15 nov 2008

Amina Lawall e Aisha Ibrahim Duhulow
Afonso Vázquez-Monxardín
LA REGIÓN 15-11-08


Lembran aquela desdentada nixeriana a quen querían lapidar -matar a pedradas, que soa máis duro e claro- por ter un fillo cinco anos despois de divorciada, alá, no cu do mundo, nunha das catorce provincias do norte de Nixeria onde se aplica a Sharia? Seguramente Amina Lawal nos debe a vida e ela ben o debe saber. Pois si. A presión internacional fixo daquela -hai cinco anos- que o caso fose sobreseído polas cortes do país. Nixeria, cos seus defectos e problemas, é un país. Amnistía Internacional, chapeau. Pero o caso de Aisha é outro. Amnistía chegou tarde, chegamos todos tarde, porque Somalia desde hai vinte anos son só unhas raias nun mapa que fan sufrir, cun xogo de alianzas cambiantes entre señores da guerra, islamistas, piratas e ‘occidentais’, que nin os que seguen a actualidade puntualmente dan entendido ben. O tema é que non puidemos facer nada por ela. Só soubemos que vivira pola súa morte.Aisha pasou uns anos da súa nenez no cam pamento de Hagadeer no noreste de Kenia. A guerra leváraa alí da man de seu pai, quen, como optimista, hai catro meses, decidira que as cousas ían a mellor na terra de orixe e volveu con saudade dos parentes.Instalouse en Kismayo, a terceira cidade do sur de Somalia e a última en ser conquistada aos señores da guerra locais, en xaneiro de 2007 polo exército etíope e o Consello de Tribunales Islámicos, e tratou de refacer a vida. O lugar, certamente, ten un clima paradisíaco pero resultou ser o ollo do inferno. Aisha Ibrahim era xa unha mociña que se daba a maior. Tiña trece anos pero aparentaba máis. Axiña, tres desalmados dun grupo armado calquera, violárona. Ela rota pero con ganas de vivir, animada polo pai, foi presentar denuncia ao cuartel da milicia islamista Al Shabab que no mes de agosto pasado, ou sexa cando nós estabamos coa barriga ao sol, se fixo co control de Kismayo. Os soldados, cómplices, ríronse na súa cara e acusárona de adulterio. Por iso debía morrer. Sentenciárona. Un tal Sheikh Hayakalah, dixo que un tribunal islámico que a xulgara e que ela pedira a morte. Tiveron que levar un camión cheo de pedras ata o estadio de fútbol pois era onda a praia e alí só lle poderían tirar puñados de area. Cavaron un foxo e enterrárona viva deixándolle só fóra a cabeza, tapada iso si, cun saco negro. Seica eran mil os espectadores. Cincuenta milicianos empezáronlle a tirar as pedras. Un rapaz intentou auxiliar á nena. Matárono dun disparo, retiránono e seguiron tirando pedras. Cando pensaron que estaba morta, desenterrárona e levárona para certificar a morte. Pero aínda estaba viva. Devolvérona ao burato, seguiron as pedras zoando no aire e impactando na cabeciña da nena ata que acabou por morrer de todo. O pai, os parentes, as testemuñas din que a nena quería vivir e que a deberon levar arrastras ao burato mortal. Noticia tan incrible é incriblemente certa. Al Jazira fala dela. E mentres aquí, inútiles, discutimos sobre o sexo dos anxos, sobre desenterros, sobre se a raíña pode opinar ou non de terminoloxía e case ninguén falou de Aisha. Que lonxe nos caen esoutros mundos que están tamén neste mundo...

91 comentarios:

Anónimo dijo...

A bonita reflexión do Monxarda trae a conto aquela fantástica tira cómica da Mafalda de Quino na que a Susanita se aventuraba a ler o xornal, achando entre as novas e crónicas do día guerra, fame, pobreza e violencia. A miseria humana nas súas múltiples manifestacións. Ela, aterrada, tira o xornal ao chan e comenta en voz alta, para se sentir gardada e protexida: "¡Por suerte, el mundo está tan lejos!"

Anónimo dijo...

Fai cincocentos anos en Europa tamén se queimaba as persoas por feitos similares.
A miña reflexión é que Africa terá que percorrer un camiño, longo e tortuoso, cheo de exemplos como o que relata Monxardin, e a mín dame que pouco podemos facer nós se os propios africanos non queren que troque.
Seguro que estou confundido, pero hai amos namentras haxa escravos.

Anónimo dijo...

Penso que estás moi confundido, señor Delapierre. Celebro moito a magnífica cita de Mafalda que nos achega muller fosforescente, e pregúntome que pasa para que un tema coma este suscite tan poucos comentarios nun blog habitualmente tan dinámico como as uvas...

Anónimo dijo...

Eu penso que está vostede bastante pouco confundido, Monsieur Delapierre. Fai vostede o esforzo de non confundir a realidade cós propios desexos. Anque teñar que espantar tópicos que sempre rondan á mente como mosquitos molestos.
Que si o primeiro mundo tiña que tutelar o desenrolo de África. Que si o cero sete. Que si bla bla bla. Subxace un poso de paternalismo nesas actitudes. Que a perciben perfectamente os africanos intelixentes..

Anónimo dijo...

E ese paternalismo ecoloxista... Que teme polos recursos e a polución mundial no momento en que africanos e asiáticos gocen de cadanseu automóbil, aire acondicionado e computador.
Seica os únicos que temos dereito a todo isto somos europeos e norteamericanos!

Anónimo dijo...

Pero non se preocupe. Non han pasar moitos anos hasta que África remate por espertar de todo. Non lle teremos que ensinar nada. Xa aprenden eles de nós, o que lles convén. Están pasando bruscamente do tam-tam a internet, sen pagar o tributo da dexeneración ambiental. De rexímenes esclavistas ó pleno desenrolo dos dereitos humanos, sin pasar por o "Noveccento". A súa "Inquisición" vai durar menos do que duróu a nosa.
Eu xa estou facendo xestiós personáis pra rematar tendo un teito baixo as estrelas. Un hotel de un millón de estrelas.

Anónimo dijo...

Quen ía dicir hai só trinta anos que no país ía haber en media tres coches para cada cada casa.
E agora xa nos proe cando vemos os senegaleses en coche, ou cando o cochiño ese (Tata Mini) da India ten lista de espera de quiñentos millóns.
E berramos e enlouquecemos cando se fala de matrimonio entre persoas do mesmo sexo, cando nas vísperas da Revolución Francesa a soa mención pública ao facto de un pobre ter dereito a estudar levaba directamente ao cadalso.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Pero....

Anónimo dijo...

