26 oct 2008


O que paga a pena conservar

Por sorte, a nosa Praza Maior garda o engado e o celme dos tempos antigos: ben se ve nesta postal que garda como elemento orixinal esa espectacular central telefónica nun dos tellados. Tampouco existía aínda, nesta foto de Pacheco, a casa dos Almacenes Olmedo (1925), na extrema da rúa do Instituto. Realizada pola Fototipia Castañeira y Álvarez de Madrid, a postal circulaba a principios de século XX: esta, da colección de Carlos Díaz, viaxou a Vigo en 1913. A nosa Praza Maior, a medieval Praza do Campo, segue a ser o corazón da vida ourensá. Dalgún xeito mantén o sabor burgués e comercial dos tempos decimonónicos, días de alento insubmiso da burguesía liberal que a bautizou como Praza da Constitución e mesmo como Praza da República Federal.
Aquí, conta Cuevillas, acudían as xentes a berrar nos motíns, a emocionarse coas execucións da pena capital, a vitorear a proclamación dalgún rei ou dalgunha república, a confundirse no ledo rebulir do entroido ou a presenciar as solemnidades da Semana Santa. Na súa contorna, consérvanse algúns edificios ben fermosos como o que ocupou o Conservatorio, obra de Juan Darriba, ou o comercio de Fermín García, obra de Daniel Vázquez-Gulías.

23 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Curioso costume de ter todas as fiestras e todos os balcóns abertos. Parece mediodía. Podería saberse o día exacto con comprobar o grao de inclinación da sombra.

Anónimo dijo...

Don Marcos!!!!!!!!!!!!!!!!!

A ver cando pendura algunha fotografía do rural!!!!!!!!

Os de aldea tamén existimos!!!

Asdº.: Kyra Prosokova-Medela

Marcos Valcárcel López dijo...

don Medela, esa sección en principìo está pensada só para a cidade de Ourense...
pero alguén podería facer algo semellante coas paisaxes provinciais... anímese vostede!!!

Anónimo dijo...

Uffffffffffffffffff
Matoume, don Marcos.
Gustaría de enviar algunha fotografía, mais sempre dentro do "underground". Xa sabe, profesor, a señora en idade provecta que está a recoller nas patacas, na montaña de Lobeira, cunha toquilla, katiuskas, un pano de cabeza, e por riba do pano, coronando apocalipticamente, un gorro de la, deses dos senegaleses, de cor negra e cun rutilante símbolo da marihuana en verde bismuto.
Un respectuoso saúdo, don Marcos.

Asdo.: Kyra Medela

Anónimo dijo...

Ou a señora de Celaguantes (A Peroxa), ripando nas castañas, só Deus sabe por que, nunha gabia anónima dunha anónima estrada de terceira categoría, talvez preto de Gomesende, ou do Pinto, mellor Santa Comba de Bande, en día ventoso e chuviñento do mes de Santos.
A señora leva abrigo de pel e protexe o cabelo cheo de laca cunha bolsa de plástico que rotula (vermello sobre verde) “Pincha Precios-Bande”.
E o marido, retornado de Venezuela, sentado no Mercedes, fala para ela en galego encapsulado de hai trinta anos. E cando vai botar a partida no bar da rúa Pena Corneira… “Resién”, “Me dio flojera”, “El cojudo Sapatero”, “La vaina esta de los impuestos”, “Huevón”, etc…
Ouviu, don Marcos; Coppola tiña que rodar a terceira parte de ‘Apocalypse Now’ onda nós, en novembro, en tarde de orballo.
Iso é que son fotografías. Iso élle arte, señor profesor.

Asdº.: Kyra Medela

Anónimo dijo...

XDc says...

Teño entendido que é a única plaza maior de España que está torta. De ser certo, debería ser un reclamo turístico máis. A torre de Pisa é coñecida no mundo enteiro por o mero feito de estar torta.
Si fai falta, torcemos tamén a ponte "romana" pra que tamén sexa famosa. E torcemos as Burgas, tamén. O Santo Cristo, é o máis fácil de torcer. Qué vería poñerse de moda crucifixos tortos sobre unha base , afectados do contemporáneo gusto pola asimetría. E o famoso cabelo que medra, tamén torto.
"Tedes torta de preocuparvos", diría o Arume d.p.tan influenciado polo italiano. Nada de eso vai ser certo.

