións desaforadas e sintomáticas. Certamente a solución non está en denominar o galego “portugués de Galiza”. Está en dar pasos claros, prácticos, para reintegrar o noso idioma no seu espazo natural, o galego-portugués. Un destes pasos, tímido, foi a “Normativa de Concordia”. Malia a súa legalidade, enfróntase a moi serias resistencias na súa aplicación xeneralizada nas administracións e institucións oficiais. É ignorada a mantenta ou usada na súas opcións non preferentes. Precisamente Alonso Montero, académico da RAG, aproveitou o seu ataque á nova Academia para deixar constancia de que a normativa legalmente vixente era de orientación lusista, facéndoa responsábel de non sei que dificultades para o alumnado de primaria e secundaria identificárense co galego.

Non é negativo que exista unha Academia Galega da Lingua Portuguesa. É simplemente a resposta extraoficial, filolóxica, e, en certa maneira, extrema a unha deformación e negación recorrente. O problema está en que necesitamos que o mundo administrativo, académico, social, económico e institucional avancen na práctica na dirección de asumir, con todas as cautelas e matices que se queiran, que o galego e o portugués son o mesmo idioma. É conveniente a maior aproximación da normativa oficial á do portugués. Esta aproximación esixe compromisos, conivencias e recoñecemento por parte dos países lusófonos, a comezar por Portugal. Tanto como de información e comprensión por parte da sociedade galega. Os obxectivos estratéxicos deben ser claros; as tácticas deben calibrarse, con debates serenos e propostas eficaces para avanzar...

Anónimo dijo...

Dialogos memorables en las películas:

"Un cheiriño de perrecha po-la mañán...". Se puede escuchar en la película Rob Roy justo despúes de ke Killearn le toque la "crica" a una jovenzuela que se encuentra en los aposentos de Archibald Cunnigham (Tim ROth)

"Podo cheirar a tua crica dende eiqui". Dice un preso guarrillo a Jodie Foster cuando entra por primera vez a ver al Janíbal Lecter en El silencio de los corderos.

"Luck, non poñas o carro diante dos bois". Yoda a Luck Sky Walker en el imperio contraataca, al fracasar levantando el X-Wing

"Estás bébeda Su Elen?". Frase para la posterioridad en Dallas.

"O Ultimo Grolo Xotaerre". Contestación de la Anterior Frase en Dallas.

"¿Cómo?¿Fodiches nela?". El coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.

"Ti ves unha perrecha e poste tolo". El coleguita le dice a Michael Douglas en Instinto Básico.

"Mete o facho no cú, mono da merda". Charlton Heston se lo dice a un simio en el El planeta de los simios.

"Escomezamos a mañá cunha tonada de Ana Kiro". Charlie Sheen en Hot Shots 2 a punto de caer inconsciente por un golpe en la cabeza.

"Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas". Harvey Keitel a los matones de Pulp Fiction.

" A rañala, raparigo". El mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "jalisia profunda".

"Para vencer a Austin Powers temoslle que lle roubar o seu...mollo". El Doutor Maligno, junto con su Minieu, conspirando para robarle el mojo a Austin Powers.

"Vou facerme medieval co teu cú". Frase inolvidable de Pulp Fiction.

"¿Gustaríache comerme a perrecha?". Juliette Lewis a Tarantino en una inolvidable escena de Abierto hasta el amanecer, en cojunto, una de las mejores adaptaciones del guión al gallego de todos los tiempos.

"És un pimpín Son Goku". El super guerrero Vexeta a su super enemigo Son Goku.

"Voute esnaquizar verme noxento". Los malos a Son Goku Bolas del dragón.

"Fillo do porco, marrán seguro". Sean Penn consigue un énfasis inédito en el equivalente de : "de tal palo, tal astilla" en Mystic River.

"¡Pensei que ía pras patacas!". Sylvester Stallone a Sandra Bullock en Demolition man (O demoledor) al tener un accidente en un coche y pensar que se mataba.

"Detesto a miña pixa". Un paciente de la serie Nip/tuck (traducida inteligentemente al gallego como Quita e Pon) se queja del tamaño de su pene.
"¡Hey ti!, ¿estás a foder na miña irmá?". Pregunta que le hace el hermano de la novia de Rocky a Sylvester Stallone en Rocky 1. Sin comentarios.

"¡Terma Chiwi, que escorregho!". Han Solo a Chewaka cuando el primero se resbala por el ala del Halcón Milenario.

"E ti ris. FURABOLOS". Han Solo a Chewaka cuando Leia le da calabazas.

"Isto non che é como peneirar, meu!". Han Solo a Luke cuando éste le pregunta por qué tarda tanto en entrar en el hiperespacio.

"¡Meu día, meu día!". A un piloto americano le pegan un zambombazo en al avión en una película sobre la Segunda Guerra Mundial. La traducción literal/literaria de la señal de socorro Mayday al gallego no podía ser más acertada.

"Roncalle o carallo". Tony Montana a Many en "El precio del poder"(quería decir "hay que joderse")

"El é o MESIAS". Frase de un tal Morfeo refiriendose a Neo.

"Entras nun urinario público, poste a falar cun moscovita, e cando rematas de abanea-la pirola, amas esa cidade". Sean Connery en "La casa Rusia" (cualquier comentario sobra)

"Francamente querida impórtacheme un carallo". Rhett Butler a Scarlett O'Hara, al despedirse de élla en "Lo que el viento se llevó" traducción de "Francamente querida eso no me importa".