Historias como a enlazada por XMGlz hainas a montós. Cada un ten unha historia. As nosas vidas, comparadas coas suas, son bastante anodinas.
Fai anos, entabléi unha conversa cun inmigrante subsahariano,nun bar ó que él entrara pra vender a sua mercancia barata. Entendímonos en francés i en español, como pudemos. Díxome que era técnico electrónico de formación. Eu dibuxéille nunha servilleta un diagrama de dous condensadores en paralelo, de diferentes faradios, e pedinlle que me calculase a capacidade equivalente. Un problema de bachillerato. Miróume como si eu fora parvo. Colléu o bolígrafo e resolvéuno perfectamente. Retoúme a que lle propuxera algo máis difícil,e , si non lembro mal, dibuxéille un circuito básico de radio (analóxico). Xa saben: antena, condensador variable en paralelo con bobina, á súa vez en serie con diodo rectificador de sinal, o circuito amplificador, a toma de terra,etc. Púxenlle os valores de certos parámetros dos compoñentes, e pedinlle outros. Resolveuno sorrindo coma se fora un problema de parvuliños. Outros clientes do bar no que estabamos,unhos badulaques, interpeláronno despectivamente pra divertirse regateándolle o precio das cousas. Cando marchóu, penséi que lembraria toda a sua vida aqueles desprecios.
Máis recentemente entabléi conversa con outro, que vendía cd´s piratas. Cando me comentaba que os policias o arrestaran facía pouco ,eu díxenlle que era a lei. Respondéume: "Entendo perfectamente que é a lei. Son abogado de formación por a Universidade de Dakar. Pero teño que comer".

Anónimo dijo...

É curioso: hai xente como XDC a quen o azar sorprendelle con cousas que teñen as paradoxas e habelencias de textos litúrxicos. Cousas paranormais. Eu levo cincoenta anos falando con putas, borrachos, inmigrantes (non tantos anos neste caso), mendigos e escoitando as súas historias e xamáis atopei esas parábolas. XDC entra na vida ó fondo dun simbolismo máis ou menos escuro: eu, sempre nas marxes da ilegalidade, dende "altos palacios", que dicía o outro, ata as covas máis miserentas da sociedade, nunca tiven a sorte de atopar ese bestiario de vendedores de cd's avogados, pordioseros que teñen coñecementos de mecánica e outros elementos. Que mal me surte a vida de exemplares. Dende o Cepo non coñecín a ninguén de tanto valor marxinal. A cousa de XDC semella case haxiografía en vez de autobiografía. Teño por certo que se vai de putas atopará unha especialista na poesía de T.S. Elliot ou se vai a misa o cura será un experto en intromisións vaxinais. O doutor que o atenda (Deus queira que moi tarde) seguramente en vez de recetarlle algo para a dor, lle fará un soneto con estrambote. Cheira a Hemingway.

Anónimo dijo...

Élle cousa de estadística, Anónimo. Si fala cun cento de eles, algún terá unha sorpresa. É cuestión de poñerse a falar.
Eu teño ese defecto: que me poño a falar, mellor dito escoitar, á xente que se acerca a mín pedindome unha limosna, ou que me quere vender algo, etc. Lembro aquela frase na que Sherlock Holmes lle dice ao Dr.Watson:" Hasta o último de estos granuxas leva un lume inmortal no seu corazón". E digo "defecto" porque esa costumbre costóume algunha noiva, sendo mozo.

Anónimo dijo...

Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego:

http://www.amesanl.org/index.asp
Moitas grazas pola túa adhesión ao “Manifesto pola convivencia lingüística
e a igualdade de dereitos para o galego”.

Podes tamén impulsar este Manifesto destoutros xeitos, na medida en que
che sexa posíbel:
- Dándollo a coñecer a máis xente enviándollo por correo electrónico.
- Pondo unha ligazón no teu web (blog, flog etc).
- Se colaboras con algunha entidade, propóndolle que tamén se adhira,
pois estanse a procurar tanto apoios individuais como colectivos.
- Axudando na recollida de sinaturas en papel (podes descargar os pregos
ou solicitalos no correo-e amesa@amesanl.org).

Unha forte aperta.

Anónimo dijo...

Sen pagar o tributo da dexeneración ambiental?. Ka amigo. A queima alí é brutalísima, peor que no primeiro mundo. Falas de mamoria, aseghún che ven ó caletre a ocurrencia.

A desfeita que fan as transnacionais non ten mesura nin continente. Incluso o lume aludido metafóricamente no primeiro paragrafo é ben reañ e superior ó de galicia, vese ben desde os satélites.

E non vexas as virases e enfermidades novas. O experimento que fai a vida con África é salvaxe, como ela mesma. Pero ó mellor eso tamén vai contribuir a convertila no depósito da humanidade futura, resistente, curtidísima....na humanidade futura, a que nos herde, ben poderá haber moito sustrato xenético Africano.

Anónimo dijo...

Pois eu tamén teño a miña historia de inmigrantes.
Hai anos fixemos dúas mesas redonda no instituto. Unha de inmigrantes de luxo -mozos de erasmus,alemáns, polacos, italianos..- aos rapaces pareceulles un rollazo. Non tiñan moito que contar.
A outra foi de inmigrantes de por abaixo. Do senegal eran tres. Certo que eu tiña algo de medo pola reaccion que terían os nosos estudantes.
Enfiaron un discurso excepcional. Da saudade. Xeneroso na opinión dos ourensáns sobre a súa intergración. Que se Rosalía, que se notaba que era terra de emigrantes... Divertido -dicían que os miraban nas festas igual que os seus fillos miraban aos brancos nas feiras de alá, etc.- Logo un coloquio simpático e fixéronse co auditorio...
Logo no bar, díxenlles que puxen as cartas boca arriba... que quen eran eles... Un riu e dixo que lle gustaba o ensino e os rapaces, que fixera a tese de doutoramento sobre literatura africana de expersión francesa... O outro riu e dixo que a el lle encantaba falar, por iso se fixera avogado...
Eu calei.
Por certo que non tiñan boa opinón doutro colectivos de emigrantes norteafricanos, pero gardáronse moito de dicir isto en público.

Anónimo dijo...

Eu referíame ó impacto ambiental producido polas fases intermedias da tecnoloxía, mon chèr ami le loup noir. Se lle parece que é a mesma que en Europa, recorra ambos continentes usando as fotos aéreas de Googleearth.

Anónimo dijo...

Il o de literatura africana en francés coxeaba algo, Mr.Etxe?.
Il o outro falaba varias linguas, entre elas o árabe?.

Anónimo dijo...

Copio neste fío un interesante comentario que Lobo Neghro deixóu no meu raquítico blog:
----------------------------------
Lobo Neghro dixo:

O que me levou a descubrir a esta xente foi un artigo chamado: los contrabandistas de la mundialización. Alternativa Económica, revista francesa que conservo como polvo de ouro en pano.

