21 nov 2008



Marcos Valcárcel

XAIME DA PENAAvogado e galeguista.


Un que xa nos se vos emociona por case nada, que debulla na realidade, anota as contradiccións e denuncia todo aquelo que un home pode denunciar, e que nin se ocorre endereza-lo dereito pensa que poucas persoas da nosa terra, quizabes se contan cos dedos dunha man, merecen unha homenaxe coma a que o día 29 se lle vai a dar a Marcos Valcarcel en Ourense.

Sei que nestes días somos moitos, e en tódolos medios posibles os que nos sumamos a esta celebración, que constata a profunda admiración pública que sentimos por este ourensán sabio.

Cada un de nós, ben polo coñecemento directo da súa persoa ou pola súa obra, facemos unha aproximación do Marcos historiador erudito, do escritor pulcro e cosmopolita, do conferenciante exuberante, do profundo coñecedor do galeguismo e dos galeguistas e que día a día, achega a achega, vaite vernizando ata te sentires un privilexiado de ser galego, da túa cultura e do teu país.

Cando Pondal xuntou os dous cualificativos de Bó e Xeneroso, non podía pensar en Marcos Valcárcel, pero o noso amigo, o máis famoso vendimador da rede, o patrón DAS UVAS NA SOLAINA, é especialista en facerte sentir ben, transmíteche a paz xusta para exprimirte no debate, ca seguridade de que sempre che vai axudar para non retirarte derrotado e erguerte o día seguinte para segui-la análise, que é preciso que continúe para illa-la incultura e a soberbia discriminadora.

Marcos tamén ten todo aquelo que sempre quixemos do noso pai e para o noso fillo, a tolerancia suficiente para que te comprenda nun extremo e un sorriso cómplice despois dunha zoupada, !vas caer¡, pero con eso non se nace, eso faise o longo de cincuenta anos, día a día, lectura a lectura e artigo a artigo, e de aí ese bendito respecto profesoral que lle temos os seus okupas, e como dicía o outro senón existira habería que fabricalo. Nós témolo, disfrutémolo.


(Outro millón de grazas máis, tamén para vostede, amigo Xaime. )

Fonte: Xornal.com, 21 de novembro de 2008.

30 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa o dixen noutra entrada, pero volvo repetilo de novo:

De Lugo chega un fermosímo e atinadísimo artigo do bo amigo Xaime da Pena. Parabéns.

Anónimo dijo...

Avísase a todas aquelas persoas que teñan pensado vir á Cea Homenaxe a Marcos Válcarcel que non fixeron o ingreso en c/c., que non retiraron tarxeta nos lugares indicados ou que non reservaron en firme con algún membro da comisión organizadora, que, a estas alturas, hai xa un cheo total.

Por esta circunstancia é materialmente imposible dar cabida a máis xente da xa inscrita. De feito, houbo que pechar xa a c/c. e xa non hai tarxetas que se poidan retirar.

Desbordáronse sobradamente os cálculos máis optimistas. Arredor de 290 persoas están xa apuntadas, e non colle nin unha máis, pois o local non o permite. Así pois, e lamentablemente, non pode haber compromiso de admisión a quen se achegue o día da cea sen ter feito previamente reserva e/ou pago.

Pídese desculpas a quen corresponda polas molestias que isto poida causar, esperando que comprendan estas extraordinarias circunstancias.

Atentamente,

A Comisión Organizadora

Anónimo dijo...

Ola, sonlles Liz Hurley. Non me foi posible ingresar a cota da cea na c/c, por dificuldades transitorias de liquidez, en todo o caso por causa da crise mundial.
Á miña amiga Laurinha Antonelli aconteceulle o mesmo caso.
Queren dicir, solemnes señores da comisión organizadora, que caso nos presentarmos ambas dúas en Ourense para honrarmos como se merece o señor Valcárcel, ficaremos sozinhas á porta do restaurante, mortiñas de frío e á xeada, ao sereno, sen que cabaleiro ningún faga as pertinentes xestións para gozarmos da especial atmosfera desa especial kermesse???
Serán capaces???
Beixinhos de ambas.