"Quero que protexas esa porta como se fose a perrecha da túa irmá". Steven Seagal dando instrucciones a un compañero de aventuras.

Anónimo dijo...

Maravilha de artigo. Engraçado, não:

A respeito do ponto 4, muito me lembra aquilo que se dizia de Madariaga, para quem a crítica suprema que punha ao franquismo é que nem servira para liquidar os problemas autonómicos.

O ponto 6 é o que se traia o engenhoso Piñeiro contra Carvalho, quando Pillado e Fernan Vello publicaram as Conversas, e o das letras do ano entrante os acusou de sabotadores e perigosos por deixarem Carvalho se saltar o código de circulação. Foi argumento que gozou de muito peso no ILG.

E o e Ponto. Final. Acho que é de Fraga.

Militar, blindado, disciplina, liquidar... formosas palavras na boca de um cidadão.

Pois não, meus senhores. O debate está aberto.

Não aceitamos autoridades e o galego porque é nosso, como todos os escritores devanceiros, escrevemo-lo como nos pete. Não temos nada que perder e muito que ganhar.

Saúde,

Ernesto Vázquez Souza

Anónimo dijo...

Non vé un tanto contraditoria a súa expresión de "Não aceitamos autoridades" co feito de crear vostedes unha nova "Academia"?

O debate está aberto, en efecto. Mais cando pensa que concluirá tal debate?

Saúde e grazas.

Anónimo dijo...

Não.

Academia do grego antigo Ακαδήμεια, transl. Akadémeia, derivação de Ακάδημος, transl. Akádēmos, "Academo") é o nome dado a várias instituições vocacionadas para o ensino e promoção de actividades artísticas, literárias, científicas e físicas, um espaço para a educação do corpo a mente.

A ginástica deixamos pelo momento, mas não se descarta, a música e as artes vão incluídas. AGLP é apenas um espaço fundado por particulares para a reunião, policia de sociedade e conversa instrutiva. O elo comum é nos dotar (e oferecer a quem quiser) de um modelo de língua escrita sólido e estável. A ideia não é nada autoritária quanto mais no jeito do Seminario de Estudos Galegos ou do Instituto de estudos catalães, commum pouco da INLE ou La Bauhaus.

O debate finalizará quando se deixe de criticar outrem por telharem noutros castros as suas casas de jeitos diferentes de como se fez "de sempre" no nosso. Especialmente quando nem vão ajudar e quando nós não nos metemos com que eles empreguem lousado ou colmo, mas ajudamos se nos pedem.

Saúde,
Ernesto

Anónimo dijo...

"Non sería negativo que existise unha organización armada galega. Sería simplemente a resposta extraoficial, voluntarista, e, en certa maneira, extrema a unha deformación e negación recorrente. O problema está en que necesitamos que o mundo administrativo, político, social, económico e institucional avancen na práctica na dirección de asumir, con todas as cautelas e matices que se queiran, que o pobo galego precisa de independencia política".

O bla-bla-bla de Paco serviría incluso para calquera cousa.

Menos mal que comeza a estar fóra de xogo e que non é muller. (Senón tocaríalle a conselleria de cultura na seguinte "coaligaçao").

Anónimo dijo...

Sr. Ernesto Vázquez Souza

Agradézolle que escriba co seu nome, como eu fago. Mais permítame que lle faga unha serie de apostilas ao seu último parágrafo, porque todo sería longo de máis.

“Não aceitamos autoridades”. Non me lle parece nin ben nin mal. Hai desde logo unha chea de autoridades que precisarían algo de aceite para desenferruxar os artellos da cabeza.
Agora fóra bromas, alguén haberá que saiba máis ca vostede. Non eu, por suposto, pero algúen haberá. Critiquemos o poder, respectemos a autoridade.

“e o galego porque é nosso” ¿Pero non din que o seu é o portugués de Galicia?, ademais, ¿cando o compraron? ¿Canto lles custou? ¿Onde se pode comprar unha lingua? ¿Ensínanme o título de propiedade?

“como todos os escritores devanceiros, escrevemo-lo como nos pete”. Para opinión sobre os devanceiros, remítome a Manuel Antonio e ao seu “Máis alá”. Desde logo, vostede, pode facer –e fará- o que lle pete- pero non por terá os pés máis fincados na terra e na historia.

“Não temos nada que perder e muito que ganhar” Vostede non sei. Eu si. Nós si.
Está unha lingua en perigo, -a galega- e vostedes non teñen nada que perder e si moito que gañar. ¿Fala en serio? ¿É o traballo de miles de profesores e o voluntarista de miles de persoas desde hai xeracións o que vostede depreza coa súa descuberta desa “nada”? ¿Cre que non hai nada que perder? ¿Élle igual que haxa TVG, RG, ensino do galego en todos niveis, unha industria editorial, etc. etc. etc. e que a diglosia sexa só unha lembranza recorrente nos libros de texto?
Faga o favor. Moito é o que está en perigo. E debemos ir moito máis alá. Por iso aínda temos moito que gañar.

Anónimo dijo...

Home, sr. Ernesto, se se trata simplemente dun "espaço fundado por particulares para a reunião... e conversa instrutiva" (ou sexa, algo así como unha tertulia informal de amigos), non ten moito sentido tanta parafernalia e a tanto ríxido formalismo encorbatado con que a fundaron e a presentaron "en sociedade". É dicir, hai algo que non cadra aquí.