Anónimo dijo...

XDC sopla:

Veño de facer unha pequena xestión en Caixanova. Cando xa me marchaba da oficina, fixéime en que tiñan á venta participaciós de Lotería de Nadal do 80420. Un número coma outro calquera. Pero cando vin que a foto que levaba impresa era precisamente a do edificio da fotografía de este post, que hoxe é Centro Social de Caixanova, non o dudéi nin un segundo. Penséi: esto é un sinal divino.
Agora dóume conta de que tiña que ter collido máis que os miserables cinco euros que collín.

Anónimo dijo...

80420
2x(8+4+2)=28
(2x8+4):2=10
2x4=8
E comprado o 28/10/08.
Toca seguro. Vou pralá.

Anónimo dijo...

XDC.
Non, Anónimo, non.
O que quere decir é que o noso astro da sorte é o asteroide 80420.Como pode ver foi o único asteroide da serie descuberto..."o día 13!" do ...Decembro!...de 1999!:PREMER.

Anónimo dijo...

XDC

Agora, xa sólo faltaba que ese asteroide caera algún día na Plaza Maior de Ourense.

Anónimo dijo...

Srta. Kyra Medela, viúva de guerra.
Dakowa: Cómpreme un, porfa!!!!!!!!!
Grazas, obrigadinho!!!!!!!!
Convídoo a cear, xa que está sozinho.

Anónimo dijo...

Kyra:
Obrigadinha, pois.

Anónimo dijo...

¡Canto onanismo!

Anónimo dijo...

Vostede é ben mellor que Coppola. Póñase a executar, fagha cine, ou escriba...xa verá.

Eu só fun sorprendido por unha vella, vellísima; toda fardada de neghro, negrhísimo; pano a cachirula tamén de luto...cruzando a estrada a toda pastilla dediante do meu coche que caseque a atropello...pero os zapatos, eran unhes deportivos brancos inmaculados, marca ADIDAS. Quedei flipado.

Foi en velle. Hai anos.

asdo. virgo fidélis

Anónimo dijo...

Kyra de Lobeira dixit:


Na verdade, Rossellini tivo má sorte. Que azar non ser d'Ourense!!

Ben seguro que as Adidas da velliña eran da nora, ou da neta política... Auxiliar de clínica contratada, talvez caixeira do Continente ou opositora a notarías.

Deixounas en Velle, porque a neta política aínda non tiña marcado iso do consumo nos seus hábitos mentais... E a velliña ben as apañou. Un día foi regar os tacos con elas... Outro foi á misiña, á tarde. Ao final, pasado o inicial impacto, a rexouba e o aparente susto, todas as velliñas da parroquia incorporaron ao seu uniforme as zapatillas Adidas.

-'Sonche ben cómodas, chacha!'
-'A min vaimas traer o meu xenro!
-'E logo por que non as pos, Felisinda?? Non me sexas analfabeta'

E todo porque a neta política, Tania, Patricia, Susana ou no peor dos casos, Jessica, non se atreveu a deitar no lixo as Adidas; da mesma maneira, os avós de Tania, Paticia, Susana, ou Deus non o quixer, Jessica, non tiraban con nada... Lembra Vde. os bastidores dos carros arrimados ás paredes das palleiras cando ficaban fóra de servizo, para seren devorados pola eternidade??

A velliña devorou misticamente as Adidas, e moito máis pragmaticamente, dunha maneira simpática e posibilista.
Só tivo que superar un par de probas iniciais!!

Un abrazo, Lobo. Ah, estou enfadado para Vde., por non me enviar a fotografía.

Anónimo dijo...

Xúrolle por deus e por a virxe santisma que terá foto. Pero será an tropo lóxica, desas que tanto nos ghustan a nós.

