16 dic 2008


ZAPATAZOS
Pan por Pan 16-12-08. Imaxe, Van Gogh.

Primeiro foi Kruschev nas Nacións Unidas, logo Beiras no Parlamento Galego. Onte vimos o terceiro zapatazo histórico cando un xornalista iraquí lle botou á cabeza os seus dous zapatos ó presidente dos Estados Unidos mentres berraba que o facía en nome das viúvas e dos orfos da guerra. Sorprendeume a capacidade de reacción de Bush (os zapatos nin lle rozaron) e as opinións dos comentaristas televisivos: o señor Bush está xa tan desacreditado que case ninguén saíu na súa defensa. De feito, o presidente leva meses recuando: acusa á CIA por enganalo co das armas de destrución masiva e van aboiando os horrores da guerra. Mesmo confesaron que trucaron os informes sobre o estado actual de Iraq e as súas forzas policiais. O de Iraq ten difícil arranxo e Bush é o primeiro e maior responsable. Quizais co tempo os libros falen tamén do zapatazo do xornalista iraquí como símbolo de tantos desastres.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

EL ZAPATAZO
"La gesta de Al Ziadi ha sido la incisiva metáfora de un punzante, definitivo y rotundo hartazo colectivo"

Pilar Rahola | 16/12/2008 |

Sin estar de acuerdo con ningún tipo de violencia, ni tan sólo la de baja intensidad, no puedo evitar sentir simpatía por los zapatazos fallidos que recibió, con audiencia planetaria, el presidente George W. Bush. En un país donde la violencia sacude sus entrañas día tras día, y cualquier conflicto se dirime a bombazos, que un periodista tire sus zapatos en señal de protesta parece casi infantil. Y, en cualquier caso, resulta totalmente inofensivo.

Es cierto que la libertad de expresión no ampara los gestos de intolerancia, y que un zapatazo mal dado es tan peligroso como los pequeños patitos de ónix que tuve que dejar en un aeropuerto de Perú, porque podían ser usados "como peligrosas armas". En los tiempos de las armas de destrucción masiva virtuales, hasta un patito está bajo sospecha. Pero, a pesar de todo, un zapato sólo es un zapato, y el gesto del periodista lo tiene todo de protesta simbólica, y nada de agresión violenta. Y hay que reconocer que el objeto de deseo del zapato, el señor George W. Bush, ha hecho acopio de méritos para merecer la zapatería entera. No resulta extraño, pues, que más de cien abogados árabes se hayan prestado, raudos, a defender al acusado de la agresión, el periodista del canal suní Al Bagdadia Muntazer al Ziadi, que, según algunas fuentes, estuvo secuestrado durante una semana en el 2007.

De hecho, y sin caer en el extremo de considerarlo un héroe como intentan pomposamente algunos, sí que es cierto que Al Ziadi ha conseguido crear la metáfora más certera del final de la era Bush. Al peor presidente de la historia de Estados Unidos lo despide un sonoro zapatazo. Nada más sencillo y, a la vez, nada más brutal.

Leo en algunos periódicos que "tirar un zapato es, para los musulmanes, el peor acto de ofensa", pero lo desmiente el corresponsal de Al Yazira en España, Aiman Zoubir: "No es un insulto especial. Sólo es la única pieza de ropa que puedes lanzarle a alguien". Es decir, que ni tan sólo se trata de alguna acción cultural o religiosa de carácter simbólico, sino sencillamente de la expresión pública y rotunda de un hartazgo cósmico. Una despedida, pues, a la altura del personaje despedido.

¿A la altura? La verdad es que es muy difícil bajar a la altura de la herencia que deja George W. Bush en Iraq. Casi 700.000 muertos iraquíes, más de dos millones de desplazados y alrededor de 3.500 soldados caídos, miembros de los distintos ejércitos extranjeros en la zona, suponen un saldo estremecedor. A diferencia de muchos de mis colegas, que despreciaron el impacto brutal del 11-S en la sociedad norteamericana, y consideraron la guerra de Iraq un mero y sórdido negocio, yo sí que creo que la guerra fue la consecuencia violenta del atentado terrorista más importante de la historia de Estados Unidos. No olvidemos que la inmensa mayoría de los norteamericanos (incluyendo las dos cámaras de representación) estuvieron a favor de dicha guerra.

