27 oct. 2008

O poder do medo (M. V. en ANT. 16.10.2008)

Podería escribirse a historia da Humanidade facendo a historia do Medo no paso dos séculos: estamos aquí porque a nosa especie soubo sobreporse a iso e sobrevivir como tal. En todas as épocas houbo medos, moitos horrorosos e fantasiosos. O progreso científico e tecnolóxico fixo arrombar con algúns temores propios da cultura tradicional (e no camiño morreu unha boa parte da cultura popular), pero o concepto do medo como axente da historia non desapareceu, nin moito menos. Na clave política, o “medo fomentado” (ó terrorismo, ó Islam, ás bombas nucleares) serve moitas veces de escusa para xustificar políticas imperialistas e agresivas contra outros países. No mundo cotián existen, e son impulsados polos medios de comunicación, centos de “medos múltiples” que atinxen a todas as parcelas da realidade e todos os días lemos nos xornais algunha estatística sanitaria que nos inclúe xa nalgún dos moitos males posibles a padecer. En realidade todos estas fobias son irracionais como o son tamén a homofobia ou a xenofobia, que por desgraza están tan presentes no tecido social. Recentemente, un estudo de politólogos da Universidade de Nebraska relaciona a actitude política cunha estrutura cerebral: segundo estes investigadores a xente que non se asusta doadamente defende o pacifismo, o control de armas, unha política tolerante coa inmigración e o apoio económico ó Terceiro Mundo. En cambio, os máis asustadizos apoiarían o patriotismo, o gasto en defensa, a guerra de Iraq e a pena de morte. É moi discutible acreditar nas bases biolóxicas dos nosos temores cotiáns. En realidade calquera medo que nos arrede do presente e do noso ideal de felicidade é non só irracional e absurdo, senón tamén inútil e paralizante. A vida, ó cabo, vivida con consciencia e harmonía, é o mellor antídoto contra todos os medos de onte e de hoxe.

103 comentarios:

Anónimo dijo...

XDC recomenda o seguinte

Decálogo co control polo medo:

-Fomenta o medo ó crime si queres aumentar o nñumero de policías e de prisiós.
-Fomenta o medo ó paro si queres que traballen máis por menos cartos.
-Fomenta o medo ó SIDA si non queres que manteñan relaciós sexuáis.
-Fomenta o medo ós inmigrantes si queres lexislar pra que non veñan.
-Fomenta o medo ó terrorismo si queres restrinxir libertades civiles.
-Fomenta o medo ó caos si queres manteñer o status quo.
-Fomenta o medo ó fracaso si queres que non tomen iniciqtivas.
-Fomenta o medo a perdelo todo si queres que se conformen có que teñen.
-Fomenta o medo ó inferno si queres que os controle unha Igrexa.
-Fomenta o medo á libertade si queres que non exploten as suas potencialidades.

Anónimo dijo...

XDC dí:

A miña parienta vai en Brasil, de congreso.
Vai cagadiña de medo a que lle metan drogha na maleta, á volta.
Medos...medos...

Anónimo dijo...

Olé, polo artigo e polo comentario de XDC

Anónimo dijo...

Para Anónimo XDC: Statu quo: é o correcto. Status quo funcionaba para aquel grupo de los años 60 que pasó como una sombra musical sin dejar huella y que posiblemente usted recuerde (sólo usted: no creo que haya nadie más que lo recuerde, al menos, su música). "El miedo al caos para mantener el statu(s) quo": sería interesante destripar ese decálogo aparentemente anarquista: como todos los decálogos, incluido el de Moisés, no es sino una estrategia. Item más: otra cosa es la exacta utilización de la palabra "estatus". Descreo del tono didáctico pero, en fin, XDC cuando se aparece en el Sinaí, y baja con las tablas de la ley en las manos y la aureola refulgente a la altura de los (divinos) cuernos, como me toca un poco las pelotas y mi "status quo", perdón, statu quo.

Anónimo dijo...

XDC desbarra:
Si non lembro mal,os maiores éxitos de "Status Quo" foron nos 70. Dígoo porque nos 60 non iba eu aínda polo "TEXAS", a sala de xogos recreativos da rúa Bedoya que todos os ourensáns lembrarán. I eu lembro soar seguido alí "What´s your proposing...".

A primeira vez que lín eu sobre "status", palabra que me chocóu moito, foi en "EL zoo humano" de Desmond Morris,no 77. Falaba de "status e superstatus". Tiña eu quince anos, e faltaba ás clases de primeiro de BUP no recén estreado Instituto das Lagoas,pra ler os libros que eu mesmo escollía.Logo chegaban as faltas de asistencia á casa é había bronca. Graciñas por lembrame tempos idos.
O dos "cornos", debe de decilo por a coñecida historia da famosa estatua de Miguel Anxo, e non porque a miña parienta ande por Brasil, entre "garotos".
Imaxino que "Statu" terá a mesma orixe que "Estática", que era o título da primeira lección de calquer libro de Física Xeral. Non lembro moi ben de qué carallo iba o asunto. Só lembro que os problemas eran fodidos. A segunda lección "Dinámica do punto material" érao aínda máis . A terceira "Dinámica do sólido ríxido" era xa pra volverse tolo. No sei se a "Stasi" terá a mesma orixe, anque a xuzgar polo que se movían, imaxino que non.
No formato "Decálogo" as sentencias teñen máis forza psicolóxica. E si rimaran, inda terían máis. A próxima "versión", en "verso".

Anónimo dijo...

Vaia, XdC! Eu facíao unha miga conservata! Non será vostede un deses progres gafapastosos? (Xa sabe, un deses modernillos con "El País" debaixo do brazo)

Anónimo dijo...

O outro día estaba moi ghuapo XDC facendo unha entrevista nunha tele local, cun xersei multicolor de rombos e corvata. Un pelín soso para o meu gusto.

Anónimo dijo...

XDC dí:

Eu véxome a mín mesmo unha miga conservata, sí. En parte pode ser cousa da edade. Xa sabe aquelo do corazón ós vinte e da cabeza ós coarenta (e pico).
De todos os xeitos, fai tempo que cato á xente polo que fai, polo seu xeito de vivir, máis que polo que opina ou escribe ("Por as suas obras os coñeceredes"). Nese aspecto, coñezo a moitos "progres" de "EL PAÍS baixo o brazo" moitísimo maís conservadores ca mín.

Soso en pantalla claro que debo resultar. A TV tenos habituados a un certo grado de histrionismo nos presentadores, é máis "mediático". Eu móstrome como son, e si non gusto, que me cambien. Xa sabe: "Non cambies á xente, cambia de xente". Cada estilo induce a unha selección de audencia. Pola audiencia do "visual" é absurdo competir cós grandes canles. Prefiro chegar á audiencia "conceptual".

Grazas por o de guapo. Agradécese a certas edades, como o de "tenche boa duda", con senso explicado por o Medela. Cando era neniño, unha amiga da miña nae díxome "Pero que neno máis guapo!, eres o neno máis guapo do mundo!". Eu respodín, modesto: "Non, o máis guapo non. Debo de ser o segundo ou o terceiro".

A garavata tamén tiña rombos, pequeniños. Teño moitas garavatas. Cómproas por xunto desas do "todo a cen". Sáenme a dous euros. Como as uso habituadamente unha soa vez, agasállolle un mangado delas de vez en cando a un amigo vendedor, que as pon moito. Despóis de gravar o programa, fun tomar algo ó "Café Isaac" e díxome o dono, o Miguel: "Tanto rombo, pareces unha película pornográfica pra maiores de 18 anos". Pero boeno. Mesmo con garavata trato de poder "falar igual a fala nae e ser, có rostro erguido, mariñeiro e labrego da lingoaxe...". Fóiseme o santo ó ceo.
Onte, levéi ó plató a un sindicalista do Concello, o famoso Valcarce, que mantén un pulso mesmo nos xuzgados, cun concelleiro da corpración. Teño por costumbre preguntarlle ao invitado si prefire falar en galego ou castelán, i eu adáptome. Cando lle fixen esa pregunta, respondéume:"Eu falo sempre en castelán, pero gostaríame soltarme dunha vez en galego. Pero dame vergonza cometer faltas. Por certo, cómo se dí, vergonza ou vergoña?". Eu díxenlle: "Non sei,eu tampóuco che sei moito de eso. Dí como che de a gana, e non te acomplexes". Ao final, sáiremos hoxe falando en galego. E "que o ceo nos xuzgue".

