14 dic. 2008

De escudos (levando a contraria, claro)
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 14-12-08

Compráceme que retirasen o escudo da Subdelegación do Goberno por razóns estéticas -o da ‘carracha’ nunca me gustou- e económicas, pois en tempos de crise son boas medidas para dinamizar, se quer modestamente e a custa do peto público, o choio da construción que seica anda mal. Hai que darlle emprego e traballo a canteiros, gruístas, operarios... Pero fóra disto, paréceme bastante discutible.
Primeiro, porque nin tiña conciencia de que alí houbese escudo ningún e, cando saiu a noticia, xa estaban os andamios e non me deu tempo de botarlle un ollo ao vello antes da súa defunción.
Segundo, porque non estou tan convencido da utilidade das dannatio memoriae (iso da dannatio memoriae saben os cultos lectores que era unha condena que ditaba o Senado romano pola que se procedía a eliminar todo canto recordase ao condenado: imaxes, monumentos, inscricións e mesmo se chegaba á prohibición de usar o seu nome). ¿Emperadores que a sufriran? Pois Nerón, Calígula, Maximiano, Valerio... e así, ata trinta. Ao ‘padrao dos povos’, ese fermoso miliario votivo que está sobre a ponte do río Támega no centro urbano de Chaves, fáltanlle renglóns por seren borrados para suprimir a memoria dalgún destes emperadores. Menos mal que non todo o mundo foi tan escrupuloso e aínda conservamos noticias e estatuas deles. Eu creo que todo, en demasía, incluso a prudencia, é negativo. Vexan a hixiene. Ser é boa pero o exceso produce alerxias e seica baixa as defensas.
E terceiro, porque non estou seguro -alucinen- da existencia dun ‘escudo franquista’.O que oficializou o tipiño de Ferrol, en 1938, era o dos Reis Católicos co lóxico cambio do cuartel das Dúas Sicilias -onde elas ían- polo do Reino de Navarra, engadíndolle as columnas de Hércules do Plus Ultra que viña xa desde os Austrias e póndolle, iso si, unhabufanda facha no paxarraco co lema de ‘Una, grande y libre’ en vez do tradicional ‘Tanto monta’. Deixoulle, claro, o xugo e as frechas que alí campaban desde o século XV. En 1945, tal que o 11 de outubro, aprobaron unha reforma dermo-estética dos ombreiros do paxarraco -como con dúas siliconas- e fixéronlle lifting ás columnas. E por fin, señores, o 21 de xaneiro de 1977, xa Franco ben comesto, o paxariño sacou de bufanda e acolleu nas alas abertas as columnas famosas, ata que o 5 de outubro de 1981 aprobouse o actual. Ou sexa, o feo escudo dos Reis Católicos, coñeceu varias versións, un par delas, efectivamente, retocadas por Franco e outra xa en plena transición que foi, lémbreno, o primeiro escudo da democracia (1977-1981) e sobre o que se xurou a Constitución. E eu pregúntome, ¿se sacan ese por antihistórico deberían deixar logo o de Facenda, Banco de España ou Praza de Abastos todos eles preconstitucionais e aínda máis vellos? Creo que si. Deben quedar. Hixiene, dicía, si -nomes de rúas, escudos agresivos como o do Pazo de Xustiza- pero o resto, deixar todo en paz.
Para poder vivir a historia nas pedras de Ourense e beber nas fontes fachas das aldeas case despoboadas. Ese si é un problema.

13 comentarios:

Iacobus von der Stein dijo...

Se Monxardin precisara avogado para o seu fusilamento que non se lle ocurra chamar a Lugo, que estou ocupado tirando a muralla que fixeron os imperialistas dos romanos

Trebi dijo...

pincha aqui</a

Trebi dijo...

Coido que sale o enlace de ver video en picha aquí

XDC dijo...

Vaia. Parece que non son o único ao que lle vai importando un bledo que lle chamen "facha" por opinar á marxe de certos arquetipos.

