7 nov 2008


Un presente cheo de futuros
andoliña 7-11-08
(Ilustración: Man e serpe, de Menchu Lamas)

Como di o amigo Apicultor, ante calquera análise da realidade un pode ver a botella medio baleira ou medio chea: cuestión de perspectiva, de carácter, de individualidade. Pero no noso presente cultural galego hai moitos sinais que xustifican ser optimista. Velaí, só nos últimos días: os Premios Nacionais a Xusto Beramendi e a Agustín Fernández Paz, ambos os dous tan merecidos; o éxito en Francia de Manuel Rivas con L´éclat dans l´abîme, a versión gala de Os libros arden mal; o encontro en Compostela de escritores de todas as áreas do planeta convidados polo Pen Club galego. Ou a celebración dos primeiros 25 anos do Consello da Cultura Galega.
Son todas realidades das que calquera cultura se sentiría orgullosa. Por puro sentido común, a nosa lingua e cultura son a nosa mellor tarxeta de presentación no mundo e o substrato que lle dá sentido á nosa identidade, un valor nada gratuíto na globalización de hoxe.
Algúns non o ven así. Mesmo rexeitan con hostilidade calquera pulo de galeguización. Tiña razón Anxo Tarrío cando dicía, neste mesmo xornal, que hai xente que prefire ser madrileña de terceira que galega de primeira. É un andazo que temos que aturar.

56 comentarios:

Anónimo dijo...

Evidentemente, está a falar un burro, mais na miña opinión, o que se trata é de ser galego no mundo, porque para un galego, ter-que-ser español no mundo desvirtúa o facto ontolóxico do galeguismo, da 'galeguidade', o cerne do seu ser. É dicir, a condición de español 'filtra' a priori a relación Galiza-mundo, distorsionando a realidade galega, o seu ethos, pathos...
Ufffffffffffffff
Lamento que as miñas eivas culturais me impidan expresar correctamente o que estou a sentir nesta altura. Estas cousas que expresaron maxistralmente os mestres do galeguismo.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Pódese dicir doutra maneira, pero non tan claro. Anxo Tarrío expresouno con meridiana claridade: hai quen prefire ser madrileño de terceira que galego de primeira. Certamente, desgrazadamente.

Ora, amigo Medela de Lobeira, a gran maioría deses mestres do galeguismo non abxuraron explicitamente da condición de "españois", senón que propuxeron outra forma de entender España e Galicia dentro dela (federalismo), nas antípodas do Estado centralista e uniformista. Lembre que Castelao falaba de Hespaña, con h. O seu referente de negación, como ten amosado convincentemente Beramendi, era Castela, non España.

A radical confrontación de identidades que se exclúen (galega vs. española) é máis cousa do nacionalismo galego dos últimos corenta anos que do galeguismo de preguerra.

Outra cousa diferente é que tanto unha perspectiva como a outra poidan ser discutibles.

Anónimo dijo...

En realidade, eu penso que o Hespaña (con h) de Castelao apunta ao concepto orixinario de ámbito peninsular; e máis ca un referente identitario sería un ámbito político multipolar que fora e podía (debía) volver ser. Aínda que, nos múltiples momentos que a súa prosa se refire a feitos políticos concretos e contemporáneos, utilice puntualmente tamén o termo no senso de Estado (ámbito territorial, feito político) Español.

Non lles faltarei ao respecto falando do coñecido iberismo de Castelao. Si que traerei aquí unha cita, do Sempre en Galiza, que ao respecto considero luminosa en relación co que supoño o seu pensamento; e refírome, particularmente, á referencia portuguesa:

Os señoritos reaicionarios pretenden anovaren os soños imperialistas da monarquía absoluta co gallo de restableceren os tempos abolidos, sen decatárense do bárbaro sacrilexio que cometen, porque en nome de Deus nin se pode afogar a libre respiración do esprito dos homes nin se pode coutar o anceio dos pobos que loitan pol-o seu propio ser. Os señoritos comungan coas "sagra unidade da patria", que é unha roda de muíño para nós e un amparo de privilexios anticristiáns para eles; pero será ben declarar que nin teñen concencia da unidade posible nin sentimentos de patria verdadeira. E por moito que digan son os únicos separatistas que coñecemos. Fórono de Portugal, sono de Cataluña, serano de Euzcadi e de Galiza.

