11 oct 2008

Rajoy esquece pechar un micrófono e exclama: "mañá teño o coñazo do desfile"
16.16h. Foi antes das intervencións de clausura da XIII reunión interparlamentaria que o partido estaba a celebrar en A Coruña

(galicia hoxe)

25 comentarios:

Anónimo dijo...

Paréceme unha indignidade darlle publicidade a un comentario coloquial cheo de razón. Un desfile é un coñazo. Como o é un claustro, un pleno, unha reunión, etc. sen que isto sexa menospreciar o desfile, o claustro, etc.
Si, pola contra, creo que "pilladas" fóra de micro como "manda huevos", con raíz humorística, ou aqueloutra de Zapatero recibindo leccions básicas de economía achegan algo.
A tele pública debe ser máis BBC e menos partido. Onte, hoxe, aquí e alá. Vexan a TVG. Non hai noticia de Touriño que non vaia seguida por outra de Quin. Non hai na TVE unha mala para o goberno -tipo crise, etc-. que non vaia seguida por algo de corrupción do PP ou cousa parecida. A recreación da realidade polos medios é terrible.
Tan coñazo é o desfile, que nunca vin ningún. Nin penso. Nin que fose das forzas armadas de Galicia.

Anónimo dijo...

Caramba!, agora etxe saenos independentista.

Anónimo dijo...

Home, se ser independentista é querer unhas forzas armadas de Galicia, non me estraña que o independentismo ande de capa caída.

Anónimo dijo...

Home, non só unhas forzas armadas, mellor cadraría un exercito único europeo, mais mentres esto non fose posibel, pois, mellor o proprio.

Anónimo dijo...

Éntranme calafríos tan só con pensar quen puidesen compoñer o Estado Maior dese exército propio. E por certo, que porcentaxe do PIB galego habería que destinar para manter ese exército propio?

Anónimo dijo...

Como xefe do Estado Maior, soa un tal Grilo.

Anónimo dijo...

Daquela, haberá que mudar de opinión e apoiar incondicionalmente ese exército galego propio.

Anónimo dijo...

Anónimo das 04:28:00pm h, e ese tal grilo xefe do estado maior non era un liberado da upg, viña sendo de Oseira ou por ehí?.

o chefe de Stadaconé.

Anónimo dijo...

Kamarada etxe: está ben que os desfiles militares sexan un coñazo, pero os claustros e reunións varias non. Home, de que vivimos?. Verá , se son coñazo é porque vostede non dispon das innovacións ( que non o son tanto), indispensábeis para amenizar, "lubricar" e facer ergonómicas, rendibles, e úteis eses "mecanismos" de traballo.

Sabe, nas sociedades máis desenvolvidas ó mellor haille menos "cultura" e máis cultura de dinámica de grupos. Utilice vostede un cronometrador, a técnica dos chapeus de cores,...eu que lle sei...contrate alguén da privada, pero por deus a estas alturas ninguén tería que aturar tostóns de ningún tipo, agás os políticos.

Eu xa non lle teño vaghare..

Anónimo dijo...

Donnacona, exactamente, do Caralliño.

Anónimo dijo...

Non sei porque puxen entre parénteses o término "lubricar".Como se lubrica unha reunión ou un claustro?.

Sentido fighurado.

Anónimo dijo...

Anónimo último, o Ghrilo era do carballiño?.
Non sei eu porque estaba a pensar que era de Oseira. Sería porque el me relatou os acontecementos de sublevación dos campesiños en oseira a principios do século XX. Será.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O que pasa é que o comentario de Rajoy non deixa de ser unha proba evidente de que ten os días contados como líder do PP.

Anónimo dijo...

O de Rajoy forma parte da dobre moral da dereita e do seu infame recurso a apropiarse de calquera cousa con tal de destruír ao adversario, concebido schmittianamente como inimigo (toma esa Jimy, que eu cando me poño, me poño!).

Non foi acaso el (Rajoy, non Jimy) quen, hai cousa dun ano, fixo unha declaración solemnemente boba na que chamaba a todos os españois a que se sentisen orgullosos de selo e a que acudisen en masa a manifestalo acudindo ao desfile?

Anónimo dijo...