P.D.: Falen co Apicultor, porfa.

Anónimo dijo...

Medela, contención, please!

Anónimo dijo...

Medelinha, Medela, eu ofrézolle o socialismo ourensán posto en practica na deputación de ourense.

Compartimos o meu posto, eu como dez "manutos", entra vostede, levántome eu e séntase vostede no meu canto, e vostede come parte do meu prato mentras eu saio a dar unha voltiña, e cando retorno sale vostede. Podemos combinar un prato para mín e un para vostede. Porque eu sonlle moi anoxado, sabe. Parece que as cabras tamén son así, moi escollidiñas. E non me ghusta nin beber do vaso de ninguen. Facemos unhes cantos turnos.

Eso funciona señor Medela, podemos incluso turnarnos dez ou doce persoas. Eu ghástolle amizade coa Mari Carme filla do dono , recén finado, en paz estea, e arranxamos tamén para recuncar.

Mire, na deputación, chegharon a meter todo o equipo de "fumtbo" de Noghueira de Ramuín e víanse a tomar o sol nos tellados do Pazo Provincial. Tamén se vían outros "funcionarios" a turnarse como lle propoño desde os edificios aledaños sede da academia postal. A onde eu ía aprender a escribir a máquina.

Medela é unha boa idea, funciona e élle social, de esquerdas. Sempre afirmei que o mellor socialista de Ourense foi Don José Luís. Si-si. Se vostede ten outra proposta mellor non teña reparo e expóñaa.

E o si-si, il non ven?.

Anónimo dijo...

Propoño que tan pronto haxa unha baixa, porque as ten que haber. Do mesmo xeito que haberá moitas peticións de alta. Esa baixa sexa cuberta por Medela. Que según as miñas estatísticas é un dos que máis fósforo consome escribindo pero disimúlao moi ben porque sabe perfectamente o que eso supón a nivel biolóxico e dalle vergoña recoñecelo.

Medela é un personaxe egrexio do blog, "cabeza de ministro" e non merece quedar fora como os cans. Medela é un lobo, é dos nosos.

Foi merecente de ser admitido entre os "ácratas absolutos".
Perdón, "ácrata, galeguista, absoluto".

Bueno o que sexa.

Anónimo dijo...

Muro de contención, cemento armado de contención, preservativos de contención, policía antidisturbios de contención...

Anónimo dijo...

Lobo Neghro: Tranqui, que o Medela, como cumpridor que é, xa recolleu dúas tarxetas hai máis dunha semana. O que pasa é que lle gusta enredar de máis e o toma case todo a carallada.

Anónimo dijo...

"He visto a Sarah Good con el demonio".
"He visto a la Comadre Osburn con el demonio".
"He visto a Bridget Bishop con el demonio".



Las brujas de Salem.

Anónimo dijo...

Tomado de las brujas de Salem de Arthur Miller.

"He visto a George Jacobs con el demonio".

"He visto a Medela con el demonio".
"Y hablaban castellano los dos.....
....e sigue a retahila de acusacións.

Anónimo dijo...

Aviso a todos os contertulios: Sei de boa tinta que a Policía Nacional e Facenda están postos sobre aviso acerca do recente ingreso no mercado de valores da economía sumerxida das tarxetas de invitación á cea do Marcos. Detectáronse casos de reventa a precios obscenos, así como casos de fraude nos que as prtendidas tarxetas eran en realidade fotocopias de mala calidade.

Anónimo dijo...

É certo, Dacoba. Seica en Lugo hai unha oferta irresistible. Pola compra dun Audi Q5 full equipped, dan unha invitación para a homenaxe.
Saberá o señor Delapierre algunha cousa sobre isto?

Anónimo dijo...

