16 dic 2008


Cincuenta e dúas, e douscentos vinte e sete
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 16-12-08
Non abomino do capitalismo porque creo que é o sistema que máis esparexeu benestar entre a poboación. Si, aquí, en Occidente, onde o desenvolvemento do sistema capitalista contemporáneo se viu complementado e matizado coas ideas socialdemócratas -e socialcristiás- que crearon o estado do benestar actual, é onde mellor se vive do planeta. Moito haberá que corrixir, matizar, revisar, sobre todo da relación co mundo pobre... pero a ser posible, sen cataclismos.
Se o comparamos coa evolución actual doutros mundos que ensaiaron outros sistemas -léase a mafiosa Rusia, a escravista China, a paupérrima Corea do Norte, o destrozado Iraq, o atolado Irán -non hai moita dúbida na escolla do sistema e das partes do planeta onde nos gustaría se criasen os nosos fillos e continuasen as nosas estirpes. Aínda así, é todo moi complicado.Logo de dicir durante anos que había que reducir o consumo, agora seica o consello dos poderosos é o contrario. E a iso van dirixidas as medidas económicas. Fomentar o consumo. Non se pode parar o aro que cae; hai que lle seguir dando coa variña e correndo todos detrás del. Será pois así, que eu tampouco lles sei nada disto. Pero do consumo, dun detalle que vin o outro día, queria hoxe falar.
Fun a esa perfumería grande que hai no Paseo, que non sei como se chama, pero que ten dúas plantas e unha saída a un aparcadoiro soterraño, e eu, que me aburro entre colonias e luces, púxenme a contar cousas por pasar o tempo. ¿Saben os señores cantas clases de escuma de afeitar alí hai? Pois exactamente cincuenta e dúas. ¿E saben os señores e señoras entre cantas clases, tipos e marcas de desodorantes -en sprai, roll-on, barras, etcétera- poden vostedes escoller? Pois si, efectivamente. dúascentas vinte e sete ¿E saben o que me pareceu? Pois unha esaxeración.
Evidentemente non hai cincuenta e dúas clases de caras para facer cincuenta e dúas clases de escumas, nin moito menos duascentas vinte e sete clases de axilas. Pero ollo. Neste sistema de libre mercado, de libre competencia, de libre concorrencia no sistema, hai moitas fábricas ofrecendo o mesmo produto. Obviamente parecen situacións transitorias, porque moitas delas desaparecerán e aparecerán outras. O sistema é moi dinámico. Pero aínda así, eu non o acabo de entender. E non creo que esta hiperabundancia de bens de consumo no noso mundo teña algo que ver coa gravísima escasez noutro. Non o sei. Só sei que con repartir os desodorantes e as escumas de afeitar, non iamos arranxar nada, poias axiña se acabarían. Logo a cousa debe ser máis complexa.


60 comentarios:

Anónimo dijo...

Posiblemente haxa máis marcas de viño nas estanterias do súper, e todo ven da uva.
Era boa crear unha nova marca de viño,"As uvas na solaina". Blanco. Ou tinto.

Ana Bande dijo...

Non fai falta ser moi entendidos para comprender a aterradora sinxeleza do sistema, mais querer ver a realidade implica un careo con nós mesmos o bastante vergoñento como para aceptar a nosa incapacidade de actuación. Non é tanto cousa de repartir coma de recoñecer clara e sinxelamente o aberrante do Sistema (na acepción de Saviano) no que participamos aínda sen querer (algúnxs). Eu non acepto como dogma que vivamos no máis feliz dos mundos só porque é no que se amorean os máis variados e baratos bens de consumo (incluindo drogas xunto con alimentos e vestidos) nin polas presumibles vantaxes para nosxs fillxs...así como tampouco gosto de pensar nas equivalencias Rusia/mafia, China/escravismo, Corea/pobreza absluta, etc. Bastante ben sabemos a falsidade destas afirmacións como para seguir co autoengano.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Parécenme poucos perfumes para disfrazar o arrecendo sobaquil e as efusións pódicas. Estamos chegando xa a un nivel de economato.

Anónimo dijo...

Eu cada vez que oigo ou leo a palabra "Sistema" póñome asistemático para non desentonar.

Anónimo dijo...

Moi bo!, Apicultor.

Anónimo dijo...

Eu cando escoito a palabra "sistema", síntome tentado a repetila, para que a miña alma sexa tan bela como a de quen a pronuncia.

Anónimo dijo...