(Xa sei que vostede a utiliza noutro sentido, pero omitín aposta a expresión "policia de sociedade" porque, para o 99,99% dos galegos, significa algo moi feo).

Saúde e saúdos.

Anónimo dijo...

Ai, meus,

Evidentemente que há gentes que sabem infinitamente mais do que eu.

Infelizmente tenho as minhas dúvidas sobre o resultado do trabalho dos trinta últimos anos em função dos resultados.

O de policia de sociedade é de Sociedade de Amigos do País.Uma ironia.

Mas a sério. Sim há que ganhar. O motor institucional não está a funcionar bem. O sistema cultural, o mundo literário editorial, as possibilidades linguísticas dos galegos realmente estão onde o nosso potencial nos pode levar?

As críticas desde dentro não funcionaram e em vista de que não se precisava o trabalho e colaboração de muitos de nós no sistema, pois simplesmente montamos a nossa tenda por fora. Mais nada.

É um jeito de colaborar.

Botem um olho cá, talvez entendam um bocadinho mais do "nosso":

http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&catid=3&id=283&Itemid=81

A respeito de português da Galiza (=galego) gosto deste:

http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&id=304:magalhaes-&catid=3:opiniom&Itemid=80&Itemid=36

Saúde,

Ernesto Vázquez Souza

Anónimo dijo...

Sigo pensando que os chamados lusistas se equivocan de estratexia respecto do galego. Non é preciso fabricar para o galego unha norma ortográfica e gramatical (a da AGAL) cando xa ten unha de seu (a da RAG-ILG).

No que si debían traballar os lusistas é en promover a aprendizaxe do portugués en Galicia, non en afirmar que os galegos (ou só eles?) falamos o portugués de Galicia. Se todos os esforzos dos lusistas os destinaran en organizar cursos de portugués, partindo da base de que temos que aprender esa lingua igual que outra estranxeira, gañarían todas as nosas simpatías.

Anónimo dijo...

A lectura do texto de PR, representativo dunha parte importante da tendencia lusista (na que caben multitude de opcións, nunha gradación ben complexa), explica de forma evidente a dificultade de entendimento. Sobre todo na expresión "os obxectivos estratéxicos deben ser claros". Non sei cales deben ser eses obxectivos (supoño que tras a aparición da palabra verdade na primeira liña todo está clarísimo), pero se non asumimos que debemos primeiro establecelos, os debates han distar moito de seren serenos (con perdón pola cacofonía).
E ás infinitas probas que recorren internet me "repito". Só basta ler os comentarios das noticias en Vieiros para comprobar como o de menos é a mensaxe: o importante é en que norma/lingua van escritas.
Habería que escribir un libro titulado A Filoloxía como perversión. Ou mellor dito: rescribilo, porque, con paráfrase torpe do poeta, escrito está todo nestes xestos.

Anónimo dijo...

Curioso. A conversa promete.

Vamos, porém, chegar a um acordo. Como dizia o meu avô: "Eu não lhes digo em que nem como perder o seu tempo livre e vocês não me aconselham a mim e a outros como gastar o meu".

A cousa está em que o modelo ILG-RAG a mim e a outros não nos aproveitava, é inestável de mais e será por muitos anos (e nos precisamos já e agora) e ainda fecha os espaços de liberdade e de escrita.

Achamos, desde a nossa experiência de utentes que a gente não se importa do que e como a gente escreve senão como se comporta em sociedade.

E dado que o que há não tirava, achamos que -para pr´ropio uso- deveríamos construir um modelo mais flexível e pragmático.

Já que como utentes demandamos ferramentas de qualidade e nas feiras do país não havia simplesmente procurammos de contrabando no sul e no além mar.

Talvez com estas possamos construir um modelo que alguma gente -quem sabe- encontre interessante e melhore. Um software livre.

Pedimos apenas liberdade de escrever como sonhamos: uma língua plena. Nem solicitamos de ninguém que mude a sua escrita nem temos por detrás capitais públicos, nem as possibilidades e recursos das administrações públicas para a alfabetização da gente.

Eu pessoalmente celebro todos e cada um dos êxitos dos escritores galegos e os avanços da Normalização do galego na sociedade, admiro como o que mais cada palavra da oralidade em conversa e toda a nossa rica e heróica tradição escrita e sou leitor habitual dos seus post e comentários. Muitos dos que acho interessantes.

Mas acredito firmemente que o progresso de Galiza e do galego, passa por conviver e deixar a gente fazer e colaborar, associar-se onde, como e com quem ache oportuno, sem agredir outros que escolhem outras vias, projetos ou práticas escritas, orais.

A AGLP é uma aposta. Uma aposta privada, associativa e civil. Apenas isso.

A longo prazo beneficiará ao conjunto, que discorrerá por onde tenha que discorrer.

Saúde,

Ernesto Vázquez Souza

Anónimo dijo...

Galego ou gallego?

Onde foi que lín que "gallego" é un "galleguismo" aceitado por o castelán?.

O meu abó sempre decía "Eu falo o gallego".

Onde foi que lin que non ten por qué chamarse igual o galego (persoa) que o gallego (idioma)?- Coma no inglés "spanish-spaniard".

Tamén os lusistas creo que lle chaman "castellano" pra diferencialo de que vive nun castelo, "castelán".

AUXILIOS! (O meu abó nunca decía "AUXILIO")

Anónimo dijo...

