tempos mouros
Tempos estes ben mouros para a nosa cultura: Xoán Bouzada, Suso Jares, agora Ramiro Fonte.
As miñas condolencias á súa familia e amigos: máis información en Brétemas, Lándoa ou Galicia Hoxe.
Dende aquí tamén o meu agradecemento polos seus poemarios, as súas novelas, e, sobre todo, pore esa excepcional triloxía memorialística que constitúen as novelas «Vidas de infancia» formada por Os meus ollos (Xerais 2003), Premio Losada Diéguez de creación 2004, Os ollos da ponte (Xerais 2004) e A ponte nos ollos (Xerais 2007).
6 comentarios:
Ramiro Fonte (LVG):
«A miña obra pode ter un certo prestixio entre algúns sectores -dicía-, pero non tivo éxito; paguei cara a miña independencia. Ademais, nunca fun deses que van pregoando por todas partes a súa mercadoría, e desde rapaz mostreime moi crítico cun medio cultural tremendamente caciquil».
Pois iso.
Unha gran perda. As miñas condolencias a familiares e amigos.
E que será ter exito literario en Galicia?
Os que teñen exito mediático e de ventas non convencen aos sectores mais selectos, e os que teñen predicamento entre estes, non son mediaticos, nin venden.
Hai alguén que satisfaga a todos?
A obra que Ramiro deixa, teremola que mirar con eses ollos.
Uf, anónimo, a min esa expresión de "sectores máis selectos" déixame un tanto destrozado e alicaído. Con todo, manteño unha levísima esperanza de que algunha alma caritativa me inclúa en tan distinguido club.
Non se preocupe, curso a súa petición, que será examinada rigorosamente polo selecto maio do club e sometida a democrática votación, mais dígame, para poder informar, en calidade de que, que ser vostede admitido.
Publicar un comentario