Por outra banda: Galiza, célula de universalidade non aparenta moi compatible co "ter-que-ser español no mundo". Supoño que a algo así se puido estar referindo o Medela. En todo caso, un saúdo e teñan boa noite.

Anónimo dijo...

Apicultor: Ten Vde. razón. Ninguén está a falar de non ser español, evidentemente. Mais o que non pode ser, por exemplo, que o día que nos concedan o Nobel colectivo aos das Uvas, ou o Oscar polo filme que imos facer, a nosa españolidade afogue a nosa galeguidade.
Explícome: Despois da cea de gala, en Hollywood, se ordenamos ir tomar uns cubatas de veterano, imaxine, Apicultor, que os fregueses desa vila, como levamos a estatueta na man e sabendo eles que acadamos o premio ao mellor filme en lingua estranxeira, e que somos "españois", dan en berrar "Olé" "Olé" "Viva Real Madrid" "Viva Sevilla" "Viva Cordobés" "Viva María Escario"... Ou que nos preguntan se somos toureiros... É ese concepto de España, esa proxección (e introxección) de España, penso, a que é incompatible coa nosa nación, ben máis antiga de certo do que a española.

Anónimo dijo...

E os deprimentes restaurantes chamados pomposamente "Casa de Galicia" en New Jersey, con bandeiras españolas a feito 'banderillas' penduradas nas paredes, fotografías de Manuel Fraga...
Que pena, meu Deus, que pena!

Anónimo dijo...

Amigo Julio non se deprima, pero xúrolle que o que vostede dí e pensa Kyra, é a realidade tal cual.
Eso que pensamos que só e cousa de Manquiña é tal e como nos ven.
Boa noite a todos e enxoiten, que todo pasa con unhas boas fregas, aínda que o XDC, dame pena xa que penso que aínda non lle veu a parenta.

Anónimo dijo...

xa veu

Anónimo dijo...

Contóume varias anécdotas da sua reciente estancia en Brasil. Voulles contar unha que creo que lles fará graza:

Visitaban, ela e outros compañeiros do departamento da USC có que colabora, o "Pan de Azúcar" en Río. Un guía preguntóulles de onde eran, e dixeron que de España. El dixo que non falaba ben o español, e que entón lles falaría en inglés. Respoderon que non, que lles falara en brasileiro, despaciño, que o entenderían moitísimo mellor. Asombróuse ao comprobar que era certo, e pedíu explicaciós, decindo que habitualmente os españóis non entendían o brasileiro. "Puteáronno" un pouco antes de explicarlle que eran da Galiza, e que alí se falaba unha lingua moi.. parecida?... ao portugués...

Anónimo dijo...

Eu creo que plantear o de galegos de primeira e madrileños de terceira (unha reducción ao absurdo no fondo) a propósito do fútbol parece, como din polas américas, extremoso. Os que somos do Barça ou do Athletic, que categoría temos? Catalanes ou vascos de segunda?

Anónimo dijo...

Arume, eso lle pasa por ser de equipos periféricos. Fágase un home e pásese a un equipo de verdá.

Anónimo dijo...

Home, se nos referimos exclusivamente ao tema balompedístico, non lle falta razón. Se nos referimos a outra cousa, ten máis visos de realidade.

Anónimo dijo...

Arume: Non sei como unha persoa como Vde. pode ser do Barça/Bilbao.
Non mo explico.
Eu sonlle socio do Corbelle 1812, equipo arraiano, intrépido e surrealista.
Estou moi enfadado para Vde.
Idem para o meu primo Delapierre. Miedo me da saber de qué equipo virá sendo.-

Anónimo dijo...

Non quero saber nada de ambos dous ata recibir explicación satisfatoria do seu desviacionismo patriótico.
P.D.: Os meus padriños de duelo xa están sobre aviso.
Abrazos para os dous, de todo o modo; non o podo remediar!

Anónimo dijo...