A min tamén me parece un coñazo ese desfile e nunca iría a el. Pero non me dedico a andar lanzando proclamas patrioteiras a ensalzalo nin boto soflamas para animar a xente a ir a el cunha bandeira na man. Un claustro tamén é un coñazo, pero iso dío calquera e non chama a atención. O profesorado teno asumido e non anda bendicindo os claustros nin outorgándolles valor de símbolo de patriotismo. Ao Sr. Rajoy saiulle moi mal o día. Precisamente porque o dixo para que non se soubese que o dicía.

Anónimo dijo...

Coñazo será para todos vostedes que non saben o que é vivir na máis absoluta privanza, condeada á cadea e a soportar sempre a cornetiña dese tipo que estudiou no conservatorio de Béjar para impresionar á moza. Non saben vostedes a alegría que teño cando vou Serrano abaixo, co asfalto en troques de lama aos meus pes, e vexo por fin xente elegante, ben vestida, reis, emperadores, arcebispos, presidentes de goberno. Coñazo, din: para min non hai nada no mundo que pague esa visita anual á capital do reino.

Anónimo dijo...

Eu concordo con Etxe en que dí ben pouco dos medios informativos que lle den categoría de noticia a eso, sabendo como sabían que era un comentario coloquial e privado. Nos programas do corazón, inda tiña un pase, pero no "parte"...
Cometarios similares que oimos todos os días son "teño que ir levar ó maricón do meu fillo á universidade", ou "teño a boda da filla mañá, a ver se remata xa este coñazo". E todo o mundo sabe poñer as cousas no seu sitio. SOrpréndeme o escándalo infantiloide. Outra cousa é querer "dar caña" por dala.

Anónimo dijo...

Pois eu non concordo nin con Etxe nin con XDC. Os políticos en xeral adoitan falar sempre desde un punto de vista que tenda a favorecer as súas estratexias partidarias, en moitos casos sen ningún tipo de miramentos.

É o que se chama cinismo político, no que está ausente -nuns máis e noutros menos- calquera atisbo de sinceridade persoal, pois esta subordínase sempre ao obxectivo principal do partido: sumar para un e restar para os demais.

De aí a utilización, cada vez máis sistemática, dos chamadas polos politólogos temas transversais (relativos á competencia, capacidade de liderato, honradez, fiabilidade, talante, do/s adversario/s) como instrumento de campañas negativas que implican estratexias de polarización (Cfr. José María Maravall, La confrontación política, Madrid, Taurus, 2008). Isto é algo moi frecuente na política norteamericana dende hai xa algún tempo (e que se volve a ver na actual campaña dos republicanos contra Obama), e que, entre nós, foi importado sobre todo polo PP, primeiro contra González e logo contra Zapatero, ademais de contra os nacionalismos.

Así, as poucas veces que temos para coñecer a verdadeira opinión ou intencionalidade dos políticos é cando falan co micrófono aberto. Non por un casual, cando isto acontece, sempre queda ao descuberto o seu cinismo político.

Xa que logo, non se trata de simples "comentarios coloquiais e privados", porque os mesmos o que fan é revelar a natureza mesma das súas estratexias políticas.

Anónimo dijo...

Estaremos á espera da sua opinión opinión, Apicultor cando algunha anécdota similar lle pase a un do PSOE.
Onte vin a un destacado membro do PSOE aparcando o coche un momentiño nunha zona reservada a minusválidos. A verdade é que foi un momentiño, o tempo de sair do coche pra intercambiar unhas palabras cun coñecido que pasaba. Pero puden facer unha serie de fotos que, demagóxicamente manexadas pola prensa, poderían facerlle dano político. Non hai caso. Non perdín o tempo facéndoas.

Anónimo dijo...

O malo é que o ano pasado o da voda da filla puxo a caldo a un curmán que non viña e mais a outro tío que viña pero sen o entusiasmo necesario. Tamén hai que recoñecer que un domingo con chuvia é para estar na casa en pantuflas lendo o xornal e mirar a Alonso correr a enésima volta do circuito eterno de non sei onde. Para estas cousas, sempre están eses paisas, veciños do lugar por onde pasan os tanques, que lusen lindos os seus bigotillos arriba españa, betuneados para sairen guapos na portada de La Razón e para iren tomar xusto despois da actuación caqui o combinado 3 do vips de Velázquez cos familiares e divisionarios. Con bitter, rebaixado con Cinzano.