Gocei moito léndoo. Idea subxacente:
Existe unha rede comercial, mundial que escapa ó control dos gobernos e estados e ten permeabilizadas toda-las fronteiras, principalmente do Magreb e entorno do mediterráneo. Teñen un código ético, non se meten en armas ou drogas, e pasan desde electrodomésticos a roupa e comida. Teñen unhas persoas de confianza, nobles, ós que lles chaman "notarios", dan fé das trasaccións que se fan sen papeles, acordos verbais. Coa testemuña destes "notarios", escolleitos entre persoas provadas de máis de 40 anos realízanse acordos que se executan sen tacha.

Paréceme apaixonante. Hai máis mundo do que vemos. Afortunadamente se se vai ó carallo todo o sistema bancario, e quebran en cadea os bancos e a bolsa, teño a convicción de que o mundo non se cae porque existen estas redes "alterntivas" que fuxiron por proveito e ideoloxía do "poder visible".

Alucinante e moi estimulante.

O comercio seguirá adiante, e chegarán productos necesarios a grandes bolsas da poboación merced a estas "organizacions".

Anónimo dijo...

Voulles contar unha "historia instantánea". Quero decir que me está pasando agora mesmo.
Atópome no Centro Comercial Pontevella de Ourense,tomando unha caña na barra dun restaurante da planta superior. Teño un ordeador novo, pequeniño,estou coma un neno con zapatos novos con él, e hai WIFI.

Achégase un home á barra. Parece mudo, porque sinala á cafetera automática, e fai xestos de que querer tomar un café. Tamén fai xestos que fan entender que non ten cartos. Xa estóu eu a piques de decirlle á camareira que o invito eu, cando xa ela (eu sei que é a muller do dono) se adianta e di que o invita ela. Faillle un café moi ben feito, sen presa, el tómao. Gostaríame entablar conversa con él,pero é mudo, e probablemente xordo, salvo que o finxa.
Agora, marchóu, e esquecéu unha bolsa plástica na cadeira. Qué carallo terá dentro. Non sei se marchóu, ou si foi ó servicio. Non da vido. I eu empezo a inquietarme por o cotido da bolsa...
Se eu fora algún dos escritores do blog, faría unha historia con esto...sólo é cuestión de imaxinar un desenlace convincente..

Anónimo dijo...

Amigo XDC, non hai dúbida de que, por un estraño don que posúe, é un "recolector de historias". Quero dicir que moitas historias van de seu dar en vostede, como un imán que atrae os relatos de vida. Manteña sempre ese don, e que nós o disfrutemos.

Anónimo dijo...

Continúe, Dacoba, porfa.

Anónimo dijo...

No la toques más,
que así es la bolsa.

Anónimo dijo...

Ola Dacova, ola Api, ola Medela, ola Arume, ola Saavedra, Ola Delapierre, ola Leituga, ola Etxe, ola Lobo, ola Morrison, ola Swann, ola todos e todas, moito gusto en saudalos. Deixenme que lles diga que son vostedes estupendos e que non podio vivir sen as suas historias. Gracias por estaren aí. Teñan boa tarde e non cambien nunca.

Anónimo dijo...

SE non cambian nunca esto vai ser unha merda do carallo. Cadaquén coa súa doctrina e a súa gracia repetida atá a saciadade: cadaquén o seu papel no teatro: cadaquén coas súas experiencias. Por favor, que cambien. Senon esto termina non por inanición senon por onanismo (si, si, xa sabemos que Onan non se masturbaba e todo iso...).

Anónimo dijo...

Un amigo escríbime o meu blog algo que teño que compartir con vostedes. Aí vai.


Crésida, Desdémona, Julieta, McBeth, Ofelia, Titania, Rosalinda, Viola, pensaba Amalio Portasueiro, durmido. Logo Yoli, súa dona, Yolanda Crasende, segundo rezaba nos arquivos da "Asociación Teta de Leite", espertábao. Amalio Portasueiro gostaba daquel cerimonial polo cal espertaba a unha nova vida, a un novo día: as unllas lacadas e ben longas dos pés de Yoli rabuñábano dende os nocellos até chamar a outros lugares máis prohibidos. Amalio, bo estudoso de Pavlov, ben sabía o que significaban aqueles acenos da Yoli, ah, os prácidos domingos. Logo, sen rematar de lembrar a novena das oito musas de Shakespeare ao tempo que Yoli se quentaba e pensaba en Alain Delon ou Juan Pardo, Amalio despregaba a súa torpeza riba da Yoli; tamén acontecían cousas misteriosas. Pero cando Amalio quentaba o café velaí estaba: o elefante. O seu elefante, ao outro lado do xardín, o belvedere que presidía a paisaxe da Urbanización Bela Vista. Amalio Portasueiro aínda lembraba a visita a Mármores Adrio, e a ollada perdida daquel chaval de Rábade cando Amalio, quitando a pipa da boca e acenando cos brazos, cos ollos fitando o infinito, lle explicaba aos marmoristas que formas descoñecidas tería que ter o paquidermo, un elefante de pedra e mármore a tamaño real que simbolizara a nostalxia e a tradición heráldica dos Portasueiro, descendentes segundo Amalio dunha familia da nobreza hindú, trasladada a Londres no século XIX, e que tomara sangue galego cando o bisavó de Amalio, nunha reunión de veteráns do exército inglés se encaprichara coa criada dunha elegante señora de Mirror Road. En tanto aquela dona inglesa acariñaba a súa palatina de raposo ao tempo que quitaba uns guantes finos de seda, o bisavó de Amalio, perdendo o hipo e a partida de bridge, reparara naquela mulleriña de formas redondas e ollos rechamantes. Logo todo fora seducir. Así que era domingo e Amalio, pensando na novena musa de Shakespeare e na liga de fútbol, recollera o Marca que repousaba ao pé da porta. Yoli asomou pola fiestra e, imperial, co secador na cabeza e asomando un peito polo camisón,sentenciara: "Ami, xa lle refulxe a merda ao Paquiño dende o monte Segade. Dálle unha auga!!" Amalio, con verdadeira actitude shakesperiana, sacando o cigarro da boca, o café fumeante, batín e zapatillas do mercado da Frigsa, respostara: "E quen máis que eu, só eu, pode saber que é o inferno?" Logo duns intres coas mans apuntando á fiestra, Amalio collera a mangueira e a escaleira do garaxe, saíra ao xardín e logo de acariñar ao seu elefante, lavárao coma quen lava un Ford fiesta. Máis tarde, a tranquila lectura do Marca dacabalo do paquidermo, o pensamento distraído, o paxaro fuxido da cela do sultán, as persecucións polos labirintos do xardín detrás das súbditas, secar o río que levaba a Babilonia, dirixir un exército, matar trinta mil homes, durmir no deserto, ollar cara as casas dos seus súbditos da urbanización, acariñar a pixa vendo facer jogging por diante da casa á filla do construtor viciño , pero sempre o paxaro, aquel paxaro de prumas douradas que escapara da cela, que se negara a falar, a tristura do sultán, o soño da súa filla inundando de mexos Asia enteira, motivo polo cal a mandara casar cun príncipe lonxano, o misterio do neto do sultán, que de pequeno fora visto mandar de xeito espontáneo sobre oito pequenos nun xogo infantil, un desobedecérao e mandárao azoutar, así soubera o sultán que a súa orde de mandar asasinar a calquera fillo nado do ventre daquela filla maldita non fora cumprida, os pronósticos da xornada no Marca, o reino, o seu reino, terra fértil, o elefante, o seu elefante, zas, zas, eu ordéoche, zas e zas movendo os brazos riba do elefante... A aqueloutrada faciana do panadeiro ollando cara o Amalio. Pode que Amalio dixera bos días. Pode que o panadeiro non dixera nada. Pode que Amalio fora naquela mañá o sultán da Antiga Delhi. Namentres o panadeiro se alonxaba dándolle á cabeza, Amalio pensaba en...Porcia, era Porcia. Crésida, Desdémona, Porcia, Julieta, McBeth, Ofelia, Rosalinda, Titania e Viola. As nove musas do Shakespeare. Yoli cociñaba o xantar na cociña. Era domingo.

