25 oct. 2008


Lume e barro, de Bieito Iglesias (23-10-08)

Amorte outoniza levou a Paul Newman sen armar moito barullo, cun mole ruxido da follateira caída e non co estronicio das balas que conxelan a súa imaxe (e a de Redford) contra o final de Dous homes e un destino. De tódolos seus papeis, lembro atalora o de pirómano que lle apuñan n´O longo e cálido verán. Porque os incendiarios de pendellos, cortes e palleiras non só pervagaban polo fosco Sul dos EEUU descrito por Faulkner, filmado por Ritt e representado por Newman; tamén na ruralía nosa houbo e hai individuos fascinados pola labareda (Certo é que, nos dous últimos anos, se viron chafados polas rogativas do Conselleiro Suárez Canal, propiciadoras de trepas de auga nos meses estivais).
Unha vez que ía cara a casa dos avós, calcando unha corredoira enlamada na que atuaba pernas e caxatas, recibín a axuda dun viandante atabanado que repetía esta absurda ladaíña: "Máquinas de coser, navallas de afeitar, máquinas de coser, navallas de afeitar..." Aínda que deseguida ensinou boas intencións e loitaba por soerguerme da lama, eu ben vía que estaba algo afumado polo cheiro a viño e porque, cando quería riparme da lagorza que me engulía, el propio caía comigo arrebollado naquel barro amasado e repisado polos pesuños das vacas. Tiven medo e vinme perdido para percorrer o escaso quilómetro que nos separaba da aldea.
Despois de lapexar na chapacuña durante interminables minutos, conseguín safarme do bulleiro e do bébedo, alancando apurado cara a casa dos vellos. Eles víronme chegar acorado e tamén avistaron o acompañante, mollado e embarrado coma min, feito un zalapastro. Cando lles preguntei quen era o meu torpe benefactor, contestaron co bico engurrado: "Anda por aí queimando palleiras".
Pasaron moitas lúas antes de eu saber que coñecera a unha personaxe faulkneriana, a un veciño do fantasmal condado (literario) de Yoknapatawpha.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

XDC reflexiona:

O fulano era "pirómano de palleiras". Dato interesante. Quere decir, que os pirómanos "especialízanse". Os "forestáis" son sólo unha variedade. O detective Carballo era pirómano de libros. En moitas novelas e filmes clásicos rematan por arder, de xeito fascinante, casas ou facendas que chegamos a odiar durante a historia, como en "Rebeca".
Moitos disfrutarían vendo arder, bibliotecas, sucursales de Facenda, etc. A fascinación polo lume non é "abstracta", sempre debe de estar asociada á natureza concreta do obxecto que arde. Os dirixentes da inquisición eran "pirómanos da xente". Posiblemente haxa moitos entre nós, pero dében de ter difícil a satisfacción práctica da sua manía. Un psicolóxico "mecanismo de defensa" contra as frustraciós, a "sustitución", fai que o "símbolo masa" galego por excelencia, o monte, acabe pagando por todos.

Anónimo dijo...

XDC propón exercicio mental:

Puntúen do un ao dez o grado de satisfacción que lles reportaría ver envoltos nas labaredas (Sin ninguén dentro, ou con xente, diferencien) os seguintes edificios:

-A Casa do Concello.
-A sede do PP.
-A sede do BNG.
-A do PSOE.
-As torres xelmelgas de NYC.
-A Biblioteca de Alexandría (QUé sorte, ser testigo de tal acontecemento histórico!).
-A Moncloa.
-O Congreso ou o Senado.
-A Academia da Garda Civil

Anónimo dijo...

XDC non para, debéu de comer lingua :

Esquecía falar do "pirómano de garaxes", variedade ben coñecida pola policía. En realidade debe de ser "pirómano de autos de luxo", redirixido. Tamén o "pirómano de caixeiros automáticos", e "pirómano de xente que dorme en caixeiros".
Fai falta un "Linneo" coma Lobo Neghro que taxonomice ben u mondillo ese.

Anónimo dijo...

Medela facendo acopio de auga bendita:
-Non, se xa o dicía eu. Estamos asistindo a un caso de posesión diabólica.
Talvez atinxa só ao Dakowa, talvez sexa un fenómeno colectivo.
Xa o dicía a miña avoa Concha (q.e.p.d.): "Non hai nada como os días de diario".
Saúdos, de todo o modo-

Anónimo dijo...

XDC Berra:


Non!!
H-Dios-O noon!!.

Nota: H-Dios-O = Auga benedicta.