E non me vale, Arume, o decrépito siloxismo de que gusta do Barça porque é o equipo que lle fai 'pupa' ao Madrid.
Así que, xa sabe... Vaia pensando.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non fun o que dixo eso. Hai que ler entera a declaración de Anxo Tarrío (claro está en entrevista con MVV)

O que somos é unha nación aínda sen suficientes cidadáns, é dicir, sen persoas con criterio, con coñecemento do ser histórico e cultural de Galicia e sen complexo de inferioridade. En Galicia hai moita xente que prefire ser madrileña de terceira que galega de primeira, isto reflíctese moi ben nos seareiros dos equipos de futbol. Todo por ignorancia dos valores do noso país. A diglosia é tamén un produto desa situación.

Anónimo dijo...

É certo que Anxo Tarrío lle escribira algúns discursos a Fraga? Alguén pode confirmar ou desmentir isto?

Anónimo dijo...

Bweno...
Terá que disculpar, Arume.
Estiven a ver, esta mañá, "O pintor e a cidade", de Manoel de Oliveira, e aínda estou en estado de transo.
Sabía? É un dos dez filmes que levaría para unha illa deserta: Esa nobre super-vila do Porto, na década de cincuenta, tan tibetana, tan marroquina, tan portu-galaica!!!
Saúdos. Aviso os padriños de duelo. Aquí non pasou nada.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Dicía Manuel Vázquez Montalbán (moito despois de que eu fose do Barça, nunha Ponferrada de merengues) que ser dese club (ou de calquera outro) era a parte aliquota de irracionalidade que todo o mundo debe cultivar. Gustoume.
Miña nai di que son do Barça (só ela pode intuir a explicación) por dar a contraria. Eso é: un xeito de levar a contraria. De feito son siareiro acérrimo de todos os equipos que se enfrontan ao Madrid. O outro día da Juve, por suposto, de toda a vida.
E sinto disgustalo: se vexo moita xente que vai por un lado, prefiro ir para o outro (non sei se sería do Barça en Barcelona: dame que non).

Seica Quintana e algún outro do BNG son acérrimos do Madrid. Algún outro gusta da zarzuela e non me estrañaría que outros aprecen a lidia suicida de José Tomás.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Vostede viu a Mastroianni. Para min vostede é GOD, amigo Medela. Conte esa aparición mítica.

Anónimo dijo...

Arume: Nin que fose Vde. o demo!!!
Dígollo porque acabo de ver, rapidamente, algunha escena de "Viagem ao princípio do mundo", o filme que rodou M. de Oliveira con Mastroianni en Castro Laboreiro. Sobre todo, agora, que tamén (louvado sexa El Señor) acabo de ver o corto que realizou Kaurismaki na mesma zona. (Kaurismaki comprou e restaurou casa en Bico, aldea de Castro Laboreiro).
Ben, imaxine, Arume: Un servidor a ollar para un cidadán... Como se parece es'home co Mastroianni...

Pois!!!

Foi por volta de 1995/6, penso.

Anónimo dijo...

