Graciñas, no que me corresponde...
(A Calidonia e a Arumes)
No blog de Calidonia:
Mellor anotación: Comunismo, de Cesare.
Peor anotación: Cultur.gal, ese chiringuito, de Spavi.
Mellor fío de comentarios: Alguén que ande por aí sabería polaco?, en …mmm…, de Estíbaliz Espinosa.
Peor fío de comentarios: Masacre en Gaza, que Noxo!, en Brétemas, de Manuel Bragado.
Mellor blogueiro-a: Marcos Valcarcel, por As uvas na solaina.
Graciñas, ademais, a Arumes por transcribir no seu blog o traballo "A forza do blogomillo", tan interesante e no que agradezo as palabras xenerosas que se lle dedican a estas Uvas. Onte mesmo, un destacado intelectual galego, con asento na RAE, falaba eloxiosamente desta casa e do ben que o trataron nun fío algúns tertulianos habituais, creo que exalumnos seus. Cando escoito estas cousas, sinto un lóxico orgullo e tamén o peso da responsabilidade, pero este lévase ben coa colaboración de todos vostedes.
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
2 comentarios:
Non so falou ben da CASA, tamén afirmou que segue e le as ANDOLIÑAS, un ouvinte que pasaba por alí
Si, foi certo, pero iso xa non o puxen, por pudor...
Publicar un comentario