PAN POR PAN venres 3 outubro
Tres animais da mesma familia con simboloxías ben diferentes. Os lobos no mundo cristián simbolizan a crueldade, devoradores das ovellas que rexeitan a protección do Bo Pastor. Pero, noutra dirección, foi unha loba quen aleitou a Rómulo e Remo, fundadores de Roma, onde simboliza o coidado materno. O raposo representa o engano e a astucia: pensen nos contos populares; tamén a sabedoría instintiva para os indíxenas de Norteamérica. E os cans? A lealdade, a vixilancia, o valor, o coidado da casa, o vento e o lume, a masculinidade e o sol; nas tradicións celtas tamén o poder da curación. A fidelidade é o seu paradigma e os exipcios e gregos pensaban que compartían a vida de ultratumba dos seus amos e con eles os enterraban. E un chacal simbolizaba en Exipto o gardián dos mortos: Anubis, encargado de levalos ata Osiris, gran xuíz e señor dos ceos e do inframundo.
10 comentarios:
Eu ó lobo non o teño por cruel.
Eu véxoo como esquivo, independente, afouto, noble (con un código de conducta estable e previsible, quere decir que se pode cheghar a acordos con él), resistente, supervivente, rústico, libertario-fronte ó home, insumiso, ecoloxista, social cando fai falla.......
A cultura popular elaborou outras imaxes e aghora me decato que xa perteñezo a outra cultura neste caso.
A miña mai chamábame "lobo neghro, desgraciado!..." cando me portaba mal..."quéresme matar, lobo...".
Cando llo contei a rapaces de A Gudiña, parece que alí tamén era popular a frase "Quéresme matar!?".
O de "lobo negro" non sei se é máis extenso ou unha "creación" local.
Chamarlle "lobo" a unha persoa era xa máis común. Era moi peyorativo, e co engadido de negro, máis.
Eu lévoo con orgullo. É o meu nome "Indíxena".
En francia pelexou a miña tía con outra muller de alí. Anos 60. Aghora xa non se leva, daquela a aldea era moi "violentísma" e ficamos con esas formas un par de décadas máis pese a mesturarnos coa "civilización".
Aínda quedan resíduos sen metabolizar.
O caso é que a outra muller pasou a ser "a loba" na miña familia. Mantivo ese mote ata que morreu hai pouco.
Nós os nenos fillos de galegos adoptamos a nome francés "la louve" .
Quen nos dera que os políticos fosen lobos.
Poderíase cheghar a "acordos estables" con eles.
Na escala evolutiva están por debaixo do lobo, e a veces do can lambioteiro.
É posible que o "xénero politicú" sexa unha regresión evolutiva, unha sorte de mutación xenética aberrante.
Hoxe na prensa recollen, só quedei coa idea, que a "movida" toda dos bancos e crise "dineraria" foi debida as persoeiros psicópatas.
Xa sabíamos que son o un por cento da humanidade, o cal é unha brutalidade.
Eu xa calculara que ese un por cento se concentra como un almíbar na política e alcanza o rango dun cinco á dez por cento, o cal fai que a actividade política de partidos sexa altamente perigosa, enfermiza, e a veces insufrible. Desde dentro, enténdase.
Parece ser que estos persoeiros caracterizados por unha ausencia total de moral, e unha incapacidade de distinguir entre o ben e o mal tamén se concentran en lugares de poder económico. Eu víaos en direccións de multinacionais, pero non pensara ( tampouco é tan difícil) velos no temón da banca trapalleira.
Para cheghra ehí teñen que concurrir varios factores, terán que ter unha intelixencia moi aguzada e outa capacidade de traballo, alén da falta de moral. O problema é que na política de "baixa cama" que é a que nos rodea, hai "psicópatas" concentrados por encima do un por cento, e non lles acompaña unha intelixencia sobranceira.
Salvo horrosas excepcións. Pola intelixencia, a psicopatía non ten tratamento, só teríamos que detectala. Difícil porque son encantadores de serpes.
Pista: Cherchez "el ego".
Dados os nicks dos posts asinados polo curmán de Rodríguez de la Fuente, esto parece unha primeira versión de "El lobo estepario", ou ben a semente de "Hombre lobo en París".
A fináis do XIX e principios do XX, foi moi famosa por toda a contorna próxima a Baños de Molgas e Vilar de Barrio a historia de "Teresa a Loba de Seirón". Según contan, levóu enganado ao marido a un lugar solitario, onde o amante de ela xa estaba esperando. Matárono entre os dous, cun coitelo e unha pedra. A historia inda é lembrada por os máis vellos do lugar.
Lupus NIgrum, nada teño contra o lobo, todo o contrario.
PAra que me crea, direille que un meu ascendente, das terras de Barra dse MIño, era coñecido polo alcume de O LOBO. Fachendeaba de ter matado un cabalo dunha súa puñada na cabeza do animal. E tívome no colo de neno máis dunha vez, algo de LOBO quedaría ...
Marcos, non me cabe a menor dúvida. Eu falo por oposición ó "popular", vulgo-"o pueblo". O pobo ten demonizado ó lobo. Pero sorpréndeme que nos contos populares o lobo é un probe diablo en maus da raposa. A raposa acaba facéndolle cabronadas extremadamente crueis. O lobo parece falto de intelixencia en oposición a raposa quen sempre vence.
Eu tentei manifestar a miña opinión fronte a que me transmitiron na casa; a casa, a cosmovisión que fai que eu sexa galego. Acontece que os que temos xa outras pátinas "culturais" como pode ser o noso caso xa vemos ó probe bicho doutra maneira.
Sorprendeume tamén que nun conto de carapuchiña vermella que lle lín hai poucos anos ó meu fillo, na nova versión "edulcorada", ou políticamente correcta, non matan ó lobo, bouran nel a paus e lévano en padiolas escarallado.
Non se atormente, dentro de pouco a violencia da soba estará mal vista e non sei que lle farán, "capturalo con unha rede e levalo a un centro de fauna para reeducalo". Para mín é moito pasarse.
Parece que no conto primeiro da carapuchiña vermella, en centroeuropa do século XVIII, pode ser?, o que leva a nena na cesta son viandas de moita consistencia, embutidos graxentos, viño...non andaban con coñas. Aghora que leva?, supoño que unha marmelada sen azúcre, sen colorantes, pan integral...Zumo de fruta...
Por que se refai todo? É correcto?.
Pode que ata certa edade sí, despois habería que recuperar os orixinais.
O ego dos psicópatas.
Parece ser, contouno un "pulízia" portugués, que despois de arrestar ó solitario, ían salir con él para metelo no celular que agardaba na rúa e o bandido quixo agoucharse e tapar o rostro.
A un policía ocurríuselle tirarlle do ego e díxolle:-"Pero home, es un dos criminosos máis importantes do mundo, es o criminoso máis importante despóis de Bin Ladin, como vas sair co rosto agachado"..
Consecuencia; a que vistes : "Hola españoles, soy el solitario". Tipos como este hainos na banca, na política, e no que máis medo me mete, nas trasnacionais do medicamento e da química. "Envenenamento difuso". Non aparente.
Tamén están "difuminados" entre a multitude.
Publicar un comentario