A boca pola lingua.
Xosé M. González.El progreso 28-11--2008
Cando un servidor furga pola internet, entre as primeiras cousas que fai está ir á web de El Progreso (principalmente, sección Opinión) e ao incomparable blog (perdoen os desta casa, para tal preferencia miña non parece haber emenda) As uvas na solaina. Alí, nunha demorada tertulia hai meses, certo estimadísimo participante aludira aos filólogos utilizando a expresión que titula este artigo, caracterizándonos logo coma unha especie -disimulen- de invertidos. Porque ao resto dos seres humanos váiselles, en todo caso, a lingua pola boca.
5 comentarios:
Disque as filoloxías van desaparecer dos planos de estudo, señor González. Claro: para que necesitamos unha filoloxía galega se aquí calquera pode ser trapalleiro co galego escrito (aínda que non tanto co español)?
O galego é a lingua marcada. Noutro tempo: galego para a poesía, español para a prosa. Hoxe, na prensa, abonda ver que seccións van nunha lingua e cales na outra, así como a calidade do escrito.
Pero claro: xa sabemos. A culpa é das normativas cambiantes coas que nos deron na chencha todos estes anos e, ademais, cómpre facer do galego unha lingua amable. Galego en bata e zapatillas. Español ben vestido e abrigado. Que pobreza argumental!
Que quede claro que non me refería á súa argumentación, amigo González, senón ao común proceder na prensa galega. Mesmo aos que, escribindo en español de toda la vida, trufan os seus artigos de palabriñas en galego empregadas cun senso pexorativo. Galego de pailáns, pois.
Pois, estimado contertulio, diría eu que a diglosia segue aí. Diglosia empresarial, sería a variedade que vde. con acerto indica. E non parece que dea moito tema de conversa.
Diglosia de xéneros tamén hai: porque literatura de ficción en galego hai moita, pero outro tipo de libros (de medicina, por exemplo) escasean máis. E xa non digamos as novas, nos xornais que incorporan ocasionalmente o galego: tende sempre a empregarse nas páxinas de cultura. Por que non en Economía ou en Internacional? A diglosia da tipoloxía do discurso.
En efecto. Xustamente, un dos maiores méritos e achegas que lles atribuímos aos do Grupo Nós é o de aclimataren o ensaio (nada menos, e en alto rexistro intelectual) desde a práctica nada. Basicamente, da súa obra vén a refutación absoluta do que en tempos foi axioma: que o galego era incapaz de expresar a cultura contemporánea.
O resto é política. Complexa, si. Diversa e ardua.
Agora voume. Già parleriamo.
Publicar un comentario