Anónimo dijo...

Nas radios e televisiós locáis, quedan gravados moitos dos comentarios coloquiáis que fan os políticos invitados "fora do aire",tando antes como despóis das entrevistas ou tertulias "oficiáis" que se emiten. Se a vostede,Apicultor, lle parece ético que se fagan públicas, fágamo saber. Sei de quen ten no seu poder unhas cantas, con xente do PSOE incluida.

Anónimo dijo...

Iso é outra cousa, amigo don Xoan. Hai unha práctica habitual do off the record, que, por outra parte, os xornalistas despois modulan e utilizan como queren. DO mesmo modo que o político emprega ou utiliza a ese mesmo xornalista noutra ocasión. Parece un xogo divertido para quen está no tinglado. Pero para o resto dos mortais, alleos a ese intercambio soterrado, non deixa de ofrecer o correspondiente morbillo. Que ao mellor non pasa dun cachondeo durante un fin de semán.

Anónimo dijo...

Pero o interesante é ás veces o "off the record". Sobre todo nos políticos. Revélanos o que realmente pensan, e mesmo parece que din cousas interesantes, que saen fóra do guión. No "off the record" aparecen coma seres humanos, coas súas debilidades e grandezas.
Ese "El coñazo del desfile" revela un dos puntos débiles de Rajoil: a súa preguiza, a súa pouca capacidade de traballo.

Estoume a acordar dunha entrevista que lle fixeron a Adolfo Suárez en 1980, en vísperas da súa dimisión e que non se chegou a publicar, pois os seus asesores dixéronlle que "Un político no puede ser tan sincero". Alí aparecía un home canso, abandonado polos seus (e pola prensa), que apenas pode coas dentadas do PSOE e coas presións do exército, e que xa non sabe como sacar a España da crise económica.
Velaquí parte das súas declaracións, que aínda teñen moita actualidade na crítica que fan do labor xornalístico:

"Algunos periodistas me preguntan sobre un tema político para tratar de convencerme de sus posturas. Entonces les digo: ¿Ustedes, qué quieren: saber mi opinión o convencerme de la suya?… Porque si vienen a hacerme una entrevista, les interesará conocer mi criterio, supongo. Y tendrían que escucharlo libre de prejuicios. Después, ustedes lo estudian, se informan y, si no les gusta, lo critican… Después, todo lo que ustedes quieran.
Pero sólo se tienen presentes a ellos mismos. Escriben para ellos mismos… Los comentarios políticos suelen ser mensajes que no entiende casi nadie. De ahí que la prensa tenga cada vez menos lectores. De ahí que los políticos estén cada día más separados del pueblo… Porque han acabado todos cociéndose en la gran cloaca madrileña… Y molesta mucho que yo hable de una gran cloaca madrileña. ¡Pero es verdad! No existe la preocupación de sobrevolar por encima. Nadie intenta hacer una crítica objetiva de las actuaciones políticas, con independencia del partido que realiza la acción.
La prensa persigue intereses concretos —políticos o personales del político que le informa—. Defiende las conveniencias de alguien que instrumentaliza a ese periodista. Y los periodistas se han convertido en correas de transmisión de los intereses de grupos determinados."

Entrevista completa:
http://www.abc.es/hemeroteca/historico-23-09-2007/abc/Domingos/entrevista-inedita-a-adolfo-suarez-soy-un-hombre-completamente-desprestigiado_164932329050.html

Anónimo dijo...

Eu non entrei a avaliar a eticidade deste ou daquel xornalista, amigo XDC. Coido que ese sería outro debate.

O que si digo é que tal tipo de comentarios poden revelar a natureza mesma das estratexias políticas, ademais de determinadas cualidades humanas e de liderato, como oportunamente achega o anónimo precedente. No caso de Rajoy, "a súa preguiza e a súa pouca capacidade de traballo". Sen ningunha dúbida.

Anónimo dijo...

O Forges no cumio.