11 oct 2008


Esperanza Aguirre
andoliña 11-10-08

Primeiro caía simpática porque se facía a despistada ou a inocente cando a abordaban de súpeto os homes de negro de Caiga Quien Caiga: entraba na categoría de políticas espontáneas e algo simpáticas. Logo pasaron moitas cousas na Comunidade de Madrid, con actuacións moi lamentables no campo da Sanidade Pública. Hai só uns meses Esperanza Aguirre ensinou os seus cairos na liorta interna de poder contra Rajoy e demostrou que ía a por todas e que non tiña demasiados escrúpulos: non gañou de momento, non sei se perdeu.
Agora sabemos que ten as Universidades Públicas da súa Comunidade Autónoma a pedir por portas: reduciu o 30 por cento o diñeiro para gastos correntes, o que serve para pagar as nóminas dos seus profesores, e non solta tampouco as débedas consolidadas. Como boa neocon que ela mesma se considera, a Esperanza Aguirre amólalle investir cartos en todo o que cheire a Estado de Benestar. Ata os cárceres privatizarían, seguindo o modelo americano, se puidesen.
Por certo, que din os neoliberais desta gran treboada do capitalismo global? Nos EEUU o goberno xa fala de nacionalizar os bancos en crise: se Marx e Lenin levantasen a cabeza!

17 comentarios:

Anónimo dijo...

Os neoliberais din que chega o socialismo a EE.UU. Os neoliberais a ultranza prefiren a ruina de varias empresas (porque así é o mercado) que rescatar desde o Estado.
Claro que hai un ano o Bush era o seu profeta: agora está á altura de Hugo Chávez.

De todas maneiras e á marxe de todo esto, unha grandísima aperta desde o contubernio number two do san froilán para o dono desta solaina, don Marcos Valcárcel. Agardo que os comedores de polbo do Recatelo asomen as súas palabras por este foro de foros.

Anónimo dijo...

Esta tipa madrileña é perigosa, moi perigosa, perigosamente perigosa. Aínda que sexa parente de Jaime Gil de Biedma.

E á marxe de todo isto, e logo os comedores de polbo do Recatelo aínda andan a dormir a resaca? Que pouco aguante teñen!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Unha lectura rápida de libertad digital ou do blog de radikales libres que forman parte do tanque de pensar que nutre a Galicia Bilingüe pode ser útil para comprender a visión ortodoxa neoliberal da crise: Bush é un roxo de cuidado. E o máis curioso do caso é que o descubren agora, despois de facer de siareiros seus.
Este é o estilo dun post destes tipos:

Hace un par de años circulaba por ahí una entrevista a Grover Norquist en la que éste, supuestamente, destapaba los planes de gobierno de Bush. Lo que más parecía soliviantar las páginas "rebeldes" del sector infrarrojo (infravermello en Galicia) era su propósito declarado de recortar el tamaño del Estado a la mitad en 25 años. El Cuarto Reich lo llamaban estos ignorantes.

Para algunos analistas, como Carlos Ball que dice
La realidad es que la administración “conservadora” de George W. Bush es la que más ha aumentado la burocracia y los gastos gubernamentales desde los tiempos de Lyndon Johnson, en parte por estar siempre dispuesta a apoyar el crecimiento del estado de beneficencia a cambio de restricciones a las libertades civiles, presuntamente en beneficio de la seguridad nacional,
la evolución de los acontecimientos parece llevar a otras conclusiones:
El presidente Bush comparte con la izquierda la creencia de que el poder del gobierno debe ser ilimitado cuando se utiliza para el bien; en el fondo de esa ideología está la certeza que sienten sobre su propia infalibilidad. Y aunque Bush proyecta la apariencia de ser conservador, se ha dedicado a promover programas estatistas con fines electorales, siendo el único presidente desde 1881 en no vetar ninguna propuesta del Congreso de aumentar gastos y repartir favores.

Un buen tanto para los antiliberales.

Anónimo dijo...

De verdá que a Esperanza, a Bush, a Jaime Gil de Biedma, a Hugo Chávez, aos de Libertad Digital e aos comedores de polbo de Recatelo, os remitía eu directamente a un gulag en Siberia a -40ºC pra que soubesen o que son as cousas.

Anónimo dijo...

Alghún vai de neno terríbel da cultureta galega e mantén posicións moi esquerdistas cando escribe de política internacional. Pero, ai, amighiño, a vaquiña polo que vale, e cando lle tocan as cousas de comer, entón sae o defensor a ultranza do capital que lle pagou toda a vida.

Acougue, señor Quintana

X. L. Franco Grande

13/10/2008

Querer reformar o que funciona ben, cando tanto hai que reformar neste país, deixa perplexo a calquera.