Son un temible crítico literario, e ao mesmo tempo editor, de autores primeirizos e prometedores. Faláronme moi ben dun que escribe aquí nas Uvas, que seica é un torrente de imaxinación e que xa hai quen se atreve a calificar de Cervantes de Lobeira. Veño para seguir os seus pasos, marcalo de cerca e ver que se pode facer con el. Serei duro, esixente, implacable, como acostumo ser con todos os que comezan, pero saberei ser xusto e xeneroso se me demostra que é mais que unha promesa e que o seu futuro está no mundo das letras. Quero saudalo amablemente e dicirlle que aquí ten unha man editora para o primeiro exercico literario solvente que saia do seu maxín. Quen me ía dicir a min que nun dos infinitos blogs que inundan a blogosfera había un talento de tamañas dimensións. Está claro que onde menos se pensa salta unha pedra ou un fenómeno cervantino. E de Lobeira, nin mais nin menos. Adiante, fenómeno, e pense que a gloria literaria hai que traballala día a día e sen deixarse enguedellar polos afalagos desmesurados dos amigos que moito o queren. Veña, non se fale mais e ao teclado, que este ollo de editor velará críticamente polos seus pasos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non se fíe, Medela. E, sobre todo, contrate a Delapierre. Estes non son editores: son productores de holibú que queren ter materiais para facer un western como a Dilixencia pero sen o repunante de Iongüein.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Medela:
Graziolina Rotunno deixou escrito:
"16/9/96
ore 13,30 - Trasferimento con la troupe di de Oliveira a Castro Laboreio nell'Alto Minho -strada tortuosa, una panoramica fra le nubi -piove- non sembra smettere- alle 15, 3' torniamo a Peso.
26/9/96
Peso- ore 9
Tatò e io decoriamo una grande torta d'auguri per Marcello. Deve esssere allegra e paesana -così è.
ore 10- ci transferiamo a Castro Laboreio per sistemare l'interno restaurante-set del compleanno.
Tatò, aiutata dai gentili proprietari del posto, ha raccolto grandi mazzi di fiori di campo che sistemiamo sui tavoli e intorno alle vetrate -erica e fiori gialli molto belli- siamo d'accordo con gli opertatori di Oliveira che no riprenderemo la festa a cui parteciperà tutta la troupe di de Oliveira - e loro riprenderanno noi che lavoriamo.
ore 13 -arriva M.M. con la troupe - e si gira con le m.d.p. a mano tenute da Fiore per noi e da Berta con la loro m.d.p.- Rotunno sostiene la lampada per M.M.
28/9/96
ore 10,30 -Castro Laboreio finalmente il cielo ci assiste, così possiamo girare tutta la mattina indisturbati.

Anónimo dijo...

Arume!!!!!!!!!!!!!!!!!
Manoel de Oliveira case que nin estivo presente na realización do filme, nas terras de Castro Laboreiro!!!
E Mastroianni almoçou (e mais a trouppe), máis dunha vez, nos arredores.
Lembro unha rapaza algo bonita, nesa trouppe.
E tamén lembro a tormenta.

P.D.: Foi un bocado de ar fresco nas terras da Baixa Limia, nas terra dos deportados...
Kaurismaki comprou casa onda nós grazas a este filme.
Podémolo pasar no Liceo, comentármolo e tomar, despois, un cubata de veterano.
Fellini 8 1/2 para sempre...

Anónimo dijo...

Para o xentil señor anónimo das 12:18 PM. Moitísimas grazas por me alcumar 'Cervantes de Lobeira'. Entre nós: O meu ídolo élle Zane Grey...

Anónimo dijo...

Guaita, Medela, guaita. Ollo coas promesas destes editores anónimos de baratillo. Mire o que lle pasou a aquel escritor na película de Joel Cohen "Barton Fink". Levárono de Nova Iork pra California, prometéndolle que ía triunfar en Holivú, e puxérono a escribir guiós de películas de serie B. Dábanlle un tema (por exemplo "fai unha película de boxeo") e hala, a parir un guión nunha fin de semana.

Vostede imaxínase que o poñan a facer guións churro-hamburguesa pra "Pratos combinados" ou pró "Padre Casares"?

Mellor ser a esperanza Tigre de Lobeira que o Alafante de Vigo ou Compostela.

Anónimo dijo...

Medela: non recibiu dúas cartas? Unha hai poucos días e outra haberá arredor dunha semana?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Pénseo ben, dispoña dun par de minutos para contestar.
Que é preferible: ser o primeiro narrador de Galicia, con escasa recompensa pecuniaria, ou un simple guionista en Gholibú con chalé e piscina e miles de millóns no peto?

Mentres delibera, pense que Liz será a protagonista de todas as súas películas. E que isto non o turbe.

Anónimo dijo...

Apicultor: Pois non recibín carta ningunha relacionada coa Solaina (nin correo electrónico).
????

Anónimo dijo...

Si, home, no correo electrónico "galeguistas...". Mire ben.

Anónimo dijo...

Juliño non digas nada nin contestes se non é en presencia do teu avogado. Todo aquelo que digas, fales ou desfagas podería ser utilizado na túa contra.
Que te me perdes Juliño, polas ánimas do purgatorio.

Anónimo dijo...

Home, e que tamén...
Ofrecerme a Mar Flores no papel de Maria Antònia aínda ten un pase; mais para representar a Kyra Prosokova intentar meter a Sofia Mazagatos... A quen se lle ocurre... Home, vai...