Anónimo dijo...

Que sí, que sí, o que vostede diga: pero é statu quo e non status quo. Todas as derivacións que vostede faga (entre elas a sala de xogos de Bedoya onde perdín boa parte da miña vida: perdín, repito) quedan moi folclóricas e moi Ourense perdurable e o que vostede queira pero, aparte da música de Status Quo, a forma correcta de determinar a circunstancia da que vostede falaba é statu quo. O dos cornos era unhna broma que non ten nada que ver coas relacións entre persoas: que a súa dona ande ou non por Brasil non me interesa para nada. Quero decir, que se divirta ela, que vostede se divirta asemade e se sae con barbas san Antón e se non, que lle nomeen xefe da estación. Falando de estacións, prescinda das derivacións e volte conmigo ó statu quo.

Anónimo dijo...

Para XDC: Observo nas súas últimas entradas como un non sei que que quedan balbucindo (independetemente dos xerseis que vostede use ou non). As manifestacións do seu decálogo, as que eu aludín, non as defende senon como forma de manifestación (verso ou prosa). Vostede se considera máis progre cos que andan "co Pais baixo o brazo", do que se deduce que vostede pensa (como Jiménez Losantos, eureka) que os que lemos ese periódico presumimos desa triste palabra, "progres". Postos a urdir etiquetas convencionais, sinxelamente, ten vostede unha arte singular. Tirando do fío das súas convencións, penso que a pouco que entrene, podería cambiar a cadena local de TV pola COPE.

Anónimo dijo...

XDC aclara:
Pois claro que as manifestaciós do anterior decálogo son literatura "políticamente correcta" pura. Traducino ao galego pra poñelo no post, está por a rede, imaxinéi que o coñecían:PREMER. .Algunhas son demagóxicas. Parecéume interesate escribilas pra reflexionar sobre elas, sobre algunhas máis que sobre outras. "Facer pensar", máis que sentar cátedra. Cada un que chegue ás conclusiós que queira.

Si bromeaba sobre o do "status quo" era porque a estas alturas faime graza que alguén corrixa unha chorrada coma esa, fruto dun despiste que ningún dos expertos lingüistas do blog se molestóu en reseñar. Todos sabemos mirar no diccionario, chegado o caso. Esa clase de "pejigueras" corríxenas habitualmente queñes saben catro caralladas e quérenas facer constar.
A palabra "progre" non a uséi eu, en principio. Usóuna outro contertulio, i eu toméina pra contestarlle "nos seus propios termos", e sempre dun xeito "festivo". Pra mín, esa palabra perdéu senso xa a fináis dos anos setenta, cando se usaba en "Interviú" pra calificar aos xoves que facían orxías en grupo. O dos cornos toméino totalmente a coña, como corresponde á miña edade, fai máis de vinte anos que tiña vinte anos. Non tome as cousas tan a peito, perdón, a serio (e non me corrixa o de "a serio", é un guiño ao Medela), divírtase un pouco, que non vai sair vivo da vida.
O País tamén o leo eu, prácticamente a diario, case desde o número un, eso non significa nada. Na sala da lectura da biblioteca ourensá cando era noviño e non tiña cartos pra mercalo nin pra leelo nun café. Pode que me falle a memoria, pero X.L. Carrión, habitual de este blog, tamén estaba moitas veces alí, léndoo, daquela.
O seu comentario da Cope e do Jiménez Losantos non sei a qué ven nin qué pode significar. Da radio, sólo oio ás veces o programa local do Nespereira, ás mañás, en Radiovoz Ourense. Prácticamente nunca oio a radio nin vexo a TV. Non é que me enorgulezca de eso, simplemente cada un ten os seus hábitos e non hai tempo pra todo. Teño oído que a ese locutor e a esa emisora lle chaman "facha" ás veces, pero xa lle digo, eu non as oio. Se vostede quere con eso chamarme "facha" a mín, diréille que me soa aínda máis necio que "progre". E xa se sabe qué hai que facer coas palabras necias.
Xa lle dixen qué non oio a Cope, nin ningunha radio. Son "animal de lectura". A puntual colaboración nunha TV loca ofrecéronma no seu día, xa fai anos, e aceptéina porque literalmente me deixan facer o que me da a real gana có meu programa, e porque aprendo cousas facéndoo. Non aceptaría ningún cambio a ningún outro medio, primeiro, que non mo ofrecerán nuncan, non son un profesional do periodismo, e, segundo, porque estou demasiado habituado a facer o que me da a real gana (sigo solteiro aos 45) e non me metérei en nada do que non sexa eu o xefe.Prefiro ser cabeza de rato que rabo de león.

arume dos piñeiros dijo...

Eu leo EL PAÍS desde que teño ou parezo ter (ab)uso de razón. Je ne regrette rien de rien. Eu aprendín e aprendo moito lendo ese xornal, moitísimo máis que con calquera outro xornal que leo. Coma é para min tan familiar, coñezo perfectamente os seus defectos e calibro con precisión as súas liñas, por outra parte cambiantes ao longo do tempo en función de moitas coxunturas. Non estou enganado con eles. Nin moito menos.
É máis: eu COMPRO EL PAíS, o que nestes tempos debe resultar unha cousa completamente obsoleta.

Anónimo dijo...

XDc speaks to his friend Arume DP:

Home, Arume, claro que o PAÍS é, de todos os xornáis do mercado, o que máis se parece a unha enciclopedia en moitos aspectos. E os seus sesgos ideolóxicos, na dirección que todo o mundo coñece, son bastante menos descarados que os de outros xornáis, no doubt. EU léoo tomando un café, pero sei que os cartos estarían mellor gastados comprándoo sin máis. Tanta cafeína rematará por pasarme factura algún día.

Xaime dijo...

A mín EL PAIS, abúrreme.
Desaiuno ca Voz.
No banco que teño debaixo do despacho, danme LA RAZON que lles chega tódolos días. Nunha xestoría que son clientes meus e que vou a menudo teñen o ABC que se le nun ay, na tertulia olleo EL MUNDO.
Non soporto o xornal que vostedes, imaxinan, e que Manuel María con moito humor chamaba El Retroceso.

arume dos piñeiros dijo...

Vexo na voz unha deriva opusdeina ou democratacristián. Non sei que pensan vostedes?

lourixe dijo...

Don Xaime! Renegado! XD XD
Cos esforzos que fai El Progreso para criar coleccionábeis útiles para os seus lectores (posavasos, xadreces, cuberterías...) Nin sequera os bancos máis xenerosos ofrecen tanto ao domiciliar a nómina!
Eu paseime á prensa dixital para poder almorzar na cama coas novas do mundo próximo ou global. A edición papel de LVG ten a vantaxe de poder facer o encrucillado de Cabana.
Para Arume: según el Mundo, LVG é nacionalista radical.

Anónimo dijo...

Para XDC, entrada 12:56: Xa, xa. Vostede non podía pensar que habería xente que se fixara nesas cousiñas, etcétera, etcétera. Entomólogos, causa perdida, insufribles. Esas nimiedades que non serven de nada e etcétera e etcétera. Craro, craro. Estratexia bancaria: vaia por Deus, e vostede leu a letra pequena e esas cláusulas que non valen para nada e etcétera, etcétera. O certo e que non respondeu: STATU QUO, ¡cona!, e non "vaia, un tipo que corrixe esa nimiedade. Bastaría con decir "foi un erro de dixitación" ou "non tiña nin idea do asunto". Pois por isa nimiedade pode un empezar a disculpar outras nimidades lingüísticas e, xa postos, desculpamos todo o Mein Kampk ou Camino porque son una ristra de animaladas encadeadas que non teñen a menor imporotancia e etcétera, etcétera.

Anónimo dijo...

Júlio Medela de Lobeira disse:

Eu leo, na Región, as necroloxías. Hai algunha, con todo o respecto, fabulosa.
Don José Expósito Dasilva
(trapalleiro de Quenlle)

Tamén me gusta o suplemento dominical ese, o 'Vida': As reportaxes no agosto sobre, por exemplo, "Ourensanos en Samil (al agua patos)" [sic], son antolóxicas: 'Clamores, José Manuel, Benita, Jonathan, Thalía y Castora, una familia de Ourense combatiendo el calor con un buen chapuzón'.

