15 oct. 2008

Lectores/as?

"Un dos serios problemas que padece a literatura galega no seu conxunto -coas consabidas e parciais excepcións, todo hai que dicilo- é que non ten unha recepción social normal. E, a pesar diso, a nosa creación literaria está, cuantitativa e cualitativamente, moi por riba da sociedade -e sobretodo no plano estético- á que inicialmente vai dirixida. E mesmo moi por riba de sectores sociais cultos e galeguistas, e nacionalistas, que simplemente non len. "

Hoxe, en Galicia Hoxe, no artigo de Fernán Vello, "Literatura e sociedade".

21 comentarios:

inspector sanitario dijo...

Dentro deses nacionalistas-galeguistas que non len deben estar os do Club das Vieiras Mortas. Cando menos non len o xornal nin a lexislación sanitaria. :-)

Criselda dijo...

Vostede tira con balín e non está moi desatinado.

apicultor dijo...

Pois vaia descubrimento que fixo Fernán-Vello!

Vexamos:

1) Se disque o BNG ten uns oito mil afiliados, os independentistas (FPG, Nós-UP, …) andarán nuns douscentos membros organizados, e se a eles lles sumanos uns dous mil ou tres mil galeguistas e nacionalistas de distinta pelaxe e que van por libre, todos eles, a non dubidalo, ardentes amadores e valedores da cultura e lingua galegas…

2) E dado que non todos poderían comprar todos os libros en galego que se editan…

3) Non sería descabelado pensar que, por haches ou por bes, se deberán vender, por termo medio, tres mil exemplares de cada un dos libros editados en galego…

4) Mais como resulta que o termo medio de vendas de cada libro apenas debe superar os cinco centos exemplares…

5) Ergo: non se len libros en galego porque os amadores do noso país prefiren gastar os cartos noutras cousas e, ao mesmo tempo, darse de golpes no peito de indignación pola situación da cultura galega. O que, xaora, ten a ventaxa de saír gratis e quedar ben sen gastar un can.

Xosé M. González dijo...

No seu hiperbólico cómputo, Apicultor, destaca ante todo, na cláusula un, a ausencia de desviación típica con base no factor "lectura por cápita". Que isto non lle é o 75, ben sabe, cando, de noite, todos os nacionalistas parecían pardos (que non parvos, espero).

folerpa dijo...

Iso chámase Elitismo Cultural, así con todas as letras.

jacques delapierre dijo...

Apicultor, e debera ter en conta a hora da análise, que moitos libros mercánse polos alumnos de ESO e BAC, para os seus traballos, polo que saen a un libro por cada 100 BNG`s, FPG´s, e -espere que teño que ir arriba- nacionalistas e galeguistas,entre os que me conto, de distinta pelaxe.
Xúrolle polo que máis queira que eu non cumplo.

arume dos piñeiros dijo...

Aparte do elitismo cultural que apunta sabiamente Folerpa, o nivel de calidade cómo se pondera? Cantidades poden medirse en números de exemplares tirados (no sentido editorial do termo). Pero cando damos o salto a comprados (por particulares, non por bibliotecas) ou lidos, entón as cantidades minguan.
Agora ben, calidades...

Nota: non dubido de que haxa calidade. Dubido sobre o modo de certificala. E mesmo sobre a necesidade de proclamala: corremos o risco de que poidan pensar por qué.

Xosé M. González dijo...

Probablemente a posición que asume Fernán Vello sexa elitista. Xa é máis dubidoso, pola contra, que iso sexa algo malo.

Toda cultura necesita de elites e de elitismos; todo progresismo, tamén. Iso si, non é sinónimo de control ou garantía de calidade, esa que se adoita proclamarse no momento en que é negada, se cadra por sistema; é nesta casa algunha de tales ocasións xa se comentou.

O da ponderación da calidade é outro lópez ben distinto. Tan discutible aquí coma en Madrid, e probablemente mesmo en Singapur.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Non estou seguro de que esa expresión de calidade sexa tan extendida. Hai literaturas que non precisan esa chamada. En Italia nunca escoitei eu ese debate. Enténdese que a literatura en italiano faise e punto. Nin mellor nin peor. Ten os seus lectores, a súa maquinaria editorial, os seus críticos, a súa difusión, os seus autores canonizados e por canonizar e non precisa de recordos, coma o de Fernán Vello, sobre a súa calidade.
Se cadra esa lamentatio pola falta de lectores é o que impulsa a FV a proclamar a calidade. Se houber lectores, o chamado seguro que sobraba.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O elitismo non é malo. Pero se un practica o elitismo non pode queixarse de non ser lido. As cousas como son.

Xosé M. González dijo...

Non me refería eu, na extensión universal ou case, á reclamación de calidade, senón á ponderación: ou sexa, que tan arduo ou abstruso é estimar o que é calidade aquí coma noutro lado; e, seguramente, tan discutibles e debatidos os criterios aducidos, tan dubidoso o resultado que se obtén.

Tocante á reclamación ou autoatribución (colectiva) de Fernán Vello, xa digo: afírmaste, por veces, cando te negan. No enlace vai un exemplo non moi afastado no tempo; e andan polo medio, tamén, as declaracións de Francisco Rodríguez, como outro factor posiblemente desencadeante.