Coño, é a Policía "Nacional" e "Facenda" os que teñen que meter man no asunto. ¿É que as policías autonómicas/localius e organismos da nosa patria ceibe, unha e grande non son quen de detectar o fraude? A hora da verdade sempre están os mesmos.
QUEIPO DE LLANO

Anónimo dijo...

Esa homenaxe vai parecer un bodorrio.

Anónimo dijo...

Vai ser moito homenaxe pra un homenaxe solo.

Os do San Miguel van quedar pampos, e vanlle chamar no sucesivo a ese salón ,o "salón do homenaxe". Xa sabedes a cantidade de toponimias que teñen a orixe nalgún feito memorable desenrolado no lugar. Os restaurantes, e moitas casas casas particulares, teñen a sua propia toponimia interna.


Unha pregunta á C.O.H. (Comisión Organizadora do Homenaxe):
A tarxeta-invitación entregarase a xeito de entrada, ou quedarémonos con ela, de "recuerdo". Porque si hai que entregala, igual non vou, quedo con ela, e póñoa a subasta en e-bay, como cando foi do exemplar do "El Jueves".

Si a toda a xente se lle mete na cabeza que o Marcos lle asine a tarxeta, pódelle levar varias horas. O mellor é que encarge rápidamente un selo coa firma. O malo vai ser que moita xente quererá que lla asesinen tamén outros asistentes. Vai ser un Cristo de carallo, todo dios asinando as tarxetas de todo Dios. Xa verán qué cola ten o Medela, tamén.

Os resgardos dos ingresos bancarios, cotizaránse tamén. Queñes os teñan, que vaian pensando en enmarcalos, como enmarcadas se ven ás veces vellas "acciós" de arcaicas sociedades anónimas. Vai ser o primeiro caso no que un documento de ese tipo entre no mercado numismático. Quén verá, dentro de cen anos, a algun estafador falsificándoos.

Anónimo dijo...

Home, eu creo que, homenaxeando a Marcos, tamén é un xeito de celebrar a amizade e a cultura, porque -tamén dalgún xeito- Marcos vén sendo sinónimo de amizade e cultura. Non sei se me explico.

Anónimo dijo...

Esto e, vai ser a "boda" do Marcos coa Cultura, a celebración duos "votos" de compromiso. Como os "votos" da monxiñas, que se consideran "un matrimonio con Deus".


(Igual me afectóu o Viña Mein que toméi hoxe no Mosteiro de San Clodio .Xa verán, qué mal vou quedar na cea do Marcos, diante de tanta xente seria, i eu collendo unha boa cogorzia de viño branco).

Anónimo dijo...

Non sei eu se tamén ese viño non tería tamén uns efectos prexuizosos, tal como se desprende da frase "diante de tanta xente seria". A min, boa parte dos así catalogados parécenme bastante caralleiros, por non falar dos propiamente caralláns, que tamén os hai. Polo cal, amigo XDC, se cadra é vostede un simple afeccionado ao viño branco en comparanza coa capacidade de trasego doutros. Que unha cousa non quita a outra. Non sei se me explico.

Anónimo dijo...

Isto merece repetición. É de Dacoba; espero que desculpen o meu atrevemento.-

"Desde o palco, eu contemplaba o horizonte, nídiamente deseñado por as redondeadas montañas que rodean o val da Armada. Abríuse paso entre as nubes ,durante unhos minutos, unha raíña do sol. O baile da xente era de unha alegría contaxiosa , quizáis porque nos fartaramos todos das mesmas castañas,chourizos e licores . Os acordes enlazánbanse simples e fermosos. Divertíame facéndoos de xeitos diferentes pero equivalentes en cada volta. Esas agradables sensaciós mixturábanse na miña ialma coa euforia lóxica provocada por o licor de cereixas, e invadíume de repente unha fermosa paz. Vin de repente o conxunto da festa, desde un lugar elevado no ceo. Ese meu "alter ego" astral, e quizáis Deus , foron os únicos que se percataron de que un dos músicos case caéu do palco embaixo."