Anónimo dijo...

O Piñeiros aínda debe estar celebrando a malleira do Barça ao Valladolid.

O XDC roncando como un trombón.

O Medela que debeu tomar en serio a oferta do editor de pacotilla e xa non quere saber do blog para poder dedicarse ao libro en corpo e alma as 24 horas do día.

Os demais polo estilo.

Aquí o mais serio debe ser o Apicultor.

Ergueivos, mandriós!!!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un capolavoro di Toma.

Anónimo dijo...

Piñeiros, non che se ocurra chamar polo Zane Grey de Lobeira, que o rapaz leva todo o día pechado nunha cabina/escritorio. Seica se meteu tan de cheo no libro que non hai quen o convenza para que saia un chisquiño a despexarse e a tomar un bocado. Leváronlle a rapaza que atende o Micalla para ver se o amolecía e nin esta, con toda a sua dozura e coa carta de viños e licores do bar, conseguiu botalo fóra do reduto. Arume, creo que vas ter que viaxar a Allariz.

Anónimo dijo...

Anónimo é GOD!!!!!!!!!
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
É certo, hoxe non fun onda a Mari!!
Estou a ver un filme de chineses ou xaponeses ou algo así, arreconchegado (no sofá) contra a muller.
A nena está a durmir. Nos radiadores da calefacción pódese fritir un ovo. Só falta o gatiño a xogar coa mazaroca de fío.
Óuvense pasos na rúa.
A cobra kundalini continúa a nacer nos dólmenes de Lobeira e enfía a enorme cheminea da térmica nas Pontes de García Rodríguez.
Vou botar un cigarro.
Cumprimentos, e grazas por me facer rir.
Viva Zane Grey e os anónimos simpáticos!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Una magnifica rete di manuale! Comprobo os campos de patacas e os xogadores melenudos da terceira división italiana non desmerecen moito dos do solar patrio.
Arume: marcho uns días pra Roma a ver se Mazinger me dá a benzón. Que me recomenda ver daquela cidade? Dispoño de pouco carto pra deixalo nos museus e no Dolce&Gabana. Pensei en visitar as ruínas de Pompei...

Anónimo dijo...

Suba á san Pietro in Montorio. Mire a cidade desde o Gianicolo e despois baixe ao Trastevere. Cee alí en calquera restaurante.
E, se ten folgos, cruce o Tíber, camiñe por Piazza Farnese, Campo dei Fiori, Piazza Navona (se pode ver un Caravaggio en san Luigi dei Francesi moito mellor) e remate tomando o Café (con maiúsculas) no café San Eustachio, cerca do Panteón.
Gloria pura.

Anónimo dijo...

Moitísimas gracias pola información. Polo que me comentaron, pernoctarei nun deses pisos turísticos (de tapadillo) que abundan en Roma, limpos e baratos. Seica o servizo inclúe otraslado desde Termini na macchina da dona do piso. En tempos de crise, xa se sabe: marcas brancas.

Anónimo dijo...

E nese apartado do éxito (sen ter en conta agora mesmo outras disciplinas científicas, pictóricas, escultóricas, teatrais, de banda deseñada), ¿podo seentirme feliz de que triunfen (ainda que non me gosten) as novelasde Agustín Fernández Mallo (A Coruña)en castelán, Julián Ríos (Lugo, que sí me gusta), en castelán, ou teño que calar porque blablablabla como xa quedou dito neste blog? ¿POr que os escritores non e os actores e actrices de Galicia que teñen éxito fóra de aquí traballando en obras escritas noutro idioma porden facelo? ¿Por que María casares é galega, a moita honra, e Valle Inclán mellor no o nomeamos? A cona.

Anónimo dijo...

E Camilo José Cela

Anónimo dijo...

E José María Pérez Álvarez (Chesi)

Anónimo dijo...