O principal obstáculo pra un galego non entender o portugués falado, ao principio, parece ser a cuestión fonética. Superada esa fase, todo vai sobre rodas. Tamén sei que a xente maior da miña aldea, exclusivamente galegofalantes, non entende ben o galego con fonética castelá de moitos locutores da TVG, e recházano porque lle "soa a castellano".
Tamén sei que os británicos se odian entre sí por cuestiós fonéticas.

Anónimo dijo...

Moito discutimos sobre o futuro do galego(-portugúés), mais a realidade futura da lingua de Galicia tédela aquí:

http://www.zappinternet.com/video/JePrQorLuh/Loca-atropella-y-luego-agrede-a-un-ciclista

Anónimo dijo...

Entre os masóns, hai unha clave para os "compañeiros" seren aceites no templo e recoñecerense. O compañeiro é o segundo degrau despois dos aprendices e antes dos mestres.

Esta palabra tomouse da biblia. Os galegos daríamola pronunciado ben porque empeza con un sonido como o "X" en principio de palabra. Acontece que algúns pobos non a dan pronunciado.

Nunha batalla tremenda, narrada nun dos libros do antigo testamento, un dos pobos vencido trataba de pasar desapercibido entre a poboación dos vencedores. A maneira que tiñan de recoñecelos era facerlles pronunciar unha palabra, a palabra que agora se emprega ritualmente. Quen non souber era pasado a coitelo inmisericordemente. Creo que caeron unhes dez mil, que daquelas era un xenocidio. E crímen contra a humanidade. Perpetrado por o pobo xudeo ( o vencedor).

Asdo: un pedreiro libre

Anónimo dijo...

Quixen decir que os pobos se recoñecen por a fonética. E para unha inmensa maioría é dificilísimo ou imposible ultrapasar ou aprender de grandes algúns sons novos.

Ate jà.

Anónimo dijo...

Un amigo meu dibuxóume un garabato calquera nun papel, e díxome que o copiara. Copiéino prácticamente exacto.

Despóis, escribíu unha letra calquera, e díxome que fixera o mesmo. O que fixen foi copiala COA MIÑA PROPIA CALIGRAFÍA, que ademáis pouco se parecía a de el. Paradóxicamente, o atribuir un "senso" a aquel "garabato", empeoróu a miña capacidade de reproducilo. Pra reproducilo mellor, tiña que abstraerme do seu senso. Púxeno do revés, e a copia melloróu moito.
Fai anos lin un delicioso libro: "Aprender a dibujar con el hemisferio derecho del cerebro". Básicamente, viña a decir que, á hora de dibuxar, aféctannos moito os coñecementos previos sobre os obxectos dibuxados, e tendemos a dibuxalos non como os vemos sinón como "os imaxinamos".

De qué color son ás nubes? LLe pregunta o pintor protagonista á "Xove da perla". Ela responde "Blancas". ÉL dille: "Míraas ben". Ela mira con ollos novos e ve que son de moitas cores:azúis, grises, negras."Entendes agora?".

Coa fonética pasa algo parecido. É moi difícil non "oir o que imaxinamos", afectados pola nosa "caligrafía sonora" propia.

Anónimo dijo...

sr. VAZQUEZ SOUSA, o seu último comentario, e óptimo, concordo muito con vostede, parabens porque eu não sei deci-lo tambem,voume a dormir muito tranquilo e contento. Não sei se chegaremos a falar o galego-português, mas quanto mais cerca estemos, salvaremos o nosso idioma.

Anónimo dijo...

Sr. Ernesto Vázquez Souza:

Concordo con vostede en que si hai moito que gañar e que o motor institucional non está a funcionar ben. E por suposto, o sistema cultural, o mundo literario e editorial e as posibilidades lingüísticas non están onde deberían estar. Tampouco, por suposto, na promoción da aprendizaxe da lingua do sur, como outra das linguas internacionais de Galicia.
E concordo tamén en que sería preciso que todos colaborasen.
Ora ben, na altura presente, habería que buscar o lugar onde vostedes, amadores do portugués e dese grande mundo lusófono, puidesen ser máis útiles na construción da Galcia moderna. Vostede e mais eu sabemos que a ortografía nin fai feliz nin infeliz a ninguén.É só un convencionalismo que non nos debe afastar da xente.
Gustaríame que houbese un grande Instituto Galego da Cultura Portuguesa, con existencia oficial -co que isto significa de espallamento de ideas- que fose moito máis alá da pura cuestión ortográfica. O problema non é "lhe" ou "lle", o problema é que despois de derrubarmos as fronteiras europeas, unha das máis asentadas é a galaico-portuguesa. E iso, como vostede me ensina, é moito máis que ortografía.
Europa mátase por facer cousas transfronteirizas e aquí seguimos -eles e nós- virados de costas de xeito absoluto.
Gustaríame un Instituto Galego da Cultura Portugues fose fiel á modalidade lingüística oficial hoxe, e fose unha plataforma desde a que vostedes puidesen traballar a gusto, en tratar de fomentar o plural coñecemento do sur entre nós e o de Galicia en Portugal. Sei que son un inxénuo, pero cómpren todas as forzas para erguer esta vella terra atlántica. Creo que as súas, as da maioría dos amadores do sur, están infrautilizadas na tarefa común e, moitas veces, por diversas causas, creo que, sen querelo, en vez de sumar restan, pola imaxe de conflito que se asocia internamente á lingua.
PD/ Os meus alumnos de 2º de BAC, nunca viran un texto en portugués. Eles que teñen proximidade a tres das sete linguas máis grandes do mundo (castelán, portugués, inglés) e máis outra lingua pequerrecha de identidade, están nunha situación privilexiada, non maldita.
Busquemos espazos de colaboración.