Finísima ironia Jim Morrinson. Extraordinario.
Mais falta o oposto (complementario):
O "Mundo da vida". Cada vez que alguén a pronuncia, póñome a mirar arredor de min.
E que me dín cando alguén pronuncia:
SUBSISTEMA!

Ana Bande dijo...

uf, síntoo, pero hoxe estou profunda e non estou para ironías e in-xenios, vaia oh, para un día que quería eu debater en serio estades de troula. E, repito, Sistema en acepciónde Saviano, ná que vé co supercalifragilisticoespialidoso uso do termo por parte dos herdeiros do 68, en fin, marcho ao super a filosofar entre a promiscuidade dos anaqueis dos iogures...disimulen intromisión...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu, por sistema, cada vez que...

Anónimo dijo...

Non se nos enfade, muller. Explíquenos, Ana Bande, que entende o tal Saviano por "Sistema". É que non teño o pracer de coñecelo.

Eu cando escoito a palabra subsistema, lémbrome dun profesor de matemáticas que era tan maula, tan maula que, por sistema, non lle entendía ndadiña.

Anónimo dijo...

Por San Google entérome que é un que escribiu un libro sobre sodomía, non é?

Anónimo dijo...

Si non lembro mal da miña EXB, en anatomía non era o mesmo "sistema" que "aparato". Decíase "sistema" nervioso, pero "aparato" dixestivo. A diferencia, creo lembrar, era que os "sistemas" estaban feitos de un sólo tipo de "tecido". Non sei se sigue en vigor esa terminoloxía.

Como o "sistema" social está en realidade formado por diversos "tecidos" ,propoño a sua sustitución por o termo "aparato". E, en aras da galeguización, por "trebello". De ese xeito eliminamos "connotaciós creadas".

Escribiremos, entón:

"O Trebello, na sua acepción xoandacobiana,etc..".

O "subtrebello", sería un trebello dentro de outro. Un "órgano".

lourixe dijo...

E a culpa de que as grandes superficies abran en domingos e festivos é dos que mercan nesas datas. En domingo, as únicas actividades mercantís que se deberían autorizar son as das feiras!
(Mmmmm que rico polbiño... ;-) )
O da conciliación da vida laboral e familiar non é só unha liña de recheo na propaganda electoral, recoiro!

Anónimo dijo...

Cada vez que vexo na praza, ás 8 en punto da tarde, a moita xente recollendo caixas de froita e verduras (podres) porque non teñen qué comer, penso: Qué merda de sistema!

lourixe dijo...

O medio de adquisición máis xusto se cadra é a subhasta: válido para conseguir ilusión, megavatios, as dúas cousas...

Anónimo dijo...

Qué merda de sistema, onde os que non teñen qué comer poden ir furgar ás caixas de fruta do super, á hora de cerrar.
Por eso veñen, arriscando a vida, os proveñentes de outros "aparatos".
De facer críticas ó sistema, que sexan serias, non demagóxicas.

Anónimo dijo...

Eso do "domingo" é unha herencia do "roio xudeocristián",o do "ao séptimo descansóu". Non sei por qué algo que foi instaurado no "Xénesis" non pode ser replanteado. Ou, ao parecer quedan residuos "sagrados" nesta sociedade aconfesional.

lourixe dijo...

Personalmente, éme indiferente que se lle chame domingo ou día do deus do sol, que caia cada 5,7 ou 10 días, que haxa ou non oferta relixiosa nesa data. O que quero dicir é que un individuo social precisa dispor de días fastos para poder facer vida social con outros individuos sociais que coincidan coas mesmas datas para o seu lecer.
Non sei se así me fago entender.
Que cando nunha familia traballamos varios no sector comercial e hosteleiro, non hai xeito de xuntarmos todos nin sequer unha vez ao ano!

Anónimo dijo...

E queñes se dedican ao sector "guía turístico", inda peor...O común dos mortáis fecemos turismo os fins de semana.
Eu, coma desde fai bastantes anos, iréi traballar, ganar uns cartiños, toda a noite de fin de ano. Poden pensar que é unha putada, pero eu véxoo como unha "salida do sistema", e síntome mellor.

lourixe dijo...

Vostede, señor XDC, como os guías turísticos, é un privilexiado: somos autónomos, nós decidimos se traballamos ou non. E tamén fixamos os nosos honorarios en consecuencia. Non dependemos dos turnos e salarios que nos fixe unha multinacional, coa ameaza sempre latente de non nos renovar os contratos se non nos dobregamos a esas imposicións. Supoño que será capaz de percibir a diferencia.

lourixe dijo...