El País non me gusta. É demasiado ortodoxo, demasiado madrileño; supoño que así será o Pravda.

La Voz de Galicia é horrenda.
O Progreso-Retroceso de Lugo, non deixa de ter unha estraña fascinación, para min.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

E que xa fodería que na TV onde vostede colabora non o deixaran facer o que quere. Se unha tele que comenza a aparecer no medio audiovisual, xa que logo tres ou catro anos non é moito (non critico: ó contrario, eu a vexo con regularidade e penso que ten dous ou tres programas interesantes, moito máis que calquera outra das locais, eso seguro, e que outras de ámbito máis amplo) censura, mal vamos. Eso é o que fan as emisoras grandes (numérica e económicamente). No seu retruco ás miñas verbas aduce (non é literal) que o que correxín é unha chorrada e que calquera, chegado ó caso, pode ir a un diccionario e que, ademáis, deso só se ocupan os que saben catro tonterías e máis ou menos alardean. Ben 1): eu sei catro tonterías, non máis, das que ademáis dubido; Ben 2), pode ser certo todo o que vostede di. Pero:
1)o que fai a cita mal e vostede (transforma un latín nun latinajo. Manteño o latinajo que é máis contundente que latinaxo, se existe).
2)eu lle dixen que o latinajo está mal escrito, que contén un erro.
3)vostede argumenta que a miña correción é froito dun descoñecemento case absoluto e que é producto de ganas de tocar as pelotas porque resulta unha tontería que debería (eu) pasar por alto.
4)estou no meu dereito de pasalo por alto ou non.
5)vostede non aduce ningún razoamento válido nen intelixente senon unha descalificación hacia quen lle fixo notar que había un erro no latinajo.
Ou sexa, as cousas quedan como están. Admitindo, pola miña banda, que as consideracións acerca do País e dos progres proviñan rebotadas doutro contertulio e que nese aspecto teñe vostede razón. Pero engado o inciso: fanme rir moitos dos que din: "Non, eu non leo o País porque é tendencioso, paseime ó Mundo, ou ABC ou A Razón", como se esos xornais nono foran. E postos a elixir na merda cadaquen elixe a que desexa pero eu sigo a pensar que a merda con tres etrelas Michelin na guía de xornais española (¡SÍ!) é EL PAÍS, peaso periódico independiente de la mañana, ele tus cohone.

Anónimo dijo...

Para Medela: Vida, aí lle ronca. Se non é necesaria La Región: que editen VIDA todolos días e unha petite sección de esquelas. Eso sí: que non falten nunca as cartas que manda un/unha tal Ancla a Cartas al Director, del tipo:
Ya está aquí el dorado otoño/
Fulgen las orillas del grisáceo Miño/
Tengo ya unas ganas de rascarme el (... ¡piiiii!)/
Le voy a rezar a don Ángel Temiño.
(Asinado: Chesi. Non sei se edita os post que non van como anónimos)

Anónimo dijo...

Julio Medela Prosokov, para Chesi:
jajajajajajajajajajajajajajaja

Los independientes de O Barco critican la poda de los árboles del paseo...

E aquela necrolóxica:
Rogad a Dios en caridad...
DON AVELINO CARIDE POUSA
(O cego de Gomesende-Suegro de José Cid Balado, de aluminios Cid-Viúdo de Delfina González, de Distribuciones Cachaldora)

Anónimo dijo...

Si, seino, viudo non leva acento en castellano.
Perdón...

Anónimo dijo...

Como chove viudiño/como viudiño chove/pola banda de Laíño/pola banda de Lestrove.
Xa falara deso Rosalía Mera de Castro.
(Chesi)

Anónimo dijo...

Na "Voz", que de lonxe é o mellor boletín galego, vexo, qué sei eu, sr dos Piñeiros, unha vea antinacionalista. E punto. Tamén escribe moito señorito de la Curuña.
O "Retroceso" está ben para envolver unha folla de bacallao e, cando nos aperte aínda máis a crise económica, limpar o excusado no excusado.
"El Correo Gallego", ese tebeo que acompaña a "El Mundo", é o xornal dos construtores, dos propietarios de pisos da capital e dos chupatintas xunteiros de Santiago. Canto máis Gaiás, Macabeos e Toñis Vicentes xuntoiras, moito mellor para eles.
"Galicia Hoxe" é ese xornal onde podemos ver o sorriso colgate (pronuciese "colgueit") do noso Quin, inaugurando algunha cousa: cineclubes, asociacións de amas de casa, etc, cousas con moito futuro e dos nosos días.
"El País" cómprano os gafapastosos modernillos de Madrid y provincias (para iso ten seccións), así como tamén algún funcionario do ensino (público, claro).
O xornal "La razón" cómprao ese señor baixiño, madrileño ou castelán, permanente cabreado por pagar moitos impostos e abrirlles a reixa aos inmigrantes.
"ABC" é o xornal da xente bién, fetén, pastosa. Danlle caña a zetapé pero sen perder as formas. Coma "La razón", inclúe unha magnífica sección dedicada á "fiesta nacional".
"La Vanguardia" (antes "española") é o xornal dos dereitistas vergonzantes que aínda quedan en Catalueña. Xa saben: esa xente do PP e de Unió. Sempre están a pedir "pactos" con quen sexa polo "ben común".
"El Mundo" é o periódico que nos informou amplamente da trama de ETA no atentado do 11 de marzo. Só por iso Pedrojeta xa merecía o Pulitzer.

Xaime dijo...

Aclararlle o anónimo das 5:02, que eu non leo EL PAIS, por que non me da a gana, non dixen, efectivamente como outros que é tendencioso.
Tendenciosos son LA RAZON, ABC e EL MUNDO, e me encantan.

Xaime dijo...

LOURIXE:

Non se escurra e cóntenos, descríbanos, relátenos como almorza vostede de mañán co PC e ca Voz a un tempo e por riba fai o silabeiro do Darío, todo eso na cama.
Esfórzese, musa da Terra Chá.

Anónimo dijo...

XDC dí.

Postos a facer constar os erros na miña escrita , poderian facer constar os que cometo no galego, que son bastantes maís que no latín, e que tampouco me quitan o sono.
Os meus escritos no blog, e creo que os de moitos contertulios, teñen o carácter de "borradores publicados". EScribir un sms, ou publicar nun fío de comentarios, non é publicar un libro ou escribir na prensa escrita.

Anónimo dijo...

Perdón polo erro. Debín poñer "s.m.s.".

Anónimo dijo...

Xohan da Coba dí:


Perdón unha vez máis. Non puxen tile no "i" de poderían, e puxen "maís" no canto de máis", ou de "mais", que en galego non sei cómo van as tiles.
Igual teño que deixar de escribir no blog. A miñas grallas deben de dañar a vista, e facer insufribles os meus trextos.
Esquecín o sangrado da primeira liña. Glups.

Anónimo dijo...

(Pego eiquí o que puxen nun fío equivocado)

Querido e ademirado, desde o anonimato, XdC: vostede ten o don da comunicación. Con iso xa abonda, vírgula máis ou menos ben posta. Dá gusto lelo a vostede. Non é o seu galego de piscifactoria, nin desconxelado directamente do español. Parabéns.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu para poñerme a ton fun hoxe a General Óptica: teño unhas gafas ao aire (creo que se chaman asi) que me dan aspecto de galán madurito (deses que tanto anuncian o penis extensor coma o abrótano macho) pero non de lector de EL PAÍS que é o que eu son (o de galán tamén, pero hai que variar). Vou mercar unhas gafaspastas que van fundir o misterio: eso sí de Prada (a tope), superpijas para que non me confundan coa harka de intelectualiyos culturetas.
Outrosí: non sei se ler o xornal de atrás para diante singulariza. Vostedes dirán.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Anónimo das 6.17, escríbame a cconcheiros@hotmail.com. Please.

Xaime dijo...

Anónimo, nin se lle ocurra escribirlle o Arume a ese correo, xa que si o fai énchelle o PC de virus.
A mín xa mo fixo e gastei máis de 300 € en limpialo.

De todos modos eu dígolle para que quere que lle escriba: quere quedar con vostede, xa que é vostede moi interesante.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Delapierre, creo que Lourixe pasa. Non é por nada. Conte vostede onde le o Mintireiro Verdadeiro.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Michael Douglas bicando a un lector de EL PAIS.