Anónimo dijo...

Mandamientos del buen nacionalista gallego:

El primero, hablarás gallego y lo amarás sobre todas las cosas.
El segundo, no votarás al PP.
El tercero, sanificarás el día del Apóstol.
El cuarto, honrarás a Castelao y a Rosalía.
El quinto, no matarás a ningún galleguista. A los castellanistas puedes matarlos.
El sexto, no cometerás actos impuros, a no ser que favorezcan al gallego.
El séptimo, no robarás nada escrito en gallego (en castellano sí puedes)
El octavo, sólo mentirás contra el castellano y a favor del gallego.
El noveno, intentarás acabar con el castellano.
El décimo, matarás a los miembros de Galiza Bilingue.

Anónimo dijo...

Quintana obliga a Lobeira a retirar la iniciativa para rebajar la tensión

LVG, 23/10/2008

La proposición sobre el gallego del BNG levantó ampollas entre sus socios del PSOE, que son los que se encargan de dirigir la política lingüística de la Xunta. Los socialistas no ocultaron su resquemor con una iniciativa sobre la que no fueron consultados y que intentaron que fuera retirada antes de que se celebrara el pleno.

El PSOE jugó en todo momento la baza del consenso, con la perspectiva de enganchar al PP, si bien el BNG se resistió a rebajar una propuesta que estaba copiada «literalmente» del Plan de Normalización. El socialista Francisco Cerviño acudió al escaño de la popular López Besteiro para invitarla a participar en el pacto, si bien esta se negó por no ser invitada por el BNG.

Al primer intento, Lobeira se resistió a retirar su propuesta, como pedían sus socios del PSOE, algo de lo que tampoco pudo convencerlo su portavoz, Carlos Aymerich. Al final, el conselleiro de Presidencia, Méndez Romeu, forzó al máximo la máquina para que interviniera el líder del BNG, Anxo Quintana, quien sí impuso la retirada de la iniciativa del Bloque asumiendo directamente las responsabilidades.

Anónimo dijo...

Sr.AMVF,

Eu não lhe tenho nenhum problema em colaborar com qualquer pessoa no mundo. E como compreenderá, já que cá estou mui gostoso a conversar, menos ainda com aqueles com quem tanto em modelo de sociedade, cultura, tradição política, literária e cultural compartilho. Tenha certo.

Eu como o quinto naquela vinheta de Castelao apenas tenho um inimigo: o cacique.

Porém parte de uma base errada. Eu não sou um desses: "amadores do portugués e dese grande mundo lusófono" eu sou apenas um namorado das cousas de Galiza, especialmente da sua história e literatura.

A mim Portugal, a lusofonia mesmo não me interessam mais que o latim, a literatura francesa, italiana ou castelã, que a erudição tipográfica, a informática, ou a carpintaria.

A mim o que me interessa é precisamente que num futuro o menos distanciado possível esses rapazes, que serão nuns anos esses "moços em que reside a esperança e o numem da Galiza" como diria Otero Pedrayo e os mais dos adultos disponham da melhor ferramenta possível à hora de se alfabetizar e de adquirir competência leitora e escrita na sua língua de cultura.

Eu sempre fui um homem disciplinado, mas nego-me a continuar com uma estratégia tipo "Medúlio" quando não vejo nem pessoal na cabina de mando, nem diretrizes de nenhum alto mando.

E nego-me quando as "armas" e o "adoubo", o treino, o esforço tenho que pagar do meu tempo e peto.

E nessas, concordará, todos andamos há muito, fazendo a guerra em pequenos grupos, com esforço individual mal aproveitado.

Não. Para receber só ordens contraditórias e não lhe ter nenhum objetivo ou alvo de mão escolho ir pela minha conta e me associar para trabalhar com gente com objetivos e esperança.

E por certo, eu escrever com a ortografia que escrever (que efetivamente é bagatela sem importância havendo como há tanto de sério por fazer) nunca deixei de achar espaço onde colaborar.

Saúde,

Ernesto Vázquez Souza

Anónimo dijo...

Para o Anónimo dos "Mandamientos del buen nacionalista español":

Mandamientos del buen (nacionalista) español:

1. Nacer en España.

Todos os demais mandamentos xa veñen dados (DNI español, escolarización en español, etc)


Mandamientos del buen nacionalista gallego:

El primero, hablarás gallego y lo amarás sobre todas las cosas.
El segundo, no votarás al PP.
El tercero, sanificarás el día del Apóstol.
El cuarto, honrarás a Castelao y a Rosalía.
El quinto, no matarás a ningún galleguista. A los castellanistas puedes matarlos.
El sexto, no cometerás actos impuros, a no ser que favorezcan al gallego.
El séptimo, no robarás nada escrito en gallego (en castellano sí puedes)
El octavo, sólo mentirás contra el castellano y a favor del gallego.
El noveno, intentarás acabar con el castellano.
El décimo, matarás a los miembros de Galiza Bilingue.

Anónimo dijo...

A burguesía intermediaria, señor Vázquez Souza, nunca soportou que o galego puidese ser lingua. Agora ocorre que situarse fronte a el desde o castelán é asumir o franquismo, e sempre houbo burguesía ilustrada neste país que non era franquista.

