8 oct 2008


os favoritos ao Nobel.
O Novo e o Vello Mundo dispútanse o Nobel das letras
A Academia sueca anunciará mañá o gañador do premio literario máis prestixioso do mundo
Claudio Magris, Vargas Llosa, Lobo Antunes e Philip Roth, entre os grandes favoritos
Autor: R. Loureiro C. Franco Á. Varela (La Voz de Galicia 8-10-08)

Opinan en LVG unha serie de escritores galegos (Fernández Naval, Rosa Aneiros, X. Constenla, etc.)

Teñen os solainescos das Uvas o seu candidato? Opinen, se queren ...
(un dos meus xa vai na foto)

74 comentarios:

Anónimo dijo...

Daranllo a un norteamericano, pra aplacar o lío montado. Updike?.

Anónimo dijo...

Para cando un catalán, un vasco, un galego?
Terían que vencer as presións de Madrid, que se porian de nervios.

Anónimo dijo...

John Updike co Nobel non sería mal suceso. Tocante a galegos, Jaureguizar optaba o outro día, en El Progreso, por Rivas como candidato en vez de Ferrín. A súa argumentación non é sen xeito, aínda que eu lle conserve a lealdade ao Ferro.

Anónimo dijo...

Ben Saavedra, ben.
Tamén eu xa dixen por activa e por pasiva dende hai moitos anos que as nosas letras deben recibir un Nobel das máns de Ferrín, que encarna, xa non pola súa obra, o enganche ca tradición da Xeneración Nós, ca modernidade e ademais, por que non decilo ten unha personalidade ben nidia no pais.
Esto non é unha democracia, pois votemos.

Anónimo dijo...

Pois eu non teño favorito. Pásame como co fútbol: tanto me dá que tanto me ten!

Anónimo dijo...

BOB DYLAN

Anónimo dijo...

Agora que o penso, eu tamén me apunto a Bob Dylan.

Anónimo dijo...

BOB DYLAN THOMAS

Anónimo dijo...

concordo gostariame muito que fosse NELIDA PIÑON, so lim a República dos soños, a minha opinião não est´muuito sustentada. gosteis muito do livro.
a os demais não os li, agás Vargas LLosa que é o escritor do que talvez mais livros li, e merecia un nobel, como artista da pluma é óptimo, as ideias não emtram niste caso em causa.

Anónimo dijo...

Que foi de Orhan Pamuk?

Anónimo dijo...

Eu aposto por Lobo Antunes, anque aínda non lle toque.

Anónimo dijo...

Non sei onde andará Pamuk: supoño que seguirá durmindo ovellas. Un dos obxectivos máis nobles que un escritor pode alcanzar.

Anónimo dijo...

Eu como autor galego propoño ó Xosé Carlos Caneiro.

Anónimo dijo...

Se propondes a Bob Dylan eu propoño ó poeta Joaquin Sabina.

Anónimo dijo...

Gustaríame que fose Murakami.

Anónimo dijo...

Por favor: un respeto. Quinillo non é poeta, que é perpetrador de liñas (que nin a versos chegan).

Anónimo dijo...

Bueno, arume, como che fagho caso a tí e a Manolo Outeiriño, de momento acepto. Pero ó cheghar ó medio da ponte, o mellor, vai e ghano a volta.

Anónimo dijo...

Moi astuto o Jaureguizar. Apostando por Rivas é como se se postulase tamén a si mesmo.

Anónimo dijo...

Nin que os premiados pola Academia Sueca fosen os mellres escritores. Non sexan típicos tópicos coa consabida saida Dylan, please!, estou farto de tanto pre-post-trans-moderniño.
Que ben fixo Sartre.
Un pouco de seriedade literaria é o prezo para tomarse a cachondeo os Nobel, e a simpleza literaria das Uvas na Solaina.

Anónimo dijo...

Perdón Agathon. Eu cando digo Bob Dylan estou a falar moi en serio.
Sartre podería facer o mesmo que fixo co nobel con outras cousas. Non é un modelo para nada.
Non fai falta dicir que un verso de BDylan vale máis ca toda a literatura (e xa non digo o pensamento) de Sartre.

Anónimo dijo...

Eu voto por Ph. Roth e por Bob Dylan, nesa orde.

Anónimo dijo...

Arume, como te acabas de pasar. Sartre escribiu entre outras AS PALABRAS. Pobre Bob Dylan comparado con AS PALABRAS de Sartre.

Anónimo dijo...