Xaime dijo...

Voulles contar unha anécdota que me pasou fai pouco, a propósito do Mintireiro Verdadeiro, que é un pouco o Gaiteiro de Lugo, un libriño que publica e edita gratuitamente o prelo da Diputación e que algunhas persoas andan a sacarlle algo vendedoó na rúa.
No final da Raíña ca praza de Santo Domingo sempre se pon un persoaxe que só aparece por Lugo, cando vende o gaiteiro e sempre coincide co San Froilán.
Como coincidimos algunhas veces nas casetas do Pulpo, el vendedo e eu comendo, pensou que eu era alguén importante -que o son- pero corrompible e comprable.
Pois vai o home e ofréceme 1 €, por cada gaiteiro que vendera na caseta na miña mesa.
Nin que dicir ten que o próximo contubernio pago eu co que fixen das comisións do Gaiteiro de Lugo.

Anónimo dijo...

É merecente de ser coronado "ácrata absoluto":

Xoan da Cova.

Asdo: Rosa Mystica (linneo), chefa do movemento ácrata surrealista.

Anónimo dijo...

O Arume dos piñeiros ten raios "x" nos ollos.

asdo: Turris Davídica (Linneo).

Anónimo dijo...

O Medelinha é ghótico-panteista-cuasi siniestro.

asdo: Turris Ebúrnea (linneo).

Anónimo dijo...

ISTE ANO FAREMOLO CONTUBERNIO-MAGOSTO NA FINCA DA MIÑA NAI, NO MONTE DE VENUS, PERO POR MOR DOS INCENDIOS FAREMOLO NO MEDIO, NO CORTALUMES, XA QUE E A ZONA MAIS HUMEDA E RESGUARDADA DO VENTO.
TODOLOS QUE QUEIRADES PARTICIPAR IDE PRIMEIRO CO MEU PAI QUE VOS ENSINE A MALEZA QUE ROZAR.
ESPEREMOS NON VEÑAN OS GITANOS DO ANO PASADO A ASAR OS SEUS CHOURIZOS NO LUME.

Anónimo dijo...

Acratus Vulgaris Signatus,dÍ:


Lea,lea,Linneo:PREMER.

Anónimo dijo...

XDC dit:

Eu, do ABC tentaba de resolver o problema de xedrez do Román Torán, fai tantos anos, cando os facía el. Inda hoxe penso que eran imposibles, que era un engañabobos. PEro deespóis de volverme tolo con eles, os da Voz parecíanme de párvuliños.

Eu desauno coa Rexión, e o primeiro que leo é a columna do Marcos. Non é peloteo, non, é a verdade. Como algunha falóu de mín...sempre queda ese bichiño.Logo, as esquelas. O resto de ese e outros xornáis agarda hasta a hora do vermú.

lourixe dijo...

Arume mentireiro! Como vou pasar eu de Don Xaime?
Eu almorzo con prensa dixital porque teño un portátil colocadiño nunha mesa moi práctica para o usar desde a cama.
O encrucillado de Cabana, cando o fago, é polas tardes nalgún bar, en boa compaña.

Anónimo dijo...

XDC dí:

Esquecín decirlle ao Anónimo Corrector das 4:45 que non é "Mein Kampk" senón "Mein Kampf".

"Si ghaben eine grosse Fela maghen, main froind".

Anónimo dijo...

Ácratus signatus (L.). Flipo coas similitudes con Isis e demáis fauna. Andan a falar de biodiversidade.

Vou seguir coa letanía ata agotar as "personalidades", despois escomenzo con outra cousa.

asdo: Domus Áurea (L.).

xa sabe que o de Linneo (L.) é para disimular. Non vai ser que me caia un chuzo do ceo.
O pensamento máxico está metido moi fondo.

Anónimo dijo...

Medela gótico-panteísta.
Lobo, que día é o magosto contubernial??
Lembre que preciso a súa foto para o cartaz conmemorativo-anunciador.-

Anónimo dijo...

medela disse:
magosto, "magus ustus", a queima do mago. É dicir, seguindo a James Frazer, sacrificio ritual humano para celebrar o ano novo pre-cristián.

lourixe dijo...

Prezado XDC, independentemente da -ehem- "fonética", o participio de "machen" é "gemacht".

Anónimo dijo...

medela repetitivo:
Non falta quen derive magosto de "magnum ustum", grande fogueira.

Anónimo dijo...

XDC sagt:

Du bist recht, meine liebe Lourixe.Tut mihr leid. Ich habe, vielleicht, zuviel rot Wein heute getrunken. Ich bin, du weiss, ganz allein und die Nacht ist so dunkel...

Anónimo dijo...

XDC dí:

Moito medo e pouca vergonza:PREMER.

Anónimo dijo...

XDC canta:

Onde foron todos os posteadores,
Tanto tempo fai que non escriben
Colléronos as rapazas
Cando aprenderán dunha vez...

lourixe dijo...

Um auf Deutsch richtig gut zu schreiben muss man aber lieber Bier trinken!

Anónimo dijo...

Si, iso pasáballe a unha rapaza que coñecín hai tempo, pero neste caso era o inglés o que lle saía fluído. Chamábanlle "Marina Mercante" e non, non era quen están pensando. Como o dos frikis aínda non estaba inventado, a xente dicía dela que estaba "de traca maraca".
O seu plaisir eran os mariños ingleses e americanos que chegaban ao porto da Coruña. Liábase co primeiro que vía a tiro. Logo acompañábao de taceo polos chiringos da rúa dos Olmos, pola das Viuvas, ou a probar os tigres raibosos. Cando estaba ben bébeda, soltábase co inglés. De feito, a súa fluidez comunicativa non era incompatible co ben que pronunciaba. Mailo arrastre dalgunhas vocais polos excesos do garrafón e do Riparium de matute, o mesmo Henry Higgins daríalle un dez á súa pronuncia.

Anónimo dijo...

Neste simpático vídeo Antonio Gala bótalle uns piropos a Isabel la Católica, esa grande raíña dos galegos, moito mellor que a "profesional" actual.

http://es.youtube.com/watch?v=UtA87EHt84g&feature=related

Só por ver o careto horrorizado do Matías Prats xa merece a pena perder dous minutos.

Anónimo dijo...

Pois eu non penso perder un segundo en ver ese vídeo, e ti tampouco deberías perdelo en tales chorradas. Tes que procurar outras cousas máis interesantes que facer.

Anónimo dijo...

Pois eu veño de pasar un bó rato véndoo, sí señor. Anónimo, tiña que ter posto "piropos" entre vírguliñas, home:PREMER.

Anónimo dijo...

Agora vai resultar que os nacionalistas pesudoradicais teñen a Antonio Gala como ideólogo. Ver para crer!

Anónimo dijo...

Medela, na miña aldea o magosto era no adro da iglesia, o un de novembro, parece ser que significaba unha comunión coas almas dos defuntos que se manifestaban ó estourar unha castaña. Aínda o vivín, e aínda se repite o magosto nestes días pero xa fora do adro e sen esas connotacións. Nunca foi no San Martiño como en ourense.

Asdo:Jánua Céli (L.)

arume dos piñeiros dijo...

Para min o magosto é comer castañas (e papar un frío que nin diola). O mesmo pasa cos santos e cos defuntos: lembrar os mortos e pouco máis. O peor destes días é escoitarmos as infinitas explicacións de orixes, contaminacións cristiáns sobre paganías, datas que coinciden cos solsticios equinocciais ou equinoccios eclípticos, deturpacións dunha festa euquesei se celta, sueva, goda, huna ou hitita, sempre por suposto relacionada coa morte, coa vida e co coito universal. É tempo propicio para a elucubración fantástica e para a antropoloxía de todo a cen que sempre funciona. Os simbolismos, como a terra, para quen os traballa.
Vou tomar un Ribera del Duero (López Cristóbal) cuns scampi (Dacova, lémbrase?) ás súas saúdes.

Anónimo dijo...

Sintoo, pero eu preciso da antropoloxía, como tamén da naturaleza, da música, da pintura, e en menor medida da literatura.

Sonme un bálsamo.

E os riberas del duero tamén.

Cite, cite que serán bemvidos.

Asdo:Stella Matutina (L.)

