18 nov 2008

graciñas, Xosé Manuel

"Marcos Valcárcel", de XOSÉ M. GONZÁLEZ
Colaborador de
Xornal.com. Luns, 17 de novembro de 2008

Un quere lembrar, e volve ao ano setenta e nove ou oitenta. Certo grupo de mozos nacionalistas, chegando desde a rúa perpendicular ao cine Capitol, xorden pola Porta da Mámoa con afán de recuperar o Entroido rueiro santiagués e facer algo de política. Pepe Barro deseñara un mómaro que porto eu; e na comparsa de dez ou quince o espigado ourensán de gafas elixiu para sátira un atavío balompédico, talvez camisola branca e vermella, desde logo calzón curto. No medio do inverno. Qué novos eramos.

Despois moito choveu, e non só auga. En decenios, o profesor lugués retirado de actividades militantes conservou figuración e imaxe mediática do futbolista por un día. Aínda relevo político, gradual e ascendente protagonismo cultural... Nada imprevisible refutaba aquela silueta xuvenil. E chega o blog. Vese illa ilustrada, abeiro que promete. Entra un sen pedir moito permiso, e o balsámico repouso non esquiva debate gladiatórico. Estímulo de contertulios, achego do patrón, provocan froito rara vez sopesado: escribir un libro. Grazas ás uvas e o amo, xa non queda máis cá árbore para chegar a home.
E deica hoxe. El, motivo e titular desta peciña, leva gañado o que dicían o Miranda e quen asina: constituír arestora único parangón factible para don Ramón Otero Pedrayo. Igual lle agroma roibén nas fazulas, cavilando que aquela enorme sombra non ten hogano semellar. Confundirase. Hospitalidade, erudición, ourensanía. Perciben o aire de familia?
Na presente xeira de homenaxes, diversa voz próxima e ilustre colocará a súa alfaia no panexírico. Eu só quería lembrar e agradecer. Ou moito moito se torce, ou este vinte e nove encontrarémonos alí. Madia leva se non.

37 comentarios:

anxo dijo...

Madia leva se non

Anónimo dijo...

Como non podía ser doutro xeito, o amigo Saavedra é palabra feita. Parabéns polo artigo.

(E contoume un paxariño que nestes días tamén virán de Lugo novas xoias escritas)

Anónimo dijo...

Teño que recoñecer que boto de menos os "debates gladiatóricos" co amigo Saavedra. Calquera día destes...

Anónimo dijo...

Falta a chispa pra "picalos" aos dous, que adoitaba a ser algún anónimo "putas".

Anónimo dijo...

Eu creo que, fruto do lume dialéctico cruzado entre os dous, produciuse un dobre síndrome de Estocolmo, que fai difícil o "picalos". O Saavedra apicultorizouse/psoeizouse e o Apicultor saavedrizouse/aquintanouse. Digamos que os dous soltaron lastre/aceite ideolóxico e acabaron converxendo nas mesmas ou parecidas posicións políticas, o que fai difícil o fervor do debate entre eles. Ou polo menos é o que eu penso. Claro que tamén pode ser que os dous "gladiadores" se sintan perplexos, desanimados, desencantados ou decepcionados polo decorrer político dos últimos tempos. Idade para sentirse perplexos, desanimados, desencantados ou decepcionados da política, xa teñen.

Anónimo dijo...

Sexa máis galego-pensante, e diga "xa van tendo" no canto de "xa teñen".JAJAAJAJJ.

Anónimo dijo...

Pois si, xa "van tendo" idade para que lles "vaia vindo" o xuízo político e deixen de crer cegamente na "clase política" que nos desgoverna. Quen sabe, ao mellor xa deixaron de crer e por iso non hai "picadela" que os faga debater. Eles verán o que fan.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Que lles parece agora o de colocar as datas de eleccións en Xaneiro? Para chegarmos ata aquí, más valía (e sigo co meu) convocalas en setembro.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Deste ano 2008, claroestá.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xa estou agardando por esas xoias: xa teño claro o agasallo de nadal.
Noraboa, Saavedra.

Anónimo dijo...