Nas películas polo menos, a auga bendita ten comportamento altamente ácido. A auga bendita é unha disolución de espíritu santo en auga. Non se coñece a concentración de saturación a temperatura ambiente. O ph debe de ser 3 ou 4. Teño que neutralizalo con algunha base, pra dar SAL máis AUGA. A estatua de sal en que se convertéu a muller de Lot debéu ser fruto desa reacción química. A auga do Diluvio, algo semellante. Ou mellor, agarde Medela, que vou buscar algo de sodio puro e incendiamos o post dun xeito que ríase vostede do das palleiras.

Anónimo dijo...

Medela-Torquemada dixit:
As evidencias contra Vde. son esmagadoras, amigo Dakowa.
A min xa me cheiraba a can tanto dominio do wolof... Unha das probas en que máis reparan os exorcistas da Igrexa cando estudan un caso de argüída posesión é precisamente o dominio de linguas estrañas...
En Lugo cheiraba ao xofre cada vez que Vde. falaba cos chicos de Senegal; entre onte e hoxe, amighiño, Vde. falou uns trescentos idiomas. Apenas identifiquei o mingrelio, svan, laz, comanche, innuit, lapón, komi, mongol (interior e exterior), aranés, éuskaro (da parte navarro-francesa), sakhalo, caló, bereber, tagalo, e mesmo indicios de silbo gomero.
Ben, non pasaría nada... De non ser pola horrible reacción que Vde. amosa ante o contacto coa auga bendita.
Xa temos dúas probas irrefutables de posesión demoníaca. Só falta unha.

*Levita, Dakowa??
*A cabeza dálle voltas sobre si mesma??
*Blasfema sen se poder controlar ao reparar na presenza de ministros da igrexa católica??
*Considera seriamente a posibilidade de votar McCain/Pallin??

Ben, non se preocupe. Aquí lle estamos para o que faga falta.

Esperamos acontecementos, señor.

Anónimo dijo...

Medela: escríbame a onde xa sabe, que teño que falar con vostede. Saúdos.

Apicultor

Anónimo dijo...

Medela dixo:
Apicultor, lamento inmenso non encontrar o enlace co seu correo.
Escríbame Vde., por favor, aquí:
galeguistas@yahoo.com

Anónimo dijo...

Apicultor, encontrei o vínculo; xa lle enviei o correo.-

arume dos piñeiros dijo...

CUMPREANOS APICULTÓRICO
Un paxaro ben informado cóntame que hoxe cumpre o gran Apicultor algúns anos. Logo, Felicidades moitas e que o desfrute cos seus.

Anónimo dijo...

Moitas grazas, amigo Arume. Total son tan só trintaepouquiñosmáis.

Mais -cousas da vida- hoxe non o vou celebrar nin desfrutar. Estou só porque a familia foi a Compostela a unha exposición de cabalos do país da Consellería do Medio Rural, e porque hoxe teño moito, demasiado, no que traballar (e poucas ganas e escasa lucidez... todo hai que dicilo).

Mais tomarei un chupito de licor de froitas do Jerte á saúde de todos vostedes e, se mo permiten, tamén á miña.

Apicultor

Anónimo dijo...

I miei auguri da Chianciano Terme, bel amico Fabrizio, mio antico e indimenticabile amore. Io anche sono qui da sola. Il mio ultimo marito (tu sai, quello stronzo) è appena uscito per fare un giretto alla campagna. Baci da questa parte del mondo, un bel ricordo per tutto quello ch'una volta amiamo. Un martini leggeramente shakerato per te, sul mio giardino amato.
Laura, la tua Laura.

Anónimo dijo...

Liz Hurley:
Parabéns, sir Apicultor.
Estou co Medela, en Chaves...

Xaime dijo...

Nesta mañán outoniza
que amenceu unha hora maís tarde
onde a friaxe xa entra nas pedras e nas árbores
e o sol enche de luz
a cidade murada

Que cumpra moitos máis, señor das abellas

Anónimo dijo...

Felicitacións ao Apicultor polo seu cumpreanos outonal e que lle sigan moitísimos mais, intensos e sereos.

Dakowa, case me dan ganas de mudar a Jim Rairow.

Medela quería facerlle chegar un obxecto, vou intentalo polo correo que deixa.

Un saudo a Arume, a Xaime,Etxe, Marcos, a toda a viña. Esta tempada ando moi atarefado e non podo vendimar todo o que quixera.

Anónimo dijo...

Firmo
Jimi de Rairo

Anónimo dijo...

Moitas grazas, amigas e amigos todas e todos.

(Por certo, Xaime e Jimi de Rairo, escríbanme axiña a apicultor@mixmail.com, que teño algo importante que comunicarlles e traspapelei os seus enderezos).

Apicultor

Anónimo dijo...

Medela berrando:
Don Jimiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!!!!!!!!

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Para o Bee Man os Bee Gees

Anónimo dijo...

XDC pontifica:

Felicitación atrasada para o "Anónimo Político Cultural">ApC>Apicultor:PREMER.