Anónimo dijo...

Sei que seguramente non sexa o lugar (aínda que podemos entender que, verbo das historias de dor e inxustiza descritas nesta entrada do blog e máis nos seus comentarios adxuntos, si teñen cabida as reivindicacións dos movementos sociais). Mais entendo, iso sí, que este é o momento de comezar a publicitar o FORO SOCIAL GALEGO, evento que será realidade a fin de semana dos días 6 e 7 de Decembro, en Compostela. Convido ao webmaster , respectable Señor Valcárcel, a facer propaganda oficial nesta bitácora de dito acontecemento e invito, asemade, aos contertulios habituais, e aos non tan habituais, deste blog, a asistir a un encontro que eu entendo interesantísimo para calquera persoa inqueda, esperta e receptiva contra o devir do xénero humano. Acó deixo a ligazón da páxina oficial do FSGAL, onde vén de ser colgado xa o programa definitivo de actividades.

http://www.forosocialgalego.org/

Un saúdo cordial.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non hai palabras, Delapierre. Ese amigo seu ten que coñecer ao de Lobeira, pero profundamente.

Señor anónimo que augura inanición e certifica onanismo: o meu papel impídeme contestarlle. Apicultor, cumpridamente, representará o seu papel. Eu concilio, non entro a trapo, son moderado, nin entro nin saio. Vostede ten razón e non a ten. Äs veces acerta e outras pois non tanto. Eu son unha litote andante. A reticencia, a ambigüidade calculada (por que dicimos calculada despois de ambigüidade, como tamén dicimos fría e calculadora). Un si pero non. Ese é o meu rol. Sinto non poder polemizar. Tal vez como anónimo. Vou probar.

Anónimo dijo...

VOSTEDE É UN CABALEIRO A.P.

Anónimo dijo...

Doutor Piñeiros, non o sinta e, aínda que só sexa por unha vez, entre ao trapo e polemice bravamente contra os fantasmas "onanistas" que cercan o blog. Que corra o sangue da polémica. Contra quen é igual.

Anónimo dijo...

Deixade a Arume, que non se mete co ninguén. A el o que lle gusta é a brincadeira.

Anónimo dijo...

A min o comentario do Anónimo ,lémbrame a paradoxa do mentiroso de Erastótenes,e outras semellantes. O mero feito de comentar decindo que o blog se vai á merda, dalle vida. Tería que facer o comentario nun "meta-blog".
Que alguén se encarge de facer o primeiro "metablog" galego, pra que fale tamén del o Marcos, mañá,na conferencia viguesa.

Anónimo dijo...

Ain't got no mother, ain't got no culture
Ain't got no friends, ain't got no schooling
Ain't got no love, ain't got no name
Ain't got no ticket, ain't got no token
Ain't got no love

what have I got
why am I alive anyway

I got my hair, I got my head
I got my brains, I got my ears
I got my eyes, I got my nose
I got my mouth, I got my smile

I got my tongue, I got my chin
I got my neck, I got my boobs
I got my heart, I got my soul
I got my back, I got my sex

I got my arms, I got my hands
I got my fingers, got my legs
I got my feet, I got my toes
I got my liver, got my blood

Got life, I got my freedom
I got As uvas.

Anónimo dijo...

Vaia, veño de ver no blog de Arume que a conferencia se pospón.Mágoa.

Anónimo dijo...

Dacova, tampouco estaría mal que nos fósemos afeccionando a visitar o teu blog. Ese comentario que tanto estimo era "patente" dese teu blog. De todos xeitos prestoume velo publicado eiqui e foi unha sorpresa.

Tirarei máis desa revista.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

De Vieiros:
Os aplausos foron como sempre o termómetro para saber como respira a UPG. As grandes ovacións para Francisco Rodríguez e especialmente para Bautista Álvarez contrastaron cos aplausos, aínda que correctos, moito menos vehementes que recibiu o voceiro nacional do BNG. Os aplausos tamén se fixeron notar ao ouvirse polos altofalantes nomes como os de Bieito Lobeira ou Pilar García Negro.

Entre as organizacións nacionalistas que enviaron representantes, destacaron os aplausos á CIG e ao Encontro Nacional Labrego (corrente crítica dentro do Sindicato Labrego, organización que por certo non tivo presente ningún membro da súa dirección). A nivel internacional, as maiores ovacións da militancia da UPG foron para os representantes do Frente Popular de Liberación de Palestina e do Partido Comunista de Cuba.

Anónimo dijo...

Meu amigo Lobo Acromático:

Se aplicamos ao blogomillo a coñecida "Lei de Pareto", concluimos que o 80% dos leitores se concentran no 20% dos blogs.

Eu, que son pragmático porque o mundo me fixo así, prefiro escribir as miñas trapalladas neste blog, onde as vai ler moita máis xente.

Perdoe a brincadeira de "Acromático". Din os expertos que o "neghro" non é unha côr, sinon a ausencia de côr.

"Yo...soy acromático porque el mundo me ha hecho así..."

Anónimo dijo...

Ao escribir neste blog en vez de no meu, porque espero que así me lea máis xente, contribuo precisamente a que as "Uvas na Solaina" se lean cada vez máis, e o meu cada vez menos.

É o que os expertos en Teorías de Sistemas chaman "retroalimentación positiva".