Sin embargo, también es cierto que la guerra usó el atentado para dirimir otras cuestiones hirientes en la zona, que se mintió en todos los informes, que se ninguneó a los distintos estamentos internacionales, que se vendió un peligro inexistente y, sobre todo, que fue dirigida por los líderes más oscuros de la Administración Bush, con Donald Henry Rumsfeld a la cabeza del siniestro batallón.

Lo que se vendió, por tanto, como un acto desesperado de legítima defensa, con el trío de las Azores inmortalizando su careto para la historia, ni fue legítimo, ni sirvió para ninguna defensa. Por supuesto, Sadam Husein era un dictador despiadado y cruento, pero no más que otros dictadores despiadados - y aliados nuestros-que abundan en la zona, y su desaparición no ha dejado un país más seguro. Lo que ha dejado, de momento, es un cementerio más lleno. Por eso el zapatazo de Al Ziadi no ha sido sólo un gesto de protesta. Ha sido la incisiva metáfora de un rotundo, definitivo y punzante hartazgo colectivo.

Anónimo dijo...

Pódenlle arrebolar zapatos nesta páxina:

http://www.elmundo.es/elmundo/2008/12/16/catalejo/1229433488.html

Anónimo dijo...

E que bonita a pintura esa de Van Gogh.

Spiros.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O que a min me resulta máis chocante é a dimensión do insulto "can" (non sei se "perro" resulta máis contundente desde un punto de vista puramente fónico) nese contexto. Non porque eu teña algunha veleidade de protector de animais (nos antípodas, vaia), pero si porque eu difícilmente escoito esa expresión con carácter ofensivo digamos no meu entorno inmediato e mediato.

Anónimo dijo...

Quizáis si se interpreta como "fillo de cadela!" é máis ofensivo.
Anque nese caso concreto, igual lle quixo decir "fillo de outro can!".

Igual lle tiróu os zapatos pra que se calzara.

O meu abó contóume o seguinte conto de por qué os cás andan descalzos e se cheiran uns aos outros o cú ao atoparse:

No principio dos tempos estaban os cás todos falando có "Noso Señor" , e iban todos calzados. Naquelo, un de eles botóu un peido que cheiróu moi mal. Dixo o "Noso Señor": "Quen foi?". Como ninguén confesóu, engadíu: "Condenados a andar descalzos toda a eternidade, hasta que se saiba quen (ou cal) botóu o peido!". Por eso andan descalzos e se cheiran o cú, pra ver si descubren cal foi.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Non sei se o seu avó é un recurso narrativo seu ou é que ten visos de poder ser verosímil. En calquera caso, había que lle ir facendo un monumento. Con quen hai que falar?

Anónimo dijo...

O conto eu sabíao doutra maneira, pero en resumo era así como o relata XDC.
O monumento, os cans catándose, xaora.
Pero agora que o dicen, podería ser unha figura que lembrara o Medela con un gintonic na mán dereita, todo serio.

Anónimo dijo...

O Medela cun gin-tonic, mirando todo serio cómo dous cas se catan o cú?.

Anónimo dijo...

Alguén dixo unha vez que se os homes fixeramos coma os cans (que se "catan" o cu os uns aos outros cando se encontran), moito mellor nos iría (véxase guerras, conflitos de poder, etc)

Anónimo dijo...

Cando empecei a ler "Memorias de África" da señora Dinesen crin que me achaba diante dun texto sublime. Nas primeiras páxinas hai descripcións abraiantes, como as dos rabaños de elefantes -creo que eran elefantes- que saen e entran na néboa dunha maneira absolutamente prodixiosa. Despois, penso, o relato decae. É a miña opinión, claro.

Pero algo resulta innegable: a aprehensión que o criado indio e musulmán da señora Dinesen experimenta diante dos galgos afganos -creo que son galgos afganos os cans da escritora- cos que se ve na obriga de convivir.

Debo confesar que foi lendo esta novela -ou proxecto fallido de autobiografía- cando descubrín que os musulmáns aborrecían ós cans. Non sei por que. ¿É o Corán que os declara animais impuros ou demoníacos? ¿É outra cousa que eu ignoro?

Non creo que o xornalista iraquí decidira manifestar a súa xenreira -é eufemismo- precisamente así, lanzando os seus zapatos e chamando can ó inimigo do Profeta. Non o creo, aínda que pretendan facérnolo crer.