Para completar a idea: o feito de que traballe vostede ou non por fin de ano non pon en xogo que vaia poder alimentar a súa familia nos meses vindeiros, en plena crise económica, nonsi?
Creo que cuns horarios de apertura de 9h a 22h as superficies comerciais e grandes cadeas xa ofrecen de luns a venres unha amplitude suficiente para que se poidan abastecer nelas calquer tipo de persoa con calquer tipo de horario laboral. Non creo necesaria a apertura en domingos, coa merma de calidade de vida que representa para os seus traballadores. É a miña opinión e non lle estou pedindo que a comparta.

Anónimo dijo...

Eu son bastante enemigo do xeito de traballar das grandes superficies. Un dos aspectos que non trago é o tipo "alienante" de traballo que ofrecen, maquinizando ás persoas. O poder que teñen non adoita a vir dunha especial competencia empresarial, sinón de componendas coa clase política, Corrupción, vouno decir claro. Xa sabe , o dirixente que rouba a Pedro pra axudar a Pablo,e que ten o apoio de Pablo. As concesiós que os concellos fan a eses centros comerciáis terían que ser analizadas por xente como ese fiscal americano de moda estes días. Pero aiquí non os hai. O que hai é moito político, mesmo socialista, ao que lle gustan moito os millós.

Anónimo dijo...

Conte, conte

Anónimo dijo...

Caro Dr.Etxe: querolle lembrar que a mafiosa Rusia tamén perteñece a unha cultura cristiana, como o nazismo se enxendrou e medrou nunha cultura cristiana, ademáis os nazistas tamén eran "sociais", entre outras cousas.
Iraq non está destrozada por o errado da súa cultura, non padecen unha "autodestrucción" por o pouco evoluido do islam, como caxeque entendín, máis ben parece que esa guerra suxa e brutal lles foi "insuflada".

Según cálculos de algúns biólogos a posibilidade de que a súa estirpe lle dea continuación xenética a vostede, ou a nosa a calquera de nós, en cinco xeneracións é prácticamente nula.
Faga o que vostede faga, precisamente por vivirmos en tan magnífico e evoluido lugar.
A humanidade do futuro que nos represente, hoxe por hoxe a prospectiva dinos que é moi oscura de pel.

As transnacionais que enxendran a necesidade de termos 256 escumas de barbear ou 48 champús son practicamente tres. Unha, dúas, tres. Pode interpretarse que son cinco ou seis, pero as outras son falsa competencia que elas mesmas montan.
Ata é posible que dúas de elas estén en "guerra" contra a terceira, como en "1984", pero pode que o ano que ven cambien as alianzas, ou se poñan de acordo a tres para merendarnos.
And so one.

Anónimo dijo...

Inhibínme de decilo, pero díxoo vostede, Lobo. Moita de esa competencia é competencia de marca, pero non de empresa. Pero as marcas levan "engadido" certos "valores" que uns valoran e outros non. Moitas veces, neses "intanxibles" radica a sempre sutil "decisión de compra".

Algunhas marcas son meras comparsas. O consumidor case nunca compra o producto máis caro nin o máis barato do "lineal".Si o comerciante quere vender moitas unidades de unha determinada marca, ten que poñer de "pique" unha algo máis cara. O mesmo, polo "barato".

Anónimo dijo...

Por certo. Eso de que fai falta espuma pra afeitar ten moito de lenda urbana. Proben a afeitarse diariamente sólo con auga.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu non emprego escuma de afeitar. Salvo que me deixe. Pero comprenderán que esto non se pode contar.

Anónimo dijo...

Teña cuidado cós cañotos, que furan as gomas.

Anónimo dijo...

Eu ghasto xabón de marsella, cando me barbeo e para todo o demáis.

Saben porque os comandantes da revolución cubana deixaron a barba ó entraren en La Habana?. Parece que tiñan intención de afeitarse pero alguén advertíu que manter as barbas era unha boa idea para recoñecerense os de "pedigrí" de longa data guerrilleira fronte ós arribistas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Para evitar ese tipo de cousas, unha cera ben aplicada pode resultar perfecta.

Anónimo dijo...

Hai tantas solucións baratas e simples para tantas cousas fronte ás que nos propoñen os imperialistas do consumo que tampouco está mal construir futuro falando delas.

Lembro unha película de Win Wenders na que decía: "colonízannos o subconsciente".

Ana Bande dijo...

Si, Api, concretamente Sodomía vs. caciquismo, o título orixinal era algo así como The Galician Way, non lembro a/o autora/r.