Pois a min que sexan en xaneiro, venme pero que moi ben. Para ir votar, digo. ;)

Anónimo dijo...

Señor Apicultor:
1.Hoxe tiven espectral visita, en Celanova. Un home da Solaina. Non quixo dicir o nome. Apañei bo susto. Pensei que podía ser da OAS.
2.Imaxine: Dous individuos (celtas indoeuropeos ambos, I supous) a tomar café; un deles sabe quen vén sendo o outro. O outro (servidor) non sabe nin que vén sendo el mesmo. O que máis sabe dos dous presenta unha garrafa de licor café ao que menos sabe, que de pernas a tremer pregunta
-"Vde. non virá sendo o Apicultor??"
-"Non, non, jeje, non".
-"E logo quen vén sendo o Apicultor?"
-"Caso eu sabelo non estaría autorizado a llo dicir"
3.Servidor apaña o coche e marcha cara a Bande, coa botella envolta nun saquiño de plástico rotulado "Motosierras Ojea".

ESPECTRAL EX-VOTO, PARECIDO -AÍNDA QUE NON EXACTAMENTE IGUAL- CO PENTE D'OURO E A GALIÑA COS SETE ÁUREOS POLIÑOS DO TESOURO DE CALDAS.
REPÁRESE NA DECADENTE GRAFÍA 'OP ART' DA ETIQUETA

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Está claro quen é, amigo Medela.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Acaba de chegar foto do seu encontro, Medela: Medela and an unknown man that i know.

Anónimo dijo...

Non creo, amigo Arume: Cheiraba a armadilla típica-tópica de novela de espías...
Lembro que ese home ollaba fixamente cara a min, con ese ollar... Ese ollar... Non lle sei, Arume... Un ollar...

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
O home espectral non ría.
Éralle serio... Ben serio.
Imaxine un fakir en tarde de domingo.

Anónimo dijo...

Se non entendín mal tan confuso episodio, Medela, esa botella era para min. Coido.

Anónimo dijo...

O HOME ESPECTRAL E ESTE INDIGNO SERVO DE DEUS DESPEDÍNDOSE EN CELANOVA.
EU SON O QUE ESTÁ A ARDER

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Onde ían despois?

Anónimo dijo...

Non se escaquee, Medela, e veña esa garrafa de licor café, home de deus.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non lle parece, amigo Medela, que este blog é como a portada de Ummagumma: unha solaina multiplicada ao infinito?

Anónimo dijo...

Bweno.
Podemos tomala xuntos na miña casa, en Allariz.
Para que vexa que non o presiono, que respecto a súa privacidade, pode vir así ataviado.

O SEÑOR APICULTOR, CHAMANDO Á PORTA DA MIÑA CASA, EN ALLARIZ, BEN ELEGANTE, {MOI NO SEU SITIO}, ALÉN DE FIRME PROTECTOR DA SÚA IDENTIDADE.
A VECIÑANZA, POLO SI OU POLO NON, FUXIU AO VELO -EN PEQUENOS GRUPOS- PARA O MONTE

Anónimo dijo...

Arume: Parécelle ben que combinemos con Aki Kaurismaki en Castro Laboreiro para facermos un filme??
"Unha solaina multiplicada ao infinito", sería o título.
Banda sonora: Pink Floyd, Dúo Gala, Porcupine Tree, John Balan, Ella Fitzgerald, Manolito el Pescador, La Pastorina, Led Zeppelin.
Localizacións: Allariz, Nukus, O Calvario, Mieres, Nebraska.
Xa me vexo a apañarmos a palma d'ouro en Cannes!

Anónimo dijo...