Italia... Non coñezo o país dabondo como para estimar o alcance da práctica lectora e outros aspectos culturais. Coñezo algo sobre a ilustre historia do país; e se xulgo pola escasísima literatura actual que leo en italiano, supoño que o nivel de calidade debe ser alto: iso me di, por exemplo, certo giallo (novela negra) de Frutero & Lucentini, parella colaboradora aínda coñecida artisticamente o ano pasado. Con todo, é ámbito dificilmente comparable co noso; aínda sendo ben útil, porén, establecer algún parangón.

Xosé M. González dijo...

O elitismo dá en pouca lectura, en efecto. Pero aí si que a calidade pode ser factor compensatorio; calidade dos lectores, quero dicir aquí.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Afirmaste tamen por se te negan. O cal pode resultar máis sospeitoso.

Xosé M. González dijo...

Sen dúbida, pode. Pero, Arume, é que te negan; se non en existencia, algo absurdo a estas alturas, si en calidade. Por moito que nos esvare o concepto.

marcos valcarcel dijo...

oín dun libreiro ourensán esta mesma queixa: os nosos líderes sociais non entran na súa librería...
en Auria hai 3 ou 4 librerías de vender libros (non papelerías): sería cousa de saber se nas outras 3 pasa o mesmo...

Anónimo dijo...

En Ourense hai pouco lider social, hai dirixentes políticos e xentes que nos gobernan pero lideres sociais poucos, uns cantos persoeiros, nada mais.
Sobre as librerias, eu que non son lider político nen social vou pouco a Torga pero frecuento moito a librería internacional, o meus autores preferidos só existen en castelán, non están traducidos, e cada pouco fago un intento de sumerxirme na literatura galega actual e así teño a medias 4 ou 5 libros cada ano que me desaniman a seguir intentandoo, entón volvo ao facil, volvo á internacional a mercar en castelán o que non me importaría ler en galego, pero non teño esa posibilidade.
Un saúdo

XDC dijo...

Na Librería Internacional tamén ten bastante libro en galego. Algús están na planta baixa,nunha estantería frente ao mostrador. Pero a inmensa maioría estanlle no altillo de arriba. E adoita a estar actualizada nas publicaciuós.

ourensá de pre dijo...

É público e notorio que os líderes políticos e "sociais" ourensáns apenas len, e que o xornal non o len até pasadas as 12 da mañá, no momento sagrado do aperitivo.

marcos valcarcel dijo...

home, algúns len o xornal antes... xa recortado polos seus asesores

XDC dijo...

Ás veces soño que me toca unha lotería de cen mil millós de euros eu vou, unha por unha, por as librerías de Ourense comprando todos os libros, nun trailer. Entro en Tanco en dígolle ao Manolo: "Cargademe todos os libros que teñades neste trailer. Si non queredes levar traballo sumando os prezos, ponlle o precio ao bulto que tí queiras. Sólo mira que non vaian repetidos". Logo, pra Santiago, pra facer o mesmo con "Follas Novas" e a da rúa do Villar , González creo que era. Logo , á Michelena en POntevedra. De Vigo, quitando as dos centros comerciáis ,sólo coñezo a "Casa do Libro", e a que hai en Torrecedeira, perto da escola de peritos industriáis. Aconséllenme de outras, e váianme decindo si entrará ben o trailer. En Lugo, deixo de encargado da carga ao Xosé Manuel González, a cambio de que se quede él cós repetidos todos que queira , en canto vou tomar un viño có Delapierre. Na Coruña, xa me pillades en bolas, non me dou conta de ningunha especialmente boa...
De repente, dóume conta de que todo é un soño ,porque eu non teño carné de trailer,e desperto, espantado.

arume dos piñeiros dijo...

O Chacal dispara duro:

"Pero hay un problema: es más fácil y serio hacer negocios literarios en el Congo que en España. Hay prácticas que no quiero llamar corruptas pero que serían poco éticas en Nueva York". Y se extiende: "Las relaciones de amistad que hay entre editores y agentes es más importante que el autor, y para mí eso es corrupto, por no entrar en que cuando uno estrecha la mano con otro cierra un acuerdo sin necesidad de papeles, que llegan más tarde. En España das la mano y en realidad te dicen un sí que después es un no o un quizá".

Se defiende también de una acusación histórica: es más pescador que creador y cultivador de autores. "En parte es cierto y en parte, no: he ido quedándome con escritores más o menos hechos, pero también he ayudado a construir autores como Philip Roth. Él mismo ha dicho que su vida profesional cambió radicalmente conmigo. O Pamuk: cuando llegó sólo tenía tres libros y le dije: 'Sigue así que acabarás viendo el Nobel, yo me encargo del resto'' y así fue... Soy un buen sirviente, el jardinero que cuida de su jardín. Y eso en España... Nunca traicionaré a uno de mis autores, y nunca le haré un favor a una editorial. Esta ética es bastante necesaria en este negocio. Pero España es, en ese sentido, un lugar bastante corrupto. No digo que seamos más listos, pero trabajamos limpio. En algunos países, tras muchos años de estar juntos y hasta durmiendo juntos, la gente, editores y agentes, se acomodan... Nosotros venimos, abrimos la luz y decimos: ¿pero qué pasa aquí?".