15 oct. 2008


TRAPECIO
PAN POR PAN mércores 15 outubro

Reviso, despois de non sei cantos anos, “Trapecio”, de Carol Reed (1956). Sen dúbida, unha das grandes películas sobre o mundo do circo (que non son moitas). Burt Lancaster, monumental no seu papel de Mike Ribble, o trapecista eivado. Tony Curtis, correcto, pero non pode entusiasmar ó carón daquel mestre de actores.
A historia é moi sinxela: un triángulo amoroso e unha loita pola perfección artística: o triplo salto mortal. A parte negativa, a ambición e o engano, ten aquí cara feminina, só redimida ó remate polo papel redentor do amor. Podería mesmo falarse dun certo ton misóxino, pero a película é tamén unha excelente ocasión para encontrarse con outro tipo de estrelas cinematográficas como Gina Lollobrigida ou Katy Jurado.
A vitoria artística do fillo do Gran Orsini (T.Curtis) fai realidade o soño incumprido do seu mestre: un tema moi humano, tan auténtico como a vida.

4 comentarios:

XDC dijo...

Non sei se lembran unha serie de TV que emitían os martes na sobremesa, no vrao do 76( ou era o 75), "SALTO MORTAL". Os protagonistas eran os artistas de un circo que viaxaba por todo o mundo.Posoblemente inspirada na película da que fala o post. Mesmo lembro a melodía de inicio.Pero non atopo referencias en internet.

Que por qué sei que era os martes?.Fácil. Porque os lús había "El Mago",os mércores "Detective Privado", os xoves "El Caballero De Azul", o venres nada, e o sábado "Nacida Libre", coa leona "Elsa" e a voz de Sinatra de fondo:PREMER.

Nacida libre
Tan libre como o vento...

XDC dijo...

Nesta seria da que falo, un dos episodios trataba de cómo un dos trapecistas loitóu hasta conseguir executar o "triple e medio" salto mortal. Media volta máis que no filme que a inspiróu. Se non me falla a memoria, non o conseguíu totalmente nos ensaios pero sí na actuación diante do público. A tensión da actuación en directo fíxoo posible ,aportando a "petit quelque chose" que faltaba. Tamén a confianza no compañeiro, que rematóu lóxicamente atrapándoo polos pés. A figura dun "cristo invertido" oscilando no trapecio puxera en pé ao público, que aplaudía solemnemente.

lobo neghro dijo...

Eu non vín nada do que citas. Cecais fose porque daquelas estaba na Laboral e xantabamos alí. Na sobremesa facíamos cantidade de actividades pero non lembro ver a tele. Aqueles anos foron extraordinarios desde todo-los puntos de vista.

XDC dijo...

Eso é o que me intranquiliza. Ninguén parece lembrar esa serie!. A ver si o soñéi todo!!!.
A melodía empezaba (cada sílaba ou guión ten valor de corchea):


Do---si--misi---la---sol-sidosol-sol-fa----


EU vina!. Xúroo!!.