Xa vos estóu oíndo: "Maestro, non te entendemos".

Vale. Noutras palabras , ou parábolas:"Os que máis teñen, terán ainda máis. E os que teñen menos, aínda o que teñen lles será quitado".

Anónimo dijo...

É impresionante como o principio de Pareto se pode aplicar a case todo.

Facemos o oitenta por cento das cousas no vinte por cento do tempo.

O vinte por cento das persoas teñen o oitenta por cento da riqueza.

Etc...

comprobade e non falla.

Entón non vos matedes. Descansade, porque faghades o que faghades haberedelo de facer no vinte por cento do tempo...????.

Anónimo dijo...

Para X.M.González, acaban de escribirme os do blog "reflexiones y apuntes", antes dirixírame eu a eles por o artigo sobre Amadou Bah.
Preghuntáronme quenes éramos e deilles o enderezo do blog.

Queren ser citados en troques de facelos eles tamén.

A tea de araña é impresionante.
Supoño que en breve entran nestas páxinas.
A mín o artigo "abaloume" o suficiente para provocar movemento en mín e nos do lado.
Dacobra, como se lle chama a eso en Phísica?.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pero coas normas de decencia e respeto dese blog non poderiamos escribir moitos de nós. Eu, arrecohona, non.

Anónimo dijo...

Arume, entón porque ven sendo coñecido ese blog, se non é moito preghuntar.

Como se fai que o coñecesen vostedes dous. Il é frecuentado?.

Moito ledes, rediola.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non coñezo: puxen "reflexiones y apuntes" no google e saiu o blog. Mireino por riba e fun directamente ás normas (cousa que xa me estrañou): e alí atopei as apelacións á decencia. A partir daí deixei de mirar: estou seguro de que é un blog admirable.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Canto máis les, máis fácil resulta (con comprensión e todo). Supoño que Dacova ten unha explicación máis convincente, pero asegúrolle que andar moito tempo pola rede dá tamén certa axilidade no proceso de lectura. Non fai falta deterse como se estiveras ao principio. A familiariedade co ordenador permite tamén a selección máis doada do que interesa.

Anónimo dijo...

Lobo Neghro, vostede sufríu o que se chama un "aporte enerxético", que o fixo moverse cun movemento "abalatorio" máis ou menos "armónico".Como vostede non se atopa sólo no mundo, senón formando parte dun medio "elástico", transmitíu, con retardo e pequenas distorsiós intrínsecas a ese medio , a sua alteración ás partículas máis próximas, coma mín e os restantes contertulios. Cada un de nós convertémonos en novos emisores, obedecendo a uns tales Huygens e Fresnel. O resultado é o que se chama unha onda, ondiña si é pequena, que nalgunhas linguas dise igual que "aceno". As ondiñas veñen e van, e non debe embarcarse porriba delas senón se quere marear, "enjoar" para o Medela. Na miña aldea chamábase "enxougar" un caldeiro a "marear" un pouco de auga dentro del, pra limpalo. Moitos comentarios "enxougan" o blog pra limpalo. A influencia do seu comentario transmitirase pola rede sufrindo reflexiós, refracciós, difracciós, interferencias constructivas ou destructivas con outros comentarios, e nalgún punto atopará algunha mente "prismática" que o descompoña nos sete colores do arco iris ideolóxico.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Me quito el cráneo, Max Dacova.

Anónimo dijo...

Estásme cansando Da Coba, un venres non podes escribir esto que me deprimes, me aprisionas, me cegas, me enamoras, que alguién colgue esa canción por favor. Arume, toquea outra vez.

Anónimo dijo...

Nossa senhora!!!
Despois da frase de Arume sobre a solaina 'ummagumma', agora salta a descomposición cromático-prismática de Dacoba...
Virxe do Viso, non dou aturado isto!!
Delapierre, diles algo, porfa, tú que eres un chico preparado.
ufffffffffffffffffffffffffff
Non che digo nada, o día da homenaxe a don Marcos. Espero que haxa farmacias de guarda.
Saúdos, tamén, para Lobo Neghro.-

lourixe dijo...

É de hai algúns meses, pero recomendo a lectura deste artigo sobre a comprensión lectora en internet. Dedicado especialmente a Arume e XDC que estaban a discutir sobre o tema.

Anónimo dijo...

Contáronme, Medela, que para o día 29 hai xa cheo total en Ourense, que non colle nin unha alma máis. 270 persoas apretadas. Tamén me contaron que a amiga Lourixe non poderá vir, pero que deixou a súa adhesión e a súa cariñosa aperta.

Anónimo dijo...

Cráneo privilexiado, decía D.Ramón, non sei se en Luces de Bohemia.

Anónimo dijo...

No meu pueblo, no meu pueblo onde acontece caxeque todo chámanlles:
"cabeza de ministro".

Claro que tamén se lle aplica eufemísticamente os de cabeza grande e pouco siso.

Nós entendémonos.

Dacobra, cabeza de ministro!.

Anónimo dijo...

Apicultor: Como é que era aquel spot? "Si no hay Casera, nos vamos".
Como non haxa Apicultor o día 29 levántome e facendo caso omiso, mesmo do pementos del piquillo recheos, pego na porta e voume laconicamente e sen ollar para atrás tal e como corresponde ao meu estilo arraiano e montañés.
Ejem. Vai a rapaza esa que presenta o programa da galega, como é, cifras e letras, penso?
Saúdos.-

Anónimo dijo...

Efectivamente Lobo, é en Luces de Bohemia onde figura esa expresión e outras non menos lúcidas, coma as que de xeito subliminal se deron no Congreso da UPG, ó cal fun convidado. Abondo sobre a explicación que recolle Arume de Vieiros; o discurso de Quintana era para consumo das cámaras e de algún telexornal, un discurso bluf difícil de dixerir dempois de escoitar con antelación criterios, ainda que posiblemente por min non compartidos nalgún término, cun alto contido político, con maiúsculas, sen efectismos para a galería, autocríticos e fondamente ideolóxicos, con poso de pasado e poso para afrontalo futuro, o poso das conviccións e do coñecemento do país que ainda fai confiar na xente. Frente a Obamas e titiritadas, traballo arreo, humildade de quens ainda non lograron nada, oín que quedaba case todo por facer, que era pouco, que se ían dando pasos, moi pequenos e con moitos atrancos, pero que había que confiar nas posibilidades das xentes déste país -repito-. Habíache ben tempo que non escoitaba falar de política con tanta nitidez, con enmendas razoadas e científicas, votadas; con propostas, con seriedade. Ía cun pouco de reparo por conta dos comentarios habituais do mundo mediático, para nada, son xente curtida e traballadora e comecei a entender o porqué das insidias doutras culturas organizadas dentro do BNG, é que os afean e deixan en evidencia cando se trata de porse coas mans á obra, éstes non-os hai que andar despertando, están prestos e, ainda con equivocacións, que recoñecen que as teñen, teñen obxetivos, que é o que demanda esta terra, e sóbranlle inimigos, ós que en ningún caso se referiron, porque daría a sensación de que se perderían enerxías. Non estou afiliado, pero prometo voltar para seguir aprendendo.
Asdo: Pataca

Anónimo dijo...