Anónimo dijo...

As uvas na solaina, xentil nome para un viño.

Todo se andará.

Eu aínda bebín un viño de "Ourens" elaborado por o meu pai nos anos 90 con uvas das beiras da Barbaña. A viña aínda existe fronte o antigo cárcere na riba esquerda, su da avenida de Portugal.

Poderíamola mercar nós, unha asociación cultural, e vendimar para elaborar o noso viño, como aínda se fai en Montmartre-París ou como comprobei recentemente nas beiras do palacio dos papas de Avignon.
O feito de traballar algo no manual equilibraríanos, non vai ser todo teclear e ler. Perdemos o sentido da realidade.

Anónimo dijo...

Non me puiden resistir a facer un chiste malo, Anabande, co título do libro dese xornalista: Gomorra, de onde tirei Sodoma e de aí etc., etc., etc.

Anónimo dijo...

Si, Lobo, o filme era "O amigo americano", de Wenders, ese realizador obsesionado pola colonización do subconsciente europeo pola parte do "american way of life".
Dennis Hopper foi GOD, nese filme.
De todo o modo, ese tema (o da colonización ideolóxica) é recurrente en Wenders.
E a CIA tivo éxitos incríbeis nese campo.
Canto quero a Wenders, polos bos momentos que teño pasado a ver os seus filmes!
Ao final, sempre queremos as persoas que nos fan pasar bos momentos, que nos fan rir, que nos fan reflectir... Por veces, máis que as que nos salvaron a vida.
Saúdos, Lobo!

Anónimo dijo...

Espero que algún día haxa unha confederación europea de pequenas nacións, de Fisterre a Nukus, de Tarifa a Hammersfet, con cadansúa lei.
E non sei por que, me cheira que EEUU fará o posible para que isto non aconteza, do mesmo modo que impediron que Texas, Arizona, New Mexico e Colorado fosen no seu día nacións soberanas de seu.

Anónimo dijo...

A min iso de que cada unha con cadansúa lei cáusame un pouco de estraña inquietude...

Anónimo dijo...

Xa. Dígoo por dúas razóns:
*Para que unha lei antitabaco pensada en Madrid, segundo as convenencias políticas de Madrid, non se poida aplicar así como así en Lobeira, que non é Madrid.
*Para que (ao fío do que comentaba Lobo sobre Wenders) esa confederación non tivese fácil o poder argallar políticas comúns belicistas e/ou imperialistas ao modo EEUU. É dicir, que para un bretón, galego ou de Besarabia, a política nacional estivese no mesmo nivel que a confederal, chámese foralismo ou de modo máis fashion, estado libre asociado.
*Esquecía: Nacionalidade galega, cidadanía e pasaporte, europeo.

Me ha salido bonito??

Anónimo dijo...

Xa. Pois, verbo do segundo punto, mire o que ocurriu en Star Wars, cuxo sistema político tamén era, nun principio, unha confederación de todas as pequenas nacións da Galaxia. Claro que, por fin, gañaron os nosos.

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajaja
Pois que quere que lle diga, Apicultor, o Darth Vader non me caía mal de todo...

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajaja
Pois que quere que lle diga, Apicultor, o Darth Vader non me caía mal de todo...

Anónimo dijo...

O anterior era meu. Non sei qué pasou.
Viva a confederación da galaxia!!!

Anónimo dijo...

Pero é que Darth Vader, unha vez redimido das súas múltiples tropelías, era dos nosos. Que non se esqueza.

Anónimo dijo...

Que tivo un caso amoroso que resultou en paternidade??
Non sei que esperan os de corazón-corazón para levalo ao programa!!!
Fóra diso, a argüída bondade dos artistiñas da guerra das galaxias era mesmo viscosa... Pegañosa... Waltdisneyana... Aqueles robots tan cursis!

Anónimo dijo...

Aqueles robots tan deliciosamente cursis...

Anónimo dijo...

Que unha lei madrileña prohiba a matanza do porco ó noso xeito e permita as corridas de touros, Medela?.

Anónimo dijo...

Porque seica non é civilizado... Non comprar TODO nas grandes superficies nas que antes falaba Vde., Dacova.
Evidentemente, os países máis desenvolvidos non producen os seus propios alimentos. Xa se sabe. Mais o que non se pode facer é trabar as escollas particulares das persoas.
Un amigo meu, auténtico liberal, ten un lema moi interesante:
MENOS ESTADO
MÁIS SOCIEDADE.
O día que sexa eu presidente da Xunta, prohibo as touradas de Pontevedra, Coruña e Cartelle.