Sinto unha sensación contradictoria perante a perduración de rituais sagrados. ¡Canto boto de menos ó meu mestre Alonso del Real! Menos mal que conservo o seu libro Superstición e supersticiones.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Amigo O De Sempre:

Os senegales, musulmás na sua maioría, aborrecen os cas, e ós donos de cas. Considerános animales moi suxos. Un proverbio uolof dí: "Xaj ak boroom xaj, ñaari xaj". Significa: "O can e o dono do can, son dous cas".

A pronunciación é: "Ghall ak boroom ghall, ñaari ghall". Si vostede pasa cun can por diante dun grupo de senegaleses, é posible que escoite esa frase, seguida de algunhas risas. Se quere que se queden como si lle deran duas ostias, dígalles: "Man, duma xaj" (Pron:" Man, duma ghall"). Significa "eu non son un can". Bastará pra que se queden "blancos" do asombro. Se por calquer motivo quere resultar ofensivo (non llo recomendo), pode decir "Yow, beneen xaj" (Pron: "Yóu beneen ghall"), "tú eres outro can".

Anónimo dijo...

Amigo xdc: moito lle agradezo a súa exposición. Sempre gostei de aprender, e moito é o que levo aprendido lendo neste blog. Don Marcos, sen dúbida, merece a homenaxe que lle fixestes e moitas máis. (Refírome ás espontáneas, ás que non organice ninguén, ás que veñan derivadas da súa personalidade e da súa obra). Seguirei aprendendo. Lendo a todos vostedes. Gracias, de novo. Pero agradecería que, aparte dos senegaleses, se me dese, a ser posible, unha razón para o aborrecemento dos musulmáns cara os cans. Non conseguín documentar esa fobia étnica -no caso dos senegales- ou cultural/relixiosa no caso dos musulmáns en xeral.

Gracias, logo.

Anónimo dijo...

amigo o de sempre, se aquí lle dicen que os cans aborrecen os musulmáns, e que así.
Non lle de voltas, que logo lle ven o Medela e lle conta que en Nukus, había ringileiras (sic) que mistura o Mc Donald ca carne de can e con Kyrna, e cas misas e elle un rollo.
Insisto non se documente, teña fe.

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajaja
Von Stein é GOD!!!!

Anónimo dijo...

Amigo O de Sempre:

Os musulmás, como sabe,pra ir rezar, teñen que lavar todo o corpo , seguindo un rito determinado. Si despóis de lavados os toca un can, teñen que cambearse de roupa, e volver repetir a operación.

A orixe histórica de esa xenreira, non teño nin idea de cal pode ser. Preguntéi, e tampouco mo souperon decir. Pero dixéronme "o can é animal de pastores". Ocúrreseme que podia ser un residuo do odio entre agricultores e pastores,que se deu en tantas épocas e lugares diferentes. Pero non é máis que unha hipótese que se me ven de ocurrir.

Eu lembro que, na aldea, as mulleres adoitaban a odiar ós cás, mesmo ós da casa. Non os alimentaban de boa gana. COnsiderábanos unhos parásitos inútiles, e ás veces atacaban a outros animáis domésticos que sí "producían", como as pitas, ou as chivas. Era o home da casa o que se preocupaba por él. Moitas discusiós matrimoniáis tiñan a sua orixe no trato ao can. Nunca tiña pensado neso hasta hoxe...

Calquera cousa que aprenda, ou se me ocurra, sobre o tema, comunícolla.

Anónimo dijo...

Este número, caso saír premiado, vai ser destinado a celebrar o contubernio máis hiperbólico, felliniano, dantesco, divertido, solaineiro e excesivo que se teña noticia.
A coronación do rei Afonso na catedral de Compostela (1111 d.C.)como cousa de rapaces comparada co dito contubernio.
Asistencia asegurada:
*Dúo Gala
*Churrería Lolita
*'Voladoras' Hermanos Chabaud SL
*Casetas de tiro variadas.
*Carpa para trescentos convidados.
*Autocares con regreso a la terminación.
*Fuego fijo y volador.
*Charanga Os Bandiños (Bande).


Pregón: Señorita Elisabeth Hurley.

Se admiten sugerencias.-

ALEA JACTA EST

Anónimo dijo...

Moito me gusta a mín, cando boto as vacas ó monte, moi cedo pola mañá ,chamar por o can.

Morito, vamos!!.