Sartre era un impostor valeiro e grandilocuente. Polo menos Bob Dylan era ´discreto.

Anónimo dijo...

Arume, non che coñecía esa vea arroutada.

bouzafria dijo...

Eu aposto por Rubem Fonseca.

Anónimo dijo...

¿Agathon anda mal do fígado ou que?

Anónimo dijo...

"Dylan polo menos era discreto"

Literariamente a discreción conta o mesmo que 0, se é que non resta.

Non vou defender a Sartre, só aprobo o seu xesto respecto ao premio nobel.
A min osixenaríame que alguén na actualidade fixese o mesmo, independentemente de que fose mellor ou peor que Sartre ou Dylan.

O Nobel a Dylan sería un fraude, porque o premio é literario, e Dylan ten boas letras, pero letras de cancións, música, terían nese caso, os da academia Sueca que ampliar a gama de premios.
Os partidarios do premio a Dylan violentan frívola e gratuitamente a discernibilidade estética e manifestan a súa ignoracia en cuestións de gusto.

Anónimo dijo...

De verdade que a tanto alegre elector para o Nobel, mandábao eu a Guantánamo, para que se vaian enterando do que vale unha letra auténtica.

Anónimo dijo...

Por deus, que dexeneración, pero quen anda por este prestixiado blog, vamos, a ver si todo vai ser conto, e aquí non escriben os talentos que se di.
Sabina!

Anónimo dijo...

Rivas está excesivamente valorado, e eses inflamentos pinchan cando saen da casa. Mellor nin atreverse,faríamos o ridiculo.
Ferrín disimula mais, Aínda que Bretaña Esmeraldiña é insufrible, Antón e os Iñocentes, un engrudo e no ventre do Silencio un caixon de xastre, quedan os contos e a poesía que devidamente acicalados poden viaxar dignamente.

Anónimo dijo...

Remato de ver O último rei de Escocia e atopo estas diatribas. Eu manifestei a miña opinión: non xulguei (nin por suposto faltei á intelixencia de ninguén) os gustos doutros. Cada quen que defenda o que considera oportuno.
E reitero: Bob Dylan, a anos luz de Sartre.
E, se me apuran, ata Johnny Weissmuller en Tarzan the Ape dicía cousas máis interesantes ca Sartre.

Anónimo dijo...

Yosi, de Los Suaves

Anónimo dijo...

Onde esté Chita, que acaba de editar un libro, e vende a elevadas sumas os seus cadros, que se quite Tarzán.
Dylan escribiu filosofía, teatro, ensaio e novelas?
Sartre compuña cancións e tirábase a estrada coa guitarra electrica?
Jonny Weissmuller e mellor candidato aos Oscar que a simpática mona Chita?

Anónimo dijo...

Eu ,do Dylan, lin fai anos un libro moi extrano, non sei se novela ou ensaio filosófico,titulado "Tarántula". Non entendín un carallo, pero penso que igual tiña que telo lido en inglés.

Anónimo dijo...

Remato de ler que a un dos opinantes da Voz, reventarariao que fose Vargas Llosa.
Sintoó Dylan, pero será o Señorito.

Anónimo dijo...

Eu voto por Chesi

Anónimo dijo...

A(ke)nagathon, Sartre era un contradictorio como moitos. Sí, sí de esquerdas, renuncia ó nobel pero na escena privada coa Simoneta do Bo ver era un f. da p. perverso.

De literatura nada. Eu aborrezo ós filósophos metidos na literatura. Ou unha cousa ou outra. É totalmente antitético. No seu eido, o do pensamento, nin cheiro, non teño "volúmen" de abstracción suficiente.

Porque llo deron a Sartre?. Que acción política estaban a premiar?.

A Oran Pamuk xa se sabe que foi por encontrarse na encrucillada das dúas civilizacións, para axudar. Mañá terían que darllo a alguén que fose quen de deseccionar a tormenta económica en clave narrativa porque é o máis acuciante nestes momentos.

O "nóbel" é unha política moi europea, moi socialdemócrata, con dificultades para descubrir no contexto planetario sensibilidades alternativas de futuro. Parece que está previsto de antemau a quen lle pode caer.

Anónimo dijo...