Medela, é inútil que sigas indagando (indagar, non esquezas, é cravar a daga da curiosidade) sobre o Apicultor, porque nunca saberás quen "ven sendo". A razón, daga detectivesca de Lobeira, é ben sinxela: Apicultor, como tal individualidade, non existe; Apicultor é un complexo, un entramado, un conglomerado de personaxes. Apicultor é a voz colectiva do blog. Apicultor son todos e non é nengún ao mesmo tempo. Ou é un diferente segundo en que momento. Apicultor é Marcos, Arume, Dacova, Delapierre, etc. González non creo que sexa do entramado Apicultor porque é moi serio e estas cousas esixen un certo "talante" palante, brincadeiro e conspiratorio. Está mais claro que a auga, detective obcecado. Detective Obcecator. Non tes mais que ler a mensaxe brevérrima de Arume do 19, 10:25:00 PM para cair na conta de que as miñas palabras son garantía absoluta: "Está claro quen é, amigo Medela." Que, detective cego, está claro quen é? Non ves que o Apicultor de agora non é o mesmo de antes? Onde che vai aquel Apicultor guerreiro doutrora. Apicultor é un alcume que engloba a mais de un e de dous. Un alcume multiusos, global, globalizado, con pretensións globalizadoras. Non ves como cando organizastes o contubernio de Lugo el escusouse e non acudiu? Como ía acudir quen non existe como tal? Tampouco facía falta que acudira porque xa ían varios representantes do complexo que leva o seu nome. Como se escusará no próximo que organizedes. Vaste aclarando, toupeira de Lobeira? Apicultor está mais cerca de ti do que pensas. Vaite preparando porque calquer día recibes un correo cun texto parecido a este: "Amigo Medela, agora tócache a ti facer de Apicultor unha tempada." E farás de Apicultor como está mandado e pasarás a formar parte do entramado colectivo que responde ao nome de Apicultor. Daquela serás un auténtico confrade das Uvas. Do racimo de Uvas chamado Apicultor.

Anónimo dijo...

Grazas, don Fogo: Xenial texto. Dígollo tal e como o sinto nesta altura.
Vostede está a proclamar fondas e sentidas verdades mascaradas de brincadeira.
E estou a ver que de brincadeira, nada de nada.
Ouviu:Apicultor non virá sendo o noso inconsciente colectivo ou antes, o subconsciente individual envolto en nubes vermello-kripton??
Non serán as fontes do Mississipi procuradas con tesón por Lewis & Clark e polas que pagaron coa vida e/ou coa perda de xuízo??
Non podía ser, daquela, o enigma da esfinxe penedía?
O labirinto do Minoutauro, talvez?
A estraña calma que nos invade, en que o tempo parece vir no canto de escapar, (podían ser dez ou quince veces na vida, non máis), significará a chegada ao reino de Apicultor??
Si. Pois. É certo. Apicultor está mimetizado co son que produce o balín disparado por mozo calavera (acompañado de pija veraneante)para chimpar baralla porno na festa do Viso.
Ese son, don Fogo, ese son...
bzzszszszszzzzzzzzszszszszszzzszszszszszszzzzzzzzszszszszszszs...clock!
E cuestión de estar atento a ese son, don Fogo.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Nota ao comentario anterior:
A baralla porno da caseta de tiro está apoiada sobre tres palillos.

Anónimo dijo...

Don Fogo: Apenas unha cousiña. Ejem.
Non virá sendo Vde. o Apicultor?
Nada, saúdos.-

Anónimo dijo...

Comparezo, o serio, o nonpalante, desde fóra do inconsciente colectivo. É curso especialmente duro, no que estou a dar dúas materias novas, unha delas totalmente impensada case a mediados de setembro, sen libro de texto, programando ao tempo que imos dando. Literaturas Hispánicas de 2º de BAC; mandar, manda moito truco. E algunha outra ocupación non menos ocupante.

O caso é que, primeiramente, véxome na obriga de aclarar que o das hortas e portas vai ben a gusto para un ano. Segundamente, supoño que as eleccións para marzo deben ser cousa inevitable, abondo farán con sacar a campaña do entroido, se posible; a ver cando lle falamos algo sobre como pinta. Penúltimo, a ver se nos damos visto o vinte e nove, que seica anuncia barafunda.

O último vai noutra mensaxe.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Cando quitou o Medela o da baralla porno non sei por que me figurei a un ghicho coma Bono, antes de emparentar con Natalia Figueroa.

Anónimo dijo...