Non é infrecuente que o lusismo sirva de cabalgadura para os vellos complexos diglósicos, co label mesmo de "eu son máis radical ca ti e considero que o galego non é unha lingua completa".

Por iso Carvalho Calero escribía en La Voz de Galicia e agora escribe Caneiro. Déixolle a vostede descubrir o que teñen en común.

Anónimo dijo...

Carallo, Vázquez Sousa, esfórzaste tanto no teu portugués que até custa bastante lerte. Sáeche moi acartonado e artificioso, meu.
O galego un tanto "acastelanado" será pouco puro filoloxicamente, pero polo menos enténdoo perfectamente todo o mundo.
A lingua tamén é comunicación, ou non?

Anónimo dijo...

Medela:
Esoutro día, en Maceda, escoitei a un grupo de nenos, uns sete aproximadamente, de entre oito e doce anos, falar en galego cunha naturalidade apaixoante, tanto me soaba a gloria e tan pouco común me parecía, que me aproximei sen rubor cara éles para lle preguntar de onde eran; tamén había pais de entre reinta e corenta anos por alí, e en conxunto, aparte de decirme que todos vivían na vila e algún en Vixueses ou Zorelle, aplacaron a miña admiración polo feito, explicándome que nos seus fogares dende os avós áta éles falaban aquelo no que foron criados e sentían os afectos. Tamén comentaban que se se deixaban guiar polo xenio que lles daba algún profesor de galego e máis os da telegaita, xa o tiñan deixado de falar hai tempo. Comentaron que ían a cursos de natación ás piscinas de Allariz e que os outros nenos, os de Allariz, ningún falaba o galego, e que ademáis se rían déles. Dado o meu interés e admiración pedironme que a ver se lle podían dar algún premio, a poder ser que lle fixeran unha piscina coma a que había en Allariz, e así non se ter que trasladar e seguir falando entre éles o galego de xeito natural, sen que ninguén se rira.
Que ninguén se ofenda, pero ésta anécdota é verdadeira, pasoume o pasado luns día vinte e deume moito qué pensar...

Anónimo dijo...

Srs. Anônimos, eu estava a conversar a sério com o Sr. AVMF. E ainda que a minha mãe sempre me disse para não falar com desconhecidos, convinha que repararam em certos pontos.

O meu português é esforçado porque -entre nós- é galego (com lh, nh, õ e ã) e alguma palavra tropical ou jogo de palavras que como curri ou espécia lhe boto à nossa cozinha.

O resto é estilo e escrever às carreiras. (Os meus mestres de escrita, por certo, são Gondomar, Sarmiento, Murguia, Lugrís, Valle Inclán, Otero, Castelao e Álvaro Cunqueiro. Sai-me deste jeito um bocadinho barroco o molho e modernista a filigrana, mas é-lhes o que há.

Pessoalmente, eu que estudei um bocadinho sobre Carvalho Calero e sobre la Voz de Galicia, conheço-lhes bem as astúcias desse jornal. De feito um trabalho a fazer seria a análise do antigaleguismo nele, o ataque onstante a língua, a continuada freada a cada nova aposta política e social do galego e a sua literatura e a aposta pelo nacionalismo espanhol (à galega).

Sobre o papel dos escritores lá pagos (já o dizia em Ser, Semanario Gallego de izquierdas, em 1935 Roberto Blanco Torres laiando-se de ter lá amarrado um publicista da altura de Antón Vilar Ponte).

Carvalho Calero, erudito e tudo, era para mim um "nacho" com muitas contradições e um pensamento mais Galáxio e de elite Orteguiana, medonho das "masas", que qualquer outra cousa.

O que se reflete, como já foi apontado -mágoa que a carvalho o demonizaram em vez de o analisarem a fundo- em alguma parte (e mesmo cá quando falavam de Beramendi -outro que tal- e a sua magna ópera) na sua história da literatura tão setária como elitista e estilista, tão lastrada pela sua ideologia e estética.

Pois olha que não há que fazer...

Ernesto Vázquez Souza

Anónimo dijo...

Estimado Anónimo das 10:32 horas: Son Medela; a máquina non me deixa meter o nome.

Non só non me ofendo polo caso que Vde. está a describir, senón que agradezo inmenso a súa achega.

Nunca estiven na piscina de Allariz, aínda que pola ‘atmosfera’ de veracidade que envolve o seu escrito, acredito totalmente no que Vde. me comenta.

As innegables conquistas sociais tornaron Allariz, é certo, mitoloxema. Talvez unha sorte de Shangri-La no páramo desa nosa República Galega do Interior, que leva a dar voltas sobre si mesma sen atisbo de solución. E o visitante ocasional sorpréndese cando repara en que moita da veciñanza fala castellano (versión castrapo), ou sorpréndese tamén da cantidade de persoas que saen de misa de doce, dese desfile de modelos, desa tópica competición a ver quen leva o abrigo de visón máis caro. É claro, Allariz non é ese Abu Dhabi, ese Las Vegas, ese Reno, ese Liverpool, ese Turín autosuficiente, centrado en si mesmo, auténtico, absolutamente galeguista e para máis INRI, socialista, polo que moitos devecerían.

Allariz non é un zoo, nin un parque temático.

