31 dic 2008


Entre can e lobo.
Pan por Pan 31-12-08

Con este título tan orixinal, unha expresión francesa semellante ó noso “entre lusco e fusco”, entrou na casa un dos últimos libros de Julio Llamazares, “Entre perro y lobo” (Alfaguara). Chegou cos agasallos de Nadal, de man da miña filla Eire e estou estes días a saborealo con gusto. Coñecín ó autor e sigo a súa obra dende hai bastantes anos. Este volume é unha escolma de artigos xornalísticos dos últimos 20 anos. Moitos deles remiten ó universo literario de obras como “Luna de lobos”, “La lluvia amarilla” o “El cielo de Madrid”. Nos artigos hai tamén pezas magníficas como “Adiós a Matiora”, “Memoria de la nieve” ou “Balada de Portugal”, intelixente defensa do iberismo que relembra tamén as teorías do padre Antonio Vieira. Faime moita graza ademais reler hoxe “El arzobispo de Manila”, inspirado nas babecadas que dixo Cela, sobre as mulleres e os escritores novos, cando gañou o Nobel.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Don Markus, nós xa levamos unhes meses na furadianteira apuntando sobre cans e lobos neste blog.

Desexámoslle un bó ano a vostede e a súa familia, de parte da miña.

Dáseme por lembrar unha festiña, "a festa da anchoa", a beira da praia da langosteira na que viñemos a coincidir todos hai unha dúcia de anos.