Señor Anónimo de non sei ben que hora: preocúpame vde. E iso que a muller aínda non me dixo nada sobre posible perda de aceite. Polo demais, o trato, principalmente se é por ocasións gladiatórico, sempre deixa ronsel. Teño aprendido ben cousas do Apicultor, e moito me estrañaría que a súa perspectiva dalgunhas cousas sexa arestora igual do que sería se nunca tivese correspondido comigo. Sexa dito sen maior pretensión.

Xa non entendo moi ben, pola contra, iso de crer cegamente. Home aquí ten habido alferrón para unha e outra banda, sen distinción de parte subxectiva. Non será vde. de Lugo nin lerá El Progreso, ou conta tería -xa que me segue dalgún modo- dos dous xoves pasados. E iso non é nada comparado co que saíu hoxe e supoño que mañá estará na rede.

Non teño interese no desánimo. E seguimos picando por onde picabamos; xaora IU non (motivos obvios); non o "independentismo" (por onde se agarra?); Xaime, o noso é imposible. Pero si, un non atopa no panorama nacional demasiado substrato de debate. Non xaora no presuntamente sedicente pensamento crítico que ignoro se vde., Anónimo que me chama, pretende representar; demasiado perentorio, demasiado uniédrico, demasiado previsible logo dun pedazo. (Ulo Chomsky?).

Quedan as Uvas xaora. Un algo outonizas arestora, se hai que dicilo. Pero de aí vén o mellor Sauternes. Así é que igual cómpre agardar un pouco.

Anónimo dijo...

Xúrolle, Arume que eu non pensaba en Bono, senón en Mario Conde a quén vin, avellentado e desfeito nunha tertulia estoutro día.

Anónimo dijo...

Saavedra sería mellor que non me desprezaras antes de saber o que che tiña que ofrecer: Un posto de saída nas autonómicas da Primavera, e se non saes de primeiro nas Europeas.
A calquera destes do Complexo Apicultor caeríaselle o cú por aceitar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Delapierre: ben se lle nota que é do Atleti. Tantas vanas esperanzas...

Anónimo dijo...

Amigo Fogo Fátuo, é vostede moi perspicaz, demasiado perspicaz. Acerta en case todo, pero faltoulle dicir unha cousa: eu son un corazón tendido ao sol.

Anónimo dijo...

Vós xogai a complexos e tonterías desas, que como veña o Beria en Siberia cos seus expeditivos métodos científico-soviéticos de castigo vaivos conxelar o "aceite", o "pensamento crítico", "uniédrico" e demais imposturas intelectuais. A min, que son do pensamento cero redondo, por moito que queira, pouco me pode conxelar. O Delapierre, co medo que lle ten a bautistas e comunistas,...

Anónimo dijo...

De verdá que lle vou facer caso ao tovarich Home Sen Pemento, e vou mandar a -40ºC a un gulag de Siberia a conxelarlle o "aceche" e o "pensamento pírrico" a todos estes carallos da vela. E tamén ao Flautista Álvarez por ser un revisionista-trosquista-nazonalista que estudou no seminario, cando só podía facelo o camarada Iosif.

Anónimo dijo...

Non sei por que, mais o comentario do señor Fogo Fatuo paréceme ben representativo do que en realidade é o espírito deste blog. E gusto moitísimo do ton salmodiante e hipnótico do seu mini-relato:
*"Que, detective cego, está claro quen é?"
*"Como ía acudir quen non existe como tal?"
*"Apicultor está mais cerca de ti do que pensas"
*"E farás de Apicultor como está mandado e pasarás a formar parte do entramado colectivo que responde ao nome de Apicultor".

Sinceramente, había ben tempo que non lía algo que me chamase tanto a atención, {fóra do auto-relato sobre o éxtase místico de Dacoba en Olás de Vilariño} e unha frase que deixou caer onte o doutor dos Piñeiros {sobre a capa do disco 'Ummagumma'}.

Comprenda, Apicultor, que a súa fanática vontade de permanecer no anonimato, unida á súa presenza obsesiva e ritualizante, básica e fundamental no blog, provoca este tipo de situacións.

E non se me pique, jeje...