Aínda hoxe fixen xestión por o da foto.Con un lobo que se atoba en Xinzo da Costa, so-pé da serra de San Mamede.
Faltábame a espingarda. Agharde e verá. Teña pacencia.

asdo: Spéculum justítie (L.)

Anónimo dijo...

Fotos que lembre e que pagharía moi caro por ter, inesquecibles e idas.

Viñeron a un cabodano os da aldea veciña, da parroquia, pero nós menospreciámolos porque a iglesia está na nosa aldea e non na deles. Non é casualidade tampouco, aghora sei que os Romanos xa estableceran unha casa "administrativa" na miña.

Tamén os do val do Arnoya nos desprecian a nós os Limiaus.

Foto: os veciños todos montados no remolque dun "trutor". Agharrados as baldas, todos de pé. Trinta ou corenta cidadáns que viñan a misa en "trutor". Renegridos, "nefeghados", pequenotes, dignos e solemnes. No remolque do trutor do Salustiano.

Asdo: Sedes Sapiéntie (L.)

Anónimo dijo...

Kyra Carapuchiña disse:
Eureka!
Eu pensara en Vde., non lle sei, talvez en farda de lobo feroz, e todos nós tornados caleidoscópica e medoña carapuchiña...

Anónimo dijo...

Seghunda foto. Xusto no cruce que vai da estrada de xunqueira de ambía para Allariz para a aldea dese home que deixou a fundación fernández ferreiro. Xusto ó pasar o edificio da fundación.

Iba un cazador de caza nunha Derbi de 50 cm. cúbicos. Coa espingarda no hombreiro, e o colega can sentadiño, moi ben ensinadiño detrás, na Derbi. Sentando o cú e as catro patiñas. E non pestenexaba.

asdo:Causa nostre laetitie (L.)

Anónimo dijo...

Kyri-elei-son. Os urbanitas non nos entenden , non.

Estes so saben de casas.


Asdo: VAs spirituále (L.)

Anónimo dijo...

Kyra Carapucha disse:

Inmesa forza plástica a das súas fotos, Lobo.
-Expression: Soleil levant-
Case lle perdoo a afrenta da fotografía.

*Aldea de Entrambos-Os-Ríos, na estrada Ponte da Barca/Ponte de Lima.
Motocicleta ruinosa pilotada por cidadán da república portuguesa con aspecto de ex-prisioneiro do FRELIMO. O cidadán leva viseira, patillas, barba de oito días e charuto. Cicatriz na meixela esquerda. Expresión patibularia.
A passageira, seguramente a esposa, fardada totalmente de negro, sentada de lado e cun casco deses decorados con estreliñas de purpurina dourada. Debaixo do capacete sobresaen os picos do pano negro. Ela agarra nun saco, que subitamente lle cae do colo. O saco comeza a dar pinchos na estrada!!!
Algo sobrenatural??
Non; eran tres porquiños...

Anónimo dijo...

Desemúleme, pero teño que irme.

Precisamente levo a Libraría Torga as fotos que fixen na rodaxe de "Os xirasoles cegos", eu de neghro cos outros corvos. Sale tamén Marta Arribas pero non me permite publicar nada. REspetémoslle a vontade. Xa bastante ten coa "cousa pública".

asdo: Vas honorábile (L.)

Anónimo dijo...

O que nos impacta "é um poema", como se diz na nossa fratria.

U "afoto" débollo, esquenza.
As débedas serán pagas.

Carapuchos tamén eran os ascendentes máis antergos da dinastía que nos ghoberna, os Borbóns. O fundador Hugo Capeto levaba unha carapucha na cachamea. Teño unha prenda ben antiga do Adolfito, o fillo dun xastre de Manzaneda, o sr. Adolfo, que non me dou desprendido dela. Ten un carapucho Celta para cubrir a testa.

Supoño que o fillo, que é moi presumido, pensa que o inventou él, pero élle pre-castrexo. Por eso o amo,( o carapucho) e tamén porque desde que perdín o pelo me torna o frío e me agharima.


Asdo:Vas insigne devotiónis (L.)