A moitos de eses escudos, placas e estatuas, en vez de eliminalos físicamente, poderíaselle poñer ao lado unha placa explicativa da sua historia, e convertilos así en recursos turísticos e didácticos. Aos alemás non se lles ocurríu destruir os fornos onde queimaron aos xudeus. Deixáronos estar, déronlles tratamento de recurso histórico-turístico, e a ninguén se lle ocurre pensar que a sua conservación é unha apoloxía do nazismo. Con información, cambea a visíón das cousas, como demostra o artigo do Monxardín.

rodríguez zapatero dijo...

¡Facha!

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Eu creo que os signos da victoria non deben permanecer por máis tempo en lugares sinalados dunha cidade. Poden gardalos e mostralos, como forma didáctica, onde queiran. No frontispicio de edificios públicos, en cabalos no medio da praza ou en cruces de caídos no muro de igrexas neogóticas cuxas autoridades expoliaron, roubaron e mataron semellan escándalo insoportable.

Anónimo dijo...

Pero, claro, dicir todo iso aí deitado... ¿que quere que lle diga?
¿caeu co susto ou é apoloxía da poltroa romana?

xdc dijo...

A mín ,lembranzas de expolios, de mortes, de abusos ,de esclavitude e de inxustiza provócanmas a maioría dos monumentos do mundo, desde as pirámides de Exipto hasta as catedráis medievías, pasando por a columna de Trajano.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Pois diga, diga. Por min non se corte. Ou vai ser que non podo falar porque estea tirado? Ou cre que por estar tirado debo dicir que me encantan as cruces de chutes pour la patrie?

E ten razón, Dacova, pero eu falo de memorias máis curtas; non coma a súa, que é histórica. Pero non crea que no caso das catedrais (por que será?) ...

Dito esto, hailles catedrais perfectamente prescindibles. Ou vendibles.

Iacobus lucensis dijo...

Véndolles a muralla de Lugo a bon precio.

de escudos e zapatismos dijo...

A min o que me pareceu terrible e radicalmente condenable foi o dese periodista irakí "descerebrado" que lle lanzou os dous zapatos a Bush, como "descerebrados" me pareceran aqueles universitarios compostelanos que insultaran salvaxemente a San Gil. Estamos rodeados por todas as partes de tipos tolos, fanáticos, "descerebrados", que ofenden a DEMOCRACIA e poñen en perigo a convivencia. Estou ansioso por ler o próximo artigo de Monxardín, que ben seguro versará sobre o incidente dos zapatos e ira na miña dirección, na dos demócratas e civilizados. Non hai outra.

P.D. Desta Bush non precisou de "escudo" ningún porque estivo fino e soubo esquivar os zapatos do agresor. Agora que ven o Nadal, non estaría de mais enviarlle de regalo "democrático" ao Sumo Presidente o "escudo" do artigo do Monxardín para que en futuras agresións... Se non nos protexemos entre nós, os demócratas, estamos perdidos, cómennos os zapatistas "descerebrados".

Clube dos anoxados dijo...

En Portugal tamén nos levan a contraria. Seica en Castela León andan moi preocupados. Aquí aínda non nos enteiramos.

Xornal.com
"Portugal adopta el modelo fiscal de Irlanda para atraer a empresas gallegas
El Gobierno luso rebajará a las Pymes de zonas fronterizas el Impuesto de Sociedades del 25 al 12,5%, con el objetivo de captar inversiones."

Unha medida, por certo, tomada por un partido socialista.

Pode o goberno galego adoptar unha medida similar e atraer inversións de fóra (e de dentro)? NON! Tomar ese tipo de medidas correspóndelle ao "gobierno de España".

Pero non quedamos en que tiñamos autonomía?????

Anónimo dijo...

