FELIZ 2009
(entrada 2528)
Unha imaxe de Chagall para desexarlles a todos vostedes un Feliz Ano 2009.
Voume permitir, tamén para min e para os meus, desexar que sexa moito mellor que o 2008. Os últimos meses supuxeron un cambio radical na miña vida, ben visible na aparencia física pola miña perda de mobilidade. Quizais sexa este o reto máis grande da miña vida, pero teño que afrontalo. En positivo.
E coa axuda de todos. Porque o 2008 tivo cousas moi positivas tamén: dubido que haxa moitas persoas que se sintan tan queridas como o fun. eu nestes meses. A homenaxe do 29-XI só foi un elo dunha cadea na que están moitas persoas, ademais dos propios familiares, como é obvio, e a miña sorte por contar ó meu carón con María e con Eire.
Grazas a todos e todas, por todo.
Ós meus compañeiros do Instituto, alumnos, amigos/as do blog, colegas e amigos do mundo cultural, xornalistas, etc.
Ás fisioterapeutas que me atenden dous días á semana en AODEM, Marian e Ana, e a Diego, o conductor do transporte adaptado.
A Bragado e a Xerais pola edición da Historia de Ourense.
Graciñas ós amigos ourensáns que seguen pendentes de todo, a Afonso, Benito, Moncho, César, Xulio, José Luís, Xoán, e un longo etc.
Ó amigo Eduardo Núñez, que me agasallou con dous álbums de fotos, un deles da homenaxe do 29, con case 200 fotos, que xa é un documento excepcional da vida cultural ourensá do 2008.
A Pepe Trebolle, a quen xa teño convertido no meu taxista persoal e cultural e do que algúns pensan que é o meu pai: sería un orgullo telo como tal.
E as donas de todos eles (e fillos/as), a Belén, Lourdes, Manu, Ana, Milagros, Mary Loly, etc.,

polas horas que lles rouba cumprir xenerosamente co seu fondo sentido da amizade.
7 comentarios:
Para que ese corazón enorme sega a manar amor por Auria e a súa luz inmensa sexa faro de navegantes, os meus desexos todos de que no 2009 sexa o mellor da súa vida.
Moitas felicidades.
Marcos, vai unha aperta trasocéanica para ti e a túa familia (e por "familia" refírome á túa dona e filla pero tamén á xenerosa e fermosa tropa que sementaches na vida e mesmo aquí neste recanto). O que marcha foi un ano malo, foi. Pero boas son as persoas queridas que están, o seu pulo, a súa amizade. Eu agradezo -ao lonxe- a honra de aprender de ti e dos que por aquí veñen e escriben. Apertas moitas!
Xa estamos nel. Bo día e mellor ano.
Xa coñecedes o famoso texto de Bertold Brecht, no que se propón convertirse nun "home novo" coa entrada do ano. Un morcego que pasa voando fai de testigo.
Eu tamén me fixen bós propósitos, paseando á beira do rio Caldo, e contemplando as estrelas sobre o Xurés. Como non había morcegos por culpa do frío, servíume de testigo unha camareira do restaurante que saira un anaco fumar un cigarro.
As miñas arelas de maxia e lucidez para o País e para todos. E que as uvas sigan dando tan bon viño.
Amecido: que os Reis Magos vos traigan tamén "A quinta das lágrimas" de Milladoiro.
Publicar un comentario