Xulius M.: Estiven a semana pasada en Madrid pero os meus intentos de ligar a Maribel Verdú, foron estériles. Non entendo ben por que. Grazas pola súa referencia. Vin alguhna anterior de alguén que di ser crítico/editor (non son nen unha cousa nen outra, abofé e grazas de novo a Deus: grazas porque deben de ser dous traballos difíciles). Eso si, aproveito para facer un traballo a favor de Duen de Bux que agora vai sacar dúas novelas, "El prado de los milagros", unha crítica divertida dos asuntos dos pretendidos milagres do Escorial (Iker nonseiquen debe de ser coma Deus) e outro texto (non novela: relatos), "No gana uno para sustos" que creo que son, ambos, textos moi interesantes. En canto ó que di Marcos de Rivas, creo que algúns dos seus escritos xornalísticos, reportaxes e columnas, son certamente maquinaria case perfectas: é un xénero, penso, moi complicado pero sabe facelo con humorismo, sarcasmo, enxundia e ironía. Lembro, se non erro nas datas, un do 8 de agosto de 1998, falando de Campmany, sensacional, onde, máis ou menos, dicía que Campmay erguíase tódolos días e antes de comenzar o seu artigo faciase a seguinte pregunta: "A quen podo foder hoxe?". A verdade é que neste caso soa mellor en castelán: "¿A quién puedo joder hoy?". Rectifico de memoria: quizáis non fora o día 8 senon o 11Agosto si. E acaso o ano era o 96 e non o 98. Pero o artigo era sensacional. Eu, cando escribo, todas as mañás que empuño a pluma, perdón, o boli, fago o mesmo: A quen podo foder hoxe? Pero non contra un senon contra un colectivo. Un escribe contra se mesmo, tantas veces. Remato o ensaio. Perdón polas molestias.
Chesi.

Anónimo dijo...

Home, Chesi, neno mimado de Goytisolo (jejeje), a ti quería pillarte eu. Estás ante o crítico despiedado e criminal, e aínda por riba editor, que asomou as orellas o outro día por aquí en busca de carne nova para a crítica e a imprensa. Aínda que non sexa o teu caso, nin o meu, que de novos xa temos pouco, vaite preparando porque, o que son as cousas, onte caiu nas miñas mans o teu NEMBROT, que déixamo ler a min para darlle o seu merecido. Tampouco tes que espantarte e botarte a tremer, que ao fin e ao cabo o meu crédito crítico está a anos-luz do de Goytisolo, e se el dixo A eu non vou ser tan besta para dicir B só porque el dixo A. O mais probable é que non diga nin A nin B, e que dun pau ben dado non te libre nin o santo Cristo da tua cidade. Que non é coña, ho, que teño aquí o NEMBROT xunto ao AFTER DARK, de Haruki Murakami, que tamén o comprei onte. Que non o crés? Quieto aí, home descrido, eu non minto nunca. Colle o libro e vai á primeira páxina. Minto ou non minto se digo que a última liña é: -Mentiría si dijese que me llamo Horacio Oureiro. Que, que tes que dicir? Con vencido? Noviño de todo, como se non pasase por el nin un día, e o que é pior, nin un lector. Pero aquí estou eu para vingalo e criticalo ferozmente. O que non che direi é o que me custou para que non teñas que lamentarte do negocio ruinoso que fas cos lectores coma min que os domingos andan ao rebusco naquel mercadiño que ti ben sabes. Non te queixes, que viñeches na bolsa en compañía do xaponés. E iso que xa procuro ir cando comezan a recoller para non vir con unha ducia. O que si che podo dicir é que te cambiei por EL BESO DE LA MEDUSA (IL BACIO DELLA MEDUSA, para que o Arume tampouco se queixe), dunha tal Melania Mazzucco. Xa o tiña nas mans para pagalo, cando, oh revelación, apareceu ante os meus ollos NEMBROT. Señora, deixo este e cóbreme este outro. É do Chesi. Te tengo en mis manos, chaval, y vas a probar el látigo de la crítica. Yo no te soy Goytisolo.

Anónimo dijo...

Caro Crítico Despiadado E Criminal Para Máis Inri Editor:
E non había por ese mercadiño unha edición en segunda man de "Camiño do arco da vella", do meu idolatrado Zane Grey, máis ou menos arredor de vinte pesos?
Agradecía comprarmo e deixarmo no bar Lobera, rúa Ervedelo, zona Couto. Eu dou os cartos á dona e despois Vde. pasa por alí e recólleos.
Está ben??
Grazas.