Un dos concelleiros que máis loitou antes e durante a transformación de Allariz tenme comentado en máis dunha ocasión que a batalla máis dura que acometeron os novos gobernantes foi a que se travou contra un inimigo inmaterial: Os preconceptos e lastre mental que cada un albergaba.

Dígollo porque a rivalidade Allariz-Maceda, Allariz-Xinzo ou Allariz-Mariñamansa non é nova. E os nenos, e tamén nós (aínda que disimulamos máis) utilizamos calquera pretexto para afirmarmos a nosa superioridade sobre os demais, sobre todo, se son próximos e non abondo coñecidos e identificados.

*Baltar é galeguista por falar galego? Evidentemente non. Lea hoxe “La Región”, e verificará que 15.000 ourensáns emigraron en 2007.

*Os votantes do PP son galeguistas? Porfa… Lembremos o caso aquel acontecido en Lobeira “Hai que falar o castellano que é o noso” (sic).

*A TVG emprega o galego? Claro que non. Aínda hoxe… “Un can se achegou a unha nena en Pontevedra e mordeulle nunha perna”… Grallas que resultarían en suspenso para calquera alumno/a da ESO.

*Fálase galego e/ou castelán na Coruña? Nunca. Ningún dos dous. “De aquella eres de Orense, no? Allí sois ya mismo portugueses”.

Casuística infinita, amigo Anónimo.Consecuencia, penso dunha sociedade desarticulada e do fracaso ou inexistencia do estado central no noso país.

E tamén saíu aquí un comentario moi interesante que corto e colo: -Non é infrecuente que o lusismo sirva de cabalgadura para os vellos complexos diglósicos, co label mesmo de "eu son máis radical ca ti e considero que o galego non é unha lingua completa-".

Ben, polo que se está a ver, algunhas persoas son tan caciques, tan reaccionarias, tan seguras de si mesmas que xa nin precisan (nin saben) falar castellano.

E cuidado tamén co galego da aldea, co galego auténtico, contraposto ao do ILGA ou o lusista; se queremos o AUDI alemán, non sei por que queremos un idioma de corredoira…

Anónimo dijo...

O penúltimo parágrafo non se refire ao antepenúltimo. Expreseime mal.
Refírese aos reaccionarios que falan galego e son a priori susceptibles de ser identificados como galeguistas.-

Medela

Anónimo dijo...

O irmán do sur

XOSÉ M. GONZÁLEZ

(Xornal.com, Viernes, 24 de octubre de 2008)

Acaba de constituírse a chamada Académia Galega da Língua Portuguesa; e non sen dar que falar en clave próxima á pedra de escándalo. Talvez sexa inevitable; á fin e ao cabo, a educación escolar difunde aquela palabra inicial apoñéndolle valor de oficialidade e normativización como carácter básico. Sendo así, non ten que estrañar a voz de quen censura por estar presente, no acto da constitución aludida, un representante da administración galega e seica transmitir un cumprimento do Vicepresidente.

Quizá por formación filolóxica ou máis ben pragmatismo, eu recibín ambas novas sen moito apuro nin sobresalto. De forma algo instintiva, sen moito raciocinio. Con tal motivo, lin días máis tarde, agradecido, como se autodefine un membro da mencionada asociación: esta sería “um espaço fundado por particulares para a reunião, policia de sociedade e conversa instrutiva”. Esa persoa verbalizou de xeito perfectamente aceptable a miña sensación canto ao grupo e, xaora, a valoración relativa á presenza do señor Pérez Lema; á fin e ao cabo, se “o elo comum é nos dotar (e oferecer a quem quiser) de um modelo de língua escrita sólido e estável” e os oferentes son persoas de certo mérito que representan unha posición inequivocamente presente na cultura galega, mesmo con certo peso e influencia, ¿por que non vai acudir alí a gobernación do país se o considera oportuno?

Desde logo, non se me ocorreu pensar que a Xunta (ou parte dela) estivese a avalar subrepticia ou subliminalmente unha alternativa á Real Academia Galega. Falando en prata, cústame ver a Anxo Quintana incorrendo en semellante implícita boutade ou pinchacarneiro; nin aínda que o seu Secretario Xeral se sirva do concepto “lusofonía” e expoña a razoable conveniencia de que o noso país estableza lazo consistente co ámbito cultural que representa. Pero ao pouco de tales feitos, en artigo difundido neste medio Francisco Rodríguez expón taxativamente que galego e portugués son o mesmo idioma; e que resulta necesaria “a maior aproximación da normativa oficial á do portugués”. Francisco Rodríguez é, na visión de quen isto asina, un intelectual de mérito que seguramente agora -concluída ou interrompida a súa etapa parlamentaria- recuperará tal actividade; a súa posición particular, en tal sentido, sería perfectamente aceptable como argumento persoal. Ora ben: o fundamental do discurso é alí político, asina como Secretario de Formación do BNG e a cousa adopta cariz partidario. Fabas doutra raza.

Xa que logo, cómpre falar en modo diverso. É unha falacia que filólogos e estudosos (así, sen determinantes que limiten a expresión no seu ámbito de parte) veñan expresando “durante séculos” que galego e portugués son o mesmo idioma, tamén que “coa chegada da democracia e a instauración da autonomía, foi desde a oficialidade científico-institucional, que se comezou a emitir o discurso de que galego e portugués eran linguas diferentes”; primeiro, nin sequera hai douscentos anos que Friedrich Diez publicou a obra auroral da lingüística románica; segundo, os estudos especificamente galegos teñen inicio antes do 1977, e foi en instancias de ámbito internacional (Congreso de Palma de Mallorca, Coloquio de Tréveris, 1980) onde empezou a ter auténtico eco e proxección unha voz e perspectiva galega que antes, en efecto e como tal, nin había. As cousas, como son.