Apicultor: Sabe alguén entre este nevoeiro espectral se hai modo algún de facer chegar o convite á srta. Doninha, a Leituga One, a Fogo Fatuo e algún fantasmático amig@ que ande por aí?
Grazas

Anónimo dijo...

Apicultor: Disimulará a insistencia, mais, podía dicirme se o noso Prometeo de Rairo, don Jimi para os amigos,
vén á homenaxe a don Marcos????

Anónimo dijo...

Apicultor: Ben sei que me desexa a morte entre horribles tormentos, é lóxico, mais...
Alguén se preocupou de convidar a Marcel Swann??

Anónimo dijo...

Un pelín pesadito, si que se pone, Medela. Xa lle dixen que varios polos que pregunta si que van ir. Polo que me contaron, a presentadora, non, e ben que llo sinto. E do Swann ninguén sabe quen é nin que enderezo ten, e ademais está en Barcelona, polo que non creo que poida vir de tan lonxe. Pero xa se adheriu á homenaxe nun post que deixou.

Anónimo dijo...

Don Júlio, paréceme moi ben que vostede queira convidar e sentar á mesa da homenaxe a amigos, coñecidos ou solaino/as aos/ás que vostede lles ten un cariño especial pola razón que for, que niso non me meto. Paréceme moi ben, repito, nos casos de Doninha, Leituga, Jimi e Swann, solaino/s cun pasado esplendoroso ás costas, cunha aureola intelectual contrastada e que a estas alturas da andaina das Uvas xa nada teñen que demostrar para seren ben recibido/as no convite. Pero, ese outro que cita, o tal Fogo Fatuo, que ninguén coñece, a non ser vostede, e que non acredita méritos recoñecibles na traxectoria do blog, xa me dirá que pinta no convite. Quen é ese tal? Que é o que ten escrito? Que currículo o avala? Que pinta na homenaxe de nós, na nosa homenaxe? É acaso un dos nosos? Que eu saiba, ao tal alcume "espectral", que de Fogo non sei que terá, pero que o que é de Fatuo ten un bon cacho, só se lle coñecen duas mensaxes, escritas onte e antonte, se non me engano. Unha delas, por certo, para achegarse á figura estrutural do Apicultor, da que vostede gostou e que eu non lle vin a gracia por nengures. Un chistosiño de pouca monta. Con tan escasa bagaxe, non lle parece un despropósito concederlle o honor de sentalo á mesa con tan egrexios personaxes? De momento, que o tal Fogo Fatuo, o das duas mensaxes nada mais, que vaia collendo carreiriña, facendo méritos, labrando un estilo, demostrando que ten criterio e sabe do que fala, axeitándose ás premisas doutorais da Solaina, etc, etc. Logo xa falaremos e xa veremos se o subimos de escalafón (que palabra mais fea) e lle reservamos un lugar no salón das homenaxes. Aínda lle queda moito Fogo que bater nas teclas para acreditar un posto reservado.

Anónimo dijo...

Perdón, esquecín firmar, e qué como era moi tarde.
O fillo de Fogo Fatuo

Anónimo dijo...

Caro señor Fatuo:
Desafiando o perigo certo que puider resultar da ousada inobservancia das normas do Apicultor (alabado sea Su nombre), atrévome a tentar puntualizar algunha das ideas que Vde. plasmou nestas fantasmagóricas follas.
Celebro a súa aprobación no que respecta aos meus laios apelativos cara á presenza (na homenaxe a don Marcos) de tan ínclitos espectros: Doninha, Jimi de Rairo, Leituga One e máis Swann. É claro que lles profeso especial cariño. Talvez for preciso aclarar que cando quixen averiguar a identidade deste último, case provoco un conflito veciñal (en Allariz) que me fixo sentir como aspirante a rexistrador da propiedade na Kampuchea do malandro Pol Pot. Ben, é mellor esquecer…
Sabía, don Fogo? Lembro, hai cousa dun ano, cando en Allariz se formou certo rebumbio, onda expansiva talvez do tsunami ourensán formado arredor do misterio sen desvendar totalmente sobre a identidade real do noso querido espectro ourensán Xoán Dacoba. Lembro, sr. Fatuo, o meu ‘manager’ A.V-M. (tío) pedíndome para ‘fozar’ na rede… E agora, Fogo, declárase Vde. allaricense. Eu ben sei (supoño, antes), que a Solaina ten en Allariz un nutrido grupo de seareiros. Hai persoas que acompañan ben de preto todo o que na nosa espectral casa se coce e que xa o teñen como punto de referencia cibernético. O que nunca souben é que alguén da vila participase, xa como espectro anónimo, xa como espectro bautizado. Si: Lembremos o caso Swann. Xa lle comentei, don Fogo: A tentativa de desvendar a identidade real do espectro Swann case me custa a amizade cun amigo allaricense. E pódolle xurar que se algunha cousa hai na vida que me faga dano é perder un amigo.
Sr. Fatuo: Reitero as miñas louvanzas (e é o que estou a sentir nesta altura, como xa dixen) sobre o tres textos que Vde. escribiu na fantasmática e mitoloxémica morada de don Marcos. Ese ‘achegarse á figura estrutural do Apicultor’ foi, para min, e está a falar un burro, unha aproximación maxistral e nuclear ao espírito primixenio do blog.
Mesmo parece delicto, no noso país, aplaudirmos cando gustamos de algunha cousa!!
E por favor, señor: Non creo que don Marcos impoña na súa casa premisas doutorais, escalafóns, bagaxe curricular ou vacuos e trasnoitados clasismos desa caste. Nin creo, tamén non, que o noso espectral Apicultor pense dese modo (aínda que onte me botou unha boa filípica).
Ouviu, veciño: Por volta das nove horas vou estar no bar da nosa Ariadna allaricense, Mary, a do Micalla, xa sabe. Xúrolle polas memoria dos meus devanceiros que, caso coñecelo, non vou desvendar a súa identidade. Saúde da miña parte a Fogo Fatuo (Jr), anxelical querubín, ben seguro.
Seu,


P.D.: Se non me coñece en persoa, pregunte a Mary. Esquecía: Vai Vde. á homenaxe?

Anónimo dijo...