Anónimo dijo...

De verdá que eu a Chesi e o crítico despiadado os mandaba eu a -40ºC a un gulag de Siberia pra que se chupasen as pirolas.

Anónimo dijo...

De verdá que eu a Chesi e o crítico despiadado os mandaba eu a -40ºC a un gulag de Siberia pra que se chupasen as pirolas.

Anónimo dijo...

PARA BERIA: Home, o de ir onde ti dis, pois que queres, estou disposto. O de chupar pirolas como que deixoo para ti, que seguro que tes habilidades de contorsionista e capaz és de chegar coa boca á tua caralla e asi non tes que buscar alleas (carallas e bocas). Pero como Siberia non é un sitio peor ca outros, acepto a viaxe sendo gratuita.
PARA ANONIMO: Vostede ten todo o dereito do mundo a leer Nembrot e cagarse no autor. Vostede non ten dereito para vir conmigo a Siberia, como propón Beria, e dedicarnos a chuparnos as mingas mutuamente, máis ca nada porque ando moi mal das cervicais. Si existe no seu texto unha pequena incorrección. Mimado por Goytisolo, pode ser, alomenos, non falou mal dalgúns libros meus. Apartemos as obras dos autores para non caer en consideracións teolóxicas. Pero unha cousa podo xurar: non son neno. Mis cincoenta e seis facultanme para fuxir dese estado (a no ser que a masturbación madura sexa aínda unha reminiscencia da infancia, que todo pode ser). Hai quen di que a infancia é a patria, outros o mar, outros a língoa: eu máis ben penso que a infancia é o territorio da masturbación ou ó revés, non sei que levo tempo esperto e ando a escribir un tratado verbo das prácticas homosexuais en Siberia. Apertas para a xente do blog. CHESI.

Anónimo dijo...

Para a cata a cegas proposta hai uns días noutro post.
Hai dous tipos de hordas: comunidade de salvaxes nómadas, ou ben grupos de xente armada que actúan sen disciplina nengunha.
Pódense empregar na súa lectura indistintamente ámbalas dúas definicións.
HORDA
Poetas de España e de Latinoamérica, o mais infame
Da literatura, xurdiron coma ratas do fondo do meu soño
E enfilaron o seu chiar nun coro de voces albas
Non te preocupes, home, dixeron, nós encargarémonos
De facerte desaparecer, nen os teus hósos inmaculados
Nen-os teus escritos que cuspimos e plaxiamos hábilmente
Emerxerán do naufraxio. Nen os teus ollos, nen os teus collós,
Se salvarán déste ensaio xeral do afondimento. E vin
As súas cariñas satisfeitas, graves agregados culturais e rubios
Directores de revistas, lectores de editorial e probes
Correctores, os poetas da lingua española, co nome de
Horda, os mellores, as ratas fedentas, duchas
No duro arte de sobrevivir en troco de excrementos
De exercicios públicos de terror, os Neruda
E os Octavio Paz de bolsillo, os porcos fríos, ábside
O rasguño no Grande Edificio do Poder.
Horda que detenta o sono do adolescente e a escrita
Meu Deus! Debaixo déste sol gordo e seboso que nos mata
E empequenece.

Enviada para a cata por
The Louis Reed

Anónimo dijo...

Eu aproboó sen dúbída, Louis Reed, -James Dean for a day-

Anónimo dijo...

Ai Chesi que sobrado vai sempre vostede !! Destila prepotencia polos catro costados, Deus lle conserve tanta enerxía. Ainda que con tanta masturbación non sei que lle diga...

Anónimo dijo...

BERIA e CHESI, CHESI e BERIA, non desenfundedes tan alegremente as pirolas, que aquí a cousa non vai do tamaño nin da capacidade líquida de disparo. Pirolas a sus fundas. Aquí a cousa vai da novela do Chesi e da crítica que lle vai cair na chepa cando a acabe de ler, que quen sabe cando será, e que en calquer caso nunca chegará ao argumento escatolóxico por excelencia de "cagarse no autor". E sobre todo, a cousa vai da ironía do Chesi para aceptar as "masturbacións" anónimas de calquer desaprensivo, neste caso das do tal crítico despiedado, etc. De momento, a resposta do Chesi confirma o "xenio" literario de EN PERIGO DE EXTINCIÓN, que aínda teño que comprobar en Nembrot. A ironía sempre en alto, amigo Chesi.