A luz do raiar do sol, no vrao, é ben bonita. Lin que era a mellor pra facer fotografías. Algún día teréi cartos pra comprar unha máquina pra facelas.
As arañas traballan toda a noite, e as suas telas, nas que as gotas do orballo resplandecen como diamantes ao sol , atravesan os camiños, penduradas entre as silveiras . Da mágoa ter que rompelas, pra pasar. Algunhas son ben grandes.

Morito, vamos!!.

As esquilas das vacas soan de xeito diferente ao resto do día. O meu cerebro, recén desperto, está máis cheo de restos de soños que de pensamentos , e interpreta inda oníricamente as sensaciós que lle transmiten os sentidos.

Quizáis o aire da mañá tampouco espertóu de todo, e non trasmite o son de todo ben.

As chivas, xa de mañá, brincando porriba das paredes. Céibannas todas!. Teño que levantalas outra vez. Din que cada pedra ten sete caras, e nunha é na que asenta. Eu son sólo un neno, pero xa sei levantar paredes. Cós chantós, inda non podio.

Morito, torna das chivas!!.

A burra, sempre escapa de primeira polo camiño adiante, pra non darme oportunidade de montar nela. O que ten ela de burra téñoo eu de cura. Eu, déixoa. Á volta, xa veño da cabalo. O Morito sábema traer, cando llo pido:" Morito, vai buscar a burra!!".

Hoxe son o primeiro. Oio a outros veciños "botar"(a facenda), abaixo, na aldea. É unha vergonza "botar" o último. Quedas de lacazán. "Mira a qué hora foi botar Fulano. Hanlle encher ben as vacas!".

O Morito anda ós saltós. Aprendéu a pillalos. Ponse diante de eles, na dirección do salto, coa boca aberta. Inda lle entran unhos cantos. Pero danlle moita diarrea, despóis.
Ou!!. O Morito "botóu" unha lebre!. Hala Morito, a ver si a pillas!. Nada. E sempre fuxen o pra arriba!.

Hoxe vou para lonxe, hasta a Tapada, a unha media hora de camiño da aldea, sin non paras. Pero as vacas van pacendo xa todo o camiño, e tardaremos bastante máis . Se asentan nalgún sitio, quedamos alí.

Vou subindo a todos os penedos. Coñéceos ben. O Morito, sempre ao meu carón.

Un tío meu dí que o Morito é tan listo que vai quedar de "modelo". De modelo na "molida" dunha vaca.

O Morito tén feito moitas. A pegada das suas patas está inda no calendario da taberna, onde algún día colgaba unha ristra de chourizos.

Vamos, Morito!.

Anónimo dijo...

Grazas dacova, somos da mesma xaramea. Así mo fas ver e revivir.

Anónimo dijo...

Amigo XDC, continúo a agradecerlle as súas ilustrativas reflexións na procura de satisfacer a miña curiosidade. Non son para desprezar, non señor.

Se, por riba, consideramos o outro post, realmente fermoso e cheo de resonancias ancestrais e de humanismo puro e duro, o humanismo que engloba ó home coa/dentro de a natureza, daquela a gratitude trócase obrigada.

Parabéns, meu amigo. (Non sabe cómo gostaría poder chamalo así, a vostede e a outros solaneiros, amigo. Para min ven sendo unha das palabras fundamentais, se nón a fundamental). Parabéns, de novo.

Anónimo dijo...

XDC, aldeano badoco.

Anónimo dijo...

Eu non cambio un gramo do meu can polo corpo enteiro do anterior anónimo.
Magnífica evocación, xdc!

Anónimo dijo...

De unha vez, fomos o meu abó i eu a unha aldea próxima á nosa, acompañados por o noso "Morito". Cando estábamos chegando , xa vimos que o can non iba de gana. Dixo o abó "algunha fixo aiquí, e ten medo". Entrando nunha aira, apareceron catro ou cinco cás que se botaron a él "coma lobos". Conocíaselles ben que lle tiñan xenreira, posiblemente por asuntos "de cadelas". O meu abó metéuse na pelexa, como si fose un can máis, defendendo ao noso. Sólo lle faltaba ladrar. A un collíao polo rabo, a outro por unha orella, aquelo era digno de ver. Entre os dous deron boa conta dos atacantes, que fuxiron hasta unha distancia prudencial, onde seguiron ladrándolles sin moita convicción. O can e o abó paseban logo, algo rabuñados, pola rúa principal. Nos ollos do can notábase un orgulo case humano.

Anónimo dijo...