PARA BERIA EN SIBERIA: Aínda que a miña relación contigo é superficial e non te coñezo de nada, pago o que sexa porque metas a XDC en Siberia dunha puta vez e que se cale con tanta sabidoría de internet e enciclpedia. Cona, que non fala: fai evanxeos. Home, non pido crucifixión nen hostias de esas pero un bozal alomenos... Joder, é o Sánchez Dragó deste blog do carallo. Pesao, o tipo...

Anónimo dijo...

Si me pagas a mín o suficiente, xa vou eu pra Siberia eu soliño, có bozo posto. Como aquel bandido por o que ofrecían unha cuantiosa recompensa, e presentóuse él mesmo pra cobrala.

Anónimo dijo...

Coido que o fillo de fogo fátuo cometeu erro, e que onde di "a figura estrutural do Apicultor" en realidade quería dicir "a figura escultural do Apicultor". Sería máis acaído, penso eu desde a miña proverbial modestia.

Anónimo dijo...

Pero é unha "figura escultural" estructural ou coyuntural?.

Anónimo dijo...

Comunicado para a organización da homenaxe a Marcos Valcarcel.

Coido que sería conveniente que, Xan da Cova, Apicultor, leituga One, Medela, Jimmy de Rairo, Xosé Manuel González, Delapierre, Doniña, Lourixe, Lobo negrho, Etxe... é dicir os habituais das uvas, deberían conformar un acio-mesa, como simbolo da viña que cultivou con éxito o homenaxeado estes anos. Ademais poderían facer algo conxunto.
paréceme xusto e necesario.

Anónimo dijo...

Boa idea, cada un a súa uva, non?

Anónimo dijo...

Volvendo ao tema inicial do fio, veño de quedar pampo de ver o enlace a este fío desde o blog "Apuntes y Reflexiones":PREMER.

Anónimo dijo...

Apicultor!!!!!!!!!!!!!!!
Fuego Fatuo é listo... Moi listo. mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
O Markus Wolf do blog, paréceme, con retranca laser.
Saúdos, Api.

P.D.: Quen cº. virá sendo??

Anónimo dijo...

DAcobra, o contacto envieillo eu. Detalleilles onde "operábamos", enderezo, post, e comentario co link deles colocado por X.M.González. Supoño que eles entrarían e quedáronse co que ti dis.

Expliqueilles como os encontrara e que me interesaba coñocer ó autor do artigo.

Cruzámonos dous mails.

Creo ter avisado neste blog que ía acontecer "a entrada en contacto" por parte deles. Incluso Arume contestou cando lle preghuntei como se enterara dese blog.

Mirácolo.

Anónimo dijo...

É interesante o artigo que nos fornece Lourixe sobre a comprensión lectora en internet.
Discrepo con unha cousa. Dí: "La principal desventaja con la que cuenta el estudio de Nielsen es que se ha realizado con internautas que tienen un coeficiente intelectual por encima de la media, por lo tanto la velocidad de lectura aumenta".

Ninguén se pon de acordo sobre o que é a intelixencia. Pero sí houvo, non hai moito, unhes que a ligaban a velocidade dos neurotransmisores. O que non sei é se a velocidade lectora, ( hai xente con capacidade foto-lectora, 5% da poboación, devoran páxinas con unha mirada descendente), ten relación coa velocidade de transmisión entre neuronas. Algho axuda, pero ten que haber outros factores, principalmente visuais e de coordinación ( outra función cerebral).

Eu non acredito nesta teoría da velocidade, porque hai xente "lenta" que non deixa de obter altos rendementos en función de outras estratexias. E estamos a distorsionar outra vez sesgando intelixencia hacia altos rendementos e hacia o estratéxico como "valor".

En todo caso, se a intelixencia fose cuestión de velocidade,( anque esta p. sociedade a demanda), poderíamos todos almorzar con anfetaminas. De feito xa hai quen propon unha cousa así, sobre todo as transnacionais da químico-farmaceútica.

Teño curiosidade por medir a tasa de lectura de Dacobra, Arume, e Lourixe.

Presumo que é moi alta. Pero aviso. Dacobra fai trampa.

Anónimo dijo...

Anónimo das 09:35, que máis quixera eu estar cos meus "compañeiros" das uvas.
Pero eu encóntrolle dous "publemas", o primeiro a falta de paridade. Advírtolle que pode ser ilegal, e moito ollo con que se entere a Isabel ou as de igualdade tanto da xunta como do concello.
Dous, Doniña paréceme que é tamén un home e está desaparecida; Lourixe non pode vir.

Arranxe vostede o desaguisado.

Anónimo dijo...

Esto de elexi-la mesa e que te poñan cos que máis confianza-sintonía-amizade-feeling teñas elles unha carallada.
En Lugo un diario local (?) organiza unha cea anual, que se celebra no Salón Rexio do Circulo das Artes.
O ano que millor me foi, púxerónme con descoñecidos.
Segundo a miña muller estiven expléndido. Nin falei, nin me metín con Fraga, nin me emborrachei, e como dice ela, A CEA DE ANDRES NIN.
A partires dese fiasco so confirmo a súa -a da jefa- asistencia se sei con me sentan.

Anónimo dijo...

Ben, frère Jacques. Unha opción máis. Correcto.

Anónimo dijo...

O señor Medela pásase de rosca levando a todos polo camiño da insubstancialidade, impedindo todo debate serio e interesante, como sucedía antes. Usando isto como un chat non se lle fai moito favor ó blog. Un pouco de cachondeo é soportable. Tanto, xa aburre, señor Medela. Tome nota se quere, porque se isto segue así eu paso de vir perder o tempo aquí.

Anónimo dijo...

Eu chamei por teléfono aos da Comisión e pedinlles a ver se era posible unha mesa para Anónimos, con capuchón incluido, que logo todo se sabe, e dixéronme que non podía ser, que sempre hai algún xornalista morboso que aproveita a ocasión para recomendarlle aos redactores do seu diario un titular calibre 9 mm parabellum: "Cónclave etarra no San Miguel de Ourense." Non me convenceu moito a explicación que me deron e díxenlles que o sentía e que desa maneira prefería escusar a miña presenza. Síntoo por don Marcos, que é o herói desta festa, pero tendes que comprender o direito das persoas a preservar a sua intimidade, con capuchon ou como for. Así e todo, o que mais me chamou a atención foi a explicación que me deu o que levaba a voz cantante da Comisión para negarse en redondo ao capuchón: "Aínda non estamos no entroido nen na semana santa para vir con disfraces. E ao que non lle conveña, xa sabe o que ten que facer. O que facía falta, etarras, nazarenos ou celosías talibanas na cea-homenaxe a favor do home que encarna a cultura." Co de celosías talibanas non sei moi ben a que se podía referir, pero fíxome gracia. Ao mellor a esas mulleres afganas que levan o cárcere incorporado na cabeza. Non sei. O que mo dixo, que o explique.