Anónimo dijo...

Hoxe, Medela, foi ao Mosteiro de San Clodio en Leiro, onde fun tocar. Unha festa de confraternización entre os farmacéuticos ourensáns ,organizada por o seu colexio profesional. Xa se imaxina: nada que ver có magosto de Olás. Traballar, cobrar, e marchar canto antes.

Anónimo dijo...

Hoxe, Medela, foi ao Mosteiro de San Clodio en Leiro, onde fun tocar. Unha festa de confraternización entre os farmacéuticos ourensáns ,organizada por o seu colexio profesional. Xa se imaxina: nada que ver có magosto de Olás. Anque sempre hai historias dignas de contar.É o que ten ver á xente "mazada" e divertíndose, mentras un permanece sobrio, traballando. O sitio ten WIFI, aberto, e precisamente escribín algún comentario durante algunha pausa.

Anónimo dijo...

Adastora, estou no café Latino de Ourense, xa vou por a dèuxieme cervexa. A dona vai nunha cea con amigas. Cando vou tocar e non sei certo a qué hora vou volver, ela fai os seus plans.Pero o próximo sábado xa está marcado no calendario ,para nos dous, exclusivamente coa cea-homenaxe . Santificarás as festas.

Lula Fortune dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Dacoba: Por debaixo do palco da festa de Olás estaba a trapela que comunica, que dá acceso ao ultramundo, que xunta o Alén e o Aquén.
Quen o ía dicir: Sempre pensei que iso estaba en Shangri-La. Pois non. En Olás, a menos de dez quilómetros de Allariz.
E eu, como un parvo, escoitando os Marillion (sen saber inglés), lendo (sen os comprender) os místicos hindúes e pintando, evidentemente, a cana verde.
Propoño un contubernio en Olás de Vilariño.
Dacoba, continúe sempre así, porfa.
Boa noite.-

Anónimo dijo...

Meu amigo Medela. No tocante o tema do AUDI, vostede ouviu as campás, pero non sabe realmente o que é.
Está colgado na Rede, que alguén de Lugo, POR UNHA INVITACION A HOMENAXE DE MARCOS, REGALA UN AUDI.
Como sei de quen se trata, seguramente se chegado o xoves non atopa ticket, engadirá a súa muller no paquete.
Cando digo a súa digo a súa, que non haxa equivocos, logo non me veñan buscar a casa a miña jefa, miña xoia.

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajaja
Jacques: Quérote!!!!!
jajajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

O señor Medela pásase de rosca levando a todos polo camiño da insubstancialidade, impedindo todo debate serio e interesante, como sucedía antes. Usando isto como un chat non se lle fai moito favor ó blog. Un pouco de cachondeo é soportable. Tanto, xa aburre, señor Medela. Tome nota se quere, porque se isto segue así eu paso de vir perder o tempo aquí.

Anónimo dijo...

Don Marcos:
Nesta viaxe da vida todos camiñamos a través das rochas empurrados pola forza dos fíos do vento. Casi obrigado resulta deterse varias veces no tempo, percibir os abismos e as esferas e mirarlle ben ós ollos ós que nos amosan as súas dependencias.
Ás veces no camiño temos que apalpar a desesperanza pero tamén podemos apoiar a cabeza no ombreiro da felicidade, ainda que só sexa para vela durmiñar. E deixarse levar...
Canto celebro, meu amigo, que neste punto do camiño atope vostede as mans tendidas de tanta xente que o quere e valora, as miradas dos tecedores de palabras de agradecemento e dos porteadores de coraxe para seguir entre as rochas empurrado pola forza dos fíos do vento !!
A miña aperta máis agarimosa vai para vostede.

Anónimo dijo...

Cona! Debeu de escribir Rosalía de Castro.

Anónimo dijo...

Si. Son a mesma . Voltei porque a ocasión ben o merece.!!