24 oct 2008


NORABOA, AGUSTÍN, unha vez máis


O maior galardón son os lectores"
Fernández Paz consolídase como unha figura internacional

MARÉ . SANTIAGO. FOTO: JULIAN MARTIN/efe
PAN POR PAN sábado 25 outubro
Premios. Hai poucos días a cultura galega recibía a excelente nova dun Premio Nacional de Ensaio para o libro de Xusto Beramendi “De provincia a nación: historia do galeguismo político”. Por suposto, o libro de Beramendi merece ese galardón, pero non debeu ser doado premiar dende España un ensaio en galego, ademais de clara defensa do nacionalismo galego como un movemento liberal e progresista. Agora sabemos que outro amigo, Agustín Fernández Paz, gañou o Premio Nacional na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil con “O único que queda é o amor”, novela que aquí mesmo mereceu as nosas gabanzas. Xa noutras ocasións a nosa literatura xuvenil gañara este mesmo galardón. "O libro está feito cos fíos da vida e ten unha dose de verdade e emoción que quizais poido tocar ó xurado este ano", di o propio autor da novela. Que volvo recomendar dende este curruncho.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Reciba o galardoado os meus parabéns.

Apicultor

Xaime dijo...

Se non lembra mal o Saavedra, xa lle dixen ó Agustín que ía ser galardonado, dando conta dunha tapa de polbo na ventá do Museo o 26 de Xuño de 2008, pero o que non adiviñei foi que fose este premio.
Noraboa

Anónimo dijo...

Mil millóns de felicidades a Agustín.
(AVMF)

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un agasallo melancólico para don Agustín: Knockin' on heaven's door de Antony and the Johnsons