Anónimo dijo...

E as de Petín?.

Anónimo dijo...

Como aquel robot pequeniño, cómo era, R2D2, que en inglés lle chaman "ar chu di chu", que parece que din "Arturito".

Como aquel famoso xedrecista español ao que lle seguían chamando Arturito Pomar de adulto, pois triunfara nese deporte aos doce anos.

Arturus é "o pastor de osos" como o da foto que ten Arume no seu blog, anque nesa foto o oso debe de ser un disfraz.

As rapazas aprender a "domar ao oso" desde noviñas. Non sei cómo se diria en latín "o home é un oso para a rapaza". Homo puellae ursus?. Non sei si o caso axietado é o acusativo, e tampouco sei si está ben construido o acusativo. FUn por Cencias puras no BUP.

Como dín os alemás "Mañá é tamén un día". Oberven o matiz diferenciador entre o seu e o noso refrán. Que, por certo é o "contrarrefrán" do que di "Non deixes para mañán...".

Non deixes pra mañán o que podias durmir hoxe. O de mañá, é outro.

Anónimo dijo...

Xa que Medela trouxo a colación a palabra "lema", aproveito para constatar o lema de Apicultor últimamente: "Poucas palabras e ben postas". Como o de "ben postas" é unha obviedade, mais reducido aínda: "Poucas palabras", para abreviar aquel de "lo breve..." En tempos remotos ao Medela pedíanlle contención, agora ao Apicultor pedímoslle "desenfreo", "mais texto", "menos pouquedade de palabras",... Chico, é que te volviches conciso, rácano de todo. Nen que te queimaran as palabras. Desenfréate, ho, "espállate", "descontenciónate", que non pasa nada. "Desacompléxate" (xa que alguén falou de "complexo" referido a Apicultor, ou algo así).

Anónimo dijo...

O caso Star Wars, e o seu modelo de institucionalización universal, seica demostraría que política sen ética a pouco lado bo vai; ética como parte dun certo tipo de transcendencia. O manexo dos burócratas (principalmente se untados) pode estragar calquera cousa. E a falta de consideración pola sabedoría por riba da circunstancia.

Ora que, en efecto, os nosos son as pequenas nacións confederadas. Imperios e goberno forte, ben se ve: conducen ao lado escuro. Ou son trasunto, quizá.

(Filosofía case post-avaliatoria: aínda quedan dous grupos).

Anónimo dijo...

XM Glz:

Qué lle parece si vamos pasar un week-end de estes aos balnearios a Cuntis, entre a Estrada e Caldas de Rei. Eu, coa parienta. Vostede, coa familia. Xa lle teño ganas.QUeda un novo.

Anónimo dijo...

Non sabía eu que había por aquí trekis. Vade retro.

Anónimo dijo...

Os trekis son de Star Trek, non de Star Wars.

Anónimo dijo...

A todos os efectos e por extensión, un treki vale para todas esas caralladas da (excre)ciencia f(r)icción en naves espaciais. Se non treki, tamén valen frikis.
Que xa dicía Borges que todas as viaxes, agás as dos Jefferson Airplane, eran espaciais.

Anónimo dijo...

Da Cova, desculpe a demora na resposta ao incitante convite: quen me dera. Veño dun concerto da miña filla (está nun excelente coro feminino lugués chamado Cantar delas), mañá
cantan nunha misa e pasado nun Centro Municipal. E é a maior de tres que piden tamén a súa parte de dedicación.

Temo, meu estimadísimo contertulio, que non vou dar sido, en ningún caso, tan cumpridor e agradable conviva coma o Depapierre (tamén von der (vom, von) Stein. O pavillón lugués, en todo caso, e o espazo da compaña presumiblemente quedan cubertos con mellora. Deica o próximo contubernio, espero.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Depapierre, delicioso lapsus do amigo Saavedra. He, he. Digno destas datas nadálicas.

Anónimo dijo...

O Xaime, desta feita, debe andar a me buscar por Lugo adiante para darme unhas losqueadas. Xa no Entre hortas... lle fora dedicar o capítulo da manduca; e agora isto. Direille que foi sen ningunha intención e con algo de sono, o caso é que mo crea.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

E onde é que van esas Entre portas? Estamos agardando coma auga de maio por decembro por elas e non veñen.

Anónimo dijo...

Aínda van tardar. Así que haxa novidades, xa avisarei aquí e na súa, cando menos.