Anónimo dijo...

Lembro, Arume dP, lembro .

(Adastora veño "perxudicado" polos viños biancos, chupitos de herbas e licor de oruxo que toméi có Medela na Ziralla (Allariz). Non me faga pensar moito, que xa bastante sorte tuven que non me fiseran soprar polo camiño os vikingos.
Pra falar có Medela, anque sexa tomando copas, hai que levar unha libreta de apuntes no peto).

Anónimo dijo...

O lobo, cño de Stella Matutina, fíxome lembrar esta balada dos Escorpiós:PREMER.

Anónimo dijo...

XDC ,parla piu piano e nessuno ascolta:

Esquece un aspecto esencial do magosto, mio caro Arume dP,o máis importante, que é o chinarse coa cinsa na cara, nas maus, e chinar aos outros, mellor contra a sua vontade, hasta que todos parezan unhos (des)aparecidos.
Homes e mulleres, comidos e bebidos , chinados, invisibles, deitados rente a obscuridade, ese camiño...

arume dos piñeiros dijo...

Cambiei scampi por cecina de León e ribera por mencía. Pero para o efecto das súas saúdes nada mudou. Ten vostede razón, mon ami Dacova, o mellor é estar deitados, deitados un contra outro, con cinza ou sen ela. Podo afirmar que o bombai con tónica estaba caralludo, pero eu preferín tomar outra cousa. Mágoa de Medela en estado febril. Outra vez será.

Anónimo dijo...

Medela para Arume:
Vou coa muller e a cuñada ata o cemiterio de Allariz, para lle rezarmos aos antepasados delas. Aproveito para honrar a don Vicente Risco.
Mañá toca Lobeira (a miña avoa Concha e máis a miña tataravoa).

Chove.

Despois fágolle un pormenorizado relatorio do mini-contubernio de onte, en Allariz.

Estou, alén diso, 'a flipar' co comentario que fixo Dacoba, ás 02:07; efectivamente, non faltan antropólogos que opinen que as caras tisnadas dos moz@s no magosto son, na realidade, imitacións ou invocacións subconscientes das procesións de mortos, tal e como o famoso friso betanceiro do sepulcro de Freire de Andrade.

Ben, Arume, non revire o fociño...

Anónimo dijo...

Xan Da Cuba, Medela Bebedela, Arumes do Duero, Contubernio Líquido... Claro, logo vemos Allariz/Ziralla do rivés. Non me estraña. E eu que pensaba que estes das uvas eran xente seria e responsable. E de "secano". Vaiche boa. Polo que conta o Da Cuba, Allariz debe ser un antro de perdición e o Medela un demo de barrica, que non de barricada. Mira que como pape chupitos como bota palabras... Asús, que calaveras líquidos nos sairon os amigos das uvas.

Anónimo dijo...

Medela

Pois. Élle certo. Onte cheguei á casa... Non lle sei... Imaxine unha xuntanza de "Tonton Macoute" despois de celebrar o éxito electoral dun referendum de Duvalier. Case.

Saúdos!

Anónimo dijo...

Certo Dacova, aghora lembro o intento de achegamento dunha rapaza nun magosto. O xeito que tivo de chinarme comunicaba moito. O viño e a festa romperan o carambelo e as ataduras da civilización xudeo-cristiá.Pero eu precisei de algúns anos para decatarme do que se me ofrecía.

Ps.Cando estabamos no instituto, unha moza deixoume por demasiado intelectual. Lembra vostede?. Mire como acabamos. Cantas horas lle dedicamos a este blog. Que non estaremos a perder?. E considere que eu non son dos máis intelectuais precisamente.

asdo: refugio peccatórum (L.)

Anónimo dijo...

Hai quen dí que as actividades intelectuais son pouco compatibles co moito "fornicio", porque ambas actividades consumen fóforo abondo.

Creo que hai unha relación inversamente proporcional entre actividades lúbricas e "lubricidade intelectual" reflexada neste blog coa moita participación.

Alén de ácratas absolutos, podemos coronar : o que menos fode. Sería o que máis escribe; nº 1, Arume, e arumito, ; nº2 xoan ; nº 3 Mr. abelleiro; nº 4 non o quero saber...por algho será.

Pero non é certo, o medela, que é moi listo, agóchase baixo moitos telúricos e intrahistóricos apelidos . Habería que refacer o ránking.

Xa sabemes quenes son os cinco primeiros, alén do anfitrión, que dun xeito ou doutro latrican en lugar de trebellar.
Si, si. O fósforo é un ben escaso. Por certo, entraron os especuladores a compralo?. Despois da vivenda, do petróleo, dos cereais, dos metais...démoslle ideas...fósforoooo. PH.
Ou granito.

Asdo: Consolátrix aflictórum (L.)

arume dos piñeiros dijo...

Vaites, vaites. Blogueiro latricador pouco fodedor. Esta si que é boa.

Anónimo dijo...

Algo diso hai, porque eu desde que escribo menos noto a camarada mais feliz e contenta. Por fin abandonaches un pouco a pantalla e voltaches á realidade, díxome non hai moito. Despois da intervención científicamente incuestionable de Consolátrix e omplacente e xeneroso como son, desde hoxe mesmo deixo de escribir para aumentar o "volume" de satisfación da camarada.

Arumes, non te fagas o machote e recoñece humildemente que tanta escritura acrecentou a flacidez del que otrora fuera un fenómeno de masas femeninas.

O Medela, sendo como é un torrente de escritura, non ten nada que facer porque hai tempo que se lle secaron as fontes da natureza. A cousa non ten remedio nin por moito que vaia honrar a don Vicente Risco, outro que tal.

Anónimo dijo...

--------------------------------------------------------------------------------

Hoxe en La Vanguardia.

Autor maldito de las letras gallegas
ANXO REI BALLESTEROS (1952-2008)

Escritor ANXO LUGILDE - 01/11/2008

Sus amigos aseguran que no tenía ni móvil ni correo electrónico y que había que localizarlo a la vieja usanza, a través del teléfono de unos vecinos. Considerado un autor maldito y de culto en la literatura gallega, Anxo Rei Ballesteros falleció el pasado miércoles en Vigo. Había nacido en 1952 en Boqueixón (A Coruña), en la comarca de Santiago de Compostela, por cuya universidad se licenció en Derecho. De su obra destaca, sobre todo, su primera novela Dos anxos e dos mortos,publicada en 1977.

Ambientado en el Santiago estudiantil de la transición democrática, el libro representa también la memoria de un momento trascendental en la historia contemporánea de Galicia. "Dos anxos e dos mortos representó una especie de golpe generacional, porque con ella irrumpió su autor en la literatura gallega, pero también toda una generación que se vio reflejada en esa novela. Era la primera vez seguramente que una novela gallega hablaba de la gente que estudiaba en aquel momento en Santiago, de sus angustias y zozobras posteriores a la adolescencia y en aquellos escenarios reconocibles, en los que alternaban el día y la noche", afirma el crítico Damián Villalaín.

Ganador de varios premios como el Pedrón de Ouro, el Ramón Piñeiro y el Losada Diéguez, Ballesteros decía que le gustaba escribir despacio, con tranquilidad y a su propio ritmo. Era un gran admirador de Hamlet. Otras de sus obras son Xogos de damas,Tempo de vinganza,Loaira y su última novela, Non sei cando non veremos.

Volver arriba


Convidado






Publicado: Sab Nov 01, 2008 3:28 pm Asunto:

--------------------------------------------------------------------------------

A literatura galega lembra a Anxo Rei Ballesteros, o autor rebelde
Faleceu en Vigo despois dunha longa enfermidade. Será soterrado este venres á unha do mediodía no Barqueiro. Falamos con diferentes persoas sobre este escritor.

Marcos S. Pérez - 19:30 30/10/2008
Tags: Anxo Rei Ballesteros pasamento
Anxo Rei Ballesteros non foi un autor de best-sellers. Eloxiado pola crítica e polos autores da súa xeración, non acadou esa mesma visibilidade entre os lectores, e a súa morte tivo unha trascendencia pública moi inferior á que a importancia da súa obra merecería. O tempo será o encargado de dicir se estamos despedindo a un dos autores clave da literatura galega das últimas décadas.