EL ZAPATAZO
"La gesta de Al Ziadi ha sido la incisiva metáfora de un punzante, definitivo y rotundo hartazo colectivo"
Pilar Rahola | 16/12/2008 |

Sin estar de acuerdo con ningún tipo de violencia, ni tan sólo la de baja intensidad, no puedo evitar sentir simpatía por los zapatazos fallidos que recibió, con audiencia planetaria, el presidente George W. Bush. En un país donde la violencia sacude sus entrañas día tras día, y cualquier conflicto se dirime a bombazos, que un periodista tire sus zapatos en señal de protesta parece casi infantil. Y, en cualquier caso, resulta totalmente inofensivo.

Es cierto que la libertad de expresión no ampara los gestos de intolerancia, y que un zapatazo mal dado es tan peligroso como los pequeños patitos de ónix que tuve que dejar en un aeropuerto de Perú, porque podían ser usados "como peligrosas armas". En los tiempos de las armas de destrucción masiva virtuales, hasta un patito está bajo sospecha. Pero, a pesar de todo, un zapato sólo es un zapato, y el gesto del periodista lo tiene todo de protesta simbólica, y nada de agresión violenta. Y hay que reconocer que el objeto de deseo del zapato, el señor George W. Bush, ha hecho acopio de méritos para merecer la zapatería entera. No resulta extraño, pues, que más de cien abogados árabes se hayan prestado, raudos, a defender al acusado de la agresión, el periodista del canal suní Al Bagdadia Muntazer al Ziadi, que, según algunas fuentes, estuvo secuestrado durante una semana en el 2007.

De hecho, y sin caer en el extremo de considerarlo un héroe como intentan pomposamente algunos, sí que es cierto que Al Ziadi ha conseguido crear la metáfora más certera del final de la era Bush. Al peor presidente de la historia de Estados Unidos lo despide un sonoro zapatazo. Nada más sencillo y, a la vez, nada más brutal.

Leo en algunos periódicos que "tirar un zapato es, para los musulmanes, el peor acto de ofensa", pero lo desmiente el corresponsal de Al Yazira en España, Aiman Zoubir: "No es un insulto especial. Sólo es la única pieza de ropa que puedes lanzarle a alguien". Es decir, que ni tan sólo se trata de alguna acción cultural o religiosa de carácter simbólico, sino sencillamente de la expresión pública y rotunda de un hartazgo cósmico. Una despedida, pues, a la altura del personaje despedido.

¿A la altura? La verdad es que es muy difícil bajar a la altura de la herencia que deja George W. Bush en Iraq. Casi 700.000 muertos iraquíes, más de dos millones de desplazados y alrededor de 3.500 soldados caídos, miembros de los distintos ejércitos extranjeros en la zona, suponen un saldo estremecedor. A diferencia de muchos de mis colegas, que despreciaron el impacto brutal del 11-S en la sociedad norteamericana, y consideraron la guerra de Iraq un mero y sórdido negocio, yo sí que creo que la guerra fue la consecuencia violenta del atentado terrorista más importante de la historia de Estados Unidos. No olvidemos que la inmensa mayoría de los norteamericanos (incluyendo las dos cámaras de representación) estuvieron a favor de dicha guerra.

Sin embargo, también es cierto que la guerra usó el atentado para dirimir otras cuestiones hirientes en la zona, que se mintió en todos los informes, que se ninguneó a los distintos estamentos internacionales, que se vendió un peligro inexistente y, sobre todo, que fue dirigida por los líderes más oscuros de la Administración Bush, con Donald Henry Rumsfeld a la cabeza del siniestro batallón.

Lo que se vendió, por tanto, como un acto desesperado de legítima defensa, con el trío de las Azores inmortalizando su careto para la historia, ni fue legítimo, ni sirvió para ninguna defensa. Por supuesto, Sadam Husein era un dictador despiadado y cruento, pero no más que otros dictadores despiadados - y aliados nuestros-que abundan en la zona, y su desaparición no ha dejado un país más seguro. Lo que ha dejado, de momento, es un cementerio más lleno. Por eso el zapatazo de Al Ziadi no ha sido sólo un gesto de protesta. Ha sido la incisiva metáfora de un rotundo, definitivo y punzante hartazgo colectivo.