16 dic 2008

DESPEDIDA

Falece Balbino Álvarez, edil de Cultura na etapa de Veiga Pombo (La Región 16-12-08)

Foi o concelleiro de cultura máis currante dos últimos 30 anos: creo que niso haberá bastante consenso. Revitalizou festas como o Antroido ou o Corpus.
No que eu o tratei, sempre foi correcto nas formas e aberto a apoiar novos proxectos culturais na cidade.
O meu pésame a todos os seus familiares e amigos/as.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Adios, amigo.

Anónimo dijo...

Era un home tranquilo, non ía do que non era, e estaba aberto a colaborar con todos, sen ningunha caste de dogmatismo. Foi un gran concelleiro, sen dúbida. Descanse en paz.

lourixe dijo...

Perdoade que mude de tema pero veño de observarun fenómeno bastante curioso: hoxe 17 de decembro do 2008 ás 18:30h os últimos comentarios que indica a columna da dereita no blog correspóndense a comentarios feitos en abril do 2007. Estará hackeado o blog? Atácanos o fantasma de Pardo de Cela?

Anónimo dijo...

A min tamén me pasou iso, Lourixe. Pensei que estaba alucinando...

lourixe dijo...

Falsa alarma, o sistema -ou se preferides, aparato, trebello, ou o que sexa- recuperou a normalidade.

Anónimo dijo...

Como todo, necesitaba unhas fregiñas, ata o trebello este. Xa verán como Arume saca punta

Anónimo dijo...

Volvendo ao tema do post. Que saiban os dirixentes de certo medio de comunicación que moitos cidadáns non esquecemos cómo "queimaron" literalmente, e e de xeito moi inxusto, a esta persoa que nos deixóu. Mesmo empregando a coartada de "día dos inocentes", o 28 de Decembro, pra atacalo dun xeito nefando a nivel persoal.
Que saiban tamén que, anque recibíu ofertas de pretixiosos abogados pra defendelo nes e noutros ataques, él prefiríu deixar a cousa así, e dedicarse ás suas clases, e ás ceas cós amigos no bar do seu primo de Laias. Pero que eses amigos, entre os que me contéi moitas veces, non esquecemos certas cousas.

Que saiban que temos máis memoria que os peixes.

Anónimo dijo...

Si, o inefable Balvino, eu queríalle ben.
Lembrade que un advogado que se especializara en perseguilo era o cuñado de Roldán. Perseguíuno e investigouno por corrupción. Esto xa o comentei no seu momento.

Pero, pero, pero....que ben o pasou Balvi cos cartos municipais, non sí?. Cantas enchentas "inocentes", eh?, non sexades mal pensados, se pagaron a conta dos ghastos de representación?, eh, e as festas de Valdariz, lembrades cando o fillo do Listo levou a banda municipal a tocar?. Que triumpho!. E como lle pintou coa brigada municipal o infantário (privado) á moza?, a unha das mozas de entre as dúcias de .....que tivo. Pero todo eso era "pecata minuta", no decir dun alto cargo policial que o investigou. Era pecata minuta comparado co que facían os outros, e saliron indemnes.

Ó Balvi estamos dispostos a pasarlle moito. Porque?. Porque era afable e "socializaba" ingresos espúreos. Coitado. Que podrido debía estar, debe seguir igual, o concello, os concellos. Que fácil!.
Cando o compraron, daquelas, dixéranlle: dámosche tal concellería, 400 millós de presuposto e administrala tí. Administrar supón meter tamén a xente. Seis millós de pesetas ó ano en flores, do ano 89. Sí, algunha xente meteuna Balvino, e aínda siguen con nome e apelidos. Daquela, servicios sociais quedou con poucos contidos e fixémonos festeiros. Si home si, a cultura das festas. Socialistas festeiros e titiriteiros, populares, pop. E menos sociais. Económicos?-arrenéghote demo!.


Eu quero participar nunha "história sacreta de ourense", para facerlle competencia ó Dr. Marcos, a tirada do morbo sería inconmensurable. Con nomes e apelidos. Non lle teño medo ó cárcere. Seghuro que descansaría o que non descanso eiquí. O malo é que no cárcere internete está prohibido.

E a revolución?. Pendente!.