A non ser que esa teima oculte o que case sempre se acubilla nas actitudes dos políticos: intereses partidarios, cobizas de control e de promoción dos seus. As caixas de aforros foron sempre, dende a súa fundación, un exemplo de eficacia. E seguen séndoo. Só cando cederon diante da política perderon o norte. Ou sexa, cando directa ou indirectamente serviron a intereses que non son os seus. Por sorte, son poucos os casos. Levamos anos oíndo falar aos políticos de democratizalas, nunca de axudalas a ser máis independentes, máis profesionais e máis eficaces -única maneira de servir á comunidade á que se deben e á que pertencen-. Democratizar, aquí, significa o que todos sabemos: controlar. Pon medo o que vostede suxire: tocar os seus órganos de goberno (ou sexa, controlalos, falemos con claridade), seguro que supoñería substituír a profesionalidade que hoxe hai nas caixas de aforros pola máis que probable incompetencia a que os políticos nos teñen acostumados. Triste proposta a súa. Como cidadán deste país que non quixera ver as caixas convertidas noutro Gaiás, e como persoa que sabe moi ben que para algúns democratizar só significa controlar , quixera suxerirlle que acougue un pouco: siga bailando pasodobres, que é o seu, e deixe en paz as caixas para que elas, e os seus impositores, poidan tamén seguir vivindo en paz.

Anónimo dijo...

Beria, baixe a temperatura algo, que agora imos pró xeneral inverno.

lourixe dijo...

Aproveito a nube de expertos que circulan por estes lares para lanzar unha pregunta que me intriga: TODOQUISQUI fala das regras de xogo democrático. Tanto valen para xustificar ou descualificar a politiquiños de medio pelo, como para argumentar a favor ou en contra do intervencionismo do Estado en temas bancarios.
Alguén me pode definir, de xeito sinxelo e comprensíbel, que demo son esas "regras de xogo democrático" e, sobre todo, quen son os seus autores e o seu ábito de aplicación? Poñéndonos platónicos, pertencen ao mundo das Ideas ou ao mundo das Imaxes?

lourixe dijo...

*ámbito (autocorríxome: no comentario anterior quixen decir "ámbito de aplicación", son de ciencias e antes de definir unha lei sempre hai que explicitar as características espazo-temporais nas que ten validez).

Anónimo dijo...

Temo, Lourixe, que as tales e así chamadas leis teñen pouco de tales en canto catálogo empírico de prescricións e convencións. Trátase, máis ben, dun espírito que posiblemente non albiscou Montesquieu, pero que todos parecemos dominar ata o punto de referírmonos a el como realidade obxectiva e indiscutible; a miúdo (parece) manexando cada un o seu concepto ben diverso.

En todo caso, hai algunha miudeza obxectivable: p. e., o respecto á expresión allea ou a aceptación das maiorías electorais; controvertido ou nebulizado nalgún caso, se a realidade sociolóxica ou socioelectoral resulta persistentemente desfavorable a quen manexa o mango do rodo executivo e/ou lexislativo.

O devandito, xaora, vde. xa o sabía. Como tamén seguramente intúe que a última hipótese igual toca tema vasco; é unha posibilidade. Teñan boa noite.

Anónimo dijo...

As "regras de xogo democrático", meu amor platónico Lourixe, son os acordos tácitos entre os membros da clase política pra non danar os seus intereses corporativos, anque sexa a costa do interés xeral da ciudadanía.

Anónimo dijo...

Acollida de estudantes.

Anónimo dijo...

Sabía que a universidade se estaba a converter nunha academia-pasantía por horas composta por certas castas (clientes-alumnos, comerciais-profesores e "intocable" mandarinato brahamin), pero isto de promocionar a matrícula nunha carreira maioritariamente de mushashos co estrikin dunhas mushahas en idade de merecer xa rebasa todo o imaxinable.

Anónimo dijo...

A min a noticia resúltame exemplar para explicar conceptos básicos da recepción e da hermenéutica estéticas, propiamente literarias e teatrais.
As mozas que fan ese número de expresión corporal aseguran que a súa pretensión era a de levar adiante a súa proposta performativa. Enuncian a súa intención no paratexto xornalístico, que actúa a xeito de rodapé involuntario, debido a un suposto erro na transmisión da mensaxe. A intención expresiva contraponse coa recepción sen dúbida diferente do público estupefacto, cuxas voces resumen nun sonoro flipo a contemplación da obriña teatral.
Velaí, pois, un paradigma da inutilidade de cifrar na intención do autor a única lectura dun texto.

Anónimo dijo...

Plas, plas, plas (aplausos), Arume, estimulante lección a súa.

Anónimo dijo...

Anda a dicir Rueda, o do PP, que Touriño leva gastados 600 mil euros en protocolo e que, se non entendín mal, ao ritmo que leva, pode chegar a gastar 1,1 millóns de euros ao ano en pinchos, festas e protocolo. Fixen o cálculo e saen 3000 euros ao día en ágapes e agasallos.
A Xunta nega rotundamente tales datos e asegura que foron 780000 os cartos en representación por media dos do PP e uns 590000 por media tamén os desta lexislatura. En ambos casos, os gastos neste sentido son arrepiantes: entre 1500 e 2100 euros ao día neste capítulo de Protocolo, se non facemos caso do que di Rueda, porque entón o montante sube a 3000 euros ao día.
Caralliño.

Anónimo dijo...

E logo quen pensa que pagou o outro día os pintxos en Vigo? A banca? Ca, eses non dan nin un calendario.

Unha pasada, de todas formas.

Anónimo dijo...

Foi labor social da caixa: non vai comprar un leiro e despois convidar a todo quisque. Hai prioridades, amigo Apicultor. E, xaora, os petiscos, escasos.