Anónimo dijo...

Encántame este aroma resésigo a barondandy, Ideales, eructo de carajillo (ou da parva) e calzón teso por uso excesivo que se respira neste fórun.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

os tempos som chegados
de que? dos bardos? das idades?
de violentar raparigas
polo ermo e a gándara?
do brio arrincar-lhes
con gadunhas senhoritas?

só podo imaginar / ó vate ousado
abesoiro raposo açor montesio
o rosto gélido das tímidas donzelas
de longo a longo na costa verdecente
a fugida apavorada entre urzes tojeiras
a fouze aguçada prestes para a segada
do ervedo en sazom da chorima branda
o rumor implacável do teu plácido fungar

viva a afouteza o vigor a sobérbia
viva o intrépido passado do agreste celta
só para o rapineiro dono da terra.

pobres escravos covardes / mulheres
estamos à espera de que abram tempos
para chovermos umha outra pátria a nossa.

Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé: SUSANA SÁNCHEZ

Anónimo dijo...

Benquerido crítico despiadado, criminal editor:
Eu tamén quero que me edite, e me critique despiadado, que me mastique e me irrite. Perteñezo á xeración lumpen-aristocrática do soul, vivo perfectamente demonizado entre os indómitos domésticos doce-asilvestrados da cultura oficial de primeira clase, e relevante resonancia repetida e archisabidilla da clientela désta igrexa. Eso sí, de visitalo mercadiño ese que vostede frecuenta, consígame "en perigo de extinción" que quero telo na mesiña, á man. Tamén, se atopara, e polo mesmo motivo, encargaríalle "Ebora", da que non fun devoto, pera a insistencia de quen durante anos foi mantedor da torre do reloxio, me fixo ler e adourar, e releer e disfrutar, o tempo que entonaba o pormiculpa, pormiculpa, pormigrandísimaculpa vatendo no peito e renegando dos prexuizos. E xa postos, "o xogo de apócrifos", para ler de contado e gardalo tamén, e devoltar o préstamo, quen-o diría, abxurar déstaauganonbeberei.
Eu tamén mandarei algo para esa cata, ten boa pinta.
Atte. Silverio

Anónimo dijo...

Para os que ven en carne propia a botella medio baleira:


La urna y el corazón
X. Carlos Caneiro
LVG

Me lo aseguraba un paisano al que le cuesta sobrevivir con su pensión: no les importamos porque en el pueblo solo somos cuatro; cuatro votos, quería decir. Y lo afirman los que cobran trescientos euros al mes. Lo dicen aquellos a los que les quitan el tren para poner uno rápido, que no llegará en el 2012, y no parará donde ellos viven. Lo dicen los que trabajan en los bancos con contrato basura y no son banqueros. Los despedidos y parados e hipotecados. Los que esperan ayudas que no llegan. Los de Citroën, a medio gas. En los supermercados y en los bares.

Aquí, parece, los políticos solo se preocupan de los grandes números: la cumbre a la que irá Zapatero con la silla de Sarkozy, por ejemplo. O los sofás en los que sienta a presidentes bancarios. O lo que ayer proclamaba y luego calló: la cosa iba bien y va mal, o peor. La gente se siente abandonada: por Zapatero, precisamente. Por su partido, que es socialista y de izquierdas (¡Arriba parias de la tierra!, cantaban hace años). Se sienten abandonados los que no son banqueros y no usan la silla de Sarkozy. Tienen la sensación de que aquí se preocupan por las grandes cifras y que las pequeñas se las lleve el diablo. La metáfora es la cosa del tren, tanto AVE (que no llegará en el 2012: porque Galicia ni es ni ha sido nunca prioritaria para Madrid) y tan poco tren comarcal. El paisano que vive en un pueblo, sin tren o con él, no les preocupa. Trabajan por los votos y desean la silla, o el sillón: el de Sarkozy, el de la Moncloa, el de San Caetano. No tienen corazón. En su lugar pusieron una urna.