10 oct 2008

Un estraño pesadelo, por Apicultor

Non adoito ver a TV, apenas algunha película moi de cando en vez. Pero onte, venres, optei por botarlle unha visual e relaxarme tumbado no sofá. Estrañamente, quedei dormido véndoa. Cando espertei xa era de madrugada. Estaban botando un alucinante programa (coido que en Tele5): un tipo aparentemente normal, acompañado pola súa esposa, pola súa nai e por un amigo, sometíase a unha Máquina da Verdade para gañar uns cartos.As preguntas eran cada vez máis comprometidas, pero a avidez de diñeiro do tipo e da familia incitaban a ir máis alá. Por cada pregunta que respostaba con sinceridade acumulaba máis cartos. Se mentía, perdíao todo.

- Pregunta: Estaría vostede disposto a morrer polos seus fillos?
- Resposta: Non. (Máquina: verdade!).(Os familiares perfectamente tranquilos)
-P: É vostede bisexual?
-R: Si. (Máquina: verdade!).(Os familiares xa comezan a poñer caras algo raras, especialmente a esposa).
- P: Ten enganado sexualmente a súa muller?-
R: Si. (Máquina: verdade!).(Cara de poema, e non precisamente lírico, da esposa).-
P: Sabería dicir cantas veces ten enganado a súa muller?
- R: Non. (Máquina: verdade!). (Aquí a muller a punto de estalar e con cara de moi malas pulgas. Pero o tipo, estimulado polas suculentas gañancias, decide seguir adiante).
- P: Desexa vostede sexualmente á esposa do seu amigo?
-R: Non. (Máquina: MENTIRA!).(O tipiño pon cara de circunstancias, pero perde todos os cartos acumulados e vaise coma un lóstrego. A cámara non enfoca nin ao amigo, nin á esposa, nin á nai).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

O programa ese é verdadeiramente interesante. Eu, que prácticamente non vexo a TV, si que me "engancho" a él cando o sintonizo. O concursante adoita a perder cando non ten forza pra enfrentarse a unha verdade que non acepta, esto é, cando está disposto a mentirse a sí mesmo pra non aceptala. A ambición polos cartos faino enfrentarse a conflictos autocensurados ós que nunca ousaría enfrentarse.
Os promotores do programa fanlle primeiro unha batería de preguntas, entre as que seleccionan as que logo lle farán no programa. Un polígrafo debe de analizar as emociós que desperta cada cuestión. A pregunta final é unha especie de "pregunta da tua vida", verbo do conflicto non resolto máis profundo.
A mín non me ineteresan en absoluto as vidas alleas, nin me interesa xuzgar as conductas de ninguén, por eso non aguante os programas "do corazón". Pero este, sí que permite aprender algo da natureza humana. Algús episodios darían pra unha boa novela.

Anónimo dijo...

Interesante. Ao final o concursante perdeuno todo por amor, debíalle gustar moito a muller do amigo, tanto como para non poder mentirlle a máquina.

Pero que fiabilidade pode ter ese artefacto, se fose eficaz sería incorporada aos procesos xudiciais.

Supoño que o Apicultor a esas horas deveu percibir o espectáculo como unha revelación do estado actual do pudor humano, e quedou espantado, ao contemplar o inferno, pura exterioridade, pornografía sentimental e emocional.

Anónimo dijo...

¿Por que lle chaman amor onde quere dicir sexo?

Anónimo dijo...

Unha concursante respondera de xeito sinceiro a todas as preguntas, en presencia de familiares directos ,e da sua parexa, un home de mediana edade. Gabábase de que chegaría hasta o final, de que non tiña nada que ocultar. A penúltima pregunta foi: "Ofrecéronche diñeiro a cambio de sexo en algún momento da tua vida?". Tras unha vacilación, respondéu que sí, e a máquina deu a resposta como sinceira. Era fácil adiviñar cal sería a próxima pregunta, a última, a que a faría gañar moitos cartos. O seu compañeiro sentimental parecía moi interesado na continuación. Pero ela plantóuse. Non quería respostar á pregunta que tamén ela adiviñóu. A cara do home era "un poema", tal debeu ser o senso implícito que lle deu ao "plante".