ARREDOR DE CURROS (1-2-3)
Andoliña 22, 23, 24, outubro
Andoliña 22, 23, 24, outubro
Mediados os anos 90 do pasado século celebrouse nesta cidade, no Teatro Principal e organizado polo Clube Alexandre Bóveda, o primeiro Encontro de Escritores Ourensáns; anos despois, pasou a celebrarse no Liceo, da man da súa Sección de Literatura. O venres pasado tiña lugar o VI Encontro, que xirou arredor do poeta Curros Enríquez, no centenario da súa morte. Varias comunicacións xiraron arredor da vida e personalidade do celanovense, Antonio Piñeiro esculcou na familia da nai de Curros, descubrindo na súa xenealoxía remota ata un parente que traballou na Corte de Fernando VII e houbo algunha alusión a unha curiosa lenda familiar que aínda cinguiría máis o poeta coa monarquía; republicano convencido como era, non sei se Curros non se revolvería na súa tumba de coñecela.
Afonso Monxardín confrontou dúas épocas diversas da vida do escritor e as súas vivencias en Ourense e na Coruña; perseguido pola xerarquía eclesiástica na primeira e silenciado logo pola prensa católica auriense; coroado e gabado sempre na cidade herculina, onde contou co apoio entusiasta da opinión liberal, republicana e anarquista. Por iso dedicou á vila coruñesa algúns dos seus versos máis entusiastas.
Poeta rebelde, civil e comprometido, na personalidade de Curros Enríquez hai facetas de relevo descubertas nestes anos, sobre todo dende o Congreso Internacional de Celanova de 2001 coordenado por Alonso Montero (as actas están accesibles en Internet). No VI Encontro de Escritores Ourensáns falouse tamén da relación de Curros coas igrexas evanxélicas, tal como apuntara Patrocinio Ríos no 2001, e Francisco Xosé Fernández Naval relacionou isto co pulo evanxelista na comarca Celanova-Bande e co compromiso coa solidariedade destes colectivos, tan perseguidos daquela polo poder e polo catolicismo.
Outra clave coñecida foi a súa militancia masónica e arredor desa realidade interveu o presidente do PEN Club Galego, Luís González Tosar, que relacionou a Curros co destacado masón Romero Ortiz e explicou a súa etapa cubana e o seu destino final na Habana en base á forza da masonería na illa nos comezos do século XX. Sempre admirador das causas máis progresistas, Curros sería bolxevique de vivir uns anos despois, segundo Tosar, quen tamén revelou que entre as múltiples homenaxes currosianas celebradas neste ano, houbo unha, no cemiterio coruñés, apadriñada polas loxias galegas.
Remato hoxe esta crónica do VI Encontro de Escritores Ourensáns, dedicado a Curros e celebrado no Liceo ourensán. Despois de falar do Curros rebelde, masón e evanxélico, houbo tempo para ocuparse da súa lingua. E fixérono dous especialistas, o filólogo Serafín Alonso Pintos e o escritor Bieto Iglesias, que definiron a do noso poeta como unha lingua culta, literaria, aínda que compartise o poeta crenzas erradas da época como unha imposible orixe celta do noso idioma: daquela mandaban nisto os mitos dos historiadores sobre os filólogos.
Bieito Iglesias chamou a recuperar a cerna do galego ourensán, que conserva expresións propias como “Pan e coitelo” ou “Pensar na morte da becerra” ; vocábulos deste galego currosiano poden encontrarse na obra de autores portugueses de hoxe como Lobo Antunes ou Saramago. Sempre brillante, Bieito ten que afondar nestas teses e poñelas por escrito. Finalmente, Manuel Guede Oliva achegouse a ‘‘O meu Curros Enríquez’’, abondando na pegada do poeta na súa formación teatral, desde os tempos de Histrión 70 e a Auriense. Deixou sobre a mesa o reto, imaxinado por el mesmo cando dirixía o Centro Dramático Galego, de facer unha versión teatral de “O divino sainete”.

5 comentarios:
Hoxe o xornal ourensán La Región,na súa sección de hai 25,50 e 75 anos, publica: 24 de octubre de 1933 (...) "A petición del concejal señor González Salgado, el Ayuntamiento de Orense acordó la adquisición de materiales para la construcción del pedestal sobre el que se colocará el busto de Curros Enríquez, en el Grupo Escolar que lleva su nombre".
(Xosé Lois Carrión)
Ese era o seu avó, amigo Carrión, verdade?
(Dixo Apicultor)
Pois si, el é meu avó, amigo Apicultor.
(X.L.Carrión)
Un gran galeguista o seu avó, o Leuter Salgado. Con razón ten que estar ben orgullo del, amigo Carrión.
(Dixo Apicultor)
Esas fermosas verbas que o amigo Apicultor dedica ao meu avó,verbas que agradezo fondamente, fan que volvan á miña cabeza partes da homilía que o correspondente da Real Academia Galega, o franciscano Xosé Isorna, pronunciou no seu funeral.
(…) "Cando antonte, día 29 de marzal, se espallou, coma relampo de lóstrego, polas rúas de Ourense a triste nova da morte do amigo Leuter, deste grande home que nunca coñeceu a pequeneza de corazón, deste exemplar esposo, deste garimoso pai e avó, desta alma galeguista, en suma, deste ourensán, bó e xeneroso, que falaba con verbas tan quentes coma a auga das Burgas, e tan abertas e lumiosas coma os ollos da Ponte; a xente entón, non facía máis que perguntar:
- E de que morreu Leuter?
A resposta, miña e vosa, non podía ser outra que ésta:
- Finou do mal dos bós e xenerosos!: Morreu de amor á Terra!".
Na mesma homilia, frai Isorna lembrou tamén que “decía don Ramón Otero Pedrayo que o corazón de Leuter era un dos fogares máis acolledores que, entre os amigos, il tiña coñecido”. (…)
E diso eu como neto dou fe. A maior proba é que pasados xa 31 anos dende o seu pasamento aínda hoxe é frecuente escoitar falar das súas bondades, entrega e compromiso por parte de exalumnos/as que se convertiron en amigos/as seus pasados os anos. É un xeito cotiá de homenaxear, anonimamente e de corazón, a Leuter González Salgado.
(xosé lois carrión)
Publicar un comentario