Anónimo dijo...

Unha cousa é que o asunto do debate sexa serio, e outra que o propio debate sexa serio. A maioría das veces, os debates son intercambio de tópicos, de argumentos e contra-argumentos archisimplós, archicoñecidos e archipredecibles. E , moitas veces, as persoas que debaten son meros "debatidores psico-patolóxicos", góstalles o debate como un fin en sí mesmo. No que respecta a eles, consideran que aportaron a sua parte alicuota de solución ó problema por ter debatido sobre el. Xa satisfeitos da suan adicción ó debate, van tomar unhos mencías, coa conciencia tranquila.
Aos debates deberían exisírselle resultados, conclusiós, soluciós. Eso é o que permitiría consideralos en verdade como "serios". Mentras tanto, son sólo un xogo. Un xogo que moitos toman en serio, como tantos outros. "Actividade patolóxica no vacío", por usar unha expresión kantiana.

Anónimo dijo...

Anónimo das 4:21, todo lle é moi relativo. Eu en occidente leveille un cárcere na cabeza. Un cárcere ideolóxico invisible. Haille moita xentiña encarapuchada con pexas invisíbeis do pensamento.

Tamén pensei eu no capuchón. Esto axúdame a decantarme por as teses que en antropoloxía defenden o nacemento das invencións en varios focos a vez. Ocúrrensenos as mesmas cousas a moitos ó mesmo tempo, pero mentras unhes nos recreamos na imaxinación, outros execútan as ideas.

Eu mandeille ó medela a miña foto de Lobo, pode publicala, e quería presentarme na festa así para saudar ó Marcos. Despois tiña pensado ir a un apartado a mudarme e difuminarme entre o público. Penseino. E sería capaz de executalo. Eu defendo intervencións deste tipo que nos saquen da rutina. Por eso preciso tamén das intervencións de Medela que sirven para "descontraer" , como ben dín os Lusitanos. Tamén sirven para rir (lea hoxe o artigo de La región sobre a necesidade da risa) e outras veces sirven para reflexionar, correxir cousas, aprender,....Sirven de moito. A mín o blog dame calorciño e axúdame a vivir. Vostede co seu comentario tamén.

Anónimo dijo...

DAcova, estás adoecido, picoute unha cobra?.
Que che pasou, hom, rematou a fin de semana ou que?.

Anónimo dijo...

É domingo por a tarde, outonizo,o maís parecido á fin do mundo.

Non sabemos cando será esa fin do mundo. Os curas dicen que non se sabe nin o día nin a hora, pero refírense ó día do mes. O da semana, eu estou certo, vai ser domingo, e por a tarde.
E o máis lóxico, por outra parte.

A tristeza da última hora dos domingos débese ó coñecemento subconscente que temos de ese destino fatal.

Desde onde estóu, distíngo a longa e serpenteante silueta do Montealegre, rodeando Ourense, a esta hora na que o sol xa se puxo. Podería converterse fácilmente nun mostro có numero 666 escrito na frente.

Ese mesmo número en base dous e:

(mmmmmmmmm)

1010011010

Poden imaxinar que o mostro é unha especie de iguana xigante de esas que teñen púas como coitelos nas costas. Pero algunhas delas fáltanlle, perdéunas en pelexas. A púa é o "1", e a sua ausencia o "0". Velaí unha nova interpretación do número da besta.

Anónimo dijo...

Acabo de chegar de Lobeira, atravesando as terras da Baixa Limia, de Celanova e por fin, o Alto Arnoia.
Na miña vida lembro unha noite tan negra, agravado este facto pola orballeira tenue e constante.
A fin do mundo? Non sei. Manoel de Oliveira denominou (para min acertadamente), "principio do mundo" as terras de Castro Laboreiro, limítrofes con Lobeira.

P.D.: Espero que esta intervención sexa abondo seria e solemne, substancial, interesante, fashion e politicamente dixeríbel.

-Que vén sendo iso do chat??

Anónimo dijo...

Flipante. Pero é máis sinxelo. Nestes momentos falta luz.
Eu vexo os problemas diferentemente pola noite. Incluso creo problemas que desaparecen co abrente e coa luz do día.

Está comprobado que dándonos todo-los días tantiña luz solar, sen filtros, nos ollos, nas pálpebras, afuxentamos a depre. Por eso os nórdicos se suicidan tanto.

Está vostede a pasar unha crise de adaptación.

Tamén penso que por eso se inventou a navidad. Imaxínese, a noite máis longa do ano, frío, e moitos máis días con luz escasa. Como non tiñan esas lámpadas que coa súa luz se aproximan á do sol, pois calcábanlle ó alcol, ó "touciño" ou calquer outra graxa, e ós encontros carnais de todo tipo. Despois viñeron as relixións a facerse co tinglado.

Mañá amanece, que non é pouco, e xa verá que a besta desaparece. De todos xeitos hai que decirlle que o conto está moi ben contado. Eu ata adiviñei unha música de fondo, grave, caxeque solenme, medoñenta.

Anónimo dijo...

Chat é gato en francés. Na miña aldea, ghato.

Anónimo dijo...

O primeiro ía para Dacobra. O segundo xa para Medela, o do "cha"t. O que me amola e que cando escribín o primeiro non estaba publicado o de Medela. Eu contestaba ó do lado, e despois dun tempo métese o Medela por o medio. Parece que me podo estar a dirixir ó Medela, pero non, ía para a mini-depre do dacobra. O cacipo. do mesmo xeito que fai eso, tamén come letras e fai grallas, fai fai.

Anónimo dijo...

Qué susto. Penséi que puña "O primeiro, na frente, para o Dacobra".

"Están clavados dos teextooos
en este poost que no olvidoooooo
por dos comentarios previooss
el del Medela y el mioooo".

Anónimo dijo...

Señorito Dacoba:
Seriedad.
Rigor.
Substancia.
Esto no es un chat!!!
jajajajajajajajajajaja

Ufffffffffffff
Dacoba: Viu Vde. un filme que se chama "A noite americana", de Truffaut?
Caso velo, que opina?
Saúdos!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Non se pique tanto, que vai comer moitos allos, señor Medela.

Anónimo dijo...

Boeno, anónimo. Está ben. De acordo.
Touché.

Anónimo dijo...

In my opinion you are not right. I am assured. I can prove it. Write to me in PM.

Anónimo dijo...

I apologise, but, in my opinion, you are not right. I am assured. I can prove it. Write to me in PM, we will communicate.

Anónimo dijo...

In my opinion, it is actual, I will take part in discussion.

Anónimo dijo...

Do you have copy writer for so good articles? If so please give me contacts, because this really rocks! :)

Anónimo dijo...

One of my friends already told me about this place and I do not regret that I found this article.