É abusivo denominar “anti-portuguesa” a opción por un galego autoafirmado e connotar a parte científica implicada como “parella moitas veces a unha posición ideolóxica españolista”, cando en rigor sería imprescindible recoñecer a ideoloxía e posición aberta e indiscutiblemente nacionalista da maior parte dos seus integrantes máis activos e influíntes. Resulta, a estas alturas, demasiado vago, demasiado fácil propoñer “dar pasos claros, prácticos, para reintegrar o noso idioma no seu espazo natural, o galego-portugués”. Aclárese que pasos e a onde conducen: á antieconómica novidade de tres grafías para un fonema (“gente”, “tojo”, “roxo”)?; á du- ou triplicidade (“casa”, “passo”, ”paço”) que ten sentido onde se distingue un fonema sonoro dun xordo?; a adoptar grafías de orixe occitana (“alheio”, “Espanha”) introducidas na escrita lusa por un rei que viña de Francia?; ou representar inexistentes vogais nasais?; acaso (“missão”) ditongos aínda non totalmente implantados nin sequera nas falas minhotas?; galicismos coma “hesitar”, castelanismos coma “castelhano”?

O remedio do galego non ha de vir por facerse póla ou enxerto nunha árbore grande. Un idioma que os propios naturais non recoñezan carece de presente e, para quen escribe isto, escaso futuro promete. Sería conveniente non perdelo de vista: a recuperación da autoestima nacional foi labor que comezaron, no Rexurdimento, escritores que -aínda sen total consciencia- foron conformando un variante literaria por elaboración, galega e como tal sentida polo receptor que lía. Esta é a forma escrita coñecida, asumida e no esencial aceptada pola grande maioría da poboación. E, malia posible aparencia, unha parte moi relevante da intelectualidade galeguista, base social, mesmo militante do nacionalismo político, usa a Ausbau especificamente galega e tena como posibilidade máis xenuína.

Probablemente un representante tan significado da organización patriótica fundamental deste país debería cavilar algo sobre todo isto, antes de expresar o que pode ser entendido como ditado político ou mesmo doutrina orgánica. Grave como é, así e todo, peor sería que o propio BNG decidise incluír nas súas bases programáticas tal deseño, excluínte e desde logo afastado da vocación maioritaria que, noutros ámbitos, tan axeitadamente difunde o seu Portavoz Nacional.

Eu, do BNG espero que expoña unha alternativa convincente e viable ao marasmo da actual Política Lingüística, aínda menos consistente cá anterior. Propostas (ou, cando menos, demanda de ideas) para afrontar na escola e a sociedade unha mínima integración lingüística dos numerosísimos inmigrantes que chegan e chegan. E planos razoables para introducir -con carácter xeral, estratéxico- o portugués no ensino, como aspecto inicial e estrela dunha relación política con Portugal (e ao pouco, o resto da CPLP) que vocacionalmente debería ser nacional e bilateral.

Como mínimo, entendo que a grande maioría dos galegos podemos percibir e aceptar a vantaxe singular, ben ao noso alcance, de ter competencia, ademais de en galego, en dous idiomas ibéricos que figuran entre os máis empregados no mundo. Sen confundir, xaora, o idioma propio e insubstituíble co seu xemelgo do sur. Eu non son anti-portugués. Pola contra, considérome lusista e lusófilo
Pero a devandita é a miña versión da autoestima e maila esperanza.

Anónimo dijo...

Paréceme que o anónimo que nomea a Medela e que refire o asunto dos nenos de Maceda non quere facer disquisicións sobre o idioma en sí, entrevese máis un vello comportamento alaricano, acentuado néstes tempos que corren: un clasismo vergoñento de orixe medieval que pouco ou nada ten que ver coa causa intanxible e inmaterial que lle conta o ilustre concelleiro. Da gusto ver como presuntuosos comunistas doutra hora abrazan o neocapitalismo global dende a súa atalaia de novos ricos, a saber o golf e a golfería colindante; a hípica e o conseguinte complexo de superioridade que dá o saberse pisoteador de súbditos; o urbanismo insostible e gradualmente corrupto, a adulación e o peloteo preponderante nun pobo silencioso e silenciado... O galego en Allariz volta a ser idioma dos asoballados e utópicos, ren que ver con diatribas especulantes, filoloxistas, ideoloxistas, bóbicas ou mémicas, que déso abonda, pero para non ser leido, que para eso é progreso...imparable da estupidez que dirían en Ébora.

Anónimo dijo...

Qué cousa máis rara que dempois de tamaña afrenta Medela non diga nada, mesmo que ningún anónimo veña a desmentilo!
Madialeva que non entendo nadiña?

Tristán Setrof

Anónimo dijo...

Don Tristán:
Non lle hai afrenta. O señor/a anónimo/a expresa a súa opinión.
E está no seu sagrado dereito.
De todo o modo, hoxe, e na miña humilde opinión, na República Galega do Interior a lingua dos asoballados é o castrapo.

Com licença:
"Brian, sáleme de onda el río. Ya me tienes llena"
(Unha nai dirixíndose ao filliño. Allariz, agosto de 2008)
Cumprimentos.

Asdº.: Kyra Medela