O rapaz medróu entre a aldea e a "capital", como tantos outros do seu tempo. Na aldea, fundamentalmente, durante "largos e cálidos vrans" de vacaciós entre cada curso escolar e o seguinte.
Moitas veces, xogaba o rapaz a establecer certas correspondencias, que entón interpretaba como diferenzas, entre os obxectos ou acciós de un entorno cós do outro. O que na aldea era un carro de vacas, na cidade era un coche. O que na cidade era unha bombilla, na aldea era un candil. O que na cidade era unha lavadora, na aldea era unha tina cunha táboa de madeira. O que na aldea era o galego, na cidade era o castelán. Tales "diferencias" parecían multiplicarse hasta o infinito: aspiradoras - basoiras; series televisivas-contos do avó; zapatos-chancas; cociña "butana"-lareira; caldo-arroz con polo...

Un bó día, o rapaz, cambióu o senso da sua visión na relazón que ligaba a eses obxectos coas persoas. Dirixíu a atención a éstas, no canto de facelo a aqueles. Deuse conta entón de que o que facían todos eses "instrumentos" eran satisfacer, de xeito diferente, as mesmas necesidades básicas:alimentarse, moverse de un sitio a outro, alumearse de noite, manter limpa a casa,comunicarse...
O impacto de esa idea repentina foi brutal, na mente do rapá: si as necesidades eran as mesmas, a xente era entón igual nun sitio que no outro. As diferencias estaban "fora da xente", no "accidental". Nas "ferramentas" que,de un xeito prácticamente inmediato e ben adaptado ao entorno, satisfacían unha mesma e "esencial" necesidade.

(Moitas veces despóis experimentóu, ao longo da sua vida, esa sorprendente sensación de topar unha solución "dándolle a volta" ó problema).

A sociedade avanzóu, no xeito de resolver todos aqueles problemas . Pero a corta "líña recta" que unía cada problema coa sua solución foise convertindo nun "largo e sinuoso camiño" ,no que moitas veces parecía esquecerse a necesidade inicial, aparecendo outras "interpostas". Un exemplo: as conversas de domingo entre mozos e mozas a carón da fonte , transcurrían agora nas discotecas, ás que había que pagar por entrar.
Entre cada necesidade e a súa solución, había agora unha escada, en cada un de cuxos escalós había que gastar máis cartos e, polo tanto, había alguén que gañaban cartos. A clave para esto último parecia ser: alonxar cada vez máis a necesidade da sua solución, creando por o medio, pra manteñer a tensión e a sensación de aliviadoras soluciós parciáis, necesidades "virtuáis" . O rapaz, agora mozo, podía, con certo esforzo, conseguir os cartos pra entrar na "disco", pero "ligaba" menos que cando levaba a unha rapaza tras dun palleiro á noitiña, despóis de unha tarde de agradable conversa a carón do río. Seguimos con ese exemplo que satisface, ademáis, o requisito, ao parecer imprescindible, de "meter un pouco de sexo implícito en cada relato".

As xeneraciós posteriores ás do rapaz, non experimentaron conscentemente aquel contacto coas necesidades "reáis" , anque fora, como no seu caso, pra satisfacelas todas por primeira vez en xeneraciós. Estas necesidades fundamentáis estaban agora mixturadas coas "virtuáis", cada vez en maior número, cada vez máis difícil de "analizar", esto é , de separar unhas das outras. Esto xeneraba nelas un gran número de frustracións, cualitativa e cuantitativamente falando. No caso das relaciós sentimentáis, por seguir có exemplo, a "líña quebrada" agora máis longa, levaba agora ramificadas outras "raias" , cruces de camiños,que non levaban a ningún sitio, espexismos...

O rapaz é agora un home, mal que lle pese ,e como toda xente , libra día a día batallas pra satisfacer as suas necesidades de todo tipo, mesmo as "artificialmente creadas". Pero o "neno aldeano" que leva dentro, agochado como a carabuña dunha fruta madura, faille de "Polo Norte Interior", e tenlle axudado moito a non perder o rumo na procura de eso que algús chaman "a felicidade" e outros,entre os que se conta él mesmo, sinxelamente, "a tranquilidade".

Anónimo dijo...

Teño unha reflexión para o de "badoco", pero como é palabra, e concepto, esencialmente diferentes á de "aldeano", déixoo para outro momento.

Anónimo dijo...

Por certo,hai quen paga ben por os zapatos que lle mandaron ao Bush.

Anónimo dijo...

Maxistral.