Hoxe ía eu escoitando a radio: a sección cultureta (cultureta de verdade) de Hoy por hoy. Sae non sei se foi o Rioyo presentando o último disco de Albert Plá e empeza a largar que se traballa con el fulanito, menganito, un disco impresionante, dunha emotividade particular e patatín patatán. Poñen un corte e escóitase o laio coñecido do Plá entre voces de asentimento colectivo sobre a mestría do cantante. Nestas sae o Flo e solta: "Vou dicir unha aberración pero a min Plá paréceseme a Conchita". Foi o momento xenial do día. Plá como Conchita. Os demáis non souberon respostar: eu creo que pensaban igual ca Flo pero non se atreveron a dicilo polo prurito de culturiyas.
Non sei por que recordei esto agora.

Anónimo dijo...

"Os partidarios do premio a Dylan violentan frívola e gratuitamente a discernibilidade estética e manifestan a súa ignoracia en cuestións de gusto".

Cada día estas máis tonto e máis ridiculamente pedante.
Se ti non tes puta idea de inglés e pensas que "Today" quere dicir "También", quen es ti para opinar das letras de Dylan?

Anónimo dijo...

De verdá que a aqueles que van pola vida dando aos demais leccións de estética e de gusto, mandábaos eu a -40ºC a un gulag en Siberia a destrozar torróns coas mans, fantoches do carallo!

Anónimo dijo...

Meus!, que simple é!
E como todos os simples reconfórtase coa idea de que todo o mundo é da súa condición.
Pedante que da licións de estética e gustopara Siberia.
Todo encaixa, unha estética, multiples gustos para os inimigos da liberdade.

Anónimo dijo...

Atención! anda Jaure, blogeiro pergoso por estes lares.

Anónimo dijo...

"Today" quere decir "morrer". Seino eu de boa tinta.

Anónimo dijo...

Acabo de ler na prensa de hoxe que Sartre despois de renunciar ó nóbel reclamou as pelas.
En "El País". Páx.35

ju, ju, jo, ju... (risa luparia)

Anónimo dijo...

"Today" quere decir "eu son imbécil e non me entero". Seino eu de mala tinta.

Anónimo dijo...

É que Agathon é o friqui das Uvas. Poña un friqui na súa vida!

Anónimo dijo...

Non. Eso é "T-odd-ay".

Anónimo dijo...

T(odos)O(s)D(ías)A(ndo de)Y(luso).

Anónimo dijo...

Too, too dei

too, too dei
dicíalle o meu avó a un boi medio bravo cando quería que parase e ciase (ou sexa metese a marcha atrás, recuase).
Cando quería que só parase dicíalle: Ferma, ferma Dei.
Non sei porque carallo lle puxera DEI.
Se cadra porque lle dicían que era un tacaño.

Anónimo dijo...

Pois, tararí, que foi para o franchute Le Clézio. Bonne rentrée pour moi.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Para animar o cotarro: unha dose de Boyero.

Hola Carlos, para ti, cual ha sido la mejor pelicula europea de lo que llevamos del 2008, y si crees que la crisis financiera actual puede ser positiva para evitar la financiacion de los muchos bodrios que se ven por el momento en muchos festivales y salas de cine, gracias y bonne journée

Acabo de salir del dentista y tengo un vacío mental notable. Es terrible que no pueda recordar inmediatamente una película europea que me haya removido las entrañas últimamente. Hágale esa pregunta a los críticos como dios manda y seguro que le dan una lista interminable. Al igual que muchos de los bodrios que defienden, ellos tampoco podrían vivir sin las subvenciones. Su poder de comunicación es muy limitado, pero entre ellos se lo pasan de puta madre jaleándose. No tengo nada en contra del onanismo mental, pero si contra la impostura.

Anónimo dijo...

Estes do club de fans de Dylan son uns pesadiños. Aprecio a Dylan pero por eso non quero que lle den o premio nobel de fisica.
Bravo por Dylan, pero dan pena os seus fans solainiños.
Un nobel tivo que se ir hai ben anos para Anxel Fole.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Le Clézio: Resulta moi interesante tirar de información primeira de xornais. Cantos xornalistas tirarán da WIkipedia?
Grandísima definición:
"Su estilo es sencillo y clásico, a la par que refinado y colorista."

Vive en Albuquerque (EE.UU.)
Blanca Riestra, que foi directora do Cervantes dalá, terá que coñecelo. Artigo mañán na Voz ao peto.

Anónimo dijo...

Na miña aldea TOO-TOO! era pra tranquilzar ás vacas se se puñan nervosas e ameazaban con embestir.
A orde de parada: Uója!. Será prelatino?. POrque o de ferma!, que nunca oín é "italiano".
E como eu non posso estare fermo con le mani su le mani, dedícolle esta ao Arume dos Piñeiros, que mo tedes "queimado":PREMER.