O tempo. Para falar de Anxo Rei Ballesteros hai que falar do tempo. É fundamental na súa obra, nas temáticas dos seus escritos. Por exemplo en Tempo e vinganza (2003), unha análise sobre a concepción do tempo na modernidade a través do Hamlet de Shakespeare, polo que recibiu o premio Ramón Piñeiro en 2002. Foi fundamental tamén na medida en que a as súas obras marcaron toda unha xeración, a que nos anos setenta estudaba na Universidade de Santiago, a través da foto fixa que con brillatez lle tirou en Dos Anxos e dos Mortos.

Finalmente, non hai que esquecer que Ballesteros vivía un tempo persoal, distinto aos ritmos que esixen a publicación acelerada de novas obras: deu para o prelo apenas media ducia de obras. Nunha entrevista concedida ao Diario Cultural da Radio Galega en 2005 denunciaba as "présas para nada" daqueles que vivían esa obsesión pola velocidade, "non se decatan o que está a pasar", dicía. A este respecto, o profesor Xosé M. Salgado di que Rei Ballesteros lle recorda a "eses traballadores perfeccionistas que non se apuran en dar os seus textos para a publicación", de aí a súa produción limitada en cantidade, "pero a historia da literatura non pode xulgar pola cantidade", destaca para concluír que a obra que deixa é "moi valiosa". "Hai moitos autores que fican na incomprensión, no ostracismo, cando pola contra temos que soportar obras difíciles de dixerir, pero que se publican porque teñen iso que se chama 'mercado'".

Para Xosé María Álvarez Cáccamo, a explicación da escasa visibilidade social das súas obras, malia o interese que espertou en críticos e autores, hai que buscala en dous factores: "a non visibilidade era a súa opción persoal: vivir á marxe do sistema literario; despois hai que entender que a súa obra era rupturista".

Dos Anxos e dos Mortos
Damián Villalaín recorda o "golpe xeracional" que supuxo a publicación de Dos Anxos e dos Mortos en 1977, un libro no que el e toda a súa xeración se ven reflectidos. "Nese libro estabamos todos nós", di tamén Álvarez Cáccamo, "naqueles anos convulsos nos que tamén espertaba a nosa sexualidade". Unha obra, ademais, que a nivel literario rompeu esquemas na Galiza que saía da ditadura: unha narrativa experimental, máis simbólica, co seu estilo fragmentario, rachando co realismo social imperante. Ao igual que un ano antes fixera coa poesía a brillantez lírica de Con pólvora e magnolias. En palabras de Dolores Vilavedra, "a escasa difusión que conseguiu no seu día, entre outras razóns pola mínima visibilidade pública do seu autor, privárona de exercer esa función inaugural". De igual xeito, González Millán fala da súa escrita como "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da narrativa galega".

Aquela obra foi publicada orixinalmente na colección Pombal da Editorial Castrelos que dirixía Álvarez Blázquez. Foi precisamente o seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo, amigo de Rei Ballesteros naquel tempo, quen lla levou para que a publicase, despois de ler o manuscrito e quedar fascinado pola historia, tan recoñecíbel, e polo seu estilo. Segundo Álvarez Cáccamo, Adolfo (Anxo Adolfo era o seu nome completo, e Adolfo era como lle chamaban os amigos nos anos setenta), era un "ser humano excepcional" que deslumbraba a todos os que o coñecían, mesmo aos maiores que el, "pola súa cultura inmensa". "Era un "bohemio e un rebelde", conclúe.

Pola súa banda, Damián Villalaín destaca a súa "antiortodoxia" e o seu carácter "en absoluto doutrinal". Hai dúas semanas nun artigo publicado en El País Suso de Toro escribíalle a Rei Ballesteros: "e non quixeches triunfar, ti coidas que si, que quixeches. Non che é certo, Anxo, quen quixo triunfar conseguiuno. Ti non o querías de vez. Sempre fuches verdadeiro de máis, esplendidamente real. Non es quen de caer na vida simulada, viviches sen saír de ti. Nunca te puideches transformar nunha fantasma, nun dobre de ti propio".

Un autor contracorrente
Nos anos oitenta marchou vivir á Pobra do Caramiñal, alimentando a súa fama de autor maldito e afastado do sistema literario. Tan afastado que nin teléfono tiña na súa casa, e cando alguén quería contactar con el tiña que facelo a través duns veciños Comezou a traballar de vagar e cunha dose moi alta de autoesixencia, e sempre a contracorrente. Compaxinou a narrativa coa creación teatral, e en 1988 viu publicada Xogos de damas, que o grupo de teatro Malbarate (formado por Rosa Álvarez, Marisa Soto e Mabel Rivera) estreara o ano anterior. Dirixiu ademais unha versión súa d'A voz humana de Jean Cocteau en 1991.

En 1992 publica a súa segunda novela, Loaira, que recibiu o Premio Losada Diéguez; nas súas máis de cincocentas páxinas asistimos á evolución vital dos personaxes de Dos anxos e dos mortos. A súa terceira e derradeira novela non chegaría até o 2005, de novo da man de Galaxia. Non sei cando nos veremos foi, pois, a súa despedida literaria, unha obra de novo arriscada, incómoda por momentos, sobre todo a través do seu protagonista, que dende a cadea narra a súa vida, chegando aos lindes da experiencia humana ao participar na brutal represión exercida pola Triple A na Arxentina da ditadura militar. Unha obra, ademais, na que cobra especial importancia a lingua oral. Na devandita entrevista concedida ao Diario Cultural denunciaba a "domesticación da lingua" e reclamaba a devolución ao galego, a través destas formas orais, "de algo que parece que perde, ao facerse tan escriturado, tan académico".

Na homenaxe que hai dúas semanas moitos dos seus amigos lle brindaron no faladoiro do Café Voltaire, en Vigo, o ensaísta Carlos Fernández leu un texto no que recordou algunhas anécdotas da vida de Rei Ballesteros que axudan a coñecer a súa personalidade brillante e singular. No texto destaca unha frase do propio Anxo Rei Ballesteros que ben pode definir a súa vida: "eu non quero simplemente vivir, eu busco a intensidade".

arume dos piñeiros dijo...

Non quixera causar envexa ao machotismo xeral coa revelación de que se poden facer dúas cousas ao mesmo tempo.

Anónimo dijo...

MEDELA:
o magosto, Medela, é pagano:
o mesmo che dan polo cú,
ai, que che dan polo ano.
(Ancla, Platero e máis eu)

Anónimo dijo...

Arume, se fas dabondo as dúas cousas é porque tes unha hiperfunción do metabolismo do fósforo. E por algún lado o has de paghare. E algo así como ter hipertiroidismo e andar spídico e vivir nunha cultura que o considera bó; pero na versión fosfórica.

De todos xeitos como estabamos a brincar díghovos que é verdade a medias.
É verdade.
Pero o traballo intelectual por suposto non é como o que se fai eiquí polo menos moitas veces.

O traballo intelectual, fondo e intenso consume tanto como os deportes de elite.

Eu lembro a miña cabeza fumeghar, pensando en matemática, e co cabelo húmido.

Non riades. Estou à sèrio.

Asdo:Auxílium Christianórum (L.)

Anónimo dijo...

XDC conta:

Onte venres, ás nove da noite, arranquéi prá Ziralla (Allariz) onde me esperabann o Medela e amigos seus (e meus) . CHego alá e dinme, por telemóbil, que están na "Micalla", coñecida "viñoteca" da localidade. Agradable conversa, e presentaciós de novas xentes, de ambos sexos. O Medela preséntame como "O xefe de Ourense" e algunhas hipérboles máis desa teor, eu escacho a rir. Facemos "pandilla" con dous matrimonios amigos e imos, primeiro, tomar unhos viños ó Fandiño ,onde recibo chamada do Delapierre que logo detallaréi, logo, cear ó Centro Social do amigo Gustavo. Á hora de pagar, o Medela escotan os maridos nó caso dos matrimonios e máis o MEdela que, razona, fai "parexa" conmigo. Logo, de copas ó "Roi XOrdo". A dona do Medela non pode vir con nós por atender á filliña de ambos afectada, ao parecer, dunha dolencia auditiva transitoria. Sabe que o seu marido, na miña compaña, non vai rematar en ningú antro de perdición e nin se molesta en chamalo en toda a noite. Como xa o MEdela prometéu relatar máis detalles do acontecido, inhíbome eu. Só constatar que a chamada de Delapierre era pra invitarnos, ao MEdela e máis a mín, á famosísima "feira dos Santos de Monterroso",hoxe mesmo, día UN, ao parecer a festa máis antiga de Galiza, polo menos desde o punto de vista documental, según me contóu o Jacques. O MEdela declina a invitación por motivos familiares, i eu apúntome.

Ás once da mañá xa me recuperara eu dos efectos etílicos do sábado noite e levántome pra comprobar que chove a cachón sobre Ourense. Como o prometido é débeda, vístome e arranco cara Monterroso, onde chego á unha da tarde, tras respetar escrupulosamente todos os límites de velocidade do tramo Ourense-Chantada-Taboada-Monterroso.
Ao chegar á entrada de esta última localidade, baixo unha chuvia "de xustiza", unhos rapaciños novos , baixo paraguas, á beira da estrada, infórmanme que non hai onde aparcar en todo Monterroso, e sinálanme un "aparcadoiro" nun espacio que ten toda a pinta de ser terreo público, reclamándome dous euros por aparcar alí, e por colaborar na financiación da sua viaxe de fin de curso. Aparco no sitio, pago os dous euros, e salvo a pé os cen metros que faltan hasta o casco urbán da localidade. Esquezo coller ningún dos tres parachuvas do maleteiro.
Quedo pampo có ambiente festivo.Todo o casco urbano cheo de casetas gastronómicas e de vendedores ambulantes, todos os negocios abertos e miles de persoas que, desafiando a chuva baixo os seus parachuvas, enchen cada metro cadrado de Monterroso.
Arrecia a chuva e cómprolle un enorme paraguas negro a un "boroom taabal" senegalés (xefe de un posto de venta,"TAABAL,do francés TABLE". PAgo o sobreprecio sin regatear, e inda porriba, lle deixo de propina un euro, mentras lle digo "ci café suba bu tàng,bu neex na lool" ("pra que tomes o café quente da mañá, que senta ben"). Queda mirándome cós ollos grandes, en canto me alexo.
Chamo ó Delapierre, pero non contesta. Sei que está en Monforte, ao parecer nunha reunión da executiva do PG. Fago algunhas compra máis por a festa, cada véz máis asombrado por a cantidade de xente e o número de postos de venta de todo tipo. VExo ó alcalde de Lugo có seu séquito, logo a Touriño có seu, conselleiros incluidos, etc. Moita Garda Civil e moita Policia Local coidando de que a xornada transcurra sin incidentes. Recibo un par de chamadas do Delapierre mediante as cales conveñemos no xeito de atoparnos neste maremagnum que é hoxe Monterroso, pra xantar xuntos.
Pedimos churrasco e viño, nun calquera dos moitísimos sitios posibles, o Delapierre tiña ao parecer aburrido o pulpo. Charlamos de mil e unha cousas, entre nós e cós "amigos de toda a vida" que fixemos espontáneamente entre os veciños do "banco corrido".
Dos detalles do episodio posterior, entre cafés e chupitos, no bar dunha tal Encarna, prefiro que dea conta él. Da pra unha historia, eso sólo.

De novo entre a festa, xa sin chuva, o Delapierre regatea de xeito moi profesional cun florista, que liquidóu xa case todas as existencias, conseguindo a moi bó precio dous ramos de flores pra honrar á sua nae defunta na sepultura. Outra historia pra que a detalle él.

Acompáñeme o Delapierre hasta o coche, onde teño o portátil e un "módem" de conexión inalámbrica a internet. Chama ao Arume dos Piñeiros, e manteñemos, có altavoz activado, unha conversa a tres bandas bastante incoherente pola nosa parte, debido á concentración de etílico en sangre. O módem de Vodafone non conecta a internet nese intre, e quedámonos coas ganas, o Delapierre i eu, de escribir nada no blog.
Acompaño a Delapierra hasta o seu coche. Despedímonos. ENtro nun bar pra tomar un auga que me despexa un pouco, e probo de novo a conexión do meu módem. Non vai. Pregúntolle á rapaza do bar on de hai un ciber e dame as señasd un bar "Noite Meiga" que ten conexión. Vou pra alá, pero os encargados dinme que tamén están tendo problemas coas conexión. Dou outra volta máis pola festa e compro algús agasallos. O Delapierre chámame pra interesarse polo meu estado de consciencia. Respódolle que non teño pensado guiar o coches hasta que me baixe o etanol. Entro noutro bar, có maletín do meu portátil, pido auga, e comprobo que, agora sí, xa vai o módem. Escribo este comentario desde Bar Alka cando xa se fixo de noite. Inda teño que chegar a Ourense, e mandarlle un eseemeese ao Xaime decindo que cheguéi ben. Sabe Deus a qué horas será eso.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Dou fe da chamada, mais non da incoherencia. Falaban entre os dous da insubstancialidade das ánimas e da refundación do capitalismo en Monterroso. Cando ían chegar a unha conclusión sobre as repercusións do apalancamento, foise a comunicación.

Anónimo dijo...

Ir á Feira de Santos en Monterroso quizá debería ser tan galegamente obrigatorio coma ao Santo Andrés de Teixido. Eu, polo menos, xa estiven naquela (só unha vez, debeu ser o 1982, 83 ou así) e aínda non neste. E xaora, da Coba, é moito.

Xosé M. González.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu xa desde aquí reivindico o banco corrido para os restaurantes. Estamos afeitos a utilizalo en comedores de estudantes ou de empresa, pero desbotámolo hai tempo das casas de comidas ou de mesóns. Un chamamento, pois, polo banco compartido.

Anónimo dijo...

XDC,facendo pausa no camiño a Ourense:

Voume chegando a Ourense pouco a pouco. Paréi neste bar de estrada en San Martiño, perto de Taboada. Déixanme moi amablemente enchufar o portátil, que ten a carga nas últimas.
Suplícolle unha vez máis, Delapierre. Conte o do bar da tal Encarna, e cómo rematamos por agasallarlle entre os dous unha bonita caixiña de madeira decorada. E colgue as pertinentes fotos, que as fixo, no seu blog.

Xaime dijo...

Todo mentira

Anónimo dijo...

Eu non coñecín a feira de Monterroso ata fai poucos anos, a pesares de que os da míña aldea ían comprar as escopetas alí.

Medela antropólogo, díghame vostede porque eu coñecía a de Chaves e non a de Monterroso. Será que nos erámoslle da Sé Bracarense e non da Mindoniense?. Habería na Gallaecia antiga dous grandes polos de atracción relixiosa por unha banda e feiral por outro, norte-sur.

Digho eu por supor algho.

A feira de Santos de Chaves é tan apoteósica como a de Monterroso. E por riba venden furóns ó ar libre.

Asdo:Auxílium Christianórum (L.)

Anónimo dijo...

Dacova non vos funcionaba internete porque os carros dos conselleiros teñen innibidores de frecuencia para evitaren atentados con mando a distancia, móviles, etc.... Queda todo fodido de paso, ata que liscan. Coa concentración de outos cargos por metro cadrado deberon sumar moitos ondas desas.

Algún día vaise descubrir que estos inhibidores provocan cáncer de collón a menos dun metro de distancia. E se non é vero e ben trovato.

asdo:Regína Angelórum (L.)

Anónimo dijo...

Hai moitas castes de cáncer de collón, normalmente curan nun noventa e cinco por cento.

Pero os provocados polas ondas dos inhibidores de frecuencia resólvense invariablemente extirpando.

Asdo:Regína Patriarchárum (L.)

Anónimo dijo...

De verdá que vou mandar a un gulag a Siberia a -40ºC a este tipo que fala de cancro de collóns. Hai que ter mal gusto e ser un morboso de moito coidado, Non digas máis babecadas, rapaz, que se non vas de cabeza ao gulag.

Beria en Siberia.

Ed Wright MD dijo...

Sorry, what do you mean exactly with "collon cancer"?

Ed Wright MD dijo...

Interesa porque clínica Wright (en Lancaster, England) é interesada en bi-furcación de colon ou double colon. Collóns = Double Colon?
Thanks a lote!

Anónimo dijo...

XDC dí:

Contábame un amigho de Canghas, fai anos, que os mariñeiros embarcados xogaban ás cartas pra decidir quén iba ser o "pringado" encargado de limpar a cuberta na zona na que daba voltas o radar, que decian que afectaba á fertilidade másculina.

arume dos piñeiros dijo...