Anónimo dijo...

Le Clézio, escribe ben, máis nada.

Como lin en algún sitio: "vos os franceses non sufrides o suficiente como para facer unha grande literatura". Eu xa calculara que como moito, Le Clézio, é impotente. Máis nada.

Hoxe xa nin sendo maricón se fai grande poesía, porque está "legalizado".

Penso que se pode aplicar a toda Europa. E ó primeiro mundo en xeral.

Pero que quixeron premiar os do nóbel premiando un francés?.

É portador Le Clézio de algunha mensaxe política? ou social?.

Anónimo dijo...

Piñeiros, xa apuntei a tua frase no caderno de notas. Penso presentala ao Nobel das frases célebres que circulan pola rede, por portentosa, contundente, excesiva, desmesurada e moitas mais cousas que calo. Non temas polo primeiro posto. Teu é o loureiro nobélico, Piñeiros. Noraboa.

Anónimo dijo...

"Su estilo es sencillo y clásico, a la par que refinado y colorista."

E non será aburrido?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Que frase? A do estilo de LeClézio? Miña non é. Atopeina por aí. Pero é verdade que vale para todo. Eu xa a vou empregar cando poida, calquera que sexa o tema.
Co meu irmán sempre teño unha brincadeira a ver se é quen de poñer unha frase determinada, un latinajo, unha cita ou calquera outra cousa nun libro, por suposto sen vir moito a conto? Eu díxenlle unha vez a de "umbilicus mundi" e o gracioso foi que lle atopou incluso coherencia e todo.

Marcos Valcárcel López dijo...

non estou en nada de acordo coa opinión de X. Constenla sobre Vargas Llosa; por riba das súas opinións ideolóxicas, é un gran escritor e demostrouno ben en LA SOMBRA DEL CHIVO.

Anónimo dijo...

Xa sei que non ten nada a ver co tema que se está a falar, mais gustaríame que aparecesen, se puder ser,
*A señorita Eu Mesma
*A señorita Doniña
*O señor Leituga One

para tentar convencelos da súa asistencia ao II Contubernio Xeral Ordinario das Uvas, que se vai celebrar (D.M.) en Recatelo, Reino da Gallaecia, este sábado.
Alguén me pode axudar a dar con eles??

Obrigadinho!

Marcos Valcárcel López dijo...

CLÉZIO EN GALEGO, de Brétemas:

Le Clézio, Nobel 2008
O bretón Jean Marie Gustave Le Clézio é o Nobel de literatura 2008. Como case sempre a elección semella inesperada, a pesar de que neste caso era un dos candidatos que se manexaban nas quinielas. Ao coñecer a noticia axiña nos decatamos de que se trataba do membro da xeración do «nouveau roman» do que Xerais publicara en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Ferrín e Luís Mariño), Mondo e outras historias. A tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva (ademais de premiada co Nacional e co Ramón Cabanillas) fora a primeira desta obra a outra lingua. O Nobel constitue unha oportunidade para descubrir a un dos autores da literatura contemporánea francesa máis aclamados. Precisamente, a pasada semana, apareceu nas librarías francesas a súa última novela, Ritournelle de la faim, publicada por Gallimard (como a maioría dos seus case cincuenta libros), a historia dun rapaz de vinte anos que se converte en heroína.
Marcadores: Autores, Narrativa, Premios

Anónimo dijo...

Arume tería que facer unha compilación de todas as frases feitas que adoitan incluír os críticos literrios e recensionadores varios.
Velaí algúns exemplos:

"Cómpre, pois, darlle unha calorosa benvida a esta nova entrega..."
"Emporiso, a pesar dalgunhas chatas/pexas que lle atopamos..."
"Bótase en falta..."
"Parécenos uno descuido..."

Iso, se a recensión cha escribe un colegui. Mais cando as cousas van mal, poderemos atopar:

"Porén, o noso autor sorpréndenos negativamente..."
"Por riba, non demostra suficientemente..."
"É un autor de culto, certamente, mais..."
"Non podemos negar que escribe moi ben..."
"Unha narración moi entretida..."

Anónimo dijo...

A falta de ler nada de Le Clézio (nome só coñecido polo mesmo que di o Brétemas), subscribo o que di o patrón e engado como argumento tres títulos do Vargas Llosa: La ciudad y los perros; La guerra del fin del mundo; e, sobre todo, La casa verde. Todo constitúe, xaora, opción de parte.

Anónimo dijo...

Algúen sabe onde é que está Leituga One??

Anónimo dijo...

Leituga...

Anónimo dijo...

Se non entro no blog, ata berra por min Jaco Pastorius... Se entro, silencio sepulcral!

Anónimo dijo...

Doutor Piñeiros, a frase á que me refería escribiuna vostede onte ás 09:16:00 PM. Unha frase soberbia onde as haxa. Onte tiña o día inspirado, sen dúbida. Aquí a temos:

"Non fai falta dicir que un verso de Bob Dylan vale máis ca toda a literatura (e xa non digo o pensamento) de Sartre."

Para enmarcar. Como se alguén dixese: "Jaureguizar é o mellor escritor do mundo mundial. Unha inxustiza que non lle deran o Nobel." Aquí o auténtico ciclón é vostede, Doutor Piñeiros, co permido do Medela, que anda o home "antimaterial" de todo e con ganas só para tecer contubernios. Doutor Piñeiros, despois da de onte á noite, non tarde moito en estupefactarnos con outra do mesmo calibre.

Anónimo dijo...

Boto en falta a Marcel Swann.

Anónimo dijo...

E servidor, a don Jimi de Rairo.-

Anónimo dijo...

Sabe que lle digo, mon ami Medela? Debaixo da casa duns amigos están a piques de abrir un bar que se vai chamar Whiskería Lupanar. Sic.

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajaja
Ben seguro que un dos macarras (agora asesores técnico-fiscais) fixo a tese de doutoramento sobre a tautoloxía na toponimia paleoeuropea en Galiza... jajajajajaja

Anónimo dijo...

Eu sabía que tiña polo menos un libro de Le Clezio publicado por Barral Editores nos anos 70 do século pasado e que trataba da guerra. Pois si, foi coller a escada e por alá arriba andaba, polas alturas dos estantes. LA GUERRA, Barral Editores, 1972. Para que vexades a cualidade de frase do Nobel/2008, nada sartriana, por certo, copio o comezo do libro:

La guerra ha comenzado. Nadie sabe dónde ni cómo, pero es así. Está detrás de la cabeza, hoy, ha abierto la boca detrás de la cabeza, y sopla. La guerra de los crímenes y los insultos, la furia de las miradas, la explosión del pensamiento de los cerebros. Está allí, abierta sobre el mundo, cubriéndolo con su red de hilos eléctricos. Cada segundo progresa, arranca algo y lo reduce a cenizas. Todo le sirve para golpear. Tiene infinidad de colmillos, uñas y picos. Nadie quedará en pie hasta el final. Nadie será perdonado. Así es. Es el ojo de la verdad.

Cuando es de día golpea con la luz. Y de noche, se sirve de la marea de su sombra, de su frío, de su silencio.

La guerra está en marcha para durar diez mil años, para durar más largo tiempo que la historia de los hombres. Non hay huida posible, non hay paso atrás. NOsotros estamos con la frente inclinada ante la guerra, nuestros cuerpos van a servir de blanco a las balas. El sable agudo busca las gargantas y los corazones, a veces los vientres, para hurgar. La arena tiene sed de sangre. Las duras montañas desean abrir sus precipicios bajo los pies de los caminantes. El mar necesita romper los cauces. Y en el espacio, hay voluntad terrible de apretar el tornillo del vacío sobre las estrellas, y de ahogar los parpadeos de la materia.

Etc, etc, etc.

Moi de época, non é?

Anónimo dijo...

"Tornillo del vacío". Hummm.

Non lembro que Einstein falara dun "torque" espacio-temporal nas situaciós de colpaso gravitacional. Hummmm.

Pero...qué pasa coa "onda gravitacional de alta frecuencia" xerada polo "buraco negro" que incrementa a súa velocidade angular hasta un "infinito potencial" durante o colapso?. Violarase aparentemente o ppio. de conservación do momentum , mediante o salto de partículas fora do "horizonte de acontecementos" por "efecto túnel"?.
HUmm.
Era de Literatura ou de Física, o Nobel?.

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJAJAJ...

Veño de lembrarme de que ,fai anos, durante unha charla nocturna con amigos,empezaron a falar de mecánica cuántica. Un deles berróu: "Parade, parade un anaco...!". Púxose a liar un "porro" ,ás presas. Cando rematóu, dixo:"Podedes seguir. Estas cousas hai que facelas ben".