Garda Nacional Republicana cifrou onte en 500.000 persoas a asistencia á tradicional «Feira dous Santos», que cumpriu dous séculos e medio de existencia
Mónica Torres 2/11/2008

Decenas de miles de persoas abarrotaron onte Valença do Minho para gozar da «feira dous santos de Cerdal», unha das romarías máis antigas da zona, que onte cumpriu 250 anos cunha saúde envexable.

Pódese atopar de todo, pero a romaría comeza moito antes. En autobús, coche ou moto. ás dez e media da mañá xa había oito aparcadoiros case cheos e cinco quilómetros de retencións. Nas grandes chairas, preto de oitenta autobuses procedentes de toda Galicia que desembarcaran ás nove da mañá aos primeiros 4.000 galegos.

De feito, o máis difícil era atopar portugueses fóra dos propios postos mentres os «guardiñas» intentaban regular os accesos dunha auténtica marea de devotos dos seus produtos autóctonos vindos da outra ribeira do Miño. Segundo a Garda Nacional Repúblicana, a esa hora xa había «200.000 persoas e, ao longo día, pasará medio millón».

A peregrinación para moitos deles, comezou ás 6.45 da mañá. A esa hora colleron o autobús na Coruña Beni Mercadal e as súas fillas. «Merece a pena o madrugón porque realmente hai de todo e así paseamos», aseguraban. A elas, que visitaban a feira por primeira vez, o tour só custoulles 14 euros por persoa; a cifra elevouse a 25 para os que, como Marina Reboredo, da Estrada, optaron pola opción de xantar incluído. ela, veterana xa da romaría, iniciou o periplo ás 7.30 con catro amigas. «Góstanos moito e é unha maneira distinta de pasar ou día», afirmou. A crise parece que tampouco afectou á previsión de gasto xa que «a xente leva moita bolsa».

Os propios feirantes recoñecían o poder de atracción dos galegos. «Son vos que máis veñen, confiamos en que a crise non lles faga gastar menos, porque isto é só unha vez ao ano».

Medio milleiro de postos, distribuídos nunha feira de xeroglífico difícil de descifrar, infestada de carteis con «saldos» e ambientada con música, máis popular que tradicional, coa Cabritinha como éxito de vendas. Os veciños fixeron o seu particular agosto porque non había leira en tres quilómetros á redonda que non estivese presidida por un cartel no que se lese «2 euros park» e repleta de matrículas españolas.

A un euro podíanse comprar recambios para o coche; a tres, jerséis; e a cinco, desde 24 pares de calcetíns a cadros.

arume dos piñeiros dijo...

Por se alguén aínda non coñece o digamos (por dicir algo) hit: Cabritinha.

Xohan da Coba dijo...

Nada, nada, Arume dP, non me convence. Valença do Miño xa a teño moi vista, repítense moito os productos á venda entre unhos postos e outros. Non hai a variedade de cousas que vin onte en Monterroso, moitas de elas inhabituáis. Enseres labregos que non vía desde as aldeanas feiras da miña infanza. Productos gastronómicos caseiros incomercializables nos supermercados...
Quedéi con ganas de levar unha parexa de faisáns, macho e femia, ben bonitos. No mesmo posto habíaos de todas as edades, e perdices, paspallaos, patos, pitas australianas... Dudéi tamén de levar pra cebar un pato, pró Nadal. Xa estaba comprando unha xaula pra levalos no coche sin que me cagaran nos asientos, cando lembréi que as novas ordenanzas municipáis ourensás van prohiben as aves no casco urbán...

xoan da cova dijo...

E, a música que se escoitaba no posto de venta de cd´s non eran nin "a cabritiña" nin similares contemporáneas. Eran as "mejicanas" de toda a vida. Os "celtas indoeuropeos lugueses" aínda teñen bó gusto.

xoan da cova dijo...

Cando lle dixen "Non me convence", amigo Arume dP, esquecín engadir " o ano que ven volvo a Monterroso".

Regína Prophetárum dijo...

Beria en Siberia caíame ben. Agora xa non. Ademáis penso que é o che.

Pro burgúes que se agocha baixo o pseudónimo de Beria en Siberia. E entón vostede como lle chama ós collóns; testículos?. Partes?.

Estaba eu a brincar meténdome con os politicús e a porca vida que levan, por enganchados do seu vício. O vicio do poder.

Hai unha palabra que o traíu.

Servidumbres ten cada profesión.

Asdo:Regína Prophetárum (L.)

Anónimo dijo...

Regina:
Ben seguro que Beria-Lobo Neghro lle ha seguir a cair ben, o que acontece é que é unha persoa sensible ó cancro, porque cando se vive preto dél adquírese outra posición con respecto á vida, ó tempo, ós amigos... pésase o mundo noutras medidas.
Eu, que estou da parte de fora, entendín dende o primeiro a súa coña, como así entendín tamén a reacción de Beria, somentes é cuestión de porse un nadiña do lado do outro e non dubido que se entenderán perfectamente, salvo que Beria ande a viaxar en coche oficial sen desinhibidor; entón non vexo posibilidades de arranxo, pero de non ser así poden desafiarse nun karaoke.
XDC, obrigacións polo manifesto, qué digo manifesto!, decálogo que encabeza éste post.
Stato quos disse

Regína Apostulórum (L.) dijo...

Anónimo 06:11, eu tamén lle teño o cancro metido na casa. Como o "octavo pasaxeiro". Sorprendeume tanto que requerín axuda. Lembro a solidaridade de Marcos e súa muller, e de moitos outros, como a finada muller de Millán Picouto. Como dín os portugueses síntome "obrigado" a corresponder.

Síntoo. Como comprenderá, na miña tesitura o que menos quero é amolar. Vólveme como un boomerang acrescentado en forza contra o rostro.
Eu agora creo tourear esa palabra. Xa veremos.

Sorpréndeme o Beria viaxando en coche oficial. Será certo?.

Aínda non acabei coa letanía.

Regína Confessórum (L.) dijo...

Anónimo das 06:11, nestos momentos xa non sei se interpelaba vostede ó lobo neghro, ou si confunde o Beria co lobo. Cousas da escrita. Beria e o lobo non son a mesma persoa. Tamén cheghou a confundilos Dacova.


Lembro a película "o retorno de Martín Guerra". No xuízo por suplantación de identidade a aldea estaba dividida entre os que consideraban que Depardieu era o Martín Guerra e os que consideraban que era un usurpador de personalidade. Resolveuse cando entrou un tipiño....

Regina Mártyrum dijo...

Seghuro que Arume "o home que ten raios "X" nos ollos", os diferencia perfectamente. Anque Beria, por escribir solo esos textos invariables, é difícil de "cercar". Babecadas sóname a Luís González Tosar, alias o Ché, pero podo equivocarme.
Beria non é o lobo, porque o lobo, como dixo o verdadeiro Martín Guerra........E eu, só meto a cruz,( tomado dos protoceltas sen filtro, para nada dos xudeo-cristiáns), non gasto suplicios marxistas. Nunca. Pero tampouco me incomoda que outros o faghan.
Desemulenme. Gostaría de saber quen é o anónimo das 06:11:00, ou que me aclare a quen invocaba.


Eso pásanos por non ler máis ensaio de teoloxía.

Anónimo dijo...

É unha honra falar con vostede; chámome Stato...
Stato Quos

XDC dijo...

Diga toda a verdade,Lobo. Só me engañéi nun principio, no que atañe a confusión entre vostede e Beria.
Eu teño unha hipótesis sobor da identidade do Beria, pero non a fago saber. A información non abonda.
Claro que, con suficiente información, non é mérito ningún chegar a unha conclusión acertada .

XDC dijo...

Stato, penséi que iba decir vostede:
- Chámome Strato. Fender Strato.

XDDDD.

apicultor dijo...

O filme era "O retorno de Martin Guerre" (con e). Está baseado nun fascinante caso real estudado maxistralmente pola historiadora norteamericana Natalie Zemon Davis, El retorno de Martin Guerre, Barcelona, Antoni Boch, 198?, que foi tamén asesora da película.

Posteriormente fixérase unha adaptación hollywoodiense na que actuaban Richard Gere e Jodie Foster, de